Cargando...

Category ArchiveMúsica



Música 19 Xun 2008 01:00 pm

Sorprendente versión “eléctrica” do Canon de Pachelbel

Non teño nin idea da nacionalidade do rapaz que sae tocando neste video, pero coido que o seu nome é Funtwo, o que si me atreveria a augurarlle é un futuro prometedor no mundo da música. O video que foi subido ao portal youtube no mes de nadal do ano 2005 pasoumo un amigo hai uns dias, o primeiro que me sorprendeu antes de comezar a olla-las imaxes foi a espectacular cantidade de visitas que tivo nestes dous anos e medio, máis de corenta e un millóns e medio, posiblemente o video de youtube con máis visitas que ollei na miña vida. O tema en cuestión é o Canon do compositor alemán Johann Pachelbel, certamente o seu nome completo é Canon e Giga en Re maior para tres violinos e baixo continuo, un clásico da música barroca e que máis dun empregou o dia da súa voda.

O dito, non perdades detalle desta fantástica interpretación, sinceiramente sorprende o dominio da guitarra que ten este fulano rapaz.

Chuzame! chuzame -

Música 05 Xun 2008 01:00 pm

U2 dende os “quays” de Dublin

O amigo Andrés Milleiro, un apaixonado da música destes irlandeses, envioume hai uns dias este video que tedes a continuación, trátase do tema de sobra coñecido por todos beautiful day interpretado en directo pola banda irlandesa dende a azotea do Clarence hotel, un negocio da súa propiedade na cidade de Dublin. Andrés xa me manifestara en varias ocasións a súa afección por esta banda de rock, e tamén me instara a face-la rota de U2 na miña recente visita á cidade de Dublín,-onde son numerosas as referencias a eles que hai na cidade- pero por falla de tempo non puido ser, agora que puiden olla-lo video fágome máis ou menos unha idea de onde pode estar localizado este hotel  de 5 estrelas, na zona que lle veñen chamando os "quays", os arredores do rio Liffey, polo tanto de seguro que pasei por diante de camiño á fábrica de Guinness. Son moitas as lembranzas que me veñen á cabeza ao ollar estas imaxes de novo, a ponte de ha'ppeny brigde, os autobuses de Dublin-bus nunha cidade de tráfico heavy, o vento tremendo que facia sempre na cidade ou esas casiñas baixas ao carón do rio Liffey.

Graciñas por lembrame todo isto Andrés !!

Chuzame! chuzame -

Música & Pontevedra 15 Abr 2008 01:00 pm

II Festival “Jamda Chicharra” en Pontevedra

"Unha "jam" é unha festa, unha reunión de colegas onde cada un aporta o mellor que ten có fin de pasalo ben..." asi definen os seus organizadores este festival que vaise celebrar na nosa cidade. O recinto feiral de Pontevedra acollerá a skaters, rollers, rappers e grafiteiros con gañas de pasalo ben, ensina-las súas habilidades e escoita-la súa música na fin de semana do 18 e 19 de Abril. Os que argallan este evento lamentan a falla de espazos na nosa cidade para desenrola-las súas actividades, principalmente a falla dun skatepark ou lugares onde poder face-los seus grafittis, pero o Jamda Chicharra tamén existe có obxectivo de promocionar aos grupos musicais locais e ser un lugar de xuntanza de toda a mocidade galega afin a esta cultura urbán. Ao longo dos dous dias de festival haberá batallas de bbboys e Mc's, exhibicións de skaters, grafittis e por suposto concertos da man de bandas galegas coma Gurumamut o Kogito. Se tedes interese podedes recabar máis información na web www.jamdachicharra.info, ali vos explicarán como chegar, horarios e actuacións.

Dende aqui aplaudimo-la iniciativa dun festival deste tipo para a nosa cidade, persoalmente agardo poder achegarme a ve-lo grupo de ska galego Kogito.

Chuzame! chuzame -

Música & O mundo da cervexa 09 Abr 2008 01:27 pm

Flogging Molly, punk-celta e cervexa negra

Tomaron o seu nome dunha taberna na que adoitaban tocar nos seus comezos, a Molly Malones na cidade de Los Ángeles (U.S.A.). Flogging Molly por senón os coñecedes, son unha banda nacida no ano 1997 de entre os moitos fillos de emigrantes irlandeses nos Estados Unidos de Norteamérica, fan unha mestura de punk, oi e música celta, moi na onda de outros grupos como os The Real Mckenzies ou os Dropkick Murphys, tamén norteamericanos pero con ascendencia escocesa neste caso. O tema que vos traio aqui titúlase "Drunken lullabies" e foi un dos seus maiores éxitos, foi publicado no ano 2002 e a súa traducción veria sendo "nana de borrachos", un título moi apropiado para este novo capítulo  de o mundo da cervexa, o video transcurre entre tabernas irlandesas onde nunca ha de faltar unha boa pinta de Guinness stout. Os Flogging Molly acaban de sacar ao mercado o seu novo disco chamado "Float", publicouse a principios do pasado mes de marzal.

Adicado a tódolos nosos lectores amantes da boa cervexa, Deisler, Brugal con cola e especialmente a Ulmo de Arxila e a Andrés Milleiro.

Slàinte !!

Chuzame! chuzame -

Axenda & Música 05 Abr 2008 12:02 am

Andrés Calamaro tamén se pasará por Pontevedra…

O músico e compositor arxentino Andrés Calamaro ven de anunciar hai uns dias as datas dos seus dous primeiros concertos deste verán, un deles terá lugar o vindeiro 7 de xuño no Recinto feiral de Pontevedra. O que fora integrante do mítico grupo Los Rodriguez e considerado unha das máis grandes figuras que deu o rock arxentino visitará a nosa cidade dentro do seu La lengua popular Tour.

Por fin semella que a capital da provincia comeza a entrar no circuito dos grandes concertos nacionais, polo de agora Andrés Calamaro somentes facilitou dúas das datas dos seus concertos, unha é a de Pontevedra e a outra a de Burjassot (Valencia), asi que xa comezamos a estar ao nivel de grandes cidades. Contan por ahí, que moitos representantes de artistas comezaron a apunta-lo nome de Pontevedra despois do exitoso concerto de Miguel Bosé o verán pasado, evento éste que congregara a máis de 30.000 persoas e que tivo unha grande repercusión nos medios.

O dito, non vos esquezades da data, 7/06/2008 ás 20:30 horas no Recinto Feiral de Pontevedra (23 €).

Chuzame! chuzame -

Música 31 Mar 2008 07:10 pm

Os “Mägo de Oz” tocarán en Pontevedra

A nova fíxose pública hoxe e acabo de confirmalo en www.magodeoz.com. O grupo que mestura o heavy metal coa música celta, tocará na nosa cidade o dia 9 de Agosto dentro da súa xira Borriquito como Tour 2008, a cal comezará o dia 20 de xuño e os traerá en concerto para as festas da Peregrina. Mägo de Oz creouse como grupo alá polo ano 1988, comezaron chamándose Transilvania coma homenaxe ao grupo Iron Maiden, o preferido do seu fundador, Txus di Fellatio, pero ao pouco tempo mudaron o seu nome polo actual, Mägo de Oz. O grupo leva ano e anos colleitando éxitos e gravando discos, entres eles La leyenda de la Mancha, Finisterra ou Gaia. Nos seus discos sempre abondan as letras épicas acompañadas do son dos violinos, as frautas e mesmo a gaita galega, o seu novo disco chámase La ciudad de los árboles e foi publicado o pasado dia 6 de novembro do 2007.

Unha boa ocasión para voltar a velos de novo, xa tiven a oportunidade dúas veces, unha delas aqui mesmo en Pontevedra, o que inda descoñezo é se o concerto é organizado polo Concello de Pontevedra, de ser así parabéns pola decisión que coido foi moi atinada, Mägo de Oz son un grupo de primer nivel.

Chuzame! chuzame -

Música 27 Mar 2008 08:30 am

“Xigantes”, o novo disco dos Ruxe ruxe

Veño de escoita-lo que será o primeiro tema do novo traballo dos Ruxe ruxe, titúlase xigantes e da tamén nome ao disco que será presentado na sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro dia 12 de abril. Os Ruxe ruxe para os que non os coñezades fan unha magnífica mestura de folk-rock con algunhas pinceladas de punk en galego, leván dando "gherra" como les din dende o ano 1996 e non lles vai de todo mal. Falando precisamente deste tema chamado "xigante", o video e maila letra ten moito que ver coa desfeita que de Galiza está a facer o urbanismo sen control, a ambición duns cantos por encher de cemento e cristal a nosa terra.

"Entre monstros enormes, aqui estamos ti e máis eu,

entre fumes e lumes, pequenos fronte a xigantes...."

 

 

 

Chuzame! chuzame -

Internet & Música 01 Mar 2008 09:00 am

“Lest we forget”, punk-rock da man dos The real McKenzies.

Sempre foron os meus xogos de ordenador preferidos, estou a falar dos de estratexia tipo "Age of empires", "Caesar" ou "Warcraft", xogos inspirados en épocas pasadas, principalmente no medievo, orcos contra humanos, viquingos, celtas, romanos, todo tipo de razas e civilizacións que se esvaeceron no tempo, o que ven sendo unha maneira coma outra de pasa-las horas diante dunha pantalla. O video que vos traio aqui é dun xogo polo estilo, nunca tiven a ocasión de probalo, é máis, non sei nin como se chama, pero polos comentarios na páxina de youtube penso que Medieval debe de se-lo seu nome e ten unha pintaza tremenda, non sei se será moi antigo pero supoño que se poderia atopar. A música por se vos interesa é dun grupo chamado The real Mckenzies, unha banda que comecei a escoitar hai un par de anos, poden definirse como unha mistura de punk-rock e música folk, inda que neste tema que poderiamos traducir coma "Para que non esquenzamos" non escoitemo-lo son da highland bagpipe, si que aparece a miúdo nas súas cancións,  son canadianos pero orixinarios de Escocia e orgullosos da súa orixe, outro dia poreivos aqui un video deles, están entre os meus grupos preferidos deste estilo xunto cós Dropkick Murphys, tamén norteamericanos pero con orixes irlandesas.

Por certo, esta fin de semana estase a celebra-la Pontevedra Party 08, unha xuntanza informática ao estilo do Xuventude Galiza net, nela entre outras actividades haberá torneos de xogos como o Warcraft.

 

Chuzame! chuzame -

Música 16 Feb 2008 11:00 am

“Rage against the machine” tocarán este verano en Lisboa.

Será concretamente el fin de semana del 10 al 12 de Julio en Lisboa, el festival se llama Optimus Alive! 08 y como podeis ver en el cartel, estarán los RATM con Zack de la Rocha, Tom Morello y compañia, mítico grupo que a muchos de nosotros nos marcó una etapa de nuestras vidas, su primer disco lo guardo como oro en paño, me acuerdo de grandes canciones como "Killing in the name", "Bombtrack" o la fantástica "Bulls on parade", ésta ya de su segundo disco. Hace 16 años nada más y nada menos que sacaban su disco homónimo al mercado, una mezcla de hip-hop y metal que revolucionó el concepto de la música y que abrió brecha para que otros grupos siguieran trabajando ese ritmo y ese estilo, todo era sorprendente en aquel disco, incluso aquella espectacular foto de la portada, después vinieron "Evil empire" y "The battle of los Angeles" que también tengo en casa, pero nada como su primer disco. La noticia me la comentaba hoy mi hermano, la verdad es que llevé una grata sorpresa y estoy pensando seriamente en hacer una escapada a Lisboa para Julio, llevo años y años escuchándolos y ahora es mi oportunidad de verlos, también tocarán en Madrid este verano, pero casi mejor me acerco el fin de semana a Lisboa y disfruto de la ciudad, el cartel también tiene a los Within Temptation, una banda de rock gótico de los cuales también tengo un disco y me gustaria ver en directo, quién sabe, igual me apunto a los dos.

Chuzame! chuzame -

Música 09 Feb 2008 01:00 am

Skarnio sacan novo disco ao mercado.

Son a referencia actual do ska galego, Skarnio hai tres anos que non sacaba nada novo ao mercado, o seu anterior disco "Arredista" ten varios temas que son auténticos himnos para a mocidade galega máis rebelde e combativa, a banda galega nunca agochou o seu forte compromiso social có noso País, tanto nas súas letras coma nos seus concertos en directo, sempre dispostos a tocar aló onde llo pidan, tanto sexa nun concerto para celebra-lo dia da Pátria galega coma para celebra-lo nacemento da Selección Galega. Éste que vos comento aqui é o seu terceiro disco, chámase "O nosso caminho" e nel a banda de ska nacida no barrio do Calvario de Vigo hai xa dez anos, proseguen cós seus ritmos de ska rápido e frenético, pero tamén mesturando ritmos de ska máis clásico e algo de reggae. Foi gravado a primaveira pasada nos estudos Area Master de Vigo, a destacar varios temas que xa escoitei no seu myspace como "Emigrante" ou "Greve", inda non teño o disco, pero polo que puiden escoitar no seu tema chamado "Venha máis umha", conta coa colaboración do vocalista dos Skalariak e outra voz que penso pode ser a de Almudena, a vocalista dos Transilvanians, outro grupo que me gusta e do que destacaria por riba de todos, o seu tema Kingston town - Santiago D.C. 

O dito, os Skarnio parecen estar máis en forma que nunca, siguen con todo ese ritmo e forza que lles levou a ser un dos grupos de música galega, e en galego, máis seguidos e respectados do noso País, comezarán a presenta-lo seu novo disco a partires do mes de Marzal.

Chuzame! chuzame -

Música 31 Xan 2008 04:00 pm

Gurumamut, funky dende Pontevedra.

Aqui os tedes, chámanse Gurumamut e son un grupo de Pontevedra que pretenden facerse un oco no panorama musical, fan unha mestura de funk, hip-hop e rock e polo que contan teñen un directo demoledor. O grupo formouse a principios do ano pasado e dende aquela levan xa un tempo tocando por terras galegas, ofrecendo un directo potente e un son algo diferente ao que alomenos estamos acostumados a escoitar nos grupos locais, que por desgracia non son moitos aqui en Pontevedra, polo de agora non teñen disco pero si un lugar en myspace o cal podedes visitar. Aqui déixovos un video, ou máis ben unha fotomontaxe do grupo de Iván Sousa chamado "Mamut volando", estarán tocando na nosa cidade aló polo 18 de Abril nun festival chamado Jamda Chicharra que terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións da cidade do Lérez.

 

Chuzame! chuzame -

Historia & Música 07 Dec 2007 07:00 pm

Breizh (Bretaña francesa), unha viaxe por facer (vol.1).

Bretagne, mòn amour !! 

Unha das miñas afeccións dende sempre foi viaxar, asi ben é verdade que nin puiden facelo tanto coma quixera nin tampouco aos lugares que arelaba, sen ir máis lonxe o ano pasado fun a México e ésta foi a primeira vez que subin nun avión, para ter trinta e tantos non está mal, eu sempre fun máis de ir en coche a tódolos lados. Dende hai moitos anos que son afeccionado á musica e á cultura de orixe céltico, e as miñas preferencias en canto a viaxes se decantan por facer o que eu din por chamar "a tríada celta", Escocia (Alba), Irlanda (Èire) e a Bretaña francesa, chamada (Breizh) en brezoneg, a língua dos bretóns.

Bretaña é unha rexión administrativa do Estado Francés e sitúase coma nós no noroeste do mapa, dende hai unha chea de anos son un namorado desta terra, da súa música e maila súa historia e tradicións, a antiga Armórica ten na súa música un dos seus principais elementos diferenciativos e identificativos, hai anos que levo escoitando ao magnífico harpista Alan Stivell, tamén ao que din é o futuro da música bretona, Dan Ar Braz e aos fantásticos Tri yann, un grupo que enche estadios alí por onde pasa. Os instrumentos máis representativos do folclore bretón son a biniu koz (gaita ou cornamusa) e a bombarda (unha especie de oboe), as bandas de gaitas bretonas ou bagad's empregan principalmente estes dous instrumentos acompañados das caixas de "alta tensión" e de bombos, téñoas visto moitas veces no Festival do Mundo Celta de Ortigueira, sempre acompañadas dos bailaríns bretóns que no seu País se xuntan nas "festòu-noz" (festas diurnas) ou "festòu-deiz (festas diurnas) a bailar de ganchete. Un elemento común aos galegos son os "aturuxos" é mailo fenómeno do "kan ha diskan", que viria sendo unha cousa semellante á "regueifa" galega, un vai falando/cantando e outro vaille contestando de semellante maneira. Aqui vos deixo un tema de Dan Ar braz e Alan Stivell, chámase "Pop plinn" e nela podedes ver, ademais de a estes dous grandes artistas bretóns, varios dos elementos característicos da música bretona, as bombardas dunha bagad, unha harpa celta e á xente bailando de "ganchete", desfrutade do video, eu agardo podelo facer en directo un verán destes no Festival Intercéltico de Lorient, un festival no que participan miles de artistas e congrega a máis de un millón de visitantes, cada ano o adican a unha nación celta, o ano de Galiza foi hai un par de edicións, o vindeiro 2008 será o turno de (Cymru) o País de Gales.

Chuzame! chuzame -

Next Page »