Cargando...

Deportes 12 novembro 2008

Ninguneados pola T.V.G e esquecidos pola Xunta

Hoxe tiven coñecemento de que o ente de televisión autonómico non retransmitirá os partidos do Pontevedra C.F. nin tampouco os do resto dos equipos galegos de 2º B e de 2º A (a excepción do Celta de Vigo) e que, motivado por isto, o Pontevedra C.F. impediralle o acceso ao municipal de Pasarón os dias de partido, ou sexa, que non teremos retransmisións de partidos en directo nin tampouco imaxes nos posteriores resumes que a T.V.G. emita, estou falando de En Xogo por exemplo. Polo que semella habia xa un principio de acordo que foi roto uniteralmente por parte da televisión galega alegando que o fútbol de segunda división xa non vende e non lle interesa, entón ¿onde están os intereses dos galegos e galegas que non somos do Deportivo ou do Celta?, teñan en conta que cós nosos impostos pagamos a nosa televisión, nin máis nin menos.

O municipal de Pasarón

Non son quén de remexer na merda nin buscar conspiracións agochadas tras decisións desta índole, pero o feito de que o Pontevedra C.F. coma terceiro equipo en importancia da nosa comunidade (con permiso do Racing de Ferrol) sexa ninguneado unha e outra vez polos poderes autonómicos xa cheira, cheira porque as relacións T.V.G. vs Pontevedra C.F. nunca foron boas, porque para o novo Pasarón todo foron  trabas e atrancos á hora de enceta-la obra e de rematala tamén por parte da Xunta de Galiza, todos sabedes que imos con retraso e desfasados no presuposto e por último tamén cheira porque este vindeiro mes de nadal terá lugar o cuarto partido oficial da Selección Galega, e polo de agora nunca tivemos un xogador "granate" na súa aliñación, nin titular nin tampouco na banqueta, nin antes con Fran Rico nin agora con Óscar Guimeráns, e moito me temo que este ano será tamén máis do mesmo, de se-la sede dun partido xa non digo nada polo de agora, pero agardo que teñamos sorte para o 2010, có campo rematado por fin.

En fin, que aquí fica a miña opinión persoal, so agardo que ambas partes cheguen a un entendemento e os granates da diáspora poidan escoitar e ollar algún partido do Pontevedra C.F. de cando en vez.

Chuzame! chúzame -

11 comentarios a “Ninguneados pola T.V.G e esquecidos pola Xunta”

  1. o 2008-11-12 ás 5.04 pm 1.paidovento dixo …

    Nalgunhas cousas tes razón. A TVG debería estar máis pendente do fútbol galego ca do estatal. E, por suposto, a retransmisión do partido da selección é obrigada (eu creo que o farán ao final). Pero tamén debes ter en conta outras singularidades, a saber: por que non se escolleu unha cidade do interior para un partido da irmandiña e, en cambio, repite A Coruña?
    O que está claro é que as cousas pódense facer mellor.

  2. o 2008-11-12 ás 9.01 pm 2.Brugal con Cola dixo …

    Pues sí, el problema es que los partidos de segunda ya los tienen pagados, y no les interesa dejar de darlo y pagar mas por uno de segunda b, el cual probablemente atraería a mas espectadores que un Salamanca-Xerez, por poner un ejemplo.

    Con respecto a la selección, te puedo decir que parece que este año en Pasarón se va a disputar el partido del equipo femenino. Por lo que ponía el Diario.

    Saludos

  3. o 2008-11-12 ás 9.48 pm 3.breogain dixo …

    O que non entendo é que despois de case estar pechado o acordo cós clubes galegos de segunda B a T.V.G. rompa ese acordo (verbal) no que se falaba de 60.000 euros por clube e decida unilateralmente retransmiti-los partidos do DEPORTIVO e do CELTA DE VIGO unicamente, a T.V.G. leva anos facéndolle caso omiso ao clube granate e negándose a retransmitirlle partidos importantes, que si, que iso restaría atractivo e afluencia a Pasarón, pero sabendo que a maioria dos que imos dia tras dia somos socios, coido que non se notaria tanto, ademais, os partidos que retransmitiria serían os importantes, nos que nos xoguemos a fase de ascenso e os do mesmo play-off, asi que non ten excusa de ningún tipo.

    Polo demais, no tema da selección galega, este ano coido que será en Compostela outra vez, pero agardo que para o nadal do 2009 e có municipal de Pasarón rematado a “irmandiña” xogue no Burgo e algún dos 11 que salten ao campo sexan granates ademais de branquizauis…seria emocionante e fermoso un Pasarón cheo nun partido tan simbólico.

    Un saúdo

  4. o 2008-11-13 ás 5.18 pm 4.BURGO dixo …

    BREOGAIN…PODEMOS APRECIAR QUE OS TEUS AMIGOS DO BNG LUCEN O PELO NOS CARGOS DA XUNTA..TI QUE TAN BEN TE RELACIONAS…NON SEI A QUE ESPERAS…QUEN DIRIXE A TVG? QUEN DIRIXE A XUNTA? OS TEUS AMIGOS SERIAN OS SALVADORES…NON TE SINTES DEFRAUDADO..EU SI.

  5. o 2008-11-13 ás 8.24 pm 5.breogain dixo …

    Ola Burgo

    Dame a impresión de que estás trabucado, ¿que che fai pensar que teño boas relacións coa Xunta e que poderia facer algo por mudar esta situación?, xa me gustaria a min ter “liña directa” cós que nos governan para facer mil e unha cousas, ¿acaso o BNG dirixe a Xunta? ¿a T.V.G tal vez? lembra que é un bipartito e é cousa de dous, por moito que leven a conselleria de Cultura e Deporte ou estexan no consello de administración do ente autonómico, supoño que non poderán facer o que lles veña en gaña, digo eu na miña modesta opinión, ti comentas que estás defraudado, pode ser, eu tamén nalgunhas cousas, noutras non, pero iso aconteceu con estes e cós anteriores tamén, o que me escaralla, falando mal e pronto, e que algúns pensades, e non es ti o primeiro, que por facer un blogue en galego e ser galeguista/nacionalista xa estou metido en política como outros blogueiros de Pontevedra, ¿acaso fixen campaña algunha vez por algunha opción política en concreto neste blogue?, repasa ben as miñas páxinas dende hai máis dun ano e tamén atoparás algún artigo “crítico” coas teses nacionalistas, eu nin teño “man” en ningures, nin fago política nin tampouco teño pensado facela, opino e punto redondo.

    Un saúdo e graciñas pola túa visita, e na vindeira ocasión procura escribir en minísculas, dame a impresión que non es moi habitual dos foros e as web’s, porque escribir en maiúsculas é sinónimo de berrar e de falla de educación.

    Un saúdo novamente :)

  6. o 2008-11-14 ás 12.21 pm 6.PABLO dixo …

    breogain=bng

  7. o 2008-11-14 ás 10.27 pm 7.breogain dixo …

    Pablo

    ¡¡Asombrosa a túa capacidade de conversa e de interrelación…!! menudo comentario máis extenso, comenta algo máis home, ou pensarei que BURGO e máis ti sodes a mesma persoa e que coxeades do mesmo pe :) , o cal non me importa, ni moito menos, sempre que ti me respetes eu respetareite, faltaría máis.

    O bng é unha opción política coma outras tantas que temos os galegos, que se achega máis á miña concepción ou idea que teño deste País e que coido que son os que verdadeiramente me poden defender coma galego, pois pode ser, de todos se poden sacar cousas boas, pero concluir dicindo [..breogain=bng..] teño que tomalo como unha observación coma outra calqueira, tamén eu poderia dicir

    PABLO=PARTIDO POPULAR

    o meu problema é que non teño en que basearme para afirmar isto, pero ti estás en vantaxe, supoño que terás lido o blogue e claro, partindo da base de que está enteiramente en galego e de que a túa intuición diche que é moi probable que polas miñas opinións poida ser galeguista/nacionalista, conclúes afirmando que son votante do BNG, pois nada, te-lo 50% de probabilidades de atinar, pero deixareiche con esa dúbida.

    Un saúdo e bo humor :)

  8. o 2008-11-15 ás 3.51 pm 8.Sísar dixo …

    jaja me solidarizo Breo, polo menos puxórenchoe un nome no comentario e non te insultaron. Isto ahi que tomalo con humor, son as cousas da rede e persoalmente mensaxes tan banáis reafirman o pensamento de cada un.

    A TVG sempre discriminou o Pontevedra, sempre. No sei que carallo lles pasa con nos.

    Unha aperta

  9. o 2008-11-15 ás 4.57 pm 9.CESAR dixo …

    BREOGAIN=traidor

  10. o 2008-11-16 ás 3.44 pm 10.breogain dixo …

    CESAR, PABLO E BURGO

    aburrides e sodes a mesma persoa…. :)

    ¿de verdade que non tes máis conversa cun par de palabras?, deixa de face-lo friki e aproveita o tempo nalgunha outra cousa que vir por aqui a poñer paridas.

    Un sáudo afectusoso

  11. o 2008-11-16 ás 3.48 pm 11.breogain dixo …

    Sísar

    graciñas polo teu apoio, ti tamén tes que lidiar de cando en vez con visitantes “incómodos” no teu blogue, pero como dis hai que ter bo humor, que aprendan algúns por ahí, ti e maís eu podemos estar nas antípodas no noso pensamento político pero sabemos respectarnos e falar como xente civilizada, e iso é algo de agradecer hoxendia.

    Un saúdo :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.