Category ArchiveDeportes
Deportes 14 Mai 2008 11:45 am
O textil español no ten quén o defenda
O xigante asiático irrumpe con forza na batalla das marcas deportivas, ou iso é o que semella á vista do contrato polo que a marcha chinesa Li-Ning equipará á selección española en tódalas súas modalidades deportivas para os vindeiros XX.OO. e Paraolímpicos de Pekín 2008. Esta marca que leva o nome do grande ximnasta chinés Li-Ning está tentando desbancar ás dúas grandes firmas de roupa deportiva Adidas e Nike, e que mellor escaparate que os Xogos Olímpicos a desputar no seu propio país. Li-Ning non é unha marca descoñecida no mundo do deporte, xa que dende hai anos que viste a varios dos equipos da N.B.A. norteamericana, o que si que non me agardaba era que acadaría un contrato có Comité Olímpico Español, pásome a explicar a continuación.
Entendo que Li-Ning é unha marca deportiva emerxente é ademais de China, polo tanto os prezos dos seus produtos é de supor que serán altamente competitivos, entendo tamén que coa actual crise económica non se pode andar a gasta-los cartos de calqueira maneira, pero inda asi, coido que o Comité Olímpico Español e por extensión o governo de España, deberían ter actuado cun pouco máis de visión de negocio e porqué non, de defensa dos intereses propios, sabedores de que na actualidade o único país que lle pode facer fronte ao mercado textil galego e español é o chinés, polo tanto non se debería facer unha insensatez como ésta e fortalecer inda máis ao teu rival.
Facendo unha similitude deportiva, ven sendo un caso semellante a aquel no que o Pontevedra C.F. deixou marchar a un dos seus principais xogadores que posteriormente foi a reforzar ao seu máximo rival na competición ligueira, o Rayo Vallecano de Madrid.
¿lembrádesvos?
chúzame -
Deportes 10 Mai 2008 09:05 am
Xogámonos o pase ao Play-off !!
E como se adoita dicir nestes casos, temos que gañar polo civil ou polo criminal, asi que non queda outra, nada de clasificacións virtuais nin contos, temos que saca-los tres puntos na casa e toma-lo último partido fóra de Pontevedra coma un mero trámite.
O Pontevedra C.F. xoga esta noite do sábado en Pasarón o seu derradeiro partido da liga regular 07-08 fronte a súa afección e contra o colista da táboa, o C.D. San Isidro, está claro que non podemos confiarnos, os xogadores deberán sair totalmente concentrados dende o primeiro minuto e nós estaremos alí con eles, atreveriame a dicir que de seguro o equipo rival estará primado, posto que hai moitos intereses ademais dos meramente deportivos para engancharse á cabeza da táboa e son moitos os que veñen apretando forte detrás, nunca tan desputada estivo unha clasificación para a fase coma este ano. Persoalmente agardo que haxa unha boa entrada no vello municipal de Pasarón, a directiva tivo o detalle de obsequiarnos a cada socio con outra entrada de balde para agasallar a un amigo ou a un familiar, e con iso acadar un magnífico ambente nas bancadas có cal poder presionar máis se cabe ao rival, ademais o espectáculo das tarxetas tamén promete.
O dito, non vos perdades o partido desta noite de sábado, non hai excusa de ningún tipo, xa podedes quedar coa pandilla para tomar unha cervexa antes porque de seguro o ambente nos arredores será xa de pre-fase, non quero que con isto semelle que hai demasiada euforia, pero os siareiros granates respostaremos unha vez máis á chamada do clube, agora tócalle ao equipo ser quén de clasificarse.
chúzame -
Deportes & Política 29 Abr 2008 03:22 pm
Mariano Rajoy e o Pontevedra Club de Fútbol
Veño de escoitar unhas declaracións do lider da oposición, o galego Mariano Rajoy, que me acaban de deixar fóra de lugar. O primeiro espada do Partido Popular respostaba a unhas preguntas sobre o fútbol español que lle facían onte na súa visita ao Clube de Tenis de Barcelona, cara ao final remataron por falar do importantísimo partido desta noite entre o F.C. Barcelona e o Manchester United, a semifinal da Liga de Campións...
Xornalista - ¿Quién piensa que ganará esta noche?
Mariano Rajoy - Pués mire usted, no es fácil porque el Manchester no es el Pontevedra precisamente, pero no hay que perder la fé <...>
E do resto da entrevista a verdade non me lembro, escoiteino na desconexión local da Cadena S.E.R. para Pontevedra, sei de sobra que Mariano Rajoy é merengue, pero iso non lle da dereito a mofarse unha vez máis de Pontevedra e dos pontevedreses, quizais a algún lle parecerá que non é para tanto, pero como socio do Pontevedra Club de Fútbol e por suposto como veciño de Pontevedra, lamento fondamente ter escoitado estas declaracións e máis vindo dunha persoa veciña da nosa cidade.
Dende de A ponte vella solicitamos unha rectificación por parte de Mariano Rajoy e unha desculpa a Pontevedra e a tódala súa cidadania que onte se veu menosprezada.
chúzame -
Deportes 19 Abr 2008 01:00 pm
Pontevedra C.F. vs Celta de Vigo B (20/04/08 17:00h)
Os dous equipos da provincia enfróntanse no que de seguro será un partido de nivel, ámbolos dúas escuadras agardan acada-la victoria este domingo e sumar eses tres puntos que serán tremendamente importantes, no caso dos granates para afianzarse máis nos postos darriba que nos darán o privilexio de xogar un ano máis o play-off de ascenso á Segunda División. Para min como socio e siareiro granate o de hoxe será un partido especial, sempre gosta xogar contra o noso veciño de Vigo, non por localismos estúpidos, cós que non estou para nada dacordo -todos somos galegos-, senón por mera rivalidade e por ollar aos xogadores celestes pisando a herba de Pasarón. O partido non será unha final pero si é moi importante para as nosas aspiracións, temos que continuar con esta racha de bos resultados que nos levaron outra vez a ocupa-los primeiros postos da táboa clasificatoria, o último partido na casa contra o Atlético de Madrid "B" conseguiu de novo esa comuñón entre xogadores e bancada, os derradeiros minutos do partido foron dunha intensidade como non se vivian no municipal de Pasarón dende hai moitos meses, a euforia unha vez rematado o partido tanto de afección coma de xogadores ten que ser unha inxección de ánimos para afronta-la recta final desta tempada na que os locais foron algo irregulares de máis.
Os de Xavi Gracia saben que estaremos con eles e que o vello Pasarón acollerá unha boa entrada, o Celta de Vigo "B" ven de da-la campanada contra o Universidad de las Palmas e virán a por todas, nós temos que asegura-la presenza na fase de ascenso un ano máis e queremo-la victoria, outra cousa non nos vale.
A por eles granates !!
chúzame -
Deportes & Fotografía 29 Mar 2008 09:06 am
Miguel Indurain en Pontevedra

El motivo de la visita fué la presentación del equipo ciclista del Super-Froiz 2008, el acto tuvo lugar en el Auditorio del Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra hace unos dias. El pentacampeón del Tour de Francia y ganador en dos ocasiones del Giro d'Italia, el navarro Miguel Indurain , visitaba nuestra ciudad para apoyar publicamente al equipo ciclista pontevedrés, como anteriormente lo habian hecho Federico Martín Bahamontes, Álvaro Pino y en esta ocasión Indurain acompañado del gallego Óscar Pereiro. Al día siguiente de la presentación del equipo ciclista, el deportista de Villaba visitó la central que el Grupo Froiz tiene en Poio (Pontevedra), donde se encuentra la sede del equipo ciclista dirigido por Evaristo Portela.
Aprovechando que este fenómeno del ciclismo visitaba nuestra ciudad, no pude dejar pasar la oportunidad de quitarme una foto con el y aunque suene al tópico de siempre, nos pareció una persona afable y cercana, siempre con una sonrisa en la boca y dispuesta a sacarse fotos con todo aquel que se lo solicitaba.
Un saludo Miguel y vuelve cuando quieras.
chúzame -
Deportes 29 Xan 2008 08:30 am
“Antimadridistas”, a foto da polémica en Pasarón.

A imaxe que vedes aqui pertence a este pasado domingo, o Pontevedra C.F. recibia a visita do filial do Real Madrid e na bancada de norte despregouse esta faixa, houbo unha certa polémica entre culés e merengues pontevedreses, ¿a faixa representaba a toda a bancada de norte, a todo o estadio ou somentes a unha peña de siareiros granates? pois a resposta é máis que sinxela.
Os responsables do seu depregamento foron a peña Furya granate, posiblemente a peña máis activa e que máis traballa por e polo Pontevedra C.F. dia tras dia e ano tras ano, un nutrido grupo de rapaces que sempre lle dan cor ao vello Pasarón cós seus "tifos", que para os neófitos nisto da "jerga" das bancadas de fútbol, significa montar un espectáculo de bandeiras, pancartas, confetti's ou algo polo estilo cando salta o equipo local ao campo. Como dicia, a xente de Furya granate sempre sorprenden có seu incansable traballo de animación e de preparación dos partidos, tentando sempre de contaxiar o seu espírito de loita e de defensa das cores granates ao resto da bancada de norte e tamén e porqué non, ao resto do estadio. Dende hai sete anos que están a destacarse coma unha das peñas máis comprometidas e moitas veces por isto, polo compromiso que eles mesmos amosan na bancada e tamén nun fanzine que publican (o único en Pasarón), son tachados en moitas ocasións de conflictivos e de perigosos, eles defínense como unha peña con espírito galeguista e nacionalista galego, antifascista e por enriba de todo granate, porque o obxectivo do seu traballo diario tanto para os partidos da casa coma para os de fóra (porqué moitas veces son a única peña que se despraza có Pontevedra C.F.) é animar ao noso equipo e que como reza o lema futboleiro "You never walk alone", que os nosos xogadores nunca camiñen sos.
Segundo explicaron posteriormente, o motivo da faixa despregada có lema "antimadridistas", foi para amosa-lo seu rexeitamento ás actitudes despreciativas, altlivas, déspotas e prepotentes que sufriron moitos dos afeccionados e xogadores granates nos partidos nos que nos enfrotamos có filial madridista nestes derradeiros anos, non hai motivos agochados nin retorcidos, exerceron o seu dereito á libre expresión sen insultar ou menospreciar a ninguén.
"A ponte vella" solidarízase con eles e apóiaos na súa causa galeguista e granate, posiblemente se a faixa puxera "Vigo non" ou outra frase inxeniosa polo estilo, algunha xente de Pontevedra calaria a boca e esbozaria un sorriso cómplice, e iso si que é ben triste, ás veces sigo a pensar que medramos en habitantes, pero que en realidade seguimos sendo unha aldea.
chúzame -
Deportes 28 Xan 2008 12:30 am
Os granates por fin líderes !!
Domingo para desfrutar no vello Pasarón, o Pontevedra C.F. recibia onte pola tarde ao Real Madrid-Castilla coa obriga de asestarlle un golpe de timón á competición e acada-lo liderato, de sobra eran coñecidos os resultados dos demais equipos inmersos nos postos de play-off, sobre todo a derrota do Deportivo B, o actual líder ao longo de toda a tempada. O Pontevedra fixo o seu partido, condicionado polas baixas de Turiel e de Vermudo, pero coa volta de Igor de Souza, a quén todos agardabamos para ver na dianteira xunto con Javi Rodriguez, os granates fixeron un magnífico partido de entrega e casta, os rapaces merengues tamén correron e presionaron todo o partido, pero foi Igor quén de marca-lo primeiro gol de penalti, nun segundo intento, posto que o primeiro foi anulado polo árbitro, despois na segunda parte apareceria unha vez máis o noso ídolo local, Javi "rifle" Rodriguez para rematar de testarazo un centro dende a banda e consegui-lo segundo gol que foi xa definitivo, foi impresionante ve-la bancada granate posta en pe aplaudindo o gol e coreando o nome do artilleiro granate, unha vez máis cen por cen de efectividade do catalán, tres partidos e tres goles, non se lle pode pedir máis.
chúzame -
Deportes 19 Xan 2008 09:00 am
Pontevedra C.F.- R.C. Deportivo B, hoxe derbie galego en Riazor.
Pode que hoxe sexa un deses partidos inesquecibles, o conxunto granate vaise desputar o liderato có ata agora primeiro clasificado no grupo primeiro da segunda división B, o Deportivo B ou tamén coñecido antigamente como o Fabril. Descoñezo se haberá medo escénico por xogar nun campo de primeiro división, pero despois de desputa-la copa do rei hai escasamente un mes, no campo da Romareda de Zaragoza, supoño que non infundirá tanto respeito facelo en Riazor, eu estiven so unha vez no campo coruñés, foi o ano pasado con motivo do partido que desputaron Galiza contra Ecuador, gustoume o campo a verdade, grande se o comparamos có vello Pasarón e por suposto moito máis pequeno que outro que xa visitara hai anos, o Santiago Bernabeu, daquela fixemos unha parada no vello estadio de Chamartin cando andabamos de viaxe pola capital "do imperio pequeno". A desta tarde-noite poderia ser a primeira ocasión na que ollara ao Pontevedra C.F. xogar nun campo de primeira, o problema é que á hora do partido estarei traballando, non adoita ser asi pero a fortuna non estivo do meu carón esta vez e tereime que perde-lo partido, non asi uns cantos amigos da pandilla, que viaxarán despois do xantar, non sei se nos seus vehículos particulares ou coas peñas, porque o Pontevedra C.F. como tantas veces que xoga no territorio galego ou en provincias limítrofes non estará so, agardase a viaxe e a presenza de centos de siareiros granates que estarán ali para empurrar ao noso equipo cara a victoria e ao liderato do grupo, berrarán polos nosos xogadores e polos que non poderemos estar ali hoxe.
Que teñamos sorte, a por eles !!!
chúzame -
Deportes 11 Xan 2008 12:05 am
Javi “rifle” Rodriguez….benvido á túa casa de novo !!
Onte pola tarde levei unha grande, moi grande sorpresa, un dos artífices do último ascenso granate volta á súa casa, despois desta funesta tempada na que estivo sentado na "banqueta" e practicamente non xogou minutos, o dianteiro catalán Javi Rodriguez, coñecido entre os siareiros granates polo alcume do "rifle", volta á súa casa, ao sitio onde máis o quixeron e onde de verdade se divertiu xogando ao fútbol. No dia de onte o Pontevedra C.F. e mailo xogador chegaban a un acordo contractual polo que éste último pertencerá ao cadro granate o que resta desta tempada e a seguinte, cando escribo estas liñas na web oficial do Pontevedra C.F. xa publicaran unha breve nota, pero a última hora do dia, entereime antes por suposto pola radio local e tamén polo sempre moi ben informado foro non oficial www.pontevedracf.net , onde sempre están ao tanto dos temas de fichaxes e demais. Agardo con impaciencia como moitos dos siareiros granates a presentación do "rifle" coa camisola granate, polo visto será hoxe venres dia 11 ao redor das 13:00 horas nas dependencias administrativas do clube, na rúa Benito Corbal, sen dúbida unha foto moi agardada por moitos de nós, o "Rifle" manifestou que no caso de non xogar no Racing de Ferrol o seu principal obxectivo era o Pontevedra C.F. do que tiña moi boas lembranzas e que coa súa volta tentaria facer todo o posible para acada-lo arelado ascenso que o plantel e os aficionados granates merecemos, lémbrome dos seus goles como se fora hoxe, nunca vin un dianteiro coñecerse tan ben o terreo de xogo de Pasarón, era como unha bala correndo cara a porteria, os seus goles sempre foron celebrados con xúbilo por todo o estadio, pero sobre todo por nós, a bancada de NORTE, verdadeiramente Javi Rodriguez era o noso ídolo, nunca poderei esquece-lo dia do ascenso, foi inesquecible.
Benvigut a la nostra ciutat "Rifle" !!! agardo verte o vindeiro domingo de novo vestido de granate, lévanos a segunda !!.
chúzame -
Deportes 27 Dec 2007 08:00 am
Hai doce anos, cando inda non tiñamos selección de fútbol…
Neste terceiro partido da nosa selección de fútbol, quixera compartir con todos vós unha carta que lle mandei alá polo ano 1995 ao xornal "A nosa terra" e que foi publicada no verán dese mesmo ano, nesa carta o que vos escribe reclamaba a título persoal a creación dunha selección galega de fútbol, aqueles tamén eran os comezos do movimento social a prol deste obxectivo, e o colectivo "Siareiros Galegos" encetaba o camiño para acadar o que hoxe xa é unha realidade, a Selección Galega de fútbol.
______________________________________________________________________________
Selección Galega;
O fútbol é hoxe un elemento central da vida na nosa sociedade, un fenómeno social de masas que tamén ten a súa importante repercusión no noso País.
Na actualidade Galiza atópase representada por tres grandes clubes que militan na primeira división do fútbol español, e que levan o nome da nosa terra por tódolos recunchos da xeografia do Estado. Ben é sabido por todos que está de actualidade a reivindicación por parte das nacións de Catalunya e Euskadi das súas respeitivas seleccións nacionais de fútbol, ás cales sen dúbida deberíase sumar a selección galega, dando por suposto o seu caracter de nación, inda que non recoñecida, asi ben, debemos facer primeiro unha cura de humildade.
Catalunya e Euskadi teñen na actualidade equipas fortes, capaces de afrontaren calqueira partido e de formaren unha selección nacional competitiva. Teñen dúas equipas na máxima categoria do fútbol español, (nós temos tres), pero tamén teñen un par de cousas que nos diferencian de nós, unha é a súa defensa a ultranza (máis evidente no caso basco) dos xogadores nados no seu País, o Athletic é digno de admiración pola miña parte ao manter xa dende moitos anos a súa tradición de non ter nas súas ringleiras xogadores de fóra de Euskal Herria, e o Fútbol Club Barcelona ten pola súa banda unha chea de xogadores cataláns, o que evidéncia unha vez máis as diferencias coas nosas equipas, que cada ano que pasa son menos galegas. Outra cousa, e que a algúns lles parecerá unha nimiedade é o tema do brazalete de capitán, no cal levan con gran orgullo a súa bandeira nacional, namentres que nas as nosas equipas levan brazaletes dispares e que nada teñen que ver coas cores da nosa benquerida bandeira azul e branca, no caso da S.D. Compostela un brazalete de cor verde, que xa me dirá o señor Caneda que significa. O Celta de Vigo e mailo Deportivo da Coruña evidencian na actualidade, o caso máis relevante da nula defensa do fútbol galego, xa que por exemplo no caso do "celtiña", tiveron no seu tempo xogadores galegos como Vicente ou Michel Salgado, dos cales se desfixeron rapidamente, o caso do "Depor" ten se cadra un pouco menos de gravidade, xa que conta nas súas ringleiras con Fran, o mellor xogador galego que temos na actualidade, e o que cicais seria o capitán dunha hipotética Selección Galega, ademais tamén teñen outros xogadores galegos na canteira como Deus, David ou Viqueira. O Compostela é a equipa que leva tódalas miñas loubanzas no tocante á defensa do noso fútbol, xa que teñen bastantes xogadores galegos no seu plantel, destacando a figura de Nacho, un bo xogador e unha persoa que defende abertamente o noso fútbol.
A mágoa é que non se estexa a defende-lo noso fútbol como se deberia facer, onde foron aqueles tempos nos que nos derbies galegos, as dúas equipas saian ao campo portando a bandeira galega, como mostra da nosa unidade, deixémonos de lerias e xuntémonos todos e todas nun esforzo común a prol de acadar un mellor futuro para o fútbol galego. Ben sabido é que os siareiros destas equipas xuntáronse có fin de conquerir unha selección nacional galega e traballan xuntos para iso, que aprendan tamén os clubes deles e aparquen eses conflictos inútiles que no levan a ningures, pois xuntándonos todos nun mesmo esforzo conqueriremos o mellor para o noso fútbol e para o noso País, Galiza.
chúzame -
Deportes 04 Dec 2007 09:02 am
O circuito galego de velocidade.
Non sei se lembraredes que moitos galegos e galegas levamos anos xa coa teima de conquerir un circuito galego de velocidade para a nosa terra, moitos de nós ao berro de "Circuito galego xa" levamos tempo e tempo solicitando dos nosos políticos e governantes que Galiza teña o que lle corresponde, e non digo por dereito, que non estou a falar da débeda histórica, senón por afección, porque en todo a zona noroeste do Estado español non hai ninguén con máis afección aos rallies e ao mundo do motor que os galegos. Se mal non me lembro, algún partido político que concorre ás eleccións á Xunta de Galiza chegou a levar no seu programa a creación dun circuito de velocidade, non estou seguro de quén, asi que non darei nomes, pero comezouse a falar do tema hai máis de dez anos, cando saiu á luz a plataforma "Circuito galego xa", que engloba a escuderias e afeccionados galegos que teñen este mesmo obxectivo. Digo isto porque hai dias que saiu unha nova na Voz de Galicia na que os socialistas galegos acusaban ao señor Louzán, actual presidente da Deputación de Pontevedra, -o mesmo que dixo que eles eran os que de verdade governaban Pontevedra (sic)- de empregar o tema do circuito de velocidade coma ariete contra o governo da Xunta, porque polo visto agora tamén os do Partido
Popular están coa teima de face-lo circuito, algo polo que nunca mostraron demasiado interese, neste troco de parecer supoño que algo terá que ver a proximidade das eleccións. Persoalmente penso que un circuito custaria moitos millóns, iso é certo, pero tamén daria un servizo a esa mocidade que quere correr cós coches, (ollo, non digo que os accidentes vaian a rematar) poderíase facer coma nos circuitos alemáns, aluga-la pista e botar unhas carreiras con seguridade, tamén ia valer para que a Citroën probara os seus vehículos, para face-los campionatos de marcas e moitas competicións máis que xerarian importantes ingresos e taparian ese oco que agora mesmo temos, moita afección, moita canteira de pilotos pero ningún sitio onde poder darlle saída a todo isto.
Agardo que os nosos políticos, que de cando en vez se poñen dacordo para algunha cousa, traballen xuntos para acadar ese obxectivo, polo visto xa falan dunha posible ubicación en terreos de Mondariz ou Pazos de Borbén para o 2008, veremos que acontece.
chúzame -
Deportes 22 Nov 2007 09:00 pm
WWW.NECESITAMOSUNMILLON.COM
O outro dia falando dos tan traidos e levados videos no youtube, de carreiras ilegais e todo tipo de gravacións de "pijadas" cós coches, chegamos ao tema dos rallies, un compañeiro do choio comentoume entón do proxecto dun piloto galego de rallies moi coñecido chamado Luis Vilariño, pois ben, o piloto lucense quere da-lo salto ás competicións internacionais e baixo o lema de "necesitamos un millón", él e mailo seu equipo pretenden acada-la financiación precisa para chegar a alcanzar ese obxectivo, o tema consiste en que calqueira afeccionado pode facerse patrocinador e axudar a sufraga-los gastos que conleva competir a ese nivel pola módica cantidade de 10 euros, desta maneira, visitando a súa web www.necesitamosunmillon.com podemos botarlle unha man para facer realidade o seu soño, axudarlle a preparar un Fiat grande punto S2000 e se-lo primeiro piloto galego que compita no Internacontinental Rally Challenge, que conta con probas en Europa, África e Asia e para os non entendidos, ven sendo a antesala do que todos coñecemos como W.R.C. , onde competian Carlos Sainz e o galego Luis Moya.
Ogallá teñan sorte, a idea ben meréceo.
chúzame -






