Cargando...

Caixón de xastre 21 novembro 2008

Adeus para sempre Musa

Hoxe cúmprese unha semana dende que non estás conmigo e xa te boto de menos, pero sobre todo a outra cadela, a túa filla e compañeira que ultimamente anda moi tristona e calada porque non ten con quén xogar, con catorce anos estabas chea de vida, pero dende o teu derradeiro parto as cousas cambiaran, a morte dos tres cachorros xa non fóra un bo presaxio e ti despois diso xa non fuche-la mesma, nin recuperache-la forma física nin tampouco o ánimo e as gañas de xogar coa pelota, cós paus ou de pelexar con Noa.

Moito te botarei de menos Musa, ti ben sabes que pola semana non tiñamos demasiado tempo para xoga-los tres, pero os sábados e domingos que ben o pasabamos, agora somentes quedamos Noa e máis eu, agardemos que a familia aumente un dia destes e voltemos a ser tres os que paseemos polas xunqueiras do Lérez, namentres seguiremos lembrándonos de ti e das boas tardes de domingo que nos fixeches pasar...

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

2 comentarios a “Adeus para sempre Musa”

  1. o 2008-11-21 ás 3.02 pm 1.Luis dixo …

    Sinto moito a perda da túa cadeliña, a verdade é que é moi duro separarse dar mascotas coas que compartiches tantos momentos e tantas cousas. Espero que co tempo a túa cadeliña forme parte das máis doces lembranzas…
    Unha aperta

  2. o 2008-11-22 ás 4.44 pm 2.breogain dixo …

    Graciñas Luis, a cadela xa tiña os seus aniños pero foi cousa dunha semana, deixou de comer, xa non se movia demasiado e pouco a pouco foise esvaecendo, coma un globo que vai perdendo aire, o venres pasado cando cheguei xa non veu ao meu encontro,unha mágoa, agora ficamos coa súa filla que supoño que cruzaremos dentro duns meses, alomenos para que outro cachorro lle/nos faga compaña.

    Un saudo :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.