Cargando...

Escrito por breogain en Política 3 xullo 2009

¡¡ Na Xunta liquidamos audis, faite có teu !!

Dame a impresión que dende a Xunta non sabe como porlle final a esta pantomima que montaron para as autonómicas do mes de marzo, agora liquidan o parque móbil de luxo que tiña o presidente e mailos conselleiros, eses automóbiles da marca que todos coñecemos e que na súa maior parte foron mercados na época de Manuel Fraga, a él tamén lle gustaban os coches de alta gama, pero semella que iso tanto ten, ou iso é o que podemos entresacar do dito polo señor Alfonso Rueda á preguntas dun xornalista, ao cal respostou que iso non tiña demasiada importancia, vamos, que non viña a conto e que permutarán audis por vehículos sociais, ¡¡ veña populismo barato !!.

Agora o señor presidente descólgase con que non levará blindaxe no seu vehículo oficial, que o citroën con que conta, ten as medidas de seguridade axeitadas para o fin ao que é disposto, declaracións que ao meu modo de entender supoñen un reclamo innecesario, posto que agora é un obxectivo doado para ser agredido, asi que unha cousa é seguir coa patochada de desfacerse dos tres coches blindados, dous deles mercados na era Fraga e outra a de ir de valente pola vida e poñer en perigo a súa vida, pero vamos, vós mesmos, malvendede o patrimonio dos galegos por seguir con esa patochada ate o final.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Escrito por breogain en Actualidade & Galiza 29 xuño 2009

A torre de Hércules patrimonio da humanidade

A torre de Hércules entrou pola porta grande da historia, o pasado sábado 27 de xuño ás 18:30 en Sevilla foi elexida coma unha integrante máis da lista de monumentos patrimonio da humanidade, o faro romano en funcionamento máis antigo do mundo non podia menos que estar nesa lista, coma pontevedrés e galego síntome infinitamente orgulloso de ter un símbolo tan importante como é este faro entre os monumentos máis sobranceiros do mundo.

A torre de Hércules é parte da historia do noso País, a lenda conta que un dos fillos de Breogán avistou dende a súa cúspide a illa esmeralda, a verde Irlanda, e que despois foi conquistala coas súas naves e os seus soldados, se gostades da historia e queredes ampliar este relato podédesvos pasar por estoutro apartado do meu blogue, no que falo da historia de Breogán.

O dito, parabéns a coruñeses e galegos, o pasado sábado foi un grande dia para todos, post especialmente adicado a O traveseiro, blogueiro coruñés e deportivista.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Escrito por breogain en Actualidade & Pontevedra 24 xuño 2009

Facendo números sobre a “mani” do 19-X

Xa van uns cantos dias alá da manifestación, máis ou menos exitosa, en defensa da capitalidade de Pontevedra, non serei eu quén de discutir se o lema elexido para a ocasión foi máis ou menos atinado, pero ahí está, e moitos pontevedreses e pontevedresas fumos detrás desa faixa o pasado venres 19 de xuño. Xa correron rios de tinta, como era de agardar, sobre o número de manifestantes que acudiron a ela, un servidor estivo alí e ten que recoñecer que non foi nin de lonxe algo semellante á famosa do 5-X, pero si que estivo concurrida, non teño nin idea de cantos seriamos alí, para iso está a policia local, que dos partidos políticos e mailos organizadores non se pode fiar un, inda que  semella que da Policia local tampouco, ou alomenos iso é o que pensa o Partido Popular local, có tándem Telmo-Moreira á fronte, que nun exercicio de demagoxia e de absoluta falla de respecto, cargaron as tintas contra a mencionada policia local na figura do seu xefe Daniel Macenlle, si, esa policia local coa que terán que traballar se algún dia chegan ao governo municipal, pero vamos,  que nos diversos mentideiros locais (chamádelle foros de internet) apuntan a que o ex-alcalde de Sanxenxo mesmo poderia ate chegar a presenta-la súa demisión, en vista do ninguneo ao que se viu sometido por parte do Partido Popular provincial de Louzán e compañia.

Foto do Atlántico Diario

Estas liñas non son para defender a Lores nin a Teresa Casal, nin moito menos, a min o que verdadeiramente me importa é a miña cidade, o seu presente e mailo seu futuro, e teño que admitir que os nosos políticos locais non están á altura das circunstancias, o governo bipartito estase desgastando por momentos e cecais cómpre unha renovación, pero o Partido Popular tampouco é quén de presentar nin moito menos unha oposición coherente  e seria. E por certo, na manifestación á que, repito, tiven a ocasión de asistir coa miña familia, -na cal, fóra tópicos, non temos ningún funcionario nin local, nin autonómico nin estatal- habia tamén algúns simpatizantes (non sei se militantes tamén) do partido popular do señor Telmo Martín, si señores, amigos e coñecidos de recoñecida militancia popular, asi que tomen boa nota dende os bancos azuis, non todo vale en política, tampouco tomarlle o pelo aos pontevedreses, porque o venres habia xente de todos los gustos y colores...

Por certo, ¿pódese ser tan cazurro e tan inútil coma poñer un titular coma éste nun xornal? ¿¿¿MANIFESTACIÓN CONTRA VIGO?? ¿É isto xornalismo serio ou unicamente son unha panda de xuntaletras estos do Atlántico Diario?, xente asi habia que deportala a un gulag en Siberia, por favor, que pouco sentido común.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Escrito por breogain en Actualidade & Galiza 18 xuño 2009

¿Canto galego está disposto a aturar?

Así reza o título da columna de opinión que hoxe, dia 18 de xuño, e a un dia para que finalice o prazo dado pola Xunta de Galiza (Galicia se vostedes prefiren) aos pais con fillos en idade escolar (infantil, primaria, secundaria..), escribiu Xosé Manuel Pereiro. Supoño que a ninguén dos lectores se lle escapará o feito de que levan turrando coa teima do conflicto lingüistico dende o dia seguinte a celebrarse as eleccións, alá polo mes de marzal, semella que unha das principais prioridades do governo de Núñez Feijoo era a de rematar coas galescolas (esas garderias infantís das que se abriron unha chea delas en catro anos) e cambiar unha vez máis a política lingüistica da Xunta, semella que a cuestión da língua primaba sobre a cuestión económica, porque non descansaron ate sacarse da manga esta enquisa aos pais, agardo que na vindeira enquisa me pregunten por onde construi-las autoestradas ou onde facer escolas e hospitais, que tamén quero opinar sobre iso.

Personalmente xa estou farto de todo isto, de que Galicia ¿Bilingüe? afirme que o castelán corre perigo neste País no que vivimos e no que o GALEGO é o que pode desaparecer nuns anos, estou farto de que empreguen o noso idioma coma arma política, farto de escoitar falar de imposicións, o galego e o castelán sempre conviviron cunha certa normalidade, pero claramente o galego está a sufrir un tremendo retroceso en falantes a cada xeración que pasa, tratáronse de facer cousas pero agora todo o avanzado vaise desfacer, non son lingüista nin filólogo, non teño unha variña máxica nin sei que ten razón en toda este lea, pero o que si sei é que eu non axudarei a que o meu idioma desapareza e falareille en galego á miña filla Sabela, quén sabe, cecais nuns cantos anos xa non terá mestres que lle falen na língua de Rosalía.

Sen máis, aquí tedes a columna de Xosé M. Pereiro no xornal El País. e aquí o tríptico informativo censurado pola Xunta e que non deixaron que acompañara a enquisa remitida aos pais dos alumnos interpelados, tríptico informativo en formato pdf e xentileza do blogue de paidovento.

[... Si hablarle en gallego a un niño de hasta tres años es imponerle algo, en la inmensa mayoría de las guarderías, salvo que a los infantes les hablen en neutro o en klingon, están imponiendo el castellano (que, como su nombre indica, es el idioma natural de aquí de toda la vida). ]

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Escrito por breogain en Pontevedra 15 xuño 2009

Pontevedra beach

Semellaba unha promesa dificil de cumplir, poucos eramos os que confiábamos en que a nosa cidade e o noso rio contaran cunha praia urbana, pero ao final o Concello saiuse coa súa e haino que felicitar, ou alomenos asi o fixeron centos de pontevedreses que visitaron o lugar este fin de semana, coincidindo coa súa inauguración o pasado venres, cun espectáculo de luz e son ao que non puiden asistir por mor dunha cea de traballo, pero si estiven xunto cós meus colegas e os nosos fillos o domingo dando unha volta polo lugar.

foto do Faro de Vigo

Socorrista, bancos de pedra, amplo espazo para o baño e para deitarse na herba, a verdade é que non contaba con que o tema rematara tan ben, somentes podo dicir que levei/levamos unha grata sorpresa ao chegar a sitio en cuestión, a partires de agora será un punto de encontro de moita xente e un lugar máis de lecer da nosa cidade, parabéns ao Concello de Pontevedra polo logro, agardemos agora que tanto o propio governo municipal coma a cidadanía que empregarémolo sitio, demos boa conta del, coidando e respectando o entorno, seria unha mágoa que despois de recuperalo para o noso desfrute o deixemos morrer ou a mesma xente que o empregará dia tras dia non o saiba coidar en condicións, confio logo na boa fe duns e doutros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Escrito por breogain en Caixón de xastre 13 xuño 2009

Xa temos coche novo (1ª parte)

Por fin, despois de case tres meses de búsqueda, que comezaron xusto despois do nacemento da nosa cativa, atopamos un coche cojonudo para a miña muller, ou un coche mono como lle gusta dicir a ela. O elexido foi un coma este que podedes ollar na foto, e semella que o modelo en cuestión, un nissan micra, non debe dar apenas problemas mecánicos, porque o mercado de segunda man deste utilitario é case que inexistente, no portal máis empregado para esas pescudas, www.segundamano.es  unicamente puiden atopar cinco ou seis vehículos en toda Galiza, tamén percorrín varios concesionarios oficiais da Nissan en Pontevedra e Vigo e nada de nada.

null

O vehículo que semella pequeno por fóra está aproveitadísimo por dentro e dalle mil voltas ao meu en cuestións de gadgets e accesorios varios, de verdade que non contaba que fora a ser un coche tan currado para o pequeno que semella ser a primeira vista. Pois iso, agardo que teñamos sorte e que nos dure uns cantos anos, polo de agora estou a voltas có tema do mans libres parrot que viña có coche e sen manual de instruccións, esta tarde de sábado tentarei engadirlle os dous móbiles da casa e a ver que pasa, como sempre fun bastante autodidacta supoño que non terei demasiados problemas.

Nada máis, agardo que o sector do automóbil se recupere canto antes polo ben de todos, pero que os prezos dos automóbiles non suban demasiado polo de agora, porque o meu xa ten 7 anos e so dúas portas, asi que teño que ir pensando en darlle un cambio, non sabedes o que custa meter un capazo ou unha cadeira de bebé por esas portas tan pequenas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Escrito por breogain en Actualidade & Cinema e televisión 4 xuño 2009

¿A nova Xunta practica a censura nos medios?

A pasada semana tiven a sorte de ollar un fantástico documental na T.V.G., o programa, a caixa negra, o mencionado documental, "Casón", fíxome lembrar todo o acontecido cando eu tiña pouco máis de once ou doce anos. A reportaxe gustoume coma xa dixen e ao remata-lo programa puxeron un avanzo do que seria o seguinte documental, Vacas tolas, ése era o seu título, e digo ese, porque o pasado martes por razóns que escapan ao meu modesto entendemento, a súa emisión foi retirada de súpeto da grella da programación, ante o meu estupor e o de miles de galegos e galegas, a T.V.G. pasaba un western de Clint Eastwood no seu lugar, a cara de tonto que nos quedou á miña muller e mais a min podédela imaxinar.

Pois ben, eu que son moi mal pensado xa comecei a desconfiar, e ao dia seguinte aconteceu o que todos e todas saberedes, o noso presidente saiu a explicarnos que todo iso se debeu a unha chamada telefónica dun sindicalista, descoñécese de que sindicato labrego galego (ou de fóra, vai ti a saber) foi, os sindicatos maioritarios dixeron que isto non ia con eles, que faltaria máis faltar á liberdade de expresión, entón a única posibilidade que resta é que fora un sindicalista a título persoal, o cal, nun alarde de poder de convicción e cunha chamada telefónica, conseguiu que a televisión autonómica, a de todos e todas, tamén a dos votantes do Partido Popular, censurara unha reportaxe na que, presumiblemente se aireaba a mala xestión do, daquela governo popular no tema das vacas tolas, supoño que lembraréde-lo soterramento masivo en Mesía e todo aquilo...

www.blogoteca.com/malmequer

 De verdade non me entra na cabeza coma se pode facer tal cousa, censurar desta maneira e logo virnos a tentar convencer dunha maneira tal burda, señor Feijoo, non sei os demais, pero eu non teño un pelo de tonto, eu non comulgo con rodas de muiño, non pode ser que en dous meses de governo censuren documentais coma Caixa negra, programas de radio coma aberto por reformas ou obras do Centro Dramático Galego porque son críticas coa súa xestión ou somentes polo mero feito de non lles seren afins ao seus propósitos, a T.V.G. non é o NO.DO. , non podemos voltar atrás, están trocando cultura por enxebrismo, arte por burdo folclorismo e iso non é de recibo, ése non é o camiño do galeguismo que vostedes propugnan, asi non se fai País, ésa non é forma de actuar dun governo que se fai chamar democrático, despois disto xa non me creo cousas coma ésta, por favor, NON PASEMOS DO FRAGUISMO AO FEIXISMO, e con isto último non me refiro precisamente á forma de facer política practicada por Feijoo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Escrito por breogain en Internet & Pontevedra 27 maio 2009

Pontevedra dende outra perspectiva

Non sabia eu que un cocheciño de bebé daba para facer cousas coma ésta, claramente tereino que probar có meu nos paseos dominicais polo fermoso casco vello que temos na nosa cidade, bravo polo autor deste video que me sorprendeu gratamente hai uns cantos dias.

Ollado no blogue de Andrés Milleiro, son pesado, xa o sei, pero este home é unha mina.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Escrito por breogain en Actualidade 22 maio 2009

Plan Re-Móvete da Xunta para o automóvil

Detrás deste nome tan suxerente, está o plan da Xunta de Galiza para tentar botar unha man e sacar da súa actual crise ao sector do automóvil, un plano en clave galega, posto que Feijoo foi un dos primeiros en desmarcarse do Plan 2000E de Zapatero, é de supor, ou alomenos eu agardaria que isto servira para dinamiza-lo mercado galego do automóvil, e estoume referindo tanto aos concesionarios coma a PSA Citröen, que da traballo a miles dos meus paisanos. Pero tanto un plan coma outro esquécense de certo perfil de xente, entre as cales eu me inclúo, explícome:

a plantilla de citroen vigo e o vehículo 9 millóns

Como saberedes, xa vai para dous meses que tiven unha filla, o meu actual coche, de tres portas, gasolina e sete anos quedóuseme pequeno, polo tanto estamos pensando seriamente en mercar un novo e evidentemente entregar este na operación, pois ben, coma o meu coche non ten máis de dez anos, non me podo acoller nin a axuda da Xunta nin tampouco a do Estado, polo tanto, deses 1500 ou 2000 euros non vexo un can, pero o que máis me jode, e perdonádeme a expresión, é que tampouco me podo acoller aos 10.000 euros sen xuros que tamén prometen, véxome polo tanto sen axuda de ningún tipo, eu, que precisamente estaba pensando nun Citröen C4, mira ti por onde tiña pensando aporta-lo meu grao de area e axudar á economia do meu País mercando un vehículo da marca que emprega a miles de galegos e galegas, pois non, o futuro coche que emitiria menos de 120 g/km de CO2 seria máis ecolóxico que o que actualmente teño, vamos, máis non podo axudar, pero a min ninguén me axuda, non o vexo nada xusto.

Fica aqui a miña protesta, tanto ao governo da Xunta de Galiza coma ao do Estado, quero cambiar de coche, quero contribuir á mellora da economia galega e axudar no que modestamente podo, pero este governo que a bombo e platillo está a anunciar axudas, esquécese dos que temos coches de dez anos, señores, o parque automovilístico galego e español xa hai anos que non é tan vello, a vida útil dun coche hoxendia non supera os seis ou sete anos, no meu caso non é por capricho, senón por circunstancias da vida.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Escrito por breogain en Actualidade 14 maio 2009

Festa da língua 2009 en Pontevedra

Como supoño saberedes, o vindeiro dia 17 de maio é o dia das letras galegas, mágoa que este ano cadre en domingo e non teñamos alomenos un dia festivo do que desfrutar, pero asi está o calendario. Na nosa cidade unha vez máis a xente do local social Revira organizarán a festa da língua, con diversas actividades para os cativos e non tan cativos que se desenrolarán na véspera, sábado dia 16. Como o seu traballo en defensa da língua galega (sexa cal sexa a normativa) é encomiable, que menos que facerlles un chisco de publicidade no meu blogue, polo tanto aqui tedes o cartaz coas actividades.

Por certo, haberá tamén un concerto o sábado pola noite, os cabeza de cartel os Skarnio, un dos mellores ou se cadra na miña opinión, o mellor grupo de ska do noso País, parabéns á xente do Revira por tan boa elección e ademais por ofrecernos a súa actuación de balde no recinto feiral, quén sabe, cecais poida facer unha escapada, os que vaiades desfrutade do concerto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Escrito por breogain en Actualidade 8 maio 2009

Guillerme Vázquez ¿voceiro nacional do bng?

Vaia por diante que non son militante do bng e que non teño inteción de tomar partido nestas desputas, máis ou menos amigables, que se agardan para suceder a Anxo Quintana á fronte do partido e como voceiro nacional, xa non sei se tamén coma vindeiro candidato á presidencia da Xunta de Galiza polo Bloque Nacionalista Galego.

foto de www.xornal.com

Pero veño de leer estes dias, que un dos nosos políticos locais, en concreto Guillerme Vázquez, estará na terna de candidatos, xunto con Carlos Aymerich e Xosé M. Beiras Torrado, para ser elexido máximo representante do nacionalismo galego na Asemblea Nacional do 10 de maio, personalmente non teño nada en contra de Guillerme, xa foi deputado nas cortes españolas, posto que compartiu xunto con Francisco Rodriguez e tamén con Carlos Aymerich, un dos seus actuais competidores, ten experiencia polo tanto niso de liderar ou representa-lo partido, pero na política local, na que eu sigo dia a dia polos xornais ou nos partes de Localia Pontevedra, semella unha persoa cansina, sen ansia por face-las cousas, as súas roldas de prensa son sempre soporíferas e aburridas ate a extenuación, xa o teño comentado nalgunha ocasión con César Abal e algún blogueiro máis da nosa cidade, o bng pontevedrés debia de soltar lastre e desfacerse dun par de elementos, os cales, máis alá de axudar ao partido, estanlle a restar votos e popularidade, un deles é o polémico César Mosquera, cós seus claros e as súas sombras, xa se teñen escritor rios de tinta sobre el, pero coido que tamén o señor Guillerme Vázquez debia deixar paso a xente nova e con máis ambición e folgos para traballar pola súa cidade, polo tanto senón atopo a Guillerme Vázquez unha persoa axeitada para seguir traballando no bng pontevedrés, despois da súa nefasta xestión do tráfico no Concello de Pontevedra, tampouco o considero axeitado para liderar o partido e moito menos para se-lo candidato á presidencia da Xunta de Galiza, pero claro, xa se sabe, a UPG a mandar e o resto a calar, ou alomenos iso pretenden.

¿Que cal é o meu candidato preferido?, pois a verdade e sendo francos Beiras xa é pasado, glorioso, pero pasado ao fin é ao cabo, prefiro a Carlos Aymerich, unha persoa xove, dinámica e con empuxe e gañas de traballar, xa non digo polo partido, senón polo noso País, ése poderia se-lo meu candidato, pero vamos, a miña opinión somentes é iso, unha opinión.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Escrito por breogain en Cinema e televisión & Música 6 maio 2009

Jerk it out (The Caesars)

Bravo pola xente de Renault, será que ando na procura dun novo coche -porque coa cativa o actual ficou pequeno de máis- e estou máis atento aos anuncios das marcas automovilísticas, pero coma para non estalo có spot do novo megàne coupé, o anuncio en si tampouco é que sexa algo fóra do normal, pero o tema musical que elexiu a marca do rombo para acompañalo é unha pasada, e por se algún de vós non ten idea do que estou a falar, aqui vos traio o tema en cuestión, o seu título Jerk it out, o grupo, The Caesars.

Son unha banda sueca de garage rock, suecos pero con vocalista de ascendencia portuguesa, teñen as típicas distorsións de voz e de guitarras, este tema que agora estase a facer moi coñecido xa data do ano 2002, cando saiu ao mercado como single, xa tiña escoitado algunha canción deles no FIFA da playstation, pero agora é cando de verdade me soprenderon cun tema guapo, guapo, por certo, se tedes interese e queredes indagar máis sobre este grupo, pois pasádevos pola wikipedia. Pois iso, que sentinme na obriga de compartilo con todos vós e en especial adicarllo a Andrés Milleiro, có cal comparto ademais do gusto polo fútbol (parabéns pola victoria en Stamford Brigde) unha semellanza tamén nos gustos musicais.

Por certo, non colgo aqui o video oficial do grupo e si o spot publicitario porque non sei que problema haberá coa licenza, que non me deixa postealo, ponme unha mensaxe de inserción no autorizada, será que aquí non lle pagamos á SGAE.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Next Page »