Category ArchiveMúsica
Música 31 mar 2008 07:10 pm
Os “Mägo de Oz” tocarán en Pontevedra
A nova fíxose pública hoxe e acabo de confirmalo en www.magodeoz.com. O grupo que mestura o heavy metal coa música celta, tocará na nosa cidade o dia 9 de Agosto dentro da súa xira Borriquito como Tour 2008, a cal comezará o dia 20 de xuño e os traerá en concerto para as festas da Peregrina. Mägo de Oz creouse como grupo alá polo ano 1988, comezaron chamándose Transilvania coma homenaxe ao grupo Iron Maiden, o preferido do seu fundador, Txus di Fellatio, pero ao pouco tempo mudaron o seu nome polo actual, Mägo de Oz. O grupo leva ano e anos colleitando éxitos e gravando discos, entres eles La leyenda de la Mancha, Finisterra ou Gaia. Nos seus discos sempre abondan as letras épicas acompañadas do son dos violinos, as frautas e mesmo a gaita galega, o seu novo disco chámase La ciudad de los árboles e foi publicado o pasado dia 6 de novembro do 2007.
Unha boa ocasión para voltar a velos de novo, xa tiven a oportunidade dúas veces, unha delas aqui mesmo en Pontevedra, o que inda descoñezo é se o concerto é organizado polo Concello de Pontevedra, de ser así parabéns pola decisión que coido foi moi atinada, Mägo de Oz son un grupo de primer nivel.
chuzame -
Música 27 mar 2008 08:30 am
“Xigantes”, o novo disco dos Ruxe ruxe
Veño de escoita-lo que será o primeiro tema do novo traballo dos Ruxe ruxe, titúlase xigantes e da tamén nome ao disco que será presentado na sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro dia 12 de abril. Os Ruxe ruxe para os que non os coñezades fan unha magnífica mestura de folk-rock con algunhas pinceladas de punk en galego, leván dando "gherra" como les din dende o ano 1996 e non lles vai de todo mal. Falando precisamente deste tema chamado "xigante", o video e maila letra ten moito que ver coa desfeita que de Galiza está a facer o urbanismo sen control, a ambición duns cantos por encher de cemento e cristal a nosa terra.
"Entre monstros enormes, aqui estamos ti e máis eu,
entre fumes e lumes, pequenos fronte a xigantes...."
chuzame -
Internet & Música 01 mar 2008 09:00 am
“Lest we forget”, punk-rock da man dos The real McKenzies.
Sempre foron os meus xogos de ordenador preferidos, estou a falar dos de estratexia tipo "Age of empires", "Caesar" ou "Warcraft", xogos inspirados en épocas pasadas, principalmente no medievo, orcos contra humanos, viquingos, celtas, romanos, todo tipo de razas e civilizacións que se esvaeceron no tempo, o que ven sendo unha maneira coma outra de pasa-las horas diante dunha pantalla. O video que vos traio aqui é dun xogo polo estilo, nunca tiven a ocasión de probalo, é máis, non sei nin como se chama, pero polos comentarios na páxina de youtube penso que Medieval debe de se-lo seu nome e ten unha pintaza tremenda, non sei se será moi antigo pero supoño que se poderia atopar. A música por se vos interesa é dun grupo chamado The real Mckenzies, unha banda que comecei a escoitar hai un par de anos, poden definirse como unha mistura de punk-rock e música folk, inda que neste tema que poderiamos traducir coma "Para que non esquenzamos" non escoitemo-lo son da highland bagpipe, si que aparece a miúdo nas súas cancións, son canadianos pero orixinarios de Escocia e orgullosos da súa orixe, outro dia poreivos aqui un video deles, están entre os meus grupos preferidos deste estilo xunto cós Dropkick Murphys, tamén norteamericanos pero con orixes irlandesas.
Por certo, esta fin de semana estase a celebra-la Pontevedra Party 08, unha xuntanza informática ao estilo do Xuventude Galiza net, nela entre outras actividades haberá torneos de xogos como o Warcraft.
chuzame -
Música 16 feb 2008 11:00 am
“Rage against the machine” tocarán este verano en Lisboa.
Será concretamente el fin de semana del 10 al 12 de Julio en Lisboa, el festival se llama Optimus Alive! 08 y como podeis ver en el cartel, estarán los RATM con Zack de la Rocha, Tom Morello y compañia, mítico grupo que a muchos de nosotros nos marcó una etapa de nuestras vidas, su primer disco lo guardo como oro en paño, me acuerdo de grandes canciones como "Killing in the name", "Bombtrack" o la fantástica "Bulls on parade", ésta ya de su segundo disco. Hace 16 años nada más y nada menos que sacaban su disco homónimo al mercado, una mezcla de hip-hop y metal que revolucionó el concepto de la música y que abrió brecha para que otros grupos siguieran trabajando ese ritmo y ese estilo, todo era sorprendente en aquel disco, incluso aquella espectacular foto de la portada, después vinieron "Evil empire" y "The battle of los Angeles" que también tengo en casa, pero nada como su primer disco. La noticia me la comentaba hoy mi hermano, la verdad es que llevé una grata sorpresa y estoy pensando seriamente en hacer una escapada a Lisboa para Julio, llevo años y años escuchándolos y ahora es mi oportunidad de verlos, también tocarán en Madrid este verano, pero casi mejor me acerco el fin de semana a Lisboa y disfruto de la ciudad, el cartel también tiene a los Within Temptation, una banda de rock gótico de los cuales también tengo un disco y me gustaria ver en directo, quién sabe, igual me apunto a los dos.
chuzame -
Música 09 feb 2008 01:00 am
Skarnio sacan novo disco ao mercado.
Son a referencia actual do ska galego, Skarnio hai tres anos que non sacaba nada novo ao mercado, o seu anterior disco "Arredista" ten varios temas que son auténticos himnos para a mocidade galega máis rebelde e combativa, a banda galega nunca agochou o seu forte compromiso social có noso País, tanto nas súas letras coma nos seus concertos en directo, sempre dispostos a tocar aló onde llo pidan, tanto sexa nun concerto para celebra-lo dia da Pátria galega coma para celebra-lo nacemento da Selección Galega. Éste que vos comento aqui é o seu terceiro disco, chámase "O nosso caminho" e nel a banda de ska nacida no barrio do Calvario de Vigo hai xa dez anos, proseguen cós seus ritmos de ska rápido e frenético, pero tamén mesturando ritmos de ska máis clásico e algo de reggae. Foi gravado a primaveira pasada nos estudos Area Master de Vigo, a destacar varios temas que xa escoitei no seu myspace como "Emigrante" ou "Greve", inda non teño o disco, pero polo que puiden escoitar no seu tema chamado "Venha máis umha", conta coa colaboración do vocalista dos Skalariak e outra voz que penso pode ser a de Almudena, a vocalista dos Transilvanians, outro grupo que me gusta e do que destacaria por riba de todos, o seu tema Kingston town - Santiago D.C.
O dito, os Skarnio parecen estar máis en forma que nunca, siguen con todo ese ritmo e forza que lles levou a ser un dos grupos de música galega, e en galego, máis seguidos e respectados do noso País, comezarán a presenta-lo seu novo disco a partires do mes de Marzal.
chuzame -
Música 31 xan 2008 04:00 pm
Gurumamut, funky dende Pontevedra.
Aqui os tedes, chámanse Gurumamut e son un grupo de Pontevedra que pretenden facerse un oco no panorama musical, fan unha mestura de funk, hip-hop e rock e polo que contan teñen un directo demoledor. O grupo formouse a principios do ano pasado e dende aquela levan xa un tempo tocando por terras galegas, ofrecendo un directo potente e un son algo diferente ao que alomenos estamos acostumados a escoitar nos grupos locais, que por desgracia non son moitos aqui en Pontevedra, polo de agora non teñen disco pero si un lugar en myspace o cal podedes visitar. Aqui déixovos un video, ou máis ben unha fotomontaxe do grupo de Iván Sousa chamado "Mamut volando", estarán tocando na nosa cidade aló polo 18 de Abril nun festival chamado Jamda Chicharra que terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións da cidade do Lérez.
chuzame -
Historia & Música 07 dec 2007 07:00 pm
Breizh (Bretaña francesa), unha viaxe por facer (vol.1).

Bretagne, mòn amour !!
Unha das miñas afeccións dende sempre foi viaxar, asi ben é verdade que nin puiden facelo tanto coma quixera nin tampouco aos lugares que arelaba, sen ir máis lonxe o ano pasado fun a México e ésta foi a primeira vez que subin nun avión, para ter trinta e tantos non está mal, eu sempre fun máis de ir en coche a tódolos lados. Dende hai moitos anos que son afeccionado á musica e á cultura de orixe céltico, e as miñas preferencias en canto a viaxes se decantan por facer o que eu din por chamar "a tríada celta", Escocia (Alba), Irlanda (Èire) e a Bretaña francesa, chamada (Breizh) en brezoneg, a língua dos bretóns.
Bretaña é unha rexión administrativa do Estado Francés e sitúase coma nós no noroeste do mapa, dende hai unha chea de anos son un namorado desta terra, da súa música e maila súa historia e tradicións, a antiga Armórica ten na súa música un dos seus principais elementos diferenciativos e identificativos, hai anos que levo escoitando ao magnífico harpista Alan Stivell, tamén ao que din é o futuro da música bretona, Dan Ar Braz e aos fantásticos Tri yann, un grupo que enche estadios alí por onde pasa. Os instrumentos máis representativos do folclore bretón son a biniu koz (gaita ou cornamusa) e a bombarda (unha especie de oboe), as bandas de gaitas bretonas ou bagad's empregan principalmente estes dous instrumentos acompañados das caixas de "alta tensión" e de bombos, téñoas visto moitas veces no Festival do Mundo Celta de Ortigueira, sempre acompañadas dos bailaríns bretóns que no seu País se xuntan nas "festòu-noz" (festas diurnas) ou "festòu-deiz (festas diurnas) a bailar de ganchete. Un elemento común aos galegos son os "aturuxos" é mailo fenómeno do "kan ha diskan", que viria sendo unha cousa semellante á "regueifa" galega, un vai falando/cantando e outro vaille contestando de semellante maneira. Aqui vos deixo un tema de Dan Ar braz e Alan Stivell, chámase "Pop plinn" e nela podedes ver, ademais de a estes dous grandes artistas bretóns, varios dos elementos característicos da música bretona, as bombardas dunha bagad, unha harpa celta e á xente bailando de "ganchete", desfrutade do video, eu agardo podelo facer en directo un verán destes no Festival Intercéltico de Lorient, un festival no que participan miles de artistas e congrega a máis de un millón de visitantes, cada ano o adican a unha nación celta, o ano de Galiza foi hai un par de edicións, o vindeiro 2008 será o turno de (Cymru) o País de Gales.
chuzame -
Música 06 dec 2007 08:00 am
Scorpions en Guimaraes (Portugal).
Míticos, non poderian ter outro calificativo, quén non escoitou algunha vez a eterna "Wind of change" ou "Still loving you", aqui vos deixo a miña preferida, "Send me a angel", tocarán esta noite no Multiusos de Guimaraes ás 21:30 horas presentando o seu disco "Humanity World Tour", unha magnífica oportunidade para velos en directo e a un paso da casa, o problema son os prezos das entradas, un pouco caros ao meu parecer, 30 euros a máis barata.
chuzame -
Música 30 nov 2007 12:00 pm
Tri yann, a esencia da música bretona.
Cando falamos de música bretona, o referente en canto a solistas poderian ser tanto Dan Ar Braz coma Alan Stivell, pero o feito de falar de grupos de música tradicional bretona é falar dos Tri Yann, un grupo que coñecin hai máis de quince anos e que ben poderian se-los Milladoiro da Bretaña, un grupo que chegou a colleitar tanta sona coma os archicoñecidos Gwendal e que enchen estadios coas súas melodias, coma a fantástica "Pelot d'Hennebont" (Suite Galleise 1974), "Cad e sin dont te sin" (Ar Gwellañ gant 2001) ou a reivindicativa "La découverte ou l'ignorance" (Portraits 1995), vaia coma mostra para que vos pique a curiosidade, este video en directo do tema "Franzozig", aqui tede-la mostra do chamado "Kan ha diskan", melodias vocais superpostas na que varias persoas van recitando estrofas "enfrontados" un ao outro, poderiase dicir que ten algo de semellanza coa "regueifa" galega.
Os Tri Yann sacaron o seu novo disco ao mercado o pasado 15 de Outubro, titúlase "Abysses".
chuzame -
Música 16 nov 2007 08:00 pm
Natalie Imbruglia, (Glorious the singles 97-07)
Puede que sólo tenga diez años de carrera a sus espaldas, pero desde entonces es una de mis voces femeninas preferidas, Natalie Imbruglia compone y canta sus propias canciones, algunos supongo que la recordareis por su primer éxito llamado Torn, el video aquel en el que le desvalijaban la casa mientras cantaba, sacará nuevo disco para el 2008, pero antes y como anticipo publica su grandes éxitos llamado "Glorious" en el cual repasa su trayectoria del año 1997 al 2007, incluye cinco nuevos temas además de todos sus éxitos, entre los que no está "Do you love", una de sus temas menos conocidos pero mi preferido sin duda, fué publicado en su disco "White Lilies Island". En mi opinión, considero que un artista no deberia sacar un disco recopilatorio con sólo tres discos en el mercado, pero hoy en dia la industria discográfica tiene estas cosas, algunos artistas no tienen la intención, sino que son las propias casas las que les obligan a sacar un grandes éxitos al mercado, no sé si será el caso de Natalie, puesto que para dentro de unos meses sacará nuevo disco, pareceria un poco absurdo no?. Personalmente creo que la música en formato físico tiene los dias contados, cada dia se compra menos música en las tiendas y la mayor parte de los ingresos de los artistas vienen de los conciertos, de la música en directo, la enlatada ya no tiene futuro.
chuzame -
Música 13 out 2007 12:50 am
En Zaragoza, no concerto dos “Heroes del silencio”.
Esta tarde, un colega blogueiro e asiduo lector de este blog, Andrés Milleiro, enviábame esta foto antes de desfrutar do que será o segundo concerto en Zaragoza, dos catro que han de dar en España, os lexendarios rockeiros que arrasaron nos anos 90, "Heroes del silencio", lémbrome daqueles míticos temas de "Entre dos tierras", "Iberia sumergida", "Maldito duende" ou o meu favorito "La herida". Polo que me contou xa tiña a entrada dende hai unha chea de meses e agardaba expectante por este concerto, tanto é que eu tamén puiden desfrutar, inda que fora por uns cantos segundos e vía móbil, duns acordes en directo do mítico tema "Entre dos tierras", coa nítida voz de Enrique Bunbury.
chuzame -
Música 03 set 2007 10:00 am
Luar na lubre, “Tu gitana” na voz de Sara Vidal.
Sara Louraço Vidal, ese é o nome da voz feminina que veu a substituir a Rosa Cedrón xa hai un par de anos, unha papeleta moi complicada, pois a anterior cantante do grupo tiña unha fantástica voz dificil de superar. Segundo contan na súa web, neste mes de Setembro sairá á luz o seu novo disco titulado "Camiños da fin da terra", póñovos aqui unha actuación no programa Luar da T.V.G. interpretando o tema "Tu gitana", do disco Plenilunio e logo reeditado no disco "Saudade" na voz da portuguesa, eu tiven a sorte de coñecer aos Luar na Lubre hai anos, nun concerto no Bierzo, foi por mediación dunha amiga e convidáronnos ao seu camerino no que falei con Bieito Romero e o resto do grupo, logo, ao longo de varios anos visitei de cando en vez a baiuca "A cova folk", unha cervexeria que tiña o gaiteiro do grupo na Coruña, agora pechada, onde facíamos "Jam sessions" e desfrutabamos da música acompañados dunhas pintas.
Desfrutade da fermosa voz de Sara, no disco canta con Pablo Milanés, unha marabilla de tema.
chuzame -







