Galiza &Historia 31 outubro 2008
A noite de defuntos, o noso Samahín celta

Algún de vós se preguntará o porqué do festivo do dia 1 de novembro, a explicación é moi sinxela, ese dia celébrase o dia de defuntos e para os namorados da cultura céltica coma min o Samain (Samahín en gaélico) , ésta era unha festividade pagana, a noite do 31 de Outubro era o fin de ano para os povos do arco céltico, entre eles Galiza, tamén é a festa en honra aos defuntos marcando a transición do solsticio de outono ao de inverno. A festa do Samain era a máis importante do periodo pre-cristián, nesta data acendíanse lumes sagrados frotando pónlas de serbal e teixo, con elas quentábanse as lareiras de tódalas casas, tamén era costume a de baleira-las cabazas (antes disto empregáronse nabos) para colocarlles dentro candeas que logo se colocaban nos cruces, nas portas das casas e en infinidade de lugares, esta tradizón inda se mantén viva no noso País na chamada "Noite dos calacús", noite da que teño participado algunha vez e da que vos recomendo tamén desfrutar, concretamente en Vilaboa, perto de Pontevedra, tedes unha festa dos calacús tódolos anos na taberna galega "A casa dos druidas", non sei se inda seguén con esa "oferta", pero ao que chegara á festa cunha cabaza decorada regalábanlle unha consumición, esa noite xúntase moita xente a celebra-la noite de defuntos, hai música en vivo e queimada. Convén non trabucar a noite dos calacús ou celebración do Samahin celta coa máis recente noite de Halloween que tanto se puxo de moda, sobre todo nas cidades, a noite de Halloween probablemente foi exportada aos EE.UU. polos emigrantes irlandeses entre finais do século XIX e principios do século XX e na miña modesta opinión, é unha celebración máis que nada comercial, non hai máis que olla-lo bombo que lle dan firmas comercias como McDonald's.
O dito, na noite de defuntos non vos esquezades de poñer na fiestra do voso cuarto un calacú acendido e o dia de defuntos darvos un bo atracón de "osos de santo", que tamén hai que darlle unha alegria ao corpo e están boísimos.







o 2008-10-31 ás 4.15 pm 1.Andrés Milleiro dixo …
Parabéns polo artigo Breo. Lin hoxe penso que na edición dixital de La Voz que algunhas escolas xa festexaban de novo o Samahín, lédame recuperalo de novo, a ver se eiquí eu fago algo esta noite
o 2008-10-31 ás 8.46 pm 2.breogain dixo …
Ola Andrés
Graciñas polo artigo publicado no teu blogue e adicado ao post que fixen con motivo da festividade do Samain, hoxe é a noite de fin de ano para os povos celtas, a nosa noite de defuntos..festa pagana cunha tradizón milenaria.
desfrutade da noite allá onde estexades, e remato cunha cita do “irmán Daniel”:
[A verdadeira tradición non emana do pasado, nin está no presente, nin se albisca no porvir; non é serva do tempo, a tradición é a alma eterna de Galiza, que vive no instinto popular e nas entrañas graníticas do noso chan, a tradición non é a historia a tradición é a eternidade.]
A.D.Castelao
o 2008-11-01 ás 1.49 am 3.Julio Torres dixo …
Haiiiiiiiii amigo Breo cantas lembranzas me trae a noite de difuntos. Xa estou ata as narices de escoitar o término inglés de Hallowenn. ¿Non estamos en Galicia? Pois iso a noite de difuntos.
O dos calacús lémbrome que de pequeno a xente colocábaos nos valos cunha vela, tal e como se ve na túa imaxe, para meterlle medo á xente. Agora perdeuse…E iso que vivo nun pobo.
Agora vende o comercial o de USA, por desgracia. Unha mágoa que se perda a forma de celebralo de antes e que se tenda a estadounizar (halá acabo de inventarme un verbo jajajja)
Un saludo, amig@s
Carpe Diem (e noctem tamén)
o 2008-11-01 ás 1.49 am 4.Julio Torres dixo …
Que metei o zoco, que hai é sin h AIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIII
o 2008-11-01 ás 12.47 pm 5.Jorge C. dixo …
Os meus parabéns por este artigo tan ilustrador amigo Breogain.
Mágoa que o lese agora e non onte para facer algo pola noite
Unha aperta
o 2008-11-01 ás 1.08 pm 6.Nel dixo …
Miña nai tamén lembra a noite dos calacús, cando menos lembra o de xogar coas cabazas arredor da noite de defuntos. En Galiza, máis alá desa mercantilización ianqui da tradición que os emigrantes irlandeses lecaron cara a América, levábanse a cabo diferentes cultos pagáns posteriormente romanizados. recupero un texto que tiña gardado e que non sei de onde o tirei no seu día:
A festa dos defuntos en Galiza
Galiza resultou fortemente romanizada, polo que os máis importantes ritos ancestrais ficaron perdidos para sempre moi cedo. E por se fose pouco, os restos de calquera sinal de paganismo foron borrados pola Igrexa cristiá e polas sucesivas ondas do Estado.
A festa de Santos ten en Galiza un senso moi particular, iso non ten dúbida, pero sexa cal for, este senso é totalmente integrable nas mesmas tradicións cristiás de Castela e de todo o Mediterráneo. Tan só perviven coma recuperadas algunhas festas, coma a de Cedeira, e noutras vilas aínda se garda a tradición dos fachos. Esta segunda é moi simple: consiste en acender uns fachos e marchar con eles en procesión para facer unha grande fogueira.
Todos os que participan nesta ceremonia afirman que é parte dunha tradición moi vella, que de feito podemos crer que se perde na noite dos tempos, pero a festa que realmente é máis próxima á tradición do Halloween é a festa do Samaín de Cedeira. Os veciños de Cedeira celebran a noite de Santos dende hai máis dunha década grazas á recuperación do Samaín por parte da asociación cultural “Chirlateira” propiciando que centos de persoas, nenos na súa meirande parte, saian á rúa con cabazas talladas en forma de caveira cunha vela acendida no seu interior. A festa adoita comezar ao redor das cinco do serán e faise un percorrido polas calellas máis escuras da vila ao compás da música dun tambor.
No Concello da Illa de Arousa os nenos érguense antes de que saia o sol e percorren as rúas e tendas o día 1 de novembro pedindo cunha algarada tradicional: “unha limosniña polos defuntiños que van alá”. Reciben cartos, laranxas, lápises, boliños de pan e lambetadas. E en Xil, una parroquia do concello de Meaño na ladeira do monte, entre o lusco e o fusco os seus habitantes soben en procesión ao cemiterio portando velas. Dende abaixo, obsérvase unha “santa compaña” de luces oscilantes, e no mesmo cemitério non son poucas as viúvas que ficaron toda a noite alí, velando aos seus mortos. Se cadra, é con esa e con outras tantas tradicións coas que hoxendía se seguen a facer pervivir os antigos ritos celtas do Samaín na nosa terra, os que fan perdura-lo vello rito do máis vello dos rituais: a mesma morte.
o 2008-11-02 ás 11.12 am 7.breogain dixo …
Graciñas pola túa aportación Nel, moi interesante o dos fachos en Cedeira, os irlandeses tamén adoitan acender na noite do Samain fachos alumeantes…
Polo demais graciñas por tódolos comentarios, como ben dicides é unha mágoa que todo isto se reduza ao meramente comercial hoxendia, o Halloween que todo o invade, o venres pola noite no sitio onde vivo, andaban os cativos disfrazados correndo arriba e abaixo polos andares a pedir lambetadas nas portas, pero ao berro de Halloween e tal…unha mágoa, vestidos de vampiros e demais, triste pero certo, e iso que nas escolas estase a recupera-lo Samain como unha das nosas festas ancestrais, iso sempre está ben, non perde-las raices, as nosas tradicións, pero as xeracións novas dame que non están moito pola labor de seguir isto, na nosa man está que todo isto perviva no futuro, podemos ser modernos e podemos seguir coas nosas tradizóns, son cousas que perfectamente se poden complementar.
Un saúdo a todos
o 2008-11-03 ás 10.37 am 8.Sísar dixo …
O ano pasado tamén fixeras un artigo semellante non? Un apunte do que non estou seguro: eu lín esta semana que o principio eran nabos ocos que se iluminaban para marcar o camiño os mortos e que esta tradición mudou en USA hacia as cabazas, moito máis abundantes alí.
Unha aperta
o 2008-11-03 ás 11.11 pm 9.Pepe dixo …
Realmente lo que se celebra en Galicia el 1 de Noviembre, desde unos dos mil años aproximadamente, es el día de Todos los Santos, de hecho en gallego al mes de Noviembre se le llama “santos” o “San Martiño” por la importancia de este santo del 11 de ese mes.
Todo lo demás es pura especulación sino invención, sin el mínimo rigor ya no histórico sino etnográfico.
o 2008-11-04 ás 3.11 pm 10.breogain dixo …
Ola Pepe:
Graciñas pola túa aportación, xa coñecia o feito de chamarlle o mes de “santos” a novembro, o mesmo que “santiago” a xullo ou “nadal” a decembro, pero o que si non entendo é o de chamarlle especulación ou invención a “todo lo demás”, ¿a que te refires con iso?, ao feito de que sexa unha tradición pagana e celta ou cecais ao de empregar cabazas ou lumeiras para celebra-la noite de defuntos…