Actualidade &Pontevedra 27 novembro 2008
Os veciños do Burgo e Lérez en pe de guerra
Hai dias, antes de que a nova saira nos xornais e que o resto da cidadanía de Pontevedra tivera coñecemento dos plans da Conselleria de Vivenda para a zona do Burgo e Lérez, os veciños desta populosa zona de Pontevedra xa se encontraban coa mosca detrás da orella, eu tamén xa ollara algún cartaz pegado en portas e farolas, o ruxe ruxe falaba de vivendas socias ou vivendas de promoción oficial (V.P.O.), as novas eran algo confusas, certo é que non son a mesma cousa e có problema do Vao tan perto pois a inquedanza da xente era algo normal. Dias despois xa temos algo máis de información, onte mesmo os veciños xuntáronse cós técnicos da conselleria na Auditorio de Caixanova, a orde do dia era explicarlles en que consisten exactamente as intencións da Xunta de Galiza e os números foron postos enriba da mesa, 2.026 vivendas de P.O. na zona de Pasarón e arredores, ou o que é o mesmo, 209.000 metros cadrados dentro dos cales serian afectadas unhas 21 vivendas unifamiliares, o resto do terreo coresponderia a leiras.
A miña incredulidade é tal que supoño estará á altura da dos propios veciños da zona, ¿como pode ser que prentendan sacar a familias enteiras das súas casas, vivendas nas que conviven varias xeracións para metelas nun piso?, ¿como pode ser que cando todo o tinglado de Tafisa non se construiran alí V.P.O. e nese caso se vendera o metro cadrado a prezo de ouro para promover vivenda libre? existe un vello refrán que di que non se pode desvestir a un santo para vestir a outro, pois iso mesmo é o que pretende facer a Consellería de Vivenda e Solo, estamos dacordo en que é preciso liberalizar solo en Pontevedra para promove-la construcción de vivendas de protección oficial, cando eu quixen merca-la miña hai cinco anos non habia á venda nesta cidade, pero o que non se pode é pretende-lo facer a costa da xente, de familias que levan anos e anos vivindo alí, a quén defendemos señores ¿á cidadanía ou aos intereses privados de catro constructores?.







o 2008-11-28 ás 10.46 am 1.Sísar dixo …
Parece que alguien te lee Breo: http://www.telmomartin.es/blog/%c2%bfplan-sectorial-de-vpo/
o 2008-11-29 ás 10.56 am 2.breogain dixo …
Graciñas pola reseña Sísar, pero coido que iso de [parece que alguien te lee..] é demasiado dicir, Telmo Martín está ben ao tanto das novas que acontecen na cidade coma para ter que decatarse disto por un blogueiro pontevedrés….jajaja, acto seguido paseino polo seu blogue a botarlle unha ollada, interesante, xa está no meu blogroll para pasarme de cando en vez, é boa cousa que os políticos pontevedreses teña un oco na rede, un dia achegarei aqui algo de info sobre outro candidato que tamén está moi metido nas novas tecnoloxias.
por certo, o meu comentario no post sobre o plano sectorial de vivenda no Burgo e Lérez no blogue de Telmo Martín:
Comentario de breogain
Fecha: 29 Noviembre 2008, 10:44
A inquedanza dos veciños desta populosa zona da nosa cidade radica en que, o seu modo de vida e as súas vivendas (ajardinadas) como di o titular da Voz de Galicia, que semella ter sido escrito por un xornalista de Madrid, vai ser totalmente trastocado e de seguro sen unha contraprestación en condicións, dende Vivenda falan de 209.000 metros cadrados afectados, dos cales 5.000 pertencen a 21 vivendas unifamiliares, casas en moitos casos con leiras e galpóns, onde a xente ten cabalos, porcos ou terneiras, onde avós, pais e fillos conviven dende hai anos vivindo do seu traballo, alleos ao bullicioso descorrer da vida no centro da cidade, ¿que dereito hai en botar a esta xente das súas casas para meter a outras alí?, ¿como podemos pretender meter nun piso a un vello de 90 anos cando leva toda a vida sachando leiras e vivindo do seu traballo no agro? entendo que haxa que construir V.P.O., pero non pode ser pisoteando os dereitos da xente que leva vivindo alí moitos anos, como ben dicia unha veciña no Diario de Pontevedra, eles nunca quixeron especular cós seus terreos, somentes vivir ao modo tradicional e galego nas casas que foron dos seus avós, os veciños da Gándara, da Santiña ou de Pasarón tamén son de Pontevedra, non é de recibo que o “interés xeral” estexa sempre por riba de todo, alomenos non por catro patacos como de seguro han de quererlles pagar.
Por certo, atopei ou teu blogue por mediación dunha reseña que deixou Sísar no meu, un saúdo Telmo.
http://www.apontevella.com
o 2008-11-29 ás 8.43 pm 3.Sísar dixo …
Graciñas pola reseña Breo. Esperemos que adoiten un acordo satisfatorio para todos.
o 2008-12-01 ás 12.43 am 4.sanpedro dixo …
neste caso obviamente a consellaría de vivenda non ten culpa e nada, se non completamente o concello de Pontevedra no tocante a non ter reservado para VPO mais superficie en TAFISA.
o 2008-12-01 ás 3.37 pm 5.breogain dixo …
A Conselleria de Vivenda busca terreos onde os hai, e todos sabemos que as zonas polas que a cidade pode medrar son por Lérez ou Marcón/Mourente, non queda outra, por Poio e hacia Marín non se pode obviamente, polo tanto está tanteando á xente, ¿que o Concello de Pontevedra pode ter culpa? sinceiramente non o sei, pero está claro que os terreos de Tafisa ben puideron ser destinados a VPO pero claro, eses terreos tan suculentos, a un paso do centro e diante dunha zona verde e de esparcemento na que non lles van a construir diante son moi apetecibles para calqueira construtor, polo tanto as vivendas “libres” son ás que lle poden sacar máis cartos…o mesmo acontece en Campolongo coa Xunta, o que si non entendo é o de Valdecorvos, ahí tiña que ser todo de protección oficial ou vivendas sociais claramente.
Un saúdo