Cargando...

Cinema e televisión 17 novembro 2008

Pekin Express

Non sei se algún de vós é asiduo coma min a este reality-show ou docu-show que pasan por Cuatro os domingos pola noite a iso das nove e media, eu dende o principio estiven enganchado ao programa presentado pola galega Paula Vázquez, non por ela, -que tamén podia ser obviamente- senón polo feito de que o formato xa o coñecera noutra televisión da T.D.T. da cal agora non me lembro, programa aquel que emitian os sábados e o cal xa me chamara poderosamente a atención.

Ainhoa e Idoia

En poucas palabras, consiste nunha carreira por etapas na cal os concursantes teñen que viaxar de San Petersburgo ata Pekín cós seus propios medios e cun euro unicamente de presuposto, o máis destacable a capacidade de inventiva que teñen que te-los participantes e a incrible hospitalidade da xente alá por onde van pasando, sobre todo da povoación rural rusa, nunca na miña vida ollara cousa igual. Para a miña desgraza, a parella que eu tiña como favorita, dúas xemelgas chamadas Ainhoa e Idoia abandonaron no programa de onte por causa de forza maior, asi que agora toca sustitui-las por unha das tres que quedan ainda no programa, xustiño agora que entra na recta final e entran en China.

Por certo, Ainhoa ten unha certa semellanza con Amaral, ¿non vos parece?.

Chuzame! chúzame -

5 comentarios a “Pekin Express”

  1. o 2008-11-17 ás 11.01 pm 1.O Traveseiro dixo …

    ¿Certa semellanza, dis? Cagho en diola, sonche cuspidiñas!! ¿Que dixo cando deixou o programa? ¿”No sé que hacer con mi vida”? :)

  2. o 2008-11-18 ás 8.25 pm 2.breogain dixo …

    É unha pasada o moito que se asemellan a rapaza de Amaral (non sei como se chama) con Ainhoa, a xemela que está á dereita da imaxe… pois iso, que a serie está xa na recta final, non é que sexa un documental, pero da para ollar con máis ou menos proximidade o modo de vida que teñen nos sitios por onde pasan, sorprendeume especialmente a calidez no trato e o desprendidos que son os rusos, sobre todo no rural, algúns que vivian case que na miseria cedian amablemente e case que sen titubear un cuarto da súa casa para que os mochileiros do concurso durmiran, esa mesma noite e ao dia seguinte se desvivian por darlle-la cea ou o almorzo có pouco que tiñan, unha pasada certamente.

    Recoméndovos ollar este reality alomenos unha vez, eu non son de “Gran Hermano”, “Supervivientes” e demais historias desas, pero Pekin Express enganchoume dende o principio.

    Saúdos :)

  3. o 2008-11-19 ás 1.39 pm 3.O Traveseiro dixo …

    De cativo eu e mailos meus irmáns estiveramos nunha asociación cultural e se facían campamentos por Galiza de cando en vez. Normalmente eran tres ao ano, un en inverno, outro alá pola semana santa, e outro, o máis longo, no verán.

    Lembro un en inverno, nunha aldea perto de Ordes, que cando xa nos iamos para Coruña estabamos agardando ao autobús e non daba chegado, era noite e facía un frio que nin dios. Pois me lembro coma uns paisanos, sen coñecernos de nada, nos convidaron a agardar polo bus na súa casa, quentándonos ao redor da lareira e até ofrecéndonos caldo quente.

    E como eses detalles, moitos máis, ese e un de tantos, tamén noutros sitios de Galiza. Quero dicer con isto que aquí tamén somos bastante hospitalarios… e sen cámara polo medio :) Non é que os rusos o fagan porque estea a televisión, pero cecais algo inflúa. Saúde!

  4. o 2008-11-20 ás 1.00 pm 4.xefita dixo …

    Eu tamen estou enganchada a Pekin express, considero moi interesante o modo que teñen de prantexalo en cuatro , é unha pena o dal xemelgas .. agora non sei por quen decantarme….

  5. o 2008-11-20 ás 8.11 pm 5.breogain dixo …

    Travesseiro:

    O tema da hospitalidade dos galegos tamén ten sona, das cidades xa non falo, pero no rural é algo moi cotián, supoño que na actualidade moito menos que hai anos, a xente hoxendia é máis desconfida polo feito de que a povoación foránea chega a calqueira recuncho do noso país, e cós de fóra sempre temos un pouco máis de celo de abrirlle-las portas da nosa casa, pero eu en viaxes que teño feito có meu tio hai anos, sobre todo polo centro de Galiza, falo de Friol, O Cebreiro e demais, sempre atopabas moitísima complicidade coa xente, moi boa xente e moi amable.

    Xefita:
    Eu si teño claro quén é o favorito agora, a parella de bascos, para min son os que máis equilibrados están, xa non tanto no tema físico, pero no mental si, as outras dúas parellas, Javier e Marta, dende aquel tema da chamada telefónica e tal xa non se levan tanto e a outra parella (a que está en permanente crise) pois tamén rifan seguido e inda que el está coma un carballo para afronta-las probas físicas, ela réstalle moita competitividade, asi que coido que José e Oier serán os gañadores en Pekín.

    Un saúdo :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.