Category ArchiveActualidade
Actualidade 29 Dec 2007 08:00 am
Yondelis, un fármaco anti-tumoral galego.
Levo seguindo o tema do Yondelis dende hai xa moitos anos, e teño que dicir que non me colleu de sorpresa, para os que non saibades do que vos falo, direivos que Yondelis é o nome de un fármaco anti-tumoral desenrolado por Pharmamar, unha filial da empresa farmacéutica galega Zeltia, pode que o nome desta empresa non vos diga nada, pero se falo de Zelnova que é a súa división de productos domésticos tales como "ZZ" ou o "baldosín", ou de Xylazel, que traballa vernices e pinturas, seguro que xa saberedes de quén estamos a falar. Hai anos que Zeltia centrou as súas investigacións nas algas mariñas ante a incredulidade de moitos, no ano 1996 comezáronse a facer probas có ET-743, un medicamento que logo pasaria a ser coñecido como Yondelis, pero non foi ata 11 anos despois cando a farmacéutica galega acadou o permiso para podelo comercializar en Europa, nos EE.UU. a multinacional coñecida por todos Johnson&Johnson, xa mercara os dereitos de venda do fármaco a finais do ano pasado (iso é visión de mercado). O obxectivo do Yondelis é o tratamento do sarcoma de tecidos brandos, un tumor canceríxeno que aparece como o seu propio nome o indica nos tecidos brandos coma os músculos, tendóns ou nervios. Sairá á venda a partires do vindeiro 3 de xaneiro a un prezo aproximado duns 5000 euros, custo que será sufragado pola Seguridade Social.
Agora que o Yondelis sairá ao mercado, lémbrome dos moitos atrancos que tivo que superar Zeltia para proseguir coas súas investigacións e sacar adiante este produto, no ano 1996 cando comezaban coas probas do Yondelis nos EE.UU. cotizaban no selectivo Ibex 35 e eu tiña accións deles, deron un importante subidón cando as cousas comezaron a ir ben e eu aproveitei o tirón, logo foron relegados ao IBEX NM (nuevo mercado) onde levan tempo sen pena nin gloria, hai un par
de anos atravesaron dificultades económicas importantes, nas que tiveron que desfacerse de propiedades inmobiliarias en Madrid para facer fronte aos gastos derivados das investigacións, porque está claro, nesta economia capitalista senón hai venda do produto non hai beneficio, e non son moitos os que se atreven a investir senón ven claros os resultados. O último momento negro que tivo que superar Zeltia foi no ano 2003, a Emea (Axencia europea do medicamento), a mesma que agora aprobou a comercialización do Yondelis, rexeitara a comercialización deste medicamento xusto no intre no que faltaban varios votantes na sala, o que supuxo outro duro golpe para as esperanzas da empresa e un baixón dun 25% na bolsa.
Considero a Zeltia coma un símbolo da constancia e do traballo, que sexa galega é secundario, o máis importante é que levan 20 anos traballando por acadar unha meta, superando todo tipo de atrancos para chegar a un obxectivo tan marabilloso como é o de conseguir un fármaco que poida salvar vidas.
chúzame -
Actualidade 19 Dec 2007 08:00 am
¿Qué estamos a facer có noso planeta…?
Hai uns dias que rematou o cumio sobre o cambio climático na illa paradisiaca de Bali (Indonesia), un de tantos no que os máis poderosos, os que deciden o noso futuro e mailo futuro do noso planeta están na obriga de adoitar acordos có fin de parar esta deriva que estamos a sufrir, esta vez os Estados Unidos de Norteamérica aceptaron unha folla de rota, os mesmos que non asinaron o protocolo de Kyoto agora parece ser que viron a luz, acordaron que algo hai que facer, que o quentamento global é algo xa palpable e que preocupa de verdade á sociedade, falouse de sobrepasar xa ao acordado no Protocolo de Kyoto e de comezar a tomar medidas contra a emisión de gases contaminantes urxentemente. O outro dia mirei esta nova na que comentaban que os primeiros afectados polo cambio climático son os pobo Inuit de Groenlandia, os esquimais que todos coñecemos, a súas costumes e o seu modo de vida estáse a ver afectado pola contaminación que xa chegou a aquelas latitudes dende miles e miles de quilómetros, eles non saben de verquidos ao mar ou de chemineas botando fume dia e noite, do que si teñen coñecemento é de que as capas de xeo por onde eles se desprazan cós seus trineos, o seu modo de transporte dende sempre estanse a fundir, e iso aféctalles moi gravemente, tamén as augas que eles consumen están a ser contaminadas dia tras dia e iso afectará á súa saúde e á dos seus fillos. Está claro que hai que moverse xa, os governos principalmente, pero tamén nós individualmente como cidadáns, estamos na obriga de facer todo o que estexa nas nosas mans para axudar a recupera-lo noso planeta, reciclando dia tras dia, aforrando en consumo enerxético e adotiando hábitos que redunden nunha mellor cohabitación entre home e natureza, porque senón comezamos agora, quizais dentro duns anos sexa demasiado tarde.
Por certo, o grupo é Linkin Park e o tema "What I've done" (Lo que he hecho) penso que o título é as imaxes son as acertadas, preguntémonos que estamos a facer...
chúzame -
Actualidade 14 Dec 2007 07:00 am
“Pseudocrónica” de la convención del grupo Froiz (2007).
Fué el pasado dia 29 de Noviembre en el Pazo da Cultura de Pontevedra, una jornada que dista mucho de ser laboral, más bién era una oportunidad de conocer a compañeros de la empresa, con los que en otras condiciones no llegaria a coincidir nunca.
Éste era el segundo año consecutivo que acudia, se lleva celebrando unos cuantos más y se desarrolla más o menos desde las doce de la mañana hasta las ocho o nueve de la tarde. Comienza con una breve presentación y como todos los años una serie de ponentes más o menos interesantes, de los cuales uno de ellos suele tener más tirón mediático. En concreto este año Juán Corbalán, el de sobra conocido jugador de baloncesto, que nos dió una charla llamada "El lider al servicio del equipo", no estuvo mal aunque pienso que se apoyó demasiado en los videos (de baloncesto claro) y se centró algo menos en lo que de verdad queria comunicar. Los otros dos ponentes fueron José Ballesteros, un andaluz simpático como el que más, que nos habló de automotivación y consiguió que nos riéramos con el un rato, por último, el tercer ponente y para mi creo que el mejor, Santiago Álvarez de Mon, aunque después de consultar a más de uno de mis compañeros, llegué a la conclusión que les habia aburrido soberanamente, en fin, a mi su charla sobre "Talento y liderazgo" me pareció interesante y amena, aunque debo de reconocer que tuvo sus momentos. De lo demás poco que destacar, entre charla y charla una comida ligerita con sobremesa de un café de "pota" malísimo y después de las ponencias vespertinas el de sobra conocido por todos "vino español", que sirvió para que la gente se despidiera y calentáramos motores antes de desplazarnos a la zona de vinos, a tomar una copa en el pub "Universo", allí un 100 pipers con cola que hace siglos que no probaba, intercambio de impresiones con los compañeros, besos y para casa que el viernes tocaba currar y recuperara el dia de trabajo, el año que viene más.
Aqui os dejo una instantánea de nuestra mesa, pero sólo una que no os quiero aburrir con más fotos, que para eso ya teneis las del Diario de Pontevedra y si habeis aguantado este tocho bién os mereceis un premio.

chúzame -
Actualidade 28 Nov 2007 09:00 am
Achégase o nadal…
Téñoo constatado ao longo de varios anos, uns dos indicadores máis fiables e seguros, que reflexa a chegada do Nadal na nosa cidade é o escaparate de "Pórtico", eles sempre son dos primeiros en meternos polos ollos a luceciñas, as boliñas e o abeto de marras, en Poio, os nosos veciños teñen ao centro comercial "A Barca", éstes xa puxeron tamén todo o tinglado de Nadal hai varias semanas, unha cascada de luz e cor que nos convida ao consumismo exacerbado, porqué será que cada ano dame a impresión que os comercios adiantan máis e máis a tempada de Nadal?. Lémbrome que na casa dos meus pais, sempre foi, e inda segue a ser, unha tradizón a de comeza-lo nadal o un de Decembro, a posta en escea de toda a parafernalia navideña facíase o primeiro fin de semana que tivera Decembro, ou senón na ponte festiva do mesmo mes, a miña nai ia ao trasteiro e collia a caixa de cartón con todo o "arsenal", ali comezaba a algarabia navideña, que si o abeto, que o belén, as boliñas no taquillón da entrada xunto cós bois e o "neno".. vaia, que vos vou contar que non saibades vós. Os doces navideños tamén sempre foron motivo de polémica, ben entendida claro, se ben á algúns da familia non lle importaba comezar a comelos antes de tempo, digamos, a finais do mes de novembro, eu pola miña parte era dos que pensaban que o turrón era para o Nadal, polo tanto non se podia comer antes do primeiro de mes, e cando digo turrón, falo tamén dos mazapáns ou das boliñas esas de chocolate "Lacasa" tan ricas, calqueira cousa menos os polvoróns, non os aturo, nunca foron santo da miña devoción, a sensación de ter todo ese mogollón seco na boca, buff, aseméllaseme que estou a comer area. Por outra parte, dame a impresión de que cada ano que pasa desfruto menos das festas do Nadal, agora traballando case non teño tempo para nada, de pequeno lémbrome que o Nadal significaba vacacións, estar na casa xogando todo o dia ou sair coa bicicleta sen mira-la hora, de ver un montón de películas de debuxos animados, porque se ben na Semana Santa, na televisión todo son películas tipo Ben-Hur ou Espartaco, no Nadal todo eran películas e series de debuxos animados e aquelo era a gloria, agora con algúns anos máis, o Nadal significa máis choio e máis gasto, pero tamén ten a súa parte boa por suposto, é o intre para xuntarme coa miña familia arredor dunha mesa, para desfrutar contando historias, facendo un resumo de todo o ano e facendo plans para o futuro.
Sexa ou non sexa moi devoto ou relixioso, o Nadal é unha época especial que á maioria nos gusta, inda que ao final so a vaiamos a empregar como unha excusa máis para sair a tomar unha copa cós amigos.
chúzame -
Actualidade 24 Nov 2007 12:47 am
“R” tamén quere ser móbil.
Hai un par de dias que ollei a nova en Vieiros, a operadora galega de cable vaise meter no mundo da telefonia móbil, supoño que seguindo os pasos de predecesoras como Euskaltel, e segundo puiden ler na súa web, porán en marcha todo o proxecto ao traveso da súa propia rede, xa botaba eu en falla unha empresa de telefonia móbil galega. Polo que contan, comezarán ofrecendo os seus servizos a partires do 3 de Decembro e nun principio aos seus clientes. Despois de saber isto, xa estou agardando a que me chamen a casa para ofrecerme algún móbil guapo para irme con eles, porque precisamente estes dias andaba eu pensando en cambia-lo móbil, ben, máis ben pasarlle-lo meu á miña muller, que o seu xa está un pouco pocho e pillarme algún decente, aproveitando que xa cumprin os 18 meses coa operadora Orange e podo darme o "piro", polo tanto esta nova de R venme no mellor momento, asi xa podo darlle via ao meu Sony-Ericsson K750 de cor granate (as cores do Pontevedra C.F.) có que nunca tiven un problema, e regalarme un novo para reis.
Parabéns a R, que como comunicaron o outro dia, superaron a Telefónica en cota de mercado no territorio galego.
chúzame -
Actualidade 21 Nov 2007 08:00 pm
Os furanchos estarán regulados pola Xunta.
E sen tempo non era, o conselleiro de Industria da Xunta de Galiza, Fernando Blanco, en colaboura coa Conselleria de Medio Rural, presentaba o pasado luns ante os medios de comunicación na cidade de Santiago de Compostela, o que será o decreto autonómico para a regulación da actividade dos furanchos, eses lugares onde moitos de nós teremos pasado algunha que outra noite tomando algo cós amigos, en principio un viño da casa con algún acompañamento frio do tipo duns chourizos ou ben queixo, pero que ao final remata sendo tamén tortilla, un revolto, unha zorza ou algo máis preparado todavia. Por fin vaise regular este desbaraxuste que ben sendo o tema dos "furanchos" ou "loureiros" (depende da zona), pasarán a ser considerados establecementos turísticos de restauración, terán que cumprir unhas normas básicas de iluminación e ventilación, o viño terá que ser exclusivamente da casa e sen embotellar, e os alimentos non poderán ser preparados no propio local, pode que con isto os furanchos perdan o seu encanto, pero os clientes gañaremos en seguridade e hixiene, iso seguro, inda que supoño que rematará encarecendo o prezo, e ao final virá sendo o mesmo ir a tomar unha tapas a un furancho que a unha taperia calqueira. Terán tamén que ter un seguro de reponsabilidade civil e rexirse pola normativa municipal en calqueira caso, isto claramente é unha moi boa nova para os hostaleiros tradicionais, posto que o negocio do furancho, inda que viña sendo de tres ou catro meses ao ano nada máis, era unha competencia desleal en toda regla.
Pola zona de Pontevedra e arredores teño visitado uns cantos, un en Marcón, outro en Seixo (Marin) e sei de outro en Poio e na parroquia de Alba, supoño que o decreto estará listo para o vindeiro verán e con este regulamento rematarán as desputas entre hostaleiros e furancheiros.
chúzame -
Actualidade 20 Nov 2007 03:41 pm
Estaremos ante o derradeiro 20-N ?
Calqueira que hoxe ollara un xornal, escoitara a radio ou acendera a televisión saberá, que tal dia coma hoxe hai 32 anos morreu o ditador Francisco Franco Bahamonde, galego para máis señas e para a nosa desgraza. Pero é tamén moi probable que este 20-N non sexa como tódolos anteriores, é máis que probable que o deste ano sexa o derradeiro no que se poida facer exhibición, exaltación e o que considero peor, celebración dun dia coma éste, porque polo visto e segundo a nova lei da memória histórica -da que xa comentara algo o dia da hispanidade nestas mesmas páxinas-, estará prohibida toda celebración de actos de exaltación e exhibición da simboloxia franquista, iso tamén inclúe aos nostálxicos que hoxe en calqueira telexornal poidestes ver no "Valle de los caidos" lembrando ao caudillo ou ao xeneral Primo de Rivera. Na nosa cidade o 20-N chega cando estamos a debater a retirada ou non da cruz dos caidos da Alameda, un conxunto pétreo de nulo valor escultórico chamado "Monumento al soldado desconocido", un mastodonte que temos ao final do Paseo de Montero Rios e que impide ve-la ria de Pontevedra, un monumento construido no ano 1985 e que hoxe non ten razón de ser, na miña opinión, por ser unha oda ao militarismo e fomenta-la división entre os cidadáns.
Por último reclamar unha vez máis, que o Pazo de Meirás sexa patrimonio de tódolos galegos e galegas, manifestar que ese edificio e as súas leiras colindantes foron roubadas no seu dia aos veciños, e se ben nas escrituras figurará como lexítima propietaria a familia Franco, os cartos cós que o pagaron foron obtidos de entre veciños, funcionarios ou alcaldes da época de forma ilexítima, non foi un agasallo, foi un roubo.
chúzame -
Actualidade 18 Nov 2007 10:00 am
Cando chove aqui?
A cousa comeza a ser preocupante, xa non me lembro cando foi a derradeira vez que choveu en Pontevedra, debeu de ser hai un par de meses alomenos, estamos a mediados de Novembro e non cae unha pinga nin por asomo, o ano pasado a estas alturas estabamos vendo as riadas de Cee no telexornal, agora o que temos son incendios, abraiante, incendios no mes de Novembro, a este paso o Papá Nöel ou os Reis Magos han de vir en moto de auga, porque esa é outra, as praias están cheas o fin de semana, na maior parte dos casos trátase de xente paseando, pero sempre hai algún espabilado que se atreve a dar un chapuzón, e non falo dos surfeiros precisamente. No centro de Pontevedra, na chamada "Milla de ouro", o imperio do todopoderoso Amancio Ortega, as tendas non saben xa que roupa poñer e segundo os comerciantes non se vende nada, nin de inverno, nin de outono, e moito menos de verán, a xente non compra, está espectante a ver que pasa có tempo, se chove ou non, se fai frio ou seguimos con estas mañás de sete ou oito graos, mediodias de andar de manga curta e noites nas que "refresca", o dito, estamos todos atolondrados.
Polo que dixeron estes últimos dias, hoxe parece ser que por fin vai chover, pois máis vale que comece canto antes, porque os encoros están case valeiros e un Nadal sen chuvia e tempo invernal non seria o mesmo.
chúzame -
Actualidade 13 Nov 2007 08:57 am
“Prestige”, nunca máis !!
13 de Novembro, hoxe cúmprense cinco anos da catástrofe do petroleiro "Prestige", cinco anos dun verquido que asolou unha vez máis as nosas costas e que orixinou a maior catástrofe ecolóxica da nosa historia.
Lémbrome ben da data porque viña de volta dunha viaxe pola Costa da Morte precisamente, serian ao redor das tres da tarde cando na radio do coche escoitei a mala nova, polo visto un petroleiro chamado "Prestige" acababa de mandar un aviso de socorro diante da costa galega, un petroleiro de tantos que pasar por diante do cabo Fisterra pensei, aquela noite anterior houbera unha gran treboada no mar e o barco tiña unha fenda moi importante no casco, un monocasco claro, rapidamente viñéronme á cabeza varios nomes; Casón, Andros Patria, Urquiola, Mar Egeo.. unha lista que parecia interminable, agardemos que non volte a pasar nunca máis, polo noso ben e polo ben do noso mar, os galegos e galegas non nos merecemos isto outra vez.
chúzame -
Actualidade 12 Nov 2007 08:00 am
Un pouco de “sentidiño”, por favor !!
Nestes dias están a acontecer cousas que escapan ao meu entendemento, cousas que pasan na nosa terra e que dende logo non son nada novo, pero que ultimamente se están a desmadradar de tal maneira que meten medo, non digo que non aconteza noutras partes, pero circunscríbome ao territorio galego.
Podo comprobalo calqueira fin de semana en Pontevedra; cada vez hai máis comas etílicos de rapaces menores de idade, comas producidos pola inxesta de alcool en grandes cantidades e en pouco tempo, normalmente nos botellóns que tanto abundan nas nosas vilas e cidades e que relativamente son cousa recente, tamén é cousa habitual o das pelexas na rúa, supoño que como consecuencia do abuso do alcool e das drogas, o máis novidoso é o tema de gravalas có móbil e logo pasarllas aos amigos, o morbo chega a tal nivel, que incluso hai televisións que chegan a pagar por obter esas imaxes. Polo visto tamén está de moda o das carreiras ilegais nos polígonos, coma aquelas que houbo no seu tempo (ou inda hai) no Polígono do Campiño de Pontevedra, de tódalas maneiras, o que xa realmente me parece lamentable e que considero o colmo dos despropósitos, foi o espectáculo que puiden ver con perplexidade estes dias na televisión, o "pique" entre dous vehículos de grande cilindrada nunha estrada galega, unha estrada aberta ao tráfico có conseguinte perigo
Continue Reading »
chúzame -
Actualidade 28 Out 2007 03:26 pm
“Pomovil 2007″, o salón do automobil novo en Pontevedra.
Para todos os afeccionados ao motor de Pontevedra e a súa bisbarra, infórmovos que para o vindeiro mes de Novembro, concretamente o fin de semana do 16,17 e 18, terá lugar no Pazo de Congresos de Pontevedra a décima ediciónl de "Pomovil", o salón do vehículo novo de Pontevedra, polo que informan, este ano haberá un par de novidades, entre elas a presentación por primeira vez para o mercado español do Wolkswagen Tiguan, tamén poderemos ve-lo novo Renault Laguna que hai pouco se puxo á venda e o novo Mazda-2, o certame de Pontevedra consolídase como unha das grandes citas anuais para os pontevedreses e veciños, é organizada pola Cámara de Comercio da cidade e no seguinte fin de semana como é xa cotián, haberá o Certame do vehículo usado.
chúzame -
Actualidade 25 Out 2007 11:30 pm
“Pro-evolution soccer 8″, primeras impresiones.
Bueno, pués desde hace un par de horas que ya tengo el pro-evolution soccer 8 para la PS3, hoy era el dia de su lanzamiento y esta tarde me lo he comprado, ni que decir tiene que soy un fanático de este videojuego ya desde la Play 2, con el que durante horas tengo jugado y jugado con mi cuñado.
La presentación no está mal, como no, sale Cristiano Ronaldo en la portada, la gran revelación europea de este último año junto con Messi, los gráficos están más logrados que en la versión anterior, de momento llevo sólo unos cuantos partidos y todavia no pude apreciar si tiene nuevos movimientos tácticos y regates, lo que si destaco son los comentarios, mucha más variedad que antes y con la voz de "Maldini", la jugabilidad me parece un poco más complicada que el Pro-7, el menú es un poco más lioso, también
es verdad que estaré aconstumbrado al anterior y ahora me cuesta un poco, hecho de menos, o por lo menos no los pude encontrar todavia los equipos de la Premier League inglesa, siempre suelo jugar con el Arsenal pero esta vez creo que no está disponible, tal vez sea por los derechos de imagen y todo eso, lo que si es impresionante es el F.C. Barcelona, luego de un rápido vistazo creo que es el mejor de todo el juego, aunque el Real Madrid tampoco le vá a la zaga y después de un par de partidos rápidos la cosa más o menos quedó igualada, este fin de semana lo probaré a fondo, lo prometo. La anterior versión que tenia del Pro-evolution 7 era el "ultimated", con los comentarios de Pepe Domingo Castaño, cánticos de los hooligans y tiffosi y también música de todo tipo de fondo, espero que alguien se "trabaje" también éste. Por cierto, no sé si será problema del televisor, pero de vez en cuando la imagen daba algunos saltos, cosa que no ocurria en el Pro-evolution 7, tendremos que hacer la prueba en otro aparato a ver que pasa.
chúzame -






