Cargando...

Category ArchiveCinema e televisión



Cinema e televisión 17 Nov 2008 09:54 pm

Pekin Express

Non sei se algún de vós é asiduo coma min a este reality-show ou docu-show que pasan por Cuatro os domingos pola noite a iso das nove e media, eu dende o principio estiven enganchado ao programa presentado pola galega Paula Vázquez, non por ela, -que tamén podia ser obviamente- senón polo feito de que o formato xa o coñecera noutra televisión da T.D.T. da cal agora non me lembro, programa aquel que emitian os sábados e o cal xa me chamara poderosamente a atención.

Ainhoa e Idoia

En poucas palabras, consiste nunha carreira por etapas na cal os concursantes teñen que viaxar de San Petersburgo ata Pekín cós seus propios medios e cun euro unicamente de presuposto, o máis destacable a capacidade de inventiva que teñen que te-los participantes e a incrible hospitalidade da xente alá por onde van pasando, sobre todo da povoación rural rusa, nunca na miña vida ollara cousa igual. Para a miña desgraza, a parella que eu tiña como favorita, dúas xemelgas chamadas Ainhoa e Idoia abandonaron no programa de onte por causa de forza maior, asi que agora toca sustitui-las por unha das tres que quedan ainda no programa, xustiño agora que entra na recta final e entran en China.

Por certo, Ainhoa ten unha certa semellanza con Amaral, ¿non vos parece?.

Chuzame! chúzame -

Cinema e televisión 29 Out 2008 11:39 am

¡¡ Vivamos como galegos en New York !!

A xente de Gadis non deixa de soprenderme, unha vez máis, e aproveitando o filón que supuxo a súa campaña de Vivamos como galegos, hai uns dias que están pasando nas televisións a última (e agardo que no derradeira) entrega de esta escolma de tópicos e virtudes das que tódolos galegos e galegas temos sacado peito nalgunha ocasión. Aconséllovos non perde-la ocasión de botarlle unha ollada e desfrutar coas polbeiras e mailos peliqueiros por Manhattan ou do gaiteiro subido nun dos miles de cab's que percorren as rúas de Nova Iorque.

Decididamente a visión de mercado do departamento de marqueting e publicidade dos supermercados Gadis é grande, moi grande, o feito de emprega-las novas tecnoloxias, fai que involuntariamente a túa mensaxe chegue en pouco tempo ás redes sociais, blogues e páxinas web's, isto é algo básico e que cómpre facer hoxendia se queres estar neste mundo, para mostra un botón, o seu primeiro corto de Vivamos como galegos foi colgado no youtube e tivo perto de 200.000 visitas, publicidade de balde e directa ao consumidor.

Chuzame! chúzame -

Cinema e televisión 18 Xull 2008 09:30 am

O carteiro Pat e o seu gato Yes…

Foi hai un par de dias no traballo, é dicir, no lugar de traballo pero fóra de horas de traballo, para entendernos, non vaia se-lo conto que chegue isto aos oidos dalgún xefe meu e logo diga que andamos a vaguear no curro...jajaja.

Como dicia, que varios dos meus compañeiros e máis eu falabamos daquelas series de debuxos animados ou series en xeral que nos deixaran pegada nas nosas vidas, e fixádevos se a cousa foi curiosa, que a maioria das series que nos viñeron á cabeza foran emitidas pola T.V.G. nos seus comezos, aló por mediados dos anos oitenta, cando un servidor tiña uns dez ou once anos, daquela sairon nomes como O home goma, as bolas do dragón, falcóns do espacio, Hattori o ninja e algunha máis, pero a máis antiga que un servidor lembraba era O carteiro Pat, un entrañable carteiro do servicio postal británico, que a bordo da súa furgoneta vermella e na compaña do seu inseparable gato branco e negro Yes, percorría povos e vilas repartindo o correo, pasando penurias e dificultades e divertíndonos a todos sempre cun sorriso na súa faciana despreocupada. Pode que este post sexa unha chorrada, pero ao lembrarme daqueles anos nos que a nosa única preocupación era toma-lo bocata de nocilla e chegar a tempo para poder olla-lo capítulo dese dia, esbocei un sorriso de felicidade. Agora non sei que debuxos pasarán pola televisión, de seguro que violentos como os xogos das video-consolas, nada semellante a aqueles debuxos do ano 1985, nunha televisión autonómica que daba os seus primeiros pasos, aquelas series en galego que tanto nos axudaron aos que non eramos galego-falantes a irmos acostumando a un idioma que, os que viviamos na cidade apenas escoitábamos na escola ou na rúa, non estaria mal que voltaran a pasar algunha serie "mítica" e se deixaran de tanto debuxo xaponés violento.

Carteiro Pat, cateiro Pat e o seu gato yes, xuntos pola rúa....

Chuzame! chúzame -

Cinema e televisión 03 Abr 2008 11:01 am

Comeza a segunda tempada de “cuestión de sexo”

Esta noite e ao redor das 22:15 será a estrea da segunda tempada de "cuestión de sexo", a exitosa serie de Cuatro da que non me perdín ningún dos anteriores capítulos. Supoño que estes dias xa veríades as promos na televisión falando da agardada volta desta serie, segundo contan na súa web incorpóranse tres novos actores ao reparto e semella que un deles será un psicólogo arxentino, ou sexa que o guión se cadra vai a ser un pouco máis enrevesado nesta nova xeira. Cómpre dicir que un dos actores de reparto é o pontevedrés Xúlio Abonjo que interpreta a Gabi, o máis rebelde e inconformista das personaxes que conforman a serie, coñecerédelo seguramente por participar en varias series na T.V.G. e tamén en varias películas, entre elas O lapis do carpinteiro, ademais sempre me fai gracia ollalo tomando a nosa cervexa máis representativa, ben sexa no bar ou na súa casa, unha boa publicidade sen dúbida para Estrella Galicia.

O dito, agardemos que esta segunda tempada sexa tan boa coma a primeira e desfrutemos con ela.

Chuzame! chúzame -

Cinema e televisión 20 Feb 2008 02:00 pm

Trailer de “The happening”, a nova película de M. Night Shyamalan.

Hai xa un par de dias que está colgado no portal de Youtube, fálovos do trailer da última película do director indio M. Night Shyamalan, un dos meus cineastas preferidos do xénero fantástico. Haberá cousa dun par de meses que vos falei nesta entrada de que a rodaxe da película estaba case rematada, agora xa podedes ve-lo trailer e a verdade, polo que se pode ver nuns escasos dous minutos non defrauda, máis intriga e efectos especias nun guión inquietante ao que xa nos tiña acostumados Shyamalan dende os seus anteriores filmes, síntoo pero os diálogos están en inglés, non o atopei noutro idioma. Polo que se pode ver nos rótulos, a súa estrea está prevista para o dia 13 de Xuño, non sei se nos U.S.A. ou tamén en Europa, estaremos atentos ás pantallas, mentres desfrutade deste avanzo para ir abrindo boca.

Chuzame! chúzame -

Cinema e televisión 15 Feb 2008 12:13 am

Juno, probablemente unha película de Óscar.

O pasado fin de semana tiven a ocasión de ollar esta película que tan boa crítica recibira no festival de Sundance, o máis importante do mundo en canto a cinema independente se refire. Juno, conta xa con catro nominacións ao Óscar e de verdade que paga a pena vela, pode que sexa unha das mellores películas do ano, principalmente polos diálogos inxeniosos e brillantes e sobre todo pola fantástica interpretación da actriz Ellen Page.

A película conta a historia de Juno Macguff, unha rapaza de 16 anos bastante espabilada para a súa idade, ou alomenos é o que pensan os maiores que a rodean, ela é unha persoa inxeniosa, culta e sarcástica, que como todo o mundo agocha os seus medos e dúbidas. Un dia de outono todo cambia, a súa relación cun compañero de instituto, Bleeker, remata en embarazo, a éste interésalle máis ben pouco a nova situación, pero ela afronta o problema con traquilidade e decide ter o neno e dalo en adopción. O resto da historia conta as peripecias de Juno buscando unha familia axeitada para entregarlle-lo neno cando de a luz. Por certo, a B.S.O. da película tamén me gustou especialmente, sobre todo o tema "Piazza, New York catcher".

Recoméndovos encarecidamente esta película, unha comedia orixinal, intelixente e cunha interpretación maxistral de Ellen Page no papel de Juno, de seguro que esta nova actriz deparará algunha sopresa no vindeiro festival dos Óscar de Holliwood, no caso que se celebre claro.

Chuzame! chúzame -

Cinema e televisión 07 Xan 2008 10:00 am

¡¡ Papi, cómprame un kalashnikov !!

Tremendo y sobrecogedor el reportaje que pude ver el pasado viernes en Cuatro, en el tema de los norteamericanos y las armas pensé que ya estaba curado de espanto, pero lo que pude ver en ese documental superó con creces el concepto que tenia formado sobre ellos, las armas en los U.S.A. son todo un negocio, que digo negocio, un filón de oro.

Jon Sistiaga es hoy en dia mi periodista de "investigación" preferido, atrás quedó aquel fantástico Ricardo Ortega asesinado hace años en la isla de Haiti, me acuerdo de él con nostalgia porque nunca podré olvidar aquellas imágenes y aquellos reportajes que enviaba desde los más apartados confines de la tierra, allá donde habia un conflicto en ciernes o ya habia estallado la guerra, Ricardo se echaba su cámara al hombro y allá se iba, habia que tenerlos bién plantados para enviar aquellas crónicas del ejército ruso aplastando Chechenia o de las atrocidades cometidas en la guerra de los Balcanes. Otro dia repasaré la figura y la carrera de Ricardo Ortega, siempre me ha fascinado este periodista.

Pero volviendo al reportaje del que os hablaba, Jon Sistiaga se adentra en lo más profundo y salvaje de la Norteamerica sudista,  en el estado de Kentucky, fiel heredero de la esencia del lejano oeste y con fuerte presencia del Ku Kux Klan y grupos paramilitares de extrema derecha, concretamente el reportaje se centra en la celebración anual de una convención de "pirados", -porque ése es el mejor adjetivo para definirlos-, por las armas y por la parafernalia militar que se juntan en Knob Creek, en el que en el fin de semana 20.000 personas hacen alarde de todo su arsenal "casero" en ese campo de tiro, aterroriza ver a padres orgullosos de que sus hijos de diez años empuñen y disparen un M-16 o sepan montar y desmontar una UZ

I de fabricación israelí, crios que no levantan un palmo del suelo empuñando fusiles de asalto o ametralladoras más grandes que sus cuerpos y sus padres todos orgullosos agarrándoles por detrás el hombro para que no se lo disloquen con el retroceso del arma, los mismos padres que se divierten con lanzallamas de napalm, el mismo que arrasó aldeas en Vietnam, sólo en Norteamerica podia pasar esto, sólo ellos podian justificar la posesión y el empleo de las armas como un "derecho fundamental", en España no teneis armas?? pués entonces cuando un ladrón entra en vuestra casa que haceis, llamais a la policia?, en fin, sobran las palabras ante comentarios de este "calibre", aunque por lo visto en España si que hay gente aficionada a todo esto.

"¡¡ Papi cómprame un kalashnikov !!" un reportaje de Jon Sistiaga para Cuatro, os lo recomiendo encarecidamente.

"Aqui no necesitamos psiquiatras ni divanes, aqui tenemos armas automáticas, ésto si que es una buena terapia..."

Chuzame! chúzame -

Cinema e televisión 03 Xan 2008 09:00 am

Kyle XY, una historia fantástica.

Kyle es un adocelescente muy particular, un buén dia se despierta en un bosque a las afueras de Seattle, desnudo y cubierto por una sustancia viscosa, no tiene recuerdo alguno de como llegó allí ni de su vida anterior, no sabe hablar y sus movimientos y reacciones son similares a las de un recién nacido, la policia lo entrega en un centro de reclusión de menores donde se harán cargo de el, allí Kyle es el centro de todas las miradas, observan a esa extraña persona que no come, no habla y apenas hace movimientos o gestos, pronto surgen los problemas con otros internos por lo que la psicóloga del centro, Nicole Trager, decide llevárselo a casa e integrarlo con su familia para asi poder "estudiarlo" y protegerlo del resto del mundo que le mira con miedo y extrañeza.

A grandes rasgos éste es un resumen del capítulo piloto de esta serie, de la cúal Cuatro ya pasó las dos primeras temporadas, personalmente la trama me parece muy buena, soy un apasionado de las series de ciencia-ficción y hace años no me perdia un capítulo de Expediente X, también seguí con mucho interés Jericho hasta que terminó su primera temporada, ahora, mientras espero que pasen la segunda y también la próxima de Anatomia de Grey me estoy viendo ésta, protagonizada por Matt Dallas y de la que podeis encontar en internet los primeros diez capítulos, personalmente sólo pude ver en la televisión el capítulo piloto que pasaron el dia que la dejaron de emitir, pero me quedó un muy buén sabor de boca y rapidamente decidí bajármela de internet, como cabia de esperar no me defraudó y os la recomiendo totalmente, si os gusta el género fantástico disfrutareis con Kyle.

Por cierto, os habreis fijado que no lleva ombligo no?, pués nada, animaos a verla, la respuesta está dentro...

Chuzame! chúzame -

Cinema e televisión 22 Dec 2007 08:00 am

“Fronteiras”, un documental nos límites da identidade galega.

Pode que algún de vós ainda non coñeza a existencia desta reportaxe-documental, (eu entereime hai tempo grazas ao blog de Anxélica), un video que trata sobre o conflicto lingüistico e cultural entre Galiza e Asturies ou Galiza e León, -porque éste existe-, estamos falando da franxa do Eo-Navia e tamén do Bierzo, das fronteiras galegas, zonas con moitas semellanzas ao noso territorio, tanto en costumes, coma na paisaxe ou no idioma. Este documental foi proxectado por primeira vez na Televisión Galega o dia 25 de Xullo deste ano, o dia da Pátria galega foi o elexido para mostrarlle a moitos galegos e galegas algo que poida que inda descoñezan, que os limites do noso idioma e da nosa cultura non son os estrictamente xeográficos ou os que marcan os políticos, dende logo chama a atención escoitar a un veciño dunha aldea de Zamora, nega-la evidencia dunha cultura semellante á nosa falándonos no noso idioma e cun sotaque totalmente galego, eu hai anos que o puiden comprobar tamén en varias viaxes ao Bierzo, unha provincia de León na que non me sentín para nada alleo á miña terra, e na que puiden falar en galego coa xente con total normalidade, mesmo na cidade de Ponferrada.

Aqui vos deixo un pequeno trailer de cinco minutos para que vaiades abrindo boca, se queredes velo enteiro pois pinchade aqui, o documental é de Rubén Pardiñas e nel podedes ver entre outros a Xosé L. Mendez Ferrin, a Bieito Romero, a xente da Real Academia Galega ou da ALLA (Academia da Llingua Asturiana), tamén tedes máis información no blog de fronteiras.

Chuzame! chúzame -

Cinema e televisión 20 Dec 2007 08:00 am

“The happening”, Night Shyamalan vuelve con cine apocalíptico.

M. Night Shyamalan es uno de mis directores de cine favoritos, exceptuando "La joven del agua" que pinchó en taquilla y apenas si recaudó lo invertido, sus películas se cuentan por éxitos, "El sexto sentido", "Señales","El protegido" o "El bosque". Me acabo de informar por el diario 20minutos que el director de origen hindú está ultimando su nueva película, que será estrenada el próximo verano, se llamará "The happening" y podríamos enmarcarla en el estilo de cine apocalíptico, parece ser que aunque el rodaje se intentó llevar con el mayor secretismo, hubo filtraciones y ya podemos saber que el argumento tratará sobre una hecatombe a nivel mundial, en la que la naturaleza se vuelve contra el hombre. El poster que os muestro aqui ya nos hace preveer que el filme será inquietante, viendo esta imagen me viene a la cabeza una de mis series favoritas de televisión de los últimos años, se llamaba Jerichó y hace unos meses que terminó su primera y por ahora última temporada, también trataba el tema del fin del mundo, esta vez a causa de una explosión nuclear y es que a mi desde hace muchos años, posiblemente desde que vi una película llamada "El dia después", este tema me apasiona, esperemos que esta película de Shyamalan esté a la altura, en verano lo sabremos. 

Chuzame! chúzame -

Cinema e televisión 12 Dec 2007 12:00 pm

Rober bodegas, o humor galego ten premio.

Non sei se existirá o humor galego ou máis ben será humor feito por galegos, pero o caso é que este humorista do que vos quero falar chámase Roberto Fernández pero é coñecido por todos como Rober Bodegas, este carballés de 25 anos foi o vencedor do programa da Televisión  Española chamado "El rey de la comedia", o que de por si xa é todo un mérito, posto que alomenos eu estou afeito a escoitar, que os andaluces son os que teñen a gracia e que nós, os galegos, non valemos para isto. Pois nada, parabéns ao noso "compatriota" e agardo que se pase un dia destes por algunha sala de Pontevedra para podelo ver en directo, supoño que daquela xa terá subido o caché, pero despois de ver este monólogo penso que paga a pena. Rober Bodegas ten un fotolog e unha web que inda está en construcción pola que tamén os podedes pasar a botar unha ollada.

Polo que conta no seu fotolog, gústalle a música de "Los planetas", pois xa temos dúas cousas en común, o humor e a música.

Chuzame! chúzame -

Cinema e televisión 26 Nov 2007 09:00 am

“Historias de Galicia”, serie documental na T.V.G.

As claves do pasado, para entende-lo presente. 

Dende sempre fun un apaixonado da historia, xa na antiga E.X.B. era a miña asignatura preferida e á que máis tempo lle adicaba, pouco a pouco fun tendo máis e máis curiosidade polo  noso pasado  en concreto, por saber quén foran os Suevos ou os Irmandiños, quén era aquel Castelao do que falaba o meu pai ou aquela escritora chamada Rosalia de Castro, da que tiñamos un libro na casa. O sentimento galeguista despertouse en min hai tantos anos que xa non acordo, do que si me lembro é de viaxar a Compostela cada 25 de Xullo a celebra-lo dia da Pátria Galega e de pendura-la bandeira no balcón da casa dos meus pais, da portada dos xornais en galego o dia 17 de Maio, dos veráns en Ortigueira escoitando aos grupos galegos namentres facia ondea-la miña bandeira, de mercar "A nosa terra" tódolos venres no quiosco do meu barrio ou da primeira vez que lin o "Sempre en Galiza" do irmán Daniel. Do que non me lembro é de que na nosa televisión, -antigamente a T.V.G. e agora Galicia Televisión-, houbera un programa sobre a nosa historia, e iso descubrinno hai cousa dun par de meses por casualidade, un domingo destes parvos que estaba facendo zapping có mando e de súpeto apareceron unhas imaxes duns castros, carallo !! os castros de Santa Tegra, lembro que exclamei.

"Historias de Galicia" é unha serie documental, -divulgativa que lle chaman tamén- que ten un obxectivo moi claro, que os galegos e galegas coñezamo-la nosa historia, dende as antigas tribos galaicas ate a actualidade, pasando pola ocupación romana, os suevos, as revoltas irmandiñas, o Estatuto de Autonomia ou o primeiro governo autonómico. A serie da que aqui podedes ver un trailer, foi asesorada historicamente por xente como Anselmo López Carreira, Francisco Calo Lourido, Henrique Monteagudo ou Xusto Beramendi, emítese os domingos a iso das 21:30 horas ao longo de media hora, é presentada por Xosé Barato e de forma moi amena poderemos coñece-la  nosa historia, ten videos e documentos gráficos moi destacados, como o que botaron hai un par de capítulos, no que por primeira vez na miña vida, puiden escoita-la voz de Daniel Castelao, recoméndovola encarecidamente.

Chuzame! chúzame -

Next Page »