Escrito por breogain en Política 18 Agosto 2008
Falando de políticos, constructores e promotores..
Ollando este post publicado o pasado domingo polo blogueiro pontevedrés Sísar, no cal fala da famosa urbanización que o socialista Xosé Blanco está a facer na Illa de Arousa e que xa é comunmente coñecida por todos polo nome de Villa-PSOE, lembreime da figura daquel promotor e constructor que despois de pasar pola alcaldia dunha vila mariñeira da nosa provincia, veuse na obriga moral de procurar novas metas e apuntar máis alto na súa carreira política, con sorte dispar, xa que no seu primeiro asalto, inda que foi o vencedor aos puntos, non puido acada-lo trofeo do que fora merecedor, ben sabedes de quen falo.

Amigo Sísar; está moi ben afirmar que [en este pais simpre ganan los mismos, los listos y los delincuentes], pero tamén seria boa cousa ter algo de memoria cando menos, en non selectiva por certo. Convídote a que fagas un pouco de exercicio da mesma e lembre-la desfeita que se está a facer perto do miradoiro da Granxa (Sanxenxo), ese lugar que nós, os pontevedreses coñecemos de sobra, ese dende o cal inda podemos outea-la magnífica ría de Pontevedra e no que, gracias ao anterior alcalde de Sanxenxo, o sr. Telmo Martín, están a desfacer cunha montruosa macro-urbanización de chalets a pe de costa, tampouco haberia que esquecer que é o mesmo alcalde promotor-constructor que está involucrado no tinglado dos pisos da urbanización San Paio de Navia na veciña cidade de Vigo, inda non está condenado nin probada a súa implicación, vale, e será socio de Construcuatro e todo o que queirades, pero un socio non é parvo e sabe onde mete os seus cartos, é de supor que estaria advertido do asunto.
Non esquezamos polo tanto que para a nosa desgraza, moitos dos nosos políticos están niso, na política para facer cartos e gañar notoriedade púbica, moi lonxe daquela imaxe bucólica que temos de defensores do populacho e dos nosos dereitos como cidadáns, e niso o Partido Popular lévase a medalla de ouro có 95% dos casos.
chuzame -
Levan a nosa música e tamén a nosa cultura alá onde viaxan, son de seguro o grupo galego de música folc máis internacionalmente coñecido despois dos grandísimos Milladoiro e do gaiteiro Carlos Núñez, a formación comandado por Bieito Romero tocarán a noite do 17 de Agosto na praza da Ferreria de Pontevedra, cecais sexa casualidade ou non que toquen precisamente neste dia na nosa cidade, unha data tan importante para a memoria galega coma a que se conmemora hoxe, o dia dos mártires galegos, o aniversario da morte de Alexandre Bóveda, tendo en conta isto, que mellor homenaxe que a dun grupo galego.
O vindeiro 17 de Agosto celebrarase un ano máis na nosa cidade o aniversario do pasamento de Alexandre Bóveda, o que fóra máximo responsable e tamén ideólogo do Partido Galeguista, home de fondas conviccións patrióticas que foi asasiñado polas tropas franquistas o 17 de agosto do ano 1936 na Caeira (Poio), ás aforas da nosa cidade de Pontevedra. Foi anos despois, concretamento no ano 1942, cando o galeguismo no exterior instauraba o 17 de agosto coma unha data para a lembranza dos nosos mártires, homes e mulleres que deron a súa vida na loita contra a ditadura franquista, que defenderon Galiza coa súas vidas e que merecían ser lembrados, declarouse por tanto o 17 de agosto coma o dia dos mártires galegos ou 
Como firme detractor que son das touradas, fágome eco da convocatoria dunha concentración antitaurina que terá lugar o vindeiro sábado 9 de agosto na nosa cidade de Pontevedra, o acto que está organizado pola
Este vindeiro fin de semana terá lugar na nosa cidade a XI Subida cidade de Pontevedra, unha proba automobilística sobradamente coñecida por todos nós e por moitos e moitas afeccionados ao mundo dos ralies en Galiza e todo o noroeste peninsular. A proba que leva celebrándose once anos terá lugar este vindeiro domingo dia 10 de Agosto, coma sempre as verificacións terán lugar no parque pechado instalado no Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra, poderemos achegarnos a olla-las máquinas que participarán nesta proba contra-reloxo o sábado pola tarde, pero se queredes máis información sempre vos podedes pasar pola web dos organizadores do evento, a
O vindeiro 2 de agosto será a primeira das catro corridas da feira taurina de Pontevedra, coma sempre na nosa cidade semella que hai unha grande expectación ante tal evento, descoñezo o cartel posto que non me interesa o máis mínimo, é máis, declárome abertamente antitaurino e rexeito de plano esta práctica, a cal non considero un deporte e moito menos un acto cultural, da mesma maneira pensa a xente da
Terá lugar na Praza da Ferrería (houbo troco de ubicación) da nosa cidade os dias 31 de xullo, 1 e 2 de agosto e será a súa segunda edición, o ano pasado tocaran os Cooper e non puiden ir a ollalos, unha mágoa, pero algún dos asistentes subiu un video ao portal youtube e se tedes curiosidade podedes botarlle unha ollada
Veño de olla-lo novo spot publicitario do Pontevedra C.F. en youtube, un anuncio supoño que para a televisión local e que me acaba de deixar perplexo pola súa simplicidade e escasa calidade. Non quixera ser demasiado duro no meu comentario ao respecto, pero coido que é case que imposible facer algo máis ñoño e con menos convicción que o que veñen de facer, suponse que este traballo de marqueting está dirixido a captar novos socios para a entidade e con material como éste, de tan escasa calidade o que van a conseguir é que non so non cheguen novos socios, senón que os que xa o somos dende hai anos botemos a correr despavoridos. Está claro que o precedente era de moi boa factura, estouvos a falar do anterior spot, aquel no que os xogadores do Pontevedra C.F. corrían tra-la bola polo casco vello da nosa cidade, a verdade é que aquel spot deu que falar, pola súa calidade e a súa orixinalidade, polo tanto a cousa estaba complicada e á vista está que non souberon nin mante-lo nivel do anterior, primeiramente na música elexida, realmente inapropiada, e despois na montaxe das imaxes e no final, coa rapaciña e mailo seu avó (supoño) sentados nas cadeiras e chamando polo novo socio que ha de vir, algo que ao meu modo de ver ficou cutre de máis, non sei, non lle veo punch e coido que pasará totalmente desapercibido, dende aqui un toque de atención a departamento de marqueting do clube granate, que se poñan as pilas e fagan outra cousa, porque con esta película de serie B non imos a ningures.










