Category ArchiveActualidade
Actualidade 09 set 2009 07:33 pm
“I jornadas sobre el bilingüismo” (sic) en Pontevedra
Desta forma tan suxerente, a xente de Galicia Bilingüe organizará na nosa cidade o vindeiro fin de semana, en concreto o venres e o sábado, unhas xornadas sobre o idioma que din serán abertas a todo o mundo, pero que segundo informan tanto no Diario de Pontevedra coma no outro gran diario galego, serán previa inscripción dos interesados en asistir na sede do Museo de Pontevedra, ou sexa, que de libre nada, haberá que pasar un filtro previo, non vaia ser que ali se poidan colar indesexables ou radicais que poidan rebenta-lo acto, poidera pensar algún.

Haberá ponentes de todo tipo, que versarán sobre o bilingüismo e abordarán, é de supor, o recente conflicto lingüistico galego, e digo recente, porque antes do troco de governo e de que esta organización sectaria e casposa de Galicia Bilingüe saltara á palestra, o galego e mailo castelán convivian nunha máis que respectable harmonia, pero vamos, o galego sempre por detrás, e a remolque do castelán, por moito que dixeran que aqui perseguimos e pasamos a cuchillo aos que falan castelán, inda que sexa na intimidade, que todos sabemos que o anterior bi-partito tiña micros agochados nas casas. Pero a cuestión e o que a un servidor máis lle repatea, por non dicir que é o que máis lle jode, é que detrás de todo isto estexa a Deputación de Pontevedra posicionándose claramente de parte desta xente, non vexo entre os ponentes destas Jornadas a ninguén da Real Academia da Língua Galega (si, os que lle meteron un bo rapapolvo a Feijoo o outro dia) ou a ninguén da MESA, que inda que non o queran ver, é a asociación de caracter cultural e a prol do galego que máis asociados ten no noso País, vamos, unhas Jornadas como digo para nada plurais e abertas ao san debate, que para máis inri organizan na nosa cidade, que como todos ben sabemos, é o bastión do nacionalismo galego máis radical, total, que traerán xente de toda Galicia para enche-lo Museo.
Non agardaba isto da Deputación de Pontevedra, o paso seguinte será subvencionalos como é de supor fixo o Partido Popular do sr. Feijoo na campaña, e tan ben lle foi que agora está a devolverlle-lo favor, arramblando coas galescolas, có decreto do galego, coa normalización da língua no comercio e con tantas medidas que se tomaron estes anos para impedir que morra o noso idioma, pero total, iso a quén lle importa.
Actualidade 21 ago 2009 08:52 pm
As novas escolas infantís da Xunta

¿tanto barullo para isto?
Despois de poñer en danza a toda a povoación galega con fillos en idade escolar, isto é todo o que fixeron, desmontar o antes feito polo bipartito, nunca na vida se fixeran tantas escolas/garderias infantís coma nestes catro anos, nin tan sequera nos dezaseis anos do governo Fraga, que deron para moito. Ao final a enquisa revelou o que todos e todas sabiamos, que a povoación galega non ten problema ningún có idioma e é bilingüe, que aqui non hai o conflicto de línguas que algúns semellan albiscar, o galego e o castelán viven en harmonia perfecta, que máis terá que nas garderias lles ensinen o idioma propio dos galegos, cando medren o seu propio entorno faralles decidir o idioma no que han vivir toda a súa vida, aqui non habia ikastolas, habia garderias galegas e en galego, e iso non era delicto ningún.
Pero vamos, que ao novo governo faltoulle tempo para desmontalo todo, incluso o logotivo que polo que semella estaba moi politizado, en fin, unha casiña cunha bandeiriña galega, menudo atrevemento o do biparito.
Actualidade 28 xull 2009 08:39 pm
¡¡ Solidariedade cós traballadores escoceses !!
Nestes tempos de deslocalizacións de empresas aquí e alá, chamoume a atención un video que atopei no dia de onte e que se referia precisamente ao peche dunha empresa moi coñecida e para máis inri en Escocia, moitos de vós coñeceredes a miña debilidade por este pais e todo o que representa xunto con Irlanda na cultura celta. Pois ben, o video que podedes ollar foi gravado o pasado domingo e nel pódese ver marchar a perto de 20.000 persoas na pequena vila de Kilmarnock, que se atopa no extrarradio de Glasgow e conta con perto de corenta mil habitantes, é coñecida por ser probablemente a vila natal de William Wallace, tamén polo seu equipo de fútbol, o que conta con máis siareiros despois dos míticos Celtic, Glasgow Ranger, Dundee e Aberdeen, cidades éstas que os superan varias veces en poboación, pero tamén é coñecida por se-la vila orixe dun dos whiskeys escoceses máis coñecidos, o Johnnie Walker.
Diageo, a multinacional máis grande do sector da distribución de bebidas alcohólicas e que ten no seu cartafol marcas tan coñecidas coma Guinness, Baileys, Smirnoff, JB ou Tanqueray quere pecha-la fábrica, ésta o ano pasado deu beneficios e importantes, pero xa se sabe, nunca son dabondo, total, que queren botar á rúa a perto de 700 traballadores, o pasado domingo 26, estes traballadores e miles de veciños de Kilmarnock botáronse á rúa, có apoio decidido de Alex Salmond, o primeiro ministro de Escocia e pertencente ao SNP, o Scottish National Party, como bos escoceses manifestáronse ao seu modo, dunha forma escandalosa e emocionante, dende aqui toda a miña solidariedade, inda que para tomar unha cubata prefira un 100 pipers, cuestión de gustos.
Actualidade 15 xull 2009 08:30 am
O País do millón de vacas (foron tempos)
Fumos algún dia o País do millón de vacas, ese animal que era símbolo de paz para Castelao, agora o noso sector lácteo agoniza e semella que a poucos lles importa, alomenos aos nosos governantes, aos de agora e tamén aos de antes, o Grupo Lácteo Galego non sei se seria a solución, non será unha panacea, pero aos nosos veciños asturianos non lles vai de todo mal coa Corporación Alimentaria Peñasanta (CLAS). Pero claro, aqui namentres dámoslles axudas aos bancos, axudas para mercar coches, para mercar motos ou reduccións fiscais aos iates de luxo, pero dos nosos sectores primarios, básicos no desenvolvemento desta terra ninguén se lembra, na miña familia e despois do pasamento dos meus avós xa non haberá labregos, como tantos marchámonos ás cidades, á comodidade da vida urbanita, atrás quedan uns valentes que tentan manter en pe todo isto, se os galegos e galegas estamos hoxendia onde nos atopamos foi polo traballo incansábel de toda esta xente, os labregos e gandeiros foron a base do noso desenrolo económico, aqui non tivemos industrias e practicamente seguimos sen telas, ¿se rematamos có noso sector primario dun plumazo que nos quedará?

Asi quixeron que fose a nosa terra (Castelao)
Nunca na miña vida merquei un leite que non fora galego, unha botella de auga que non fora galega ou unha lata de conservas que non fora do País, nun futuro todo isto estará no aire, quén sabe se remataremos por importar todo de fóra, quén sabe se remataremos por traballar unicamente para a xente de fóra, empresarios como Xesús Lence, que ás agochadas traen o leite de Bretaña e logo ameazan con deslocaliza-las súas fábricas como fixo Pascual, fanlle un fraco favor á economia galega, o dito, ou a Xunta de Galiza e mailo governo do Estado e cecais a Unión Europea buscan medidas para atallar todo isto canto antes, ou en menos tempo do que pensamos verémonos como dicia Castelao, coas nosas vacas có pesebre aqui e os tetos en Madrid, en Francia, ou en Holanda, vai ti a saber.
Actualidade &Galiza 29 xun 2009 02:42 pm
A torre de Hércules patrimonio da humanidade
A torre de Hércules entrou pola porta grande da historia, o pasado sábado 27 de xuño ás 18:30 en Sevilla foi elexida coma unha integrante máis da lista de monumentos patrimonio da humanidade, o faro romano en funcionamento máis antigo do mundo non podia menos que estar nesa lista, coma pontevedrés e galego síntome infinitamente orgulloso de ter un símbolo tan importante como é este faro entre os monumentos máis sobranceiros do mundo.

A torre de Hércules é parte da historia do noso País, a lenda conta que un dos fillos de Breogán avistou dende a súa cúspide a illa esmeralda, a verde Irlanda, e que despois foi conquistala coas súas naves e os seus soldados, se gostades da historia e queredes ampliar este relato podédesvos pasar por estoutro apartado do meu blogue, no que falo da historia de Breogán.
O dito, parabéns a coruñeses e galegos, o pasado sábado foi un grande dia para todos, post especialmente adicado a O traveseiro, blogueiro coruñés e deportivista.
Actualidade &Pontevedra 24 xun 2009 11:21 pm
Facendo números sobre a “mani” do 19-X
Xa van uns cantos dias alá da manifestación, máis ou menos exitosa, en defensa da capitalidade de Pontevedra, non serei eu quén de discutir se o lema elexido para a ocasión foi máis ou menos atinado, pero ahí está, e moitos pontevedreses e pontevedresas fumos detrás desa faixa o pasado venres 19 de xuño. Xa correron rios de tinta, como era de agardar, sobre o número de manifestantes que acudiron a ela, un servidor estivo alí e ten que recoñecer que non foi nin de lonxe algo semellante á famosa do 5-X, pero si que estivo concurrida, non teño nin idea de cantos seriamos alí, para iso está a policia local, que dos partidos políticos e mailos organizadores non se pode fiar un, inda que semella que da Policia local tampouco, ou alomenos iso é o que pensa o Partido Popular local, có tándem Telmo-Moreira á fronte, que nun exercicio de demagoxia e de absoluta falla de respecto, cargaron as tintas contra a mencionada policia local na figura do seu xefe Daniel Macenlle, si, esa policia local coa que terán que traballar se algún dia chegan ao governo municipal, pero vamos, que nos diversos mentideiros locais (chamádelle foros de internet) apuntan a que o ex-alcalde de Sanxenxo mesmo poderia ate chegar a presenta-la súa demisión, en vista do ninguneo ao que se viu sometido por parte do Partido Popular provincial de Louzán e compañia.

Estas liñas non son para defender a Lores nin a Teresa Casal, nin moito menos, a min o que verdadeiramente me importa é a miña cidade, o seu presente e mailo seu futuro, e teño que admitir que os nosos políticos locais non están á altura das circunstancias, o governo bipartito estase desgastando por momentos e cecais cómpre unha renovación, pero o Partido Popular tampouco é quén de presentar nin moito menos unha oposición coherente e seria. E por certo, na manifestación á que, repito, tiven a ocasión de asistir coa miña familia, -na cal, fóra tópicos, non temos ningún funcionario nin local, nin autonómico nin estatal- habia tamén algúns simpatizantes (non sei se militantes tamén) do partido popular do señor Telmo Martín, si señores, amigos e coñecidos de recoñecida militancia popular, asi que tomen boa nota dende os bancos azuis, non todo vale en política, tampouco tomarlle o pelo aos pontevedreses, porque o venres habia xente de todos los gustos y colores...
Por certo, ¿pódese ser tan cazurro e tan inútil coma poñer un titular coma éste nun xornal? ¿¿¿MANIFESTACIÓN CONTRA VIGO?? ¿É isto xornalismo serio ou unicamente son unha panda de xuntaletras estos do Atlántico Diario?, xente asi habia que deportala a un gulag en Siberia, por favor, que pouco sentido común.
Actualidade &Galiza 18 xun 2009 08:26 pm
¿Canto galego está disposto a aturar?
Así reza o título da columna de opinión que hoxe, dia 18 de xuño, e a un dia para que finalice o prazo dado pola Xunta de Galiza (Galicia se vostedes prefiren) aos pais con fillos en idade escolar (infantil, primaria, secundaria..), escribiu Xosé Manuel Pereiro. Supoño que a ninguén dos lectores se lle escapará o feito de que levan turrando coa teima do conflicto lingüistico dende o dia seguinte a celebrarse as eleccións, alá polo mes de marzal, semella que unha das principais prioridades do governo de Núñez Feijoo era a de rematar coas galescolas (esas garderias infantís das que se abriron unha chea delas en catro anos) e cambiar unha vez máis a política lingüistica da Xunta, semella que a cuestión da língua primaba sobre a cuestión económica, porque non descansaron ate sacarse da manga esta enquisa aos pais, agardo que na vindeira enquisa me pregunten por onde construi-las autoestradas ou onde facer escolas e hospitais, que tamén quero opinar sobre iso.

Personalmente xa estou farto de todo isto, de que Galicia ¿Bilingüe? afirme que o castelán corre perigo neste País no que vivimos e no que o GALEGO é o que pode desaparecer nuns anos, estou farto de que empreguen o noso idioma coma arma política, farto de escoitar falar de imposicións, o galego e o castelán sempre conviviron cunha certa normalidade, pero claramente o galego está a sufrir un tremendo retroceso en falantes a cada xeración que pasa, tratáronse de facer cousas pero agora todo o avanzado vaise desfacer, non son lingüista nin filólogo, non teño unha variña máxica nin sei que ten razón en toda este lea, pero o que si sei é que eu non axudarei a que o meu idioma desapareza e falareille en galego á miña filla Sabela, quén sabe, cecais nuns cantos anos xa non terá mestres que lle falen na língua de Rosalía.
Sen máis, aquí tedes a columna de Xosé M. Pereiro no xornal El País. e aquí o tríptico informativo censurado pola Xunta e que non deixaron que acompañara a enquisa remitida aos pais dos alumnos interpelados, tríptico informativo en formato pdf e xentileza do blogue de paidovento.
[... Si hablarle en gallego a un niño de hasta tres años es imponerle algo, en la inmensa mayoría de las guarderías, salvo que a los infantes les hablen en neutro o en klingon, están imponiendo el castellano (que, como su nombre indica, es el idioma natural de aquí de toda la vida). ]
Actualidade &Cinema e televisión 04 xun 2009 03:17 pm
¿A nova Xunta practica a censura nos medios?
A pasada semana tiven a sorte de ollar un fantástico documental na T.V.G., o programa, a caixa negra, o mencionado documental, "Casón", fíxome lembrar todo o acontecido cando eu tiña pouco máis de once ou doce anos. A reportaxe gustoume coma xa dixen e ao remata-lo programa puxeron un avanzo do que seria o seguinte documental, Vacas tolas, ése era o seu título, e digo ese, porque o pasado martes por razóns que escapan ao meu modesto entendemento, a súa emisión foi retirada de súpeto da grella da programación, ante o meu estupor e o de miles de galegos e galegas, a T.V.G. pasaba un western de Clint Eastwood no seu lugar, a cara de tonto que nos quedou á miña muller e mais a min podédela imaxinar.

Pois ben, eu que son moi mal pensado xa comecei a desconfiar, e ao dia seguinte aconteceu o que todos e todas saberedes, o noso presidente saiu a explicarnos que todo iso se debeu a unha chamada telefónica dun sindicalista, descoñécese de que sindicato labrego galego (ou de fóra, vai ti a saber) foi, os sindicatos maioritarios dixeron que isto non ia con eles, que faltaria máis faltar á liberdade de expresión, entón a única posibilidade que resta é que fora un sindicalista a título persoal, o cal, nun alarde de poder de convicción e cunha chamada telefónica, conseguiu que a televisión autonómica, a de todos e todas, tamén a dos votantes do Partido Popular, censurara unha reportaxe na que, presumiblemente se aireaba a mala xestión do, daquela governo popular no tema das vacas tolas, supoño que lembraréde-lo soterramento masivo en Mesía e todo aquilo...

De verdade non me entra na cabeza coma se pode facer tal cousa, censurar desta maneira e logo virnos a tentar convencer dunha maneira tal burda, señor Feijoo, non sei os demais, pero eu non teño un pelo de tonto, eu non comulgo con rodas de muiño, non pode ser que en dous meses de governo censuren documentais coma Caixa negra, programas de radio coma aberto por reformas ou obras do Centro Dramático Galego porque son críticas coa súa xestión ou somentes polo mero feito de non lles seren afins ao seus propósitos, a T.V.G. non é o NO.DO. , non podemos voltar atrás, están trocando cultura por enxebrismo, arte por burdo folclorismo e iso non é de recibo, ése non é o camiño do galeguismo que vostedes propugnan, asi non se fai País, ésa non é forma de actuar dun governo que se fai chamar democrático, despois disto xa non me creo cousas coma ésta, por favor, NON PASEMOS DO FRAGUISMO AO FEIXISMO, e con isto último non me refiro precisamente á forma de facer política practicada por Feijoo.
Actualidade 22 mai 2009 08:14 pm
Plan Re-Móvete da Xunta para o automóvil
Detrás deste nome tan suxerente, está o plan da Xunta de Galiza para tentar botar unha man e sacar da súa actual crise ao sector do automóvil, un plano en clave galega, posto que Feijoo foi un dos primeiros en desmarcarse do Plan 2000E de Zapatero, é de supor, ou alomenos eu agardaria que isto servira para dinamiza-lo mercado galego do automóvil, e estoume referindo tanto aos concesionarios coma a PSA Citröen, que da traballo a miles dos meus paisanos. Pero tanto un plan coma outro esquécense de certo perfil de xente, entre as cales eu me inclúo, explícome:

Como saberedes, xa vai para dous meses que tiven unha filla, o meu actual coche, de tres portas, gasolina e sete anos quedóuseme pequeno, polo tanto estamos pensando seriamente en mercar un novo e evidentemente entregar este na operación, pois ben, coma o meu coche non ten máis de dez anos, non me podo acoller nin a axuda da Xunta nin tampouco a do Estado, polo tanto, deses 1500 ou 2000 euros non vexo un can, pero o que máis me jode, e perdonádeme a expresión, é que tampouco me podo acoller aos 10.000 euros sen xuros que tamén prometen, véxome polo tanto sen axuda de ningún tipo, eu, que precisamente estaba pensando nun Citröen C4, mira ti por onde tiña pensando aporta-lo meu grao de area e axudar á economia do meu País mercando un vehículo da marca que emprega a miles de galegos e galegas, pois non, o futuro coche que emitiria menos de 120 g/km de CO2 seria máis ecolóxico que o que actualmente teño, vamos, máis non podo axudar, pero a min ninguén me axuda, non o vexo nada xusto.
Fica aqui a miña protesta, tanto ao governo da Xunta de Galiza coma ao do Estado, quero cambiar de coche, quero contribuir á mellora da economia galega e axudar no que modestamente podo, pero este governo que a bombo e platillo está a anunciar axudas, esquécese dos que temos coches de dez anos, señores, o parque automovilístico galego e español xa hai anos que non é tan vello, a vida útil dun coche hoxendia non supera os seis ou sete anos, no meu caso non é por capricho, senón por circunstancias da vida.
Actualidade 14 mai 2009 08:00 am
Festa da língua 2009 en Pontevedra
Como supoño saberedes, o vindeiro dia 17 de maio é o dia das letras galegas, mágoa que este ano cadre en domingo e non teñamos alomenos un dia festivo do que desfrutar, pero asi está o calendario. Na nosa cidade unha vez máis a xente do local social Revira organizarán a festa da língua, con diversas actividades para os cativos e non tan cativos que se desenrolarán na véspera, sábado dia 16. Como o seu traballo en defensa da língua galega (sexa cal sexa a normativa) é encomiable, que menos que facerlles un chisco de publicidade no meu blogue, polo tanto aqui tedes o cartaz coas actividades.


Por certo, haberá tamén un concerto o sábado pola noite, os cabeza de cartel os Skarnio, un dos mellores ou se cadra na miña opinión, o mellor grupo de ska do noso País, parabéns á xente do Revira por tan boa elección e ademais por ofrecernos a súa actuación de balde no recinto feiral, quén sabe, cecais poida facer unha escapada, os que vaiades desfrutade do concerto.
Actualidade 08 mai 2009 07:00 pm
Guillerme Vázquez ¿voceiro nacional do bng?
Vaia por diante que non son militante do bng e que non teño inteción de tomar partido nestas desputas, máis ou menos amigables, que se agardan para suceder a Anxo Quintana á fronte do partido e como voceiro nacional, xa non sei se tamén coma vindeiro candidato á presidencia da Xunta de Galiza polo Bloque Nacionalista Galego.

Pero veño de leer estes dias, que un dos nosos políticos locais, en concreto Guillerme Vázquez, estará na terna de candidatos, xunto con Carlos Aymerich e Xosé M. Beiras Torrado, para ser elexido máximo representante do nacionalismo galego na Asemblea Nacional do 10 de maio, personalmente non teño nada en contra de Guillerme, xa foi deputado nas cortes españolas, posto que compartiu xunto con Francisco Rodriguez e tamén con Carlos Aymerich, un dos seus actuais competidores, ten experiencia polo tanto niso de liderar ou representa-lo partido, pero na política local, na que eu sigo dia a dia polos xornais ou nos partes de Localia Pontevedra, semella unha persoa cansina, sen ansia por face-las cousas, as súas roldas de prensa son sempre soporíferas e aburridas ate a extenuación, xa o teño comentado nalgunha ocasión con César Abal e algún blogueiro máis da nosa cidade, o bng pontevedrés debia de soltar lastre e desfacerse dun par de elementos, os cales, máis alá de axudar ao partido, estanlle a restar votos e popularidade, un deles é o polémico César Mosquera, cós seus claros e as súas sombras, xa se teñen escritor rios de tinta sobre el, pero coido que tamén o señor Guillerme Vázquez debia deixar paso a xente nova e con máis ambición e folgos para traballar pola súa cidade, polo tanto senón atopo a Guillerme Vázquez unha persoa axeitada para seguir traballando no bng pontevedrés, despois da súa nefasta xestión do tráfico no Concello de Pontevedra, tampouco o considero axeitado para liderar o partido e moito menos para se-lo candidato á presidencia da Xunta de Galiza, pero claro, xa se sabe, a UPG a mandar e o resto a calar, ou alomenos iso pretenden.
¿Que cal é o meu candidato preferido?, pois a verdade e sendo francos Beiras xa é pasado, glorioso, pero pasado ao fin é ao cabo, prefiro a Carlos Aymerich, unha persoa xove, dinámica e con empuxe e gañas de traballar, xa non digo polo partido, senón polo noso País, ése poderia se-lo meu candidato, pero vamos, a miña opinión somentes é iso, unha opinión.
Actualidade 23 abr 2009 09:11 am
Que non home, se a culpa non é túa…
Senón dos que están nos postos de responsabilidade por estar. Teño pasado por aquel punto en multitude de ocasións, coma moitos de vós, ás veces ao vir de Vilagarcía de Arousa e para non coller moito tráfico os sábados ou domingos na ponte da barca, estouvos falando do enlace que vai dende a rotonda da PO-531 á vía N-550 (Pontevedra-Santiago) na zona de San Caetano (Alba), que algúns de vós coñeceredes polo magnífico furancho que hai alí ou pode que outros polo famoso incendio do arquivo de expedientes médicos de hai varios anos.

¿Como pode ser que dende hai anos o avisador luminoso, -do cal o Diario de Pontevedra non fai mención algunha- estexa estropeado e os responsables fixeran caso omiso das queixas dos veciños da zona?, logo veñen as desgrazas, o espabilado conductor do camión pasou olimpicamente do disco de advertencia de altura máxima permitida de 3.40 metros e cós seus 3.80 metros decidiu ver que pasaba, consecuencia disto, tremendo ostiazo contra a ponte e logo máis danos extructurais ao tentar sacalo maniobrando marcha atrás, a ver se me podo ir de aqui e ninguén se decata deste tinglado debeu pensar o fulano.
Isto é o que acontece pola incompentencia dos responsables de manter este punto en condicións e ben sinalizado.






