Esta anotaciòn està a ser enviada dende o meu mòbil,sempre e cando haxa cobertura do teu operador poderàs publicar no teu blogue de Blogaliza a distancia.

Saúdos.

Editado: Como podedes ollar, un dos novos engadidos de Blogaliza para os seus blogues en Wordpress é o chamado MoBlogaliza, un sistema para publicar a distancia no teu blogue, sérvese dunha SMS de móbil que é enviada ao teléfono 664 505999 e logo é reenviada ao teu blogue. O sms ten que comezar polo texto BLOG (letras en maiúscula seguidas dun espazo) e a continuación o texto que queiramos incluir (o que caiba nun SMS claro), se queredes pór un título ao post escribide a continuación da palabra BLOG o título seguido dun #. O prezo do SMS é o dunha mensaxe de texto calqueira e Blogaliza non recibe ningún ingreso por elo, somentes a operadora. Este servizo está operativo para todo aquel que o solicite ao administrador de Blogaliza, non hai cuotas nin nada, non ten máis custo que o dun SMS.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google