Cargando...

Caixón de xastre 24 Xuño 2007

Cacharela en Lérez (Pontevedra)

A modo de anécdota, aqui poño unha foto tirada esta noite pasada, noite de San Xoán, unha fogueira familiar, medio improvisada con leña algo "verde", e xa se sabe, "Xente nova e leña verde...todo é fume", alí nos xuntamos uns cantos mozos, mozas e tamén vellos a dar boa conta dun churrasco e uns licores, despois e puntualmente, como manda a tradizón, acendimo-la fogueira de San Xoán ás 00:00 horas, como era máis ben "feita na casa", pois a cousa non dou para moito, se cadra para pasar ali media hora falando, bromeando e tamén algún choutando por riba dela, para o ano máis, e por certo, mañá comezo as miñas "merecidas" vacacións, asi que a desfrutar toca, do bo tempo ou alomenos do tempo libre que poderei ter ao longo destes quince dias.

 

dsc05233.JPG

dsc05231.JPG

Chuzame! chuzame -

4 comentarios a “Cacharela en Lérez (Pontevedra)”

  1. o 2007-06-24 ás 8.37 pm 1.amilleiro dixo …

    E nós estabamos na casa de Areas e ao final non saímos a ver as fogueiras…cea sorpresa na casa con máis xente e tal…e nada, de regaliño de santo levei os billetes pra marchar do 24 ao 31 a Xenebra ;)

  2. o 2007-06-24 ás 9.09 pm 2.breogain dixo …

    Pois eu xa vés, cea e despois a divertirse un pouco coa fogueira, paseino ben, tardou en prender pero ao final ardia aquilo que daba gloria… :)

  3. o 2007-06-27 ás 12.43 am 3.GRANATE_87 dixo …

    Eu fun cuns amigos a pasar a noite á praia de Montalvo,onde por certo había algúns ilustres do foro,coma o señor furyagranate-fans e PECEPE(co megáfono que mercou na Carlota jajaja.A noite estivo moi ben,e pasámolo xenial,agora toca agardar outro ano para desfrutar desta noite máxica

  4. o 2007-06-27 ás 3.30 pm 4.breogain dixo …

    Pois ao final non choveu e todo o mundo puido desfrutar da noite, tamén os da “macrofesta” na praia de Lourido (Poio), á que polo visto acudiron miles de persoas, contáronme que estaba a rebentar :)

Trackback This Post | Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.