Category ArchiveMúsica
Música 27 mai 2007 09:00 am
O derradeiro bardo celta…
Hoxe quérovos recomendar un disco "histórico", descoñezo se está editado en formato dixital, o artista en cuestión chámase Emilio Cao e o vinilo do que vos falo titúlase "A fonte do Araño", foi editado pola discofráfica Zafiro alá polo ano 1977, daquela eu tiña pouco máis de tres anos, nunca cheguei a ter nas mans o disco orixinal, o que chegou a miña casa pertence a un recopilatório editado por Caixavigo (daquela), unha escolma de música galega, dende o própio Emilio Cao de quén vos falo, até "Fuxan os ventos", pasando por xente de "Voces Ceives" e tamén "Faiscas do Xiabre", o xerme dos que logo viñeron a ser coñecidos internacionalmente coma Milladoiro.
O disco consta de dez temas, interpretados marabillosamente polo xénio galego da harpa Emilio Cao, unha música que tansmite paz e tranquilidade, que transporta a quén o escoita ao cúmio do Caurel, un disco sosegado e redondo, na súa gravación foi acompañado por Antón Seoane, Xosé Ferreirós, Xoán Piñón e Bernardo Martinez, este foi o primeiro disco do que logo seria unha longa carreira, Emilio Cao foi o primeiro intérprete de harpa dentro da música tradicional en todo o Estado Español, destacaria sobre todo un par de temas que persoalmente desfruto, o fabuloso "No campo da festa" e algún máis como a "Pandeirada de Nebra" ou "As gueivotas sobor de nós" pero todos son igualmente fantásticos, ao meu parecer, un disco obrigado de ter a calquiera que lle goste a música galega, un disco sublime.

Emilio Cao, o derradeiro bardo celta, có permiso de Alan Stivell claro está.
chúzame -






