Category ArchiveMúsica
Música 16 nov 2007 08:00 pm
Natalie Imbruglia, (Glorious the singles 97-07)
Puede que sólo tenga diez años de carrera a sus espaldas, pero desde entonces es una de mis voces femeninas preferidas, Natalie Imbruglia compone y canta sus propias canciones, algunos supongo que la recordareis por su primer éxito llamado Torn, el video aquel en el que le desvalijaban la casa mientras cantaba, sacará nuevo disco para el 2008, pero antes y como anticipo publica su grandes éxitos llamado "Glorious" en el cual repasa su trayectoria del año 1997 al 2007, incluye cinco nuevos temas además de todos sus éxitos, entre los que no está "Do you love", una de sus temas menos conocidos pero mi preferido sin duda, fué publicado en su disco "White Lilies Island". En mi opinión, considero que un artista no deberia sacar un disco recopilatorio con sólo tres discos en el mercado, pero hoy en dia la industria discográfica tiene estas cosas, algunos artistas no tienen la intención, sino que son las propias casas las que les obligan a sacar un grandes éxitos al mercado, no sé si será el caso de Natalie, puesto que para dentro de unos meses sacará nuevo disco, pareceria un poco absurdo no?. Personalmente creo que la música en formato físico tiene los dias contados, cada dia se compra menos música en las tiendas y la mayor parte de los ingresos de los artistas vienen de los conciertos, de la música en directo, la enlatada ya no tiene futuro.
chúzame -
Música 13 out 2007 12:50 am
En Zaragoza, no concerto dos “Heroes del silencio”.
Esta tarde, un colega blogueiro e asiduo lector de este blog, Andrés Milleiro, enviábame esta foto antes de desfrutar do que será o segundo concerto en Zaragoza, dos catro que han de dar en España, os lexendarios rockeiros que arrasaron nos anos 90, "Heroes del silencio", lémbrome daqueles míticos temas de "Entre dos tierras", "Iberia sumergida", "Maldito duende" ou o meu favorito "La herida". Polo que me contou xa tiña a entrada dende hai unha chea de meses e agardaba expectante por este concerto, tanto é que eu tamén puiden desfrutar, inda que fora por uns cantos segundos e vía móbil, duns acordes en directo do mítico tema "Entre dos tierras", coa nítida voz de Enrique Bunbury.
chúzame -
Música 03 set 2007 10:00 am
Luar na lubre, “Tu gitana” na voz de Sara Vidal.
Sara Louraço Vidal, ese é o nome da voz feminina que veu a substituir a Rosa Cedrón xa hai un par de anos, unha papeleta moi complicada, pois a anterior cantante do grupo tiña unha fantástica voz dificil de superar. Segundo contan na súa web, neste mes de Setembro sairá á luz o seu novo disco titulado "Camiños da fin da terra", póñovos aqui unha actuación no programa Luar da T.V.G. interpretando o tema "Tu gitana", do disco Plenilunio e logo reeditado no disco "Saudade" na voz da portuguesa, eu tiven a sorte de coñecer aos Luar na Lubre hai anos, nun concerto no Bierzo, foi por mediación dunha amiga e convidáronnos ao seu camerino no que falei con Bieito Romero e o resto do grupo, logo, ao longo de varios anos visitei de cando en vez a baiuca "A cova folk", unha cervexeria que tiña o gaiteiro do grupo na Coruña, agora pechada, onde facíamos "Jam sessions" e desfrutabamos da música acompañados dunhas pintas.
Desfrutade da fermosa voz de Sara, no disco canta con Pablo Milanés, unha marabilla de tema.
chúzame -
Música 21 ago 2007 09:00 am
Depeche Mode - “Never let me down again” en directo.
Son la referencia indicutible de la música electrónica (no confundir con el bacalao y demás variedades) de los años 80 y 90, este tema concretamente ocupa un lugar preferente entre mis canciones favoritas, su grabación en directo salió publicada en su disco recopilatorio "101", David Gahan y el resto de su banda encima del escenario eran arrolladores y en este tema en concreto el directo fué espectacular, el video que cuelgo aqui no es el mítico del Rose Bowl Arena, no pude encontrarlo, sus imágenes eran impresionantes, con todo el estadio entregado al ritmo de su música, éste que os cuelgo fué grabado hace casi dos décadas en Frankfurt (Alemania), tampoco tiene desperdicio, yo tuve la ocasión de verlos en Pontevedra hace un montón de años, en el estadio de Pasarón, os pongo también el link a una entrevista en el diario 20 minutos.es que le hicieron a Alan Wilder no hace mucho.
chúzame -
Música 16 ago 2007 01:00 pm
Kroke, dende Polonia para o mundo.
Kroke é a palabra "yiddish" coa que é coñecida a cidade polaca de Cracovia, de ahí procede este grupo creado no ano 1992 por tres amigos graduados na Academia de Música de Cracovia. En pouco tempo, acadaron unha gran popularidade grazas ás súas actuacións nos máis importantes festivais de Europa, entre os que destacan o "Womad" de Las Palmas e o "Reading", ou nos numerosos encontros de música xudea onde compartiron escenario con artistas da talla de Van Morrison.
Tomando o repertorio da música tradicional como base, Kroke constrúe arranxos orixinais, crea composicións novas e únicas, leva a cabo improvisacións e logra un son totalmente descoñecido grazas á súa experiencia e á súa formación nos campos da música clásica e o jazz.
Ramón Trecet dixo deles en 2005: "KROKE sae ao escenario en calquera parte de Europa e ofrece unha sublime mestura de creatividade, arte, artesanía e carisma escénico... Eu coñecinnos por mediación dun tio meu, precisamente ouvinte do programa de Ramón Trecet e supoño que seria ahí onde os escoitou por primeira vez, gustaríame podelos ter visto en directo en Santiago de Compostela ou Ortigueira, pero non puido ser, de tódalas maneiras recoméndovos un tema deles, o meu preferido, "Light in the darkness", sublime.
chúzame -
Música 13 ago 2007 03:31 pm
Intercéltico de Lorient 09, Galiza convidada de honra.
Breizh, festival intercéltico 2009.
Acabome de enterar que Galiza será o convidado de honra do Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña/Breizh) do 2009. Así o anunciou a organización do certame cando a edición deste ano toca ao seu fin.
Na edición do 2008 tocaralle a quenda a Gales/Cymru. Uns 4.500 artistas dunha ducia de lugares da xeografía celta participaron nuns 300 espectáculos na edición deste ano, da que Escocia/Alba era a convidada de honra.Unhas 650.000 persoas acudiron ao festival de Lorient, cecais o máis importante do mundo celta xunto coas Celtic's Connections e mailo Mundo Celta de Ortigueira e que se abriu o pasado día 3 baixo a dirección do produtor musical asturiano Lisardo Lombardía, polo que contan o deste ano foi un dos mellores da década. Un concerto do grupo bretón Dan Ar Braz pon fin esta noite á 37 edición do festival, na que, como noutros anos, actuaron grupos de Asturies e Galiza, entre outras "rexións" nacións do mundo celta, poderei por fin face-la miña visita e estar presente no 2009?, nós teremos os dias 17 a Pepe Vaamonde Grupo e John McSehrry at First light e o 18 a Kepa Junkera con Faltriqueira en Pontevedra.
chúzame -
Música 27 xull 2007 10:00 am
XXIII Festival Intercéltico de Moaña (Pontevedra)
Aqui tede-lo cartaz da XXIII edición do Festival Intercéltico de Moaña (Pontevedra), celebrarase os dias 3, 4 e 5 de Agosto e pode ser unha boa opción para os que queirades escoitar algo de folc sen os agobios de Ortigueira, tamén haberá interesantes obradoiros de baile galego, bretón, escocés e irlandés, o festival desenrólarase no paseo marítimo de Moaña e haberá zona de acampada situada no campo municipal de fútbol, se precisades máis información, podédela atopar en www.festivalinterceltico.com .
chúzame -
Música 20 xull 2007 04:30 pm
Fermin Muguruza - Bilbao
O músico basco Fermin Muguruza xa ten unha traxectoria musical de moitos anos, lémbrome de escoitar a Kortatu e teño o "Ideia Zabaldu" de Negu Gorriak entre os discos da miña colección, a primeira vez que escoitei este disco foi nunha viaxe no cercanias Vigo-Pontevedra, recén mercado na cidade olívica, da nova xeira na súa xa longa carreira musical non teño escoitado moito, pero si algo do derradeiro disco, gravado na illa de Xamaica e titulado "Euskal Herria Jamaika Clash", un disco que bebe dos ritmos do reggae e do ska máis comprometido, é precisamente por este compromiso coa cultura e a política do seu País, que tivo e segue a ter numerosos problemas alá onde quere dar concertos, Fermín Muguruza é militante da esquerda abertzale inda que rexeita o emprego da violencia e o ten manifestado en numerosas ocasións, o seu concerto en Santiago de Compostela esta noite, estivo a piques de suspenderse pola postura en contra do Partido Popular no concello capitalino, que non estaba dacordo en que participara nas festas da cidade, a A.V.T. ten tamén denunciado en contadas ocasións as súas actuacións en concertos e festivais, se mal non lembro, o mesmo que fixo con Soziedad Alkohólica, que despois dun xuizo foron declarados inocentes.
A miña recomendación, o tema chamado "Bilbao"
chúzame -
Música 13 xull 2007 08:00 pm
Within Temptation, ¿concerto en Vigo?
Xa chegou o verán e con el os concertos, entre os meus gustos musicais tamén está o chamado rock "gótico" ou "metal gótico", hai cousa dun mes máis ou menos, entrando a botar unha ollada na web do grupo para España, puiden ver que falaban dun posible concerto da banda o dia 4 de Agosto na cidade de Vigo, todo apunta a que o concerto será no parque de Castrelos, polo de agora no programa das festas de Vigo falan dun concerto de música gótica alí, pero non dan o nome do grupo, e nas datas do "Tour" de Whitin Temptation non aparece, para os que non os coñezades, aqui vos poño o video do novo single para Europa, o tema en cuestión chámase "Frozen" e non está mal, inda que a verdade, prefiro varios do seu disco anterior chamado "The silent force" como "Memories" ou "Angels" por exemplo, pero ogallá veñan, estaria ben podelos ver en directo.
chúzame -
Música 06 xull 2007 08:00 pm
Igloo, indie pop galego.
"Y todo lo demás", este é o nome do primeiro single do disco dos "Igloo", unha banda de pop galega da que tiven coñecemento hai pouco máis dunha semana, o seu son lémbrame moito aos compactos dos "Planetas" que tiña o meu irmán pola casa, pop melódico e con tintes psicodélicos por momentos, sons envolventes e guitarras distorsionadas, o seu disco homónimo no que hai ex-compoñentes dos Deluxe, está composto por 10 temas en castelán e foi editado pola discográfica Junk records, eu destacaria do disco "Y todo lo demás" e "Nanook", dous temas dos que gusto especialmente, podedes atopar máis información deles na súa web http://www.igloo.name/ .
chúzame -
Música 29 xun 2007 08:00 pm
Transilvanians - Kingston town/Santiago D.C.
TRANSILVANIANS - Kingston town/ Santiago D.C.
Esta semana escollin un tema que levo escoitando un par de meses, un tema pegadizo que me gustou dende a primeira vez que o puiden oir, penso que está a participar no concurso que organizan os de Vieiros e a Radio Galega chamado "a polo ghit", un concurso para elexir á mellor canción galega do verán, xa van polo segundo ano, alomenos era o que dicia en "aberto por reformas" onte Xurxo Souto, tedes máis información en http://apologhit.vieiros.com/ .
A banda fórmase en Vigo a finais do ano 2004, con membros procedentes doutros grupos de diversos estilos musicais: Dakidarria, Skacha, Siniestro Total, Os Resentidos, Skarnio, Frangos...
Devotos confesos da música tradicional Xamaicana móvense entre estilos como o Ska, Rocksteady ou o Reggae, sen deixar de lado outras influencias máis Soul, R&B, Surf, etc. Isto unido á súa paixón polo xénero de terror, a serie B e a ciencia-ficción conforman unha proposta cando menos orixinal. Xunto ás composicións propias, temas de The Skatalites, Desmond Dekker, Phyllis Dillon, The Wailers ou John Holt... conforman o repertorio habitual dos seus concertos.
O pasado ano 2006, entraron nos estudos Muu !! de Vigo a gravar de forma totalmente analóxica, (coma se facia antano), cinco cancións que sairon editadas no nadal dese mesmo ano en formato CD. e EP. polo selo "El ejecutor records".
chúzame -
Música 22 xun 2007 08:00 am
La canción de la semana…
La pretensión de este "reconvertido" apartado del blog, no es otra que recomendaros algún tema musical, de los más variados estilos, de vez en cuando os hablaré de algún disco que tengo por casa y también iré publicando alguna canción, ya sea de metal, folk, ska, pop o cualquier otro estilo que me guste, algún tema de actualidad o quizás uno antiguo que tiene o tuvo algún significado especial para mi, doy por hecho que todo el mundo tiene sus gustos musicales, no pretendo influir en ellos y ni mucho menos cambiarlos, pero lo que si espero es que os "pique" la curiosidad y por lo menos probeis a escucharlo, quizás alguno de ellos os llegue a gustar.
Las canciones las iré poniendo de vez en cuando, principalmente el fin de semana, siempre estamos de mejor humor y tenemos más tiempo libre para nuestros hobbies, entre ellos la música.
Por cierto, siempre es bienvenida cualquier sugerencia, la canción de esta semana es la siguiente:
-
The Cardigans - Live and learn (Long Gone Before Daylight)

chúzame -







