Cargando...

Actualidade & Pontevedra 24 novembro 2008

ENCE chantaxea á Xunta e a tódolos pontevedreses

¿Pero quén é esta xente para tratarnos desta maneira aos pontevedreses? As manifestacións feitas hai un par de dias polo Sr. Juán Luis Arregui son duha chuleria e dunha prepotencia sen parangón, que supoñen unha chantaxe en toda regla, [..ou a Xunta outórganos a concesión eólica ou ficaremos aqui trinta anos máis..] menudo sobrado o presidente do Grupo ENCE.

fábrica de ENCE na ria de Pontevedra

Non sei se estaredes dacordo coa miña apreciación, pero a min antóllaseme que o feito de proferir unha amenaza de tal calibre pode estar dicíndonos que efectivamente ENCE supón un grave problema para o noso medio ambente e o que é máis importante, para a nosa propia saúde, senón a conto de qué ven iso de ameazarnos con que no 2015, e a tres anos da fin da concesión, solicitarán unha prórroga de trinta anos máis, este individuo está recoñecéndome implicitamente e de primeira man, que a fábrica suponme como cidadán de Pontevedra un serio problema e que como a Xunta non lles dea esa contraprestación que están a procurar vanme estar jodendo a vida ata que me xubile.

Persoalmente considero este novo movemento por parte de ENCE unha chantaxe total, e ademais no pior intre, coa xente agobiada pola crise e sensible a todo o que teña que ver cós postos de traballo, senón son tontos os de ENCE non, e o señor Arregui saiunos gallito de pelea..

Chuzame! chúzame -

6 comentarios a “ENCE chantaxea á Xunta e a tódolos pontevedreses”

  1. o 2008-11-24 ás 11.15 pm 1.Sísar dixo …

    Já, yo lo dije en su día y pasó inadvertido. Esto viene de una proposición del Gobierno por el que empresas afectas por la Ley de Costas podrán pedir prórroga mientras se readctan en otra ubicación.

    La Oposición se lo preguntó al señor Lores en pleno y desconocía el asunto. Increíble. Pero les viene bien seguir haciéndose la víctima y no hacer absolutamente nada.

  2. o 2008-11-24 ás 11.20 pm 2.Sísar dixo …

    Disculpa Breo que me olvide el enlace en donde hablo de la noticia que salió en el Diario en su día sin que nadie se despeinase: http://cesarabal.blogspot.com/2007/11/gobierno-de-espaa-abre-la-posibilidad.html

  3. o 2008-11-26 ás 12.08 am 3.Carmiña dixo …

    E olvidouseche dicir que a este señor importanlle “un pito” os traballadores de ENCE se encontra otro negocio mais lucrativo, para que logo vexan.

  4. o 2008-11-27 ás 2.42 pm 4.breogain dixo …

    Desculpade por non ter respostado antes pero andiven bastante liado estes dias…

    O tema de ENCE unha vez máis de actualidade, desta volta polo tema ese da prórroga que como ben apunta Sísar xa se coñecia de atrás pero que a ninguén lle preocupou no seu dia, agora o Sr. Arregui ameaza con iso mesmo, con facer efectiva esa prórroga no caso de que non lle dean a concesión eólica, mal por parte de uns e chantaxe por parte de outros, xa non sabemos nin de quén fiarnos.

    E por certo, hai un par de dias que saiu a nova de que unha empresa portuguesa de papel tisú pretende instalarse non polígono do Campiño, iso mesmo tamén pretendia facer ENCE coa súa papeleira ¿non?, agardemos que os portugueses non sexan contaminantes, agora ben, non entendo como as empresas galegas se deslocalizan e vanse instalar a polígonos portugueses e os portugueses veñen a instalarse aqui, esa permuta de man de obra é unha dos resultados da enconomia de libremercado e a ausencia de fronteiras que temos, pero non deixa de ser curioso.

    Será cousa da eurorrexión Galiza-Norte de Portugal :)

    un saúdo

  5. o 2008-11-27 ás 6.57 pm 5.Sísar dixo …

    E a futura posible de bioamasa en Barro. Aquí temos unhas cualidades e vantaxes moi importantes neste sector. O Seminario de Estudos Carlos Velasco o explica moi ben nun dos seus artigos.

    Un saúdo Breo.

  6. o 2008-11-27 ás 9.51 pm 6.breogain dixo …

    Xa escoite o outro dia a da planta de biomasa, ese tipo de industria poderia ser moi interesante, e de feito é moi interesante para que os nosos montes estexan limpos e coidados, a xente xa non vai ao estrume coma antes, os montes tanto ten que sexan comunais/veciñais ou particulares están abandonados á súa sorte, destoutra maneira, se por desbroza-lo monte inda sacas un beneficio vendéndolle ese material a estas plantas, cecais a xente tome un pouco de conciencia, por iniciativa propia poucas cousas se fan, pero se hai cartos polo medio…

    un saúdo Sísar :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.