Caixón de xastre 28 Xuño 2007
Un chupito, por favor !!
Hai cousa dun mes tiven unha cea cuns amigos na casa, esa mesma tarde fun como de costume ao supermercado a face-las compras de rigor e como non, habia que incluir na lista da compra unha botella de "licor café", por aquilo de ter algo con que acompaña-los postres e ser un bo anfitrión, foi nese xusto momento, cando estaba collendo a botella na man, cando me din de conta de que o prezo subira unha vez máis, hoxendia ningunha botella baixa dos cinco ou seis euros, cando hai anos custaba practicamente a metade, será que esta brebaxe está de moda...?
Na actualidade o "licor café" consumese en canta celebración, xantar ou festa temos no noso País, compite directamente có "Licor de crema de orujo" que tamén é outro produto galego que rematou por afastar dos nosos manteis ao "Carolans" ou o "Bayley's", pero o licor café ten algo especial que nos atrae a todos, nas miñas correrias nocturnas teño probado dende chupitos "infumables" cunha relación augardente/café realmente desproporcionada, ata outros realmente "deliciosos", normalmente o "Licor café" que tomo fóra da casa adoita ser caseiro e presentado na típica botella de "Cardhú" que o camareiro deposita na mesa ao dispor dos comensais, botella que ao final dos postres rematará valeira, iso se xantas nun "furancho" ou na típica parrillada "al uso", nos restaurantes con máis clase e elegancia traeranche primeiras marcas como "Abadia de cova" ou "Pazo de Señoráns" que tamén están ben, pero que non teñen o mesmo "gancho", é case que primordial que a botella veña practicamente en estado de semi-conxelación, posto que non hai pior cousa que tomar un chupito "do tempo". Para rematar, e no caso de que o prezo vos resulte prohibitivo, pero non queirades renunciar ao pracer dunha bebida coma esta, sempre se pode facer na propia casa seguindo os consellos moi sinxelos que nos ofrecen en páxinas coma a de http://lareira.net/ga/bebidas/licor_cafe.php ou tamén nesta outra páxina de gastronomia galega, http://www.gastronomiagalega.com/augardente/outros.html , ao mellor non aforrades cartos, pero a satisfación de facela un mesmo é algo que non ten prezo.
chúzame -







o 2007-07-06 ás 2.56 am 1.GRANATE_87 dixo …
Hai unha canción,que imaxino coñecerás,de Lamatumba que se titula precisamente Licor cafe i a verdade é que está moi ben.Recomendote que a escoites
Por certo,que deixe de subir o prezo deste sagrado licor na nosa terra
Unha aperta!!
o 2007-07-08 ás 8.25 pm 2.breogain dixo …
pois non sabia desa canción de lamatumbá, terei logo que escoitala…unha aperta meu.
o 2007-07-11 ás 11.47 pm 3.Suso dixo …
Si, eu tamén noto unha moda en tomar licor café, e entre moita da xente que coñezo se estendeu o costume de tomalo dende que apareceu a mentada canción de Lamatumá.
o 2007-07-12 ás 12.15 am 4.breogain dixo …
Suso, descoñezo a canción de lamatumbá pero do licor café tamén falan no tema de Transilvanians do que falo no apartado de música, o de “Kingston-Santiago”, proba a escoitalo, é un a mestura de ska,rocksteady…xente de skarnio e doutros grupos, por certo, teño outra voda para agosto e o colega vaise de lúa de mel a Xamaica..