Cargando...

Category ArchiveO mundo da cervexa



O mundo da cervexa 26 abr 2008 01:30 pm

¿O futuro da cervexa en perigo?

Lembraredes que estes dias os telexornais informáronnos da suba do prezo do arroz, e tamén do sorprendente racionamento que ante a súa posible escaseza fixeran os supermercados norteamericanos Wal*Mart, ben, pois semella que coa cebada podería acontece-lo mesmo, e polo efecto do cambio climático segundo nos contan os expertos na materia. Éstes advírtennos que o quencemento global do planeta está a rematar pouco a pouco coas reservas de auga, nada novo, xa o sabiamos, pero semella que tamén hai problemas có cultivo da cebada, o cereal básico e esencial para a producción desa bebida tan popular e querida por moitos de nós. Explícanos un científico neocelandés, que o clima vai afectar gravemente aos cultivos deste cereal e encarece-lo produto, isto sumado tamén aos problemas do abastecemento de auga conlevará que o prezo final da cervexa se incremente espectacularmente, polo tanto haberá un grande desabastecemento ou uns prezos prohibitivos para a maior parte da povoación, pero acouguemos, que segundo explican máis polo miúdo isto non acontecerá alomenos ate dentro duns 30 anos, asi que inda poderemos desfrutar moito tempo do pracer de degustar unha boa cervexa.

De tódalas maneiras, non estaría de máis coida-lo noso planeta para que todo isto non aconteceza, e non digo polo futuro da cervexa, senón polo futuro de todos nós, brindemos por elo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Música &O mundo da cervexa 09 abr 2008 01:27 pm

Flogging Molly, punk-celta e cervexa negra

Tomaron o seu nome dunha taberna na que adoitaban tocar nos seus comezos, a Molly Malones na cidade de Los Ángeles (U.S.A.). Flogging Molly por senón os coñecedes, son unha banda nacida no ano 1997 de entre os moitos fillos de emigrantes irlandeses nos Estados Unidos de Norteamérica, fan unha mestura de punk, oi e música celta, moi na onda de outros grupos como os The Real Mckenzies ou os Dropkick Murphys, tamén norteamericanos pero con ascendencia escocesa neste caso. O tema que vos traio aqui titúlase "Drunken lullabies" e foi un dos seus maiores éxitos, foi publicado no ano 2002 e a súa traducción veria sendo "nana de borrachos", un título moi apropiado para este novo capítulo  de o mundo da cervexa, o video transcurre entre tabernas irlandesas onde nunca ha de faltar unha boa pinta de Guinness stout. Os Flogging Molly acaban de sacar ao mercado o seu novo disco chamado "Float", publicouse a principios do pasado mes de marzal.

Adicado a tódolos nosos lectores amantes da boa cervexa, Deisler, Brugal con cola e especialmente a Ulmo de Arxila e a Andrés Milleiro.

Slàinte !!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actualidade &O mundo da cervexa 13 mar 2008 08:30 am

“A casa do Coto” pecha as súas portas

É unha das tabernas máis sobranceiras de cantas hai nos arredores da nosa cidade, a coñecida por moitos "casa do Coto" de Tomeza botará o fecho se ninguén o remedia mañá dia 14 de Marzal, foron nove anos de tapas e música en directo e somos moitos os veciños de Pontevedra que algunha vez temos desfrutado coas súas "martinas", os seus revoltos de cogumelos, os famosos chourizos ao "inferno" ou calqueira cervexa da súa carta.

Vicente Fernández é un dos socios do local e unha persoa coa que teño botado unha parrafada nalgunha ocasión, comentaba hai dias nun xornal, que o motivo desta decisión era tanto porque xa non era sostible economicamente como tamén porque precisaba adicarlle moito tempo, tempo do que él polo seu traballo xa non dispón. Sei que Vicente é unha persoa que tiña moita ilusión no que facia, organizar concertos ou exposicións require tempo, ilusión e moita adicación, e para iso ten que gustarche, tamén comentaba que ogallá alguén poidera continua-lo traballo feito ao longo destes nove anos, para que éste local emblema da nosa cidade non tivera que fechar definitivamente. Pola miña parte lamento esta decisión pero entendo os seus motivos, eu teño estado en numerosas ocasións ceando no local e incluso fixemos unha "jam session" unha vez cós amigos do grupo de gaitas,  sempre fomos recibidos cós brazos abertos, a música en directo foi un dos principais activos cós que sempre contou este local. Como dicia, o vindeiro dia 14 deste mes o local cumprirá nove anos e fará unha festa de despedida cós músicos que ao longo de todo este tempo amenizaron as noites de festa e troula que tivo A casa do Coto.

Dende "A ponte vella" enviámoslle un afectuoso saúdo a tódala xente de "A casa do Coto", en especial a Vicente.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O mundo da cervexa 22 feb 2008 04:00 pm

“A casa dos druidas”, folc e cervexa moi perto de Pontevedra.

Se sodes de Pontevedra ou arredores ben seguro que a coñeceredes, trátase dunha casa de pedra restaurada e reconvertida nunha taberna galega, está situada no lugar de Acuña, no veciño concello de Vilaboa (do Morrazo) e chámase A casa dos druidas. Hai xa un tempo que non paso por ali tanto como quixera, lémbrome de Manolo, dono do local e bo coñecedor do panorama folc tanto galego coma do resto das nacións da Celtia, moitas conversas temos tido os dous falando dos Tannahill Weavers, dos Wolfstone ou de Milladoiro, namentres degustaba algunha das moitas cervexas que nos ofrecia, lembro que era todo un mestre en tira-la Guinness de barril, segundo me contara él, fora a un cursiño que a propia marca impartira para hosteleiros, e como boa mostra do aprendido,  sempre remataba a "pinta" facendo o debuxo dun trebol irlandés por riba da escuma, nun alarde de bo pulso. A casa consta de dous andares nos que podes desfrutar da música tomando calqueira cervexa de importación e charlando cós amigos, lémbrome daquela famosa estáncia chamada "sa ceive de fume", daquela inda non existia a lei anti-tabaco. En ocasións os fins de semana hai música en vivo e aquilo convértese nunha auténtica festa, festa coma a da noite dos calacús que se celebra no Samahin e xa ten sona en toda a bisbarra. Normalmente tamén adoitan a expor artesania ou pintura artistas locais, tanto no interior da casa coma na parte de fóra, onde nos xardins tamén se pode tomar algo no verán.

A casa dos druidas

Dende "A ponte vella" queremos recomendarvos este local, se un fin de semana queredes desfrutar dalgo novo, probade a pasarvos por esta casa onde parece que se para o tempo, tomádevos unha Guinness, unha Estrella ou calqueira cervexa de importación, tampouco deixedes de proba-lo "licor druídico". So destacar unha pega do local, repito, hai tempo que non vou por alí, pero de aquela tiñan todo tipo de bebidas pero non cociña, unhas tapas foi algo que sempre botei en falla, se vos pasades e cambiou o "conto" non deixedes de avisarme.

 

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O mundo da cervexa 09 xan 2008 12:00 pm

Amsterdam beers, consumir con extremada precaución !!

Amsterdam beers

Pois continuando cunha nova entrega do mundo da cervexa, por mediación de Santiago, un bo amigo, acaba de chegar ás miñas mans unha marca holandesa que descoñecia totalmente, chámase Amsterdam e ven presentada en tres variedades, a "Explorator" de 6.8 %, a "Navigator" de 8.4 % e a "Maximator" de 11.6 %, como vedes, as tres teñen unha graduación de alcool moi importante, todo un desafio para os grandes bebedores/degustadores de cervexa, veñen presentadas en formato de lata de 500 mililitros e etiquetadas como forte, extra-forte e super-forte. A empresa que as produce é a Royal Grolsch Brewery e a súa marca comercial é a "Amsterdam Speciality Beers", podedes botarlle unha ollada á súa web se queredes, polo de agora penso que non se comercializan no mercado español e ademais teño as miñas dúbidas se a cervexa chegaria a ter éxito, posto que son demasiado fortes para o gusto tradicional que temos aqui, máis acostumados a cervexas pilsen máis suaves, con dicir que no meu caso unha Judas paréceme forte dabondo xa vos digo todo, imaxinádevos entón unha destas, probareinas en canto despache as tres que viñeron da República Checa e que das que xa vos falei nun post hai un tempo.

Saúde !!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O mundo da cervexa 15 dec 2007 04:23 pm

O mundo da cervexa.

Con este suxerente título quero abrir un novo apartado/espazo no meu blogue para todos aqueles comentarios, opinións ou novas interesantes que vaian aparecendo e que xiren encol do mundo desta bebida, a cervexa en tódalas súas variantes. Dende hai anos e anos que o destilado de cebada é a miña bebida preferida, exercitando a memoria, penso que a primeira cervexa que probei na miña vida foi unha Skol, tomeina un verán de sol abafante despois de traballar duro có meu avó sachando patacas, daquela eu case non coñecia ningunha marca, pareceume amarga e lembro que nin tan sequera estaba fria, pasei un tempo sen voltar a probala posto que a primeira impresión non fora moi alá, a segunda vez que o tentei foi un par de meses despois, nin tan sequera me lembro que idade tiña, do que si é que daquela xa foi unha Estrella Galicia a elexida, e que pasou a se-la miña "pilsen" preferida, teño algunha favorita máis como a Tennent's stout e a Guinness, pero esas xa teñen outra historia.

 Por certo, cal é a vosa birra preferida?

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O mundo da cervexa 01 dec 2007 01:00 pm

Ceská pivo, directamente desde Praga.

Si entre vosotros hay algún amante del destilado de cebada, seguro que entonces habrá probado alguna vez una cerveza checa, de entre los paises más consumidores de esta bebida en Europa, la República Checa ostenta el primer lugar con una media de 160 litros por habitante y año, por delante de alemanes e ingleses, digo esto porque todos bién sabemos de los hábitos de los hooligans que si bién suben mucho la media, no llegan a hacer de los británicos los principales consumidores. Hace unos dias que mi cuñado se iba de viaje hacia esas tierras de centroeuropa, y yo como buén amante de la cerveza le tenia un encargo preparado, que se portara y me trajera alguna cerveza checa, con suerte alguna que no se pueda conseguir aqui y no hubiera probado antes, pués bién, las afortunadas -más bién fuí yo el afortunado- fueron la Pilsner-Urquell que ya habia degustado, la Staropramen, que también tuve la suerte de probar allá por el año 1995, cuando se empezaba a comercializar en el Estado español y una que desconocia totalmente, la Kozel, la única que viene etiquetada integramente en checo. Por el momento las tres reposan en la nevera a la espera de una excusa de peso para darme el gustazo, antes que ellas está una Timmermans framboise bién fria, preparada para ser degustada esta noche viendo el fútbol.

Y por cierto, "ceská pivo" significa cerveza checa, en idioma checo obviamente.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O mundo da cervexa 24 out 2007 07:30 pm

Bar&beer, para os máis afeccionados á cervexa.

Xa está nas miñas mans o último número de Bar&beer, chegoume onte por mediación dun amigo ao que teño que agradercelle a xentileza. Para os que non o saibades, éste é o nome dunha publicación galega que xira encol do mundo da cervexa, ten tirada nacional e repártese en infinidade de tabernas, cervexerias e locais de "culto", non é que os galegos sexamos os maiores consumidores de cervexa de todo o Estado Español, pero si os que tivemos a idea de facer unha revista que tratara este tema, eu como amante desta bebida agardo con impaciencia a chegada de cada nova publicación, máis que nada para estar ao dia do que acontece nese mundillo, neste último número do cal podedes ve-la portada na fotografia, destaca a noticia do posible peche da fábrica de Guinness en Dublín, quén non coñece a marca de cervexa negra por excelencia famosa en todo o mundo?. Polo demais, xa lle teño encargadas un par de cervexas a un familiar que vai viaxar en breve á República Checa, de aquel pais a única cervexa que teño probado ate o de agora é a Staropranen, éles son os maiores consumidores de cervexa de Europa. Por se tedes curiosidade, a miña "rubia" preferida é a Estrella Galicia e a miña "Stout" preferida é a Tennent's Stout, unha cervexa escocesa da que hai anos non teño noticias posto que non a atopo por ningures en Pontevedra. Se vos interesa, podedes ampliar información na web cervezas del mundo.

Por certo, cales son as vosas cervexas preferidas...?

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O mundo da cervexa 26 xun 2007 09:27 pm

M.A.P.I.E. ??

Pois andaba eu estas últimas semanas intrigado con esas siglas, anuncios na televisión, xornais e tamén en cartaces pola rúa e polo visto é unha campaña de marqueting de "Estrella Galicia", as siglas responden á frase "Movimiento de amigos para invitar a un estrella", os muñegotes en si non dician nada, a verdade é que pensaba que anunciaban unha nova canle de televisión infantil ou algo polo estilo, pero a estreliña negra na "suposta" cabeza dos muñegotes faciame pensar que podia ser algo de "Estrella Galicia", posto que se achegaba o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira e por estas datas adoitan incrementa-la presenza nos medios, pero non tiña nada que ver có festival. Se tedes curiosidade ou precisades máis información, visitade a súa web en  www.mapie.es .

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O mundo da cervexa 18 xun 2007 09:39 pm

Cervexa galega no Brasil.

Os brasileiros poderán desfrutar da nosa cervexa máis internacional moi cedo, segundo informan dende "Hijos de Rivera S.A.", chegaron a un acordo coa cadea norteamericana Wall-Mart para distribuir nos seus establecementos do Brasil as marcas de cervexa "Estrella Galicia" e "1906", unha proba máis da "globalización", agora que a marca de cervexa portuguesa "Super Bock" está facéndose un oco no mercado galego, a marca galega cruza o atlántico e vai dar a un país lusófono... en fin, cousas do mercado.

 

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google