Category ArchiveActualidade
Actualidade &Deportes 24 mai 2010 03:36 pm
Oviedo 1 – Pontevedra 2
O Pontevedra Clube de fútbol contra vento e marea venceu no estadio do Oviedo, non foron 30.000 afeccionados como prometian no inferno do Tartiere, se cadra uns cantos miles menos pero ruidosos, cun árbitro tendencioso e caseiro, con dous expulsados, con carreiras e porrazos á saída do encontro, inda así, con todo en contra, a marea granate estivo presente en terras astures e presenciou a vitória dos granates e a exhibición dun impresionante Igor de Souza.
O primeiro gol:
E o segundo, grandísimo Igor de Souza.
Agora a polo Alcorcón, as entradas á venda dende hoxe nas oficiñas do clube ao prezo da anterior eliminatoria.
¡¡ Hai que encher Pasarón o domingo, todos de granate !!
Actualidade 07 mai 2010 03:02 pm
Cartaz da festa da língua 2010
Un ano máis, a xente da Asociación Cultural Revira de Pontevedra implícanse na defensa do noso idioma, un ano máis organizan a Festa da Língua o fin de semana do dia das letras galegas, desta volta a festa terá lugar o sábado 15 de maio e coma sempre contan cunha chea de actividades, nas que por suposto e ademais da música e da festa haberá contacontos para que os nosos cativos desfruten tamén no noso idioma, sen máis, aquí vos deixo o programa de actividades.

Coma sempre adoitamos facer neste blogue, facemos un chamamento a toda a cidadania pontevedresa a acudir aos diversos actos que haberá co gallo do dia das letras galegas, tanto se son lúdicos e festivos coma reivindicativos, todos debemos comprometernos na loita e defensa do galego.
Actualidade &Política 23 abr 2010 07:17 am
Baltasar Garzón semella que molesta…

E que incomoda a algúns neste pais, a algúns como ao ¿sindicato de funcionarios? Manos Limpias e demais chusma tardofranquista, pseudodemócrata e casposa que ainda perviven despois de tantos anos, individuos estes que propoñen inhabilitar de por vida ao xuiz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón, e que supoño terán arelas de ollar a este home entre reixas, o único que tivo un par de pelotas para colle-lo touro polos cornos no tema da Memória Histórica e investigar moitos casos de xente represaliada pola ditadura de Franco, agora os fillos daqueles seica buscan vinganza e queren rematar con el, pero a vida conta das manifestacións que se preparan para este fin de semana en todo o Estado Español, non o han de ter doado.
Actualidade &Música 31 xan 2010 10:52 am
Weezer – If you’re wondering if i want you to
Primeiro single de Ratitude, o novo disco da banda californiana, seguen a ter o mesmo ritmo e a enerxia de sempre, hai anos que escoito a súa música, dende o Blue album que teño como un dos meus preferidos e mercara hai máis de dez anos na desaparecida tenda Bit's Cd, que estaba na rúa San Román, baixando da Praza da Ferreria ate a praza da Verdura.
Actualidade 20 dec 2009 12:20 pm
Novo emprazamento do local social da A.C. Revira
Non sabia nada do tema, escoitara que o alugueiro do anterior local, no que teño ido a algunha charla, algunha festa futboleira e tomado tamén algunha cervexa que outra con algún colega, expiraba estes dias de nadal, pero non sabia nada de que abriran xa noutro emprazamento da nosa cidade.

Rúa Gonzalo Gallas nº 4 baixo (Pontevedra)
A xente da asociación cultural Revira levan seis anos traballando en Pontevedra pola defensa da cultura e a língua galegas, unha tarefa incansable que dia tras dia fainos merecedores do meu respecto máis sinceiro, os seus coloquios, as súas charlas, palestras e películas sobre os máis diversos temas sempre foron motivo de comentario na cidade, e sempre sairon adiante non sen poucos problemas, como os ataques fascistas de hai un ano que a piques estiveron de queima-lo local, pero sempre souberon sair adiante, sendo lugar de aglutinamento de galeguistas, nacionalistas ou independentistas galegos na nosa cidade, e sendo pioneiros en moitos temas culturais nesta Pontevedra que semellaba durmida na noite dos tempos, lideraron na nosa cidade o tema do rexeitamento ás touradas, da selección galega de fútbol, da defensa do monte fronte os ataques da Brilat e moitos máis temas de actulidade, hoxe suben un chanzo máis e inauguran un novo local, que polo que puiden ollar nestas fotos ten moi boa pinta, agardo que teña tamén bar/cafeteria/taberna para seguir compartindo de cando en vez unha birra con Andrés ou algún colega máis da bancada de norte de Pasarón.
O dito, parabéns á xente da Revira por este novo local, que o desfrutedes con saúde e sorte moitos anos, por alí nos pasaremos un dia destes.
¡¡ Saúde e terra !!
Actualidade 06 dec 2009 12:23 pm
Abel Caballero, patriota galego

... Que no tio, que Caixanova se la llevan de Vigo por encima de mi cadaver, me da igual que Caja Madrid se haga con Caixa Galicia a precio de saldo, aqui lo que priman son los intereses de mi ciudad por encima de los de Galicia, además para que queremos una caixa única, si los gallegos siempre fuimos cada uno por nuestro lado ...
Xente con este talante dirixen as nosas vilas e cidades, asi na puñeteira vida sairemos adiante os galegos e galegas.
Actualidade 08 nov 2009 07:54 pm
Unha caixa galega única, forte e comprometida có País
Pásanos con todo, có grupo lácteo galego, có grupo de distribución galego, cós aeroportos galegos e agora con banca galega. Eu non entendo de macroeconomia, o meu é máis ben a economia doméstica, teño banca electrónica dende hai unha chea de anos coa que me amaño moi ben, teño que dicir que foi un grande acerto, sobre todo para os que non somos funcionarios e non temos tempo pola semana para sair a media mañá a actualiza-la libreta ao banco. Dende sempre tiven predilección polas entidades galegas, e a primeira conta corrente que tiven foi na desaparecida (máis ben absorvida por CaixaVigo) Caja de ahorros provincial de Pontevedra, que anos despois, e para ledicia miña pasou a ter un nome máis galego, Caixapontevedra. Pois ben, dende aquela no territorio galego as que mandan son Caixagalicia e Caixanova, e agora no convulso sistema financieiro e bancario español o que prima son as fusións de caixas, sobre todo, para aguanta-lo tirón da crise galopante que estamos a sufrir, e iso que a banca española foi das que mellor está a sobreleva-la crise mundial, a CNMV aboga pola fusión das caixas galegas, asi como o Consello Económico e Social, tamén a Xunta de Galiza, inda que a posición de Feijoo non a acabo de ter demasiado clara, coido que lle parece ben pero non se quere mollar moito, e iso que é algo estratéxico para os intereses económicos do País, estamos falando da laboura social que fan as caixas, que de todos é de sobra sabido é moi importante.

Pois ben, a principal beneficiada seria Caixa Galicia, que hai uns dias publicou os datos do terceiro trimestre e non son para nada bos, iso sábeo ben o presidente de Caixanova e dame a impresión que non está para nada pola laboura de fusionarse, entendo que miren polos seus intereses, pero ¿e os intereses dos galegos e galegas que temos alí os nosos aforros? ¿pensaron niso os de Caixanova?, sei que a fusión conlevaria o peche de sucursais e o despedimento de traballadores de ámbalas dúas caixas, pero engadiria tamén un plus de fortaleza ao sistema financieiro galego e gañaria músculo cunha grande caixa galega que estaria entre as cinco primeiras do Estado español, que poderia apoiar futuras operacións de multinacionais galegas coma Inditex ou Pescanova, por unha vez pensemos en clave de País, pensemos nos intereses xerais e non nos particulares, deixémonos de localismos Vigo-A Coruña e pensemos en Galiza, fagan un esforzo, coido que pagaria a pena, medo me daria que porque Caixanova non se fusionase con Caixa Galicia, ésta última caera nas mans de Caja Madrid, si, a mesma pola que se están a pelexar en Madrid, Gallardón, Aguirre e Rajoy, ¡que tropa!.
Actualidade 08 nov 2009 07:29 pm
¡¡ Liberdade para os nosos mariñeiros !!
Como moitos blogues, web's, xornais, persoas a título particular ou colectivos de toda índole, quérome unir ás familias dos mariñeiros galegos e bascos do pesqueiro Alakrana que levan máis dun mes secuestrados no Índico, unha zona que polo que contan, e xa verquiron rios de tinta sobre este tema, semella ser unha zona sen lei de ningún tipo, onde todos estes piratas campan ao seu antollo e cun kalashnikov e un lanzagranadas poden ter en xaque a un governo democrático como o español ou a calqueira outra potencia europea ou do resto do mundo.

Quérome unir á dor destas familias de Boiro, de Ribeira, de Baiona, de Hondarribia, Pasaia ou Lekeitio, xente que foi a traballar e gaña-lo pan nun oficio xa de por si, duro de máis, como para agora ter que pasar máis dun mes nun barco, case que sen comida e auga potable e compartindo lugar con estes fulanos drogados, armados e para os que a vida das persoas non ha valer nada. Agardo unha pronta solución deste conflicto internacional, a mellor para todos, non vou a entrar en polémicas de si a actuación de Garzón foi unha vez máis demasiado mediática e con afán de protagonismo, ao querer xulgar aos dous piratas e territorio español, a cousa puido facerse doutra maneira, tal e como fixeron o resto dos paises, tamén poideron ter enviado axuda militar antes á zona, se hai soldados españois en paises onde non hai intereses económicos, Líbano, Afghanistán e demais, porqué non no Océano Índico, onde faenan pesqueiros que dan traballo a moita xente e traen moita pasta para España, en fin, Carme Chacón ha de sabe-la resposta, eu somentes abogo porque se resolva isto canto antes e teña un final feliz, agardo que asi sexa.
Actualidade 25 out 2009 09:14 am
A vontade do povo hai que respectala
Mocións de censura en Silleda, Láncara, e onte mesmo no Folgoso do Courel, unha vergoña para a nosa democracia, a figura do tránsfuga salta outra vez á palestra, a dos veciños enganados e aldraxados tamén, ¿para isto serve o noso voto? ¿é isto respectar á vontade popular?.

Paréceme un cachondeo que esta xente se de de baixa do seu partido para pasar a outro, ou para fundar un novo partido como fixeron neste caso, Alianza polo Courel, un engano burdo e malintencionado que conta coa oposición dos veciños. Tanto ten un concello de pouco máis de 1.300 habitantes coma unha vila coma Pontevedra, ¿ou Telmo Martín non faria algo semellante se se lle brindara a oportunidade?, a cuestión é que a lei anti-transfuguismo todos a pasan por aquel sitio, actos coma os destes dias fanlle subir ás cores a calqueira e pensar se de verdade o noso voto vale para algo.
¿E Feijoo que ten que dicir de todo isto?
Actualidade 19 out 2009 08:31 pm
¡¡ Asi se defende o galego señor Feijoo !!
E despois de todo isto, a Feijoo o único que lle preocupa é que Francisco Caamaño, ministro galego do governo central, estivera na manifestación dando o seu apoio ao movemento en defensa do idioma galego, que mágoa de governantes temos, unha vez máis o bipartito estivo presente na defensa do idioma, pero tamén acudiu xente do Partido Popular, un deles, o fillo do popular e galeguista Xosé Cuiña.
Namentres, a Televisión de Galicia recibia os apupos da xente pola súa manipulación á hora de dar a nova, La Voz de Galicia presentaba en portada a moción de censura de Silleda e varias novas máis, pero nada da manifestación máis concorrida dende o prestige, e outros medios coma a COPE ían ao seu, a intoxicar e manipular burdamente.
Actualidade 10 out 2009 11:10 am
O premio Nobel da paz 2009
Pois contra todo pronóstico o premio Nobel da paz do ano 2009 foi recaer no presidente dos Estados Unidos de Norteamérica, supoño que serei un máis de tantos que ficamos coa boca aberta ao enterarnos desta nova tan sorprendente, tanto é asi que a maioria dos meus compañeiros de traballo pensaban que estaba de broma cando lles comentei este tema.

O dito, semella que para a Academia Sueca, non somentes priman os feitos concretos, senón tamén as intencións e as boas palabras, que é do que anda sobrado Barack Obama, estou dacordo en que o "clima" mundial mellorou algo, este semella ser un presidente menos guerrilleiro que os seus antecesores no cargo, pero tanto como para leva-lo Nobel da paz coido que non fixo polo de agora, haberá que dicirlles aos do Comité do Nobel que lle boten unha ollada ao programa Españoles por el mundo (por pór un exemplo), alí atoparán misioneiros ou cooperantes traballando en paises en guerra e esquivando unha morte segura dia tras dia por axudar a xente da que no primeiro mundo nin tan sequera temos coñecemento, esa xentiña si que ten mérito, pero apenas sabemos deles, non saen nos mass-media dia tras dia como Obama.







