Cargando...

Caixón de xastre & Historia 15 decembro 2008

Sabela

 

Nome feminino de orixe hebrea, Elisheva tradúcese ao galego como Sabela.

  

Significado: Xuramento de Deus, promesa de Deus, outra hipótese é que provén do latín "Isis bella" (Isabela en italiano moderno), na honra da deusa exipcia da fecundidade Isis, a cal tiña un culto moi extendido entre os soldados romanos, máis o epíteto "bella", destacando a súa feminidade. Ao parecer, en moitos escritos e segundo puiden ollar nas pescudas que fixen en internet, agochouse a súa orixe pagana, presentando o nome coma unha variante do hebreo Elisheva (Elizabeth).

Significado pagano: O deus Baal é saúde; Baal era unha divinidade (significa "señor") de varios povos situados na Asia menor e a súa zona de influencia: fenicios, cartaxineses, babilonios ou filisteos. O seu significado aseméllase ao de amo ou señor, era o Deus da chuvia e da guerra, foi adorado polos hebreos e era o Deus máis sobranceiro do panteón fenicio, grandes mariñeiros, era o seu deus protector e éstes encomendábanse a el cada vez que se facian ao mar, polo tanto pódese afirmar que era o Deus dos povos que vivian de cara ao mar.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

6 comentarios a “Sabela”

  1. o 2008-12-15 ás 10.40 am 1.Andrés Milleiro dixo …

    Sabeliña, que con ollos feiticeiros conquistará ao seu pai, ao igual que a Sabela de Retrincos:

    “Había na vila unha rapaza do meu tempo, xeitosa de corpo, feitiña de cara, leda de xenio, traballadora de condición, pescantina de oficio e limpa de conduta pero picante nos decires…”

  2. o 2008-12-15 ás 11.58 am 2.manolo dixo …

    Fantásticos versos Andrés, entendo que Sabela será o nome da filla que vai ter breogain, fermoso nome o que elexiches, parabéns pola túa paternidade e un saúdo.

  3. o 2008-12-15 ás 5.01 pm 3.Carmen dixo …

    Qué preciosidad de nombre.. :)

  4. o 2008-12-16 ás 12.07 am 4.breogain dixo …

    Graciñas a todos polas vosas palabras

    Pois si, será unha rapaciña e chamarase Sabela, coido que é un fermoso nome e agardo que a nena estexa tamén á altura, inda restan tres meses pero temos unha ilusión enorme porque chegue xa a primaveira e con ela esa marabillosa ocasión de ser pais, a ver que sorpresas nos depara o futuro, agardamos facelo o mellor posible, alomenos esa é a nosa intención.

    Unha vez máis, graciñas a todos.

    Por certo, un blogueiro coruñés e afeccionado ao fútbol que tamén visita este blogue a cotío, adicoume hoxe un post, se tedes curiosidade pasádevos a botar unha ollada.

    http://otraveseiro.blogaliza.org/2008/12/15/francis-lorenzo-hai-que-roelo/#comment-3461

    Graciñas Travesseiro, unha aperta dende a beira do Lérez

  5. o 2008-12-16 ás 12.49 am 5.Carmiña dixo …

    Sorte que sexa unha nena, sobre todo para ti. Sabemos que as nenas prefieren aos pais, e non e lenda, digocho eu que teño nena e neno. Son moito mais listas,…

    Noraboa de novo.

  6. o 2008-12-16 ás 3.15 pm 6.breogain dixo …

    Graciñas Carmiña, xa me contaron iso de que as rapazas gustan maís do pai que da nai, comprobareino por fin en primeira persoa.

    Un saúdo :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.