Cargando...

Category ArchiveDeportes



Deportes 22 nov 2007 09:00 pm

WWW.NECESITAMOSUNMILLON.COM

O outro dia falando dos tan traidos e levados videos no youtube, de carreiras ilegais e todo tipo de gravacións de "pijadas" cós coches, chegamos ao tema dos rallies, un compañeiro do choio comentoume entón do proxecto dun piloto galego de rallies moi coñecido chamado Luis Vilariño, pois ben, o piloto lucense quere da-lo salto ás competicións internacionais e baixo o lema de "necesitamos un millón", él e mailo seu equipo pretenden acada-la financiación precisa para chegar a alcanzar ese obxectivo, o tema consiste en que calqueira afeccionado pode facerse patrocinador e axudar a sufraga-los gastos que conleva competir a ese nivel pola módica cantidade de 10 euros, desta maneira, visitando a súa web www.necesitamosunmillon.com podemos botarlle unha man para facer realidade o seu soño, axudarlle a preparar un Fiat grande punto S2000 e se-lo primeiro piloto galego que compita no Internacontinental Rally Challenge, que conta con probas en Europa, África e Asia e para os non entendidos, ven sendo a antesala do que todos coñecemos como W.R.C. , onde competian Carlos Sainz e o galego Luis Moya.

Ogallá teñan sorte, a idea ben meréceo.

Chuzame! chúzame -

Deportes 14 nov 2007 01:00 pm

Esta noite xogamos contra o Zaragoza.

Hoxe non temos excusa, haberá que apurarse un pouco ao sair do choio para coller sitio, tomar unha cervexa rápida na Pallota e coller un bocata tamén, porque sairemos a iso das dez e pico e haberá fame daquela, o dito, haberá que darse presa porque de seguro que seremos moitos os que acudiremos á chamada do equipo e o Municipal de Pasarón acollerá unha boa entrada, todos queremos ver aos granates enfrontándose a un equipo da L.F.P, un equipo da mellor liga do mundo, tamén e porque non, teremos algo de curiosidade por ver aos Ayala, Aimar ou Milito, algo que non estamos acostumados a ver dende hai moitos anos polo barrio do Burgo. Está claro que a Copa de "El Rey" non é a nosa guerra, o obxectivo básico e principal que temos é o ascenso, e nesa batalla é onde temos que poñer todo o noso empeño, pero tampouco estaria de máis pasa-la eliminatoria, ou alomenos gañarlle na casa a un primeira, por soñar que non quede.

Sorte granates !!

Chuzame! chúzame -

Deportes 09 nov 2007 01:00 pm

“Carreira de campións”, a historia do ciclismo galego dase cita en Pontevedra.

Os afeccionados ao ciclismo non tedes/temos excusa, o dia 10 de Novembro vaise celebrar na nosa cidade a chamada "Carreira de campións", e segundo puiden ler no cartaz, a historia do ciclismo galego vaise dar cita en Pontevedra, se fago un exercicio de memoria venme á mente Álvaro Pino, Suso Blanco Villar ou Horacio Barros. Coma ven sendo habitual, os encargados de prepara-lo evento son a xente do G.D. Supermercados Froiz có seu manager Evaristo Portela á fronte, -que por certo, inda non activaron a súa web-, no ciclismo galego, a xente do Froiz son claramente un referente polo seu apoio ao ciclismo afeccionado dende hai moitos anos. A saída terá lugar dende a céntrica Praza da Peregrina, ás 16:00 horas haberá unha marcha popular e de seguido, ás 16:30 horas a carreiras das "vellas glorias", segundo teño entendido, despois da proba haberá unha cea conmemorativa.

Eu coma afeccionado ao ciclismo, inda que non exactamente desta modalidade, son máis de tirar para ao monte, -coma as cabras- andarei por alí para botar un ollo, que seguro que a climatoloxia acompañará

Chuzame! chúzame -

Deportes 08 nov 2007 04:26 pm

O Pontevedra - Zaragoza será retransmitido pola T.V.G. en directo.

Acabo de escoitalo na sección de deportes do telexornal da galega, o partido a desputar o vindeiro xoves dia 14 de Novembro ás 20:30 horas no Estadio Municipal de Pasarón (Pontevedra), contará coas cámaras  en directo da televisión autonómica galega, despois dun acordo ao que chegaron con ámbolos clubes, o partido que será arbitrado polo colexiado Turienzo Álvarez e que corresponde aos dezaseisavos de final da Copa de "El rey", poderá ser seguido por tódolos afeccionados galegos, tanto no partido de ida coma no de volta. Por fin a televisión galega lémbrase do Pontevedra C.F. para retransmitir un partido, este ano non estamos finos, pero nas pasadas tempadas houbo verdadeiros partidazos en Pasarón que ben poideron ser retransmitidos, señores da T.V.G., en Galiza non todo é Celta de Vigo ou Deportivo da Coruña, sei que na grella televisiva non hai sitio para todos, pero non me negarán que un Pontevedra C.F. vs Rayo Vallecano non é un partido para retransmitir, de tódalas maneiras, grazas por lembrarse de nós, sobre todo para o partido de volta en Zaragoza, ao cal non poderei asistir.

Chuzame! chúzame -

Deportes 07 nov 2007 11:41 am

Galiza - Camerún, este nadal fútbol internacional en Balaidos.

Veño de informarme por Vieiros, que o rival da Selección Galega para este nadal será Camerún, as negociacións para pecha-lo rival están xa rematadas, unha nova sen dúbida sorprendente, xa que o equipo de Camerún é posiblemente senón o mellor, un dos mellores de todo o continente africano, foi gañador da Copa de África en catro ocasións o que lles levou a recibir o alcume de os "leóns indomables", así que E´too xogará en terras galegas coa súa selección este nadal. O partido terá lugar no estadio de Balaidos de Vigo, o dia 27 de Decembro, será unha festa do fútbol galego como xa foi nos pasados dous partidos aos que eu puiden ir. Na miña opinión o rival elexido (case probablemente) no nestá mal, pero a min gustaríame mellor xogar contra Escocia ou Irlanda, máis que nada polo simbolismo, ou senón medirnos contra  Catalunya ou Euskadi, de tódalas maneiras con éstes dous últimos estariamos en inferioridade de calidade claramente, as dúas son unhas potencias futbolísticas impresionantes, tamén porque coidan e miman a canteira, non como fan os clubes galegos, maiormente o Deportivo da Coruña e mailo Celta de Vigo, o Pontevedra C.F. tampouco se destacou moito por darlle oportunidades aos canteiráns, pero dun tempo para aqui, con Fran Rico, Óscar Guimeráns, Sergio Castaño e algún máis a cousa mudou algo.

Por outra banda, vaise tamén a presenta-la selección galega feminina de fútbol, que xogará no mesmo dia el lugar que a masculina contra Catalunya, os horarios todavia están por confirmar, posto que ámbolos dous partidos serán retransmitidos pola T.V.G.

Chuzame! chúzame -

Deportes 30 out 2007 04:45 pm

Alberto Fernández, do Super-Froiz ao Karpin-Galicia.

O ex-corredor do equipo ciclista pontevedrés do Supermercados Froiz, Alberto Fernández Sainz, é dende hoxe a nova fichaxe do Karpin-Galicia, o corredor cántabro de 26 anos se atopaba ate o de agora ás ordes de Evaristo Portela no equipo "alimenticio", foi o vencedor absoluto da Bira 2007 (Volta a Bizkaia), unha das probas máis prestixiosas do calendario ciclista español e da que xa informamos nestas páxinas o pasado verán, pasa asi a reforzar ao equipo profesional galego que tan destacado papel fixo na "Vuelta ciclista a España", dende a redacción de A ponte vella desexámoslle ao corredor toda a sorte posible nesta nova xeira que vai comezar, e aos equipos do Super-Froiz e o Karpin-Galicia animalos a que sigan a acadar máis e máis trunfos para o deporte galego alá onde vaian.

Chuzame! chúzame -

Deportes 22 out 2007 12:01 am

Liga escocesa; Católicos Vs Protestantes.

Calqueira que me coñeza un pouco, ou ben que se pasara a botar unha ollada ao meu perfil, saberá que son un namorado de Escocia, tamén que levo unha chea de anos coa intención de visitar ese marabilloso país e que polo de agora non puiden ve-lo meu soño feito realidade, de momento conténtome con escoita-la súa música e de cando en vez coñecer algunha noticia que ven daquelas terras, como o derbie futboleiro que enfrontou este pasado sábado aos dous equipos de Glasgow, os católicos e pro-irlandeses do Celtic de Glasgow contra os protestantes e lealistas á coroa británica do Glasgow Rangers, un partido destas características sempre é de alto risco e un espectáculo dunha importancia tremenda no país, vamos, coma un Real Madrid-F.C. Barcelona en España, pois ben, o partido rematou coa victoria dos "Gers" por 3-0, o artífice da victoria foi o galego e ferrolán para máis señas Nacho Novo con dous goles, agardo poder velo pola nosa terra este nadal xogando coa Seleccion Galega, polo demais, os dous equipos van primeiros na Scottish League empatados a 22 puntos.

Go Celtic's go !!

Chuzame! chúzame -

Deportes 21 out 2007 09:00 am

Hoy se juegan el mundial de Fórmula 1.

La última carrera del mundial, es el todo o nada, no es que sea un fanático de la Fórmula 1, pero ya la miraba en Telecinco cuando la pasaban en diferido hace un montón de años, de aquella no tenia la transcendencia mediática que tiene ahora, las carreras no se retransmitian en horario "prime time", sino que nos teniamos que levantar a eso de las dos o tres de la mañana de un sábado, -más bién me levantaba mi hermano, que para eso era el que más ganas tenia- para ver la carrera, con un sueño de la leche, estaba Ferrari, estaba McLaren y también Renault, pero no habia un Fernando Alonso que arrastrara a miles y miles de aficionados, ni televisiones en España dispuestas a pagar un dineral por hacerse con los derechos de la emisión en directo de  este deporte, en aquellos tiempos daba la impresión de que éramos unos "bichos raros", porque apenas si se seguia este deporte en España, ahora con un piloto español, patrocinadores españoles y canales de televisión identificados con un determinado deporte,  hasta el mismísimo Antonio Lobato es una superestrella.

Por cierto, este montaje fotográfico circula por la red desde hace un par de semanas.

Chuzame! chúzame -

Deportes 19 out 2007 10:30 am

Pontevedra C.F. vs Real Zaragoza S.A.D.

No dia de onte celebrouse o sorteo dos dezaseisavos de final da copa do Rei, o acto tivo lugar na sede da Real Federación Española de Fútbol e non se pode dicir que o Pontevedra C.F. saira satisfeito, entre os posibles candidatos a enfrontarse cós granates estaban o Real Madrid, F.C. Barcelona, Valencia ou Sevilla, pero unha vez máis a sorte non foi  a aliada dos pontevedreses e no sorteo tocounos de rival o Real Zaragoza S.A.D. , non se pode dicir que non sexa un rival atractivo, un equipo de primeira división, có renome dos maños e ademais envolto en competicións europeas sempre é un alicerce para acudir en masa ao vello Pasarón, pero entre a afección granate non sentou moi ben que digamos, todos agardábamos o "gordo" e éstos foron a parar a outras latitudes, de tódalas maneiras a Copa do Rei non é a nosa guerra, o noso é a liga e mailo ascenso, na copa do Rei faremos o que poidamos e, quén sabe, cecais poidamos pasa-la eliminatoria, ogallá teñamos sorte.

O partido terá lugar o vindeiro dia 14 de Novembro ás 20:30 horas no estadio de Pasarón, máis información en www.pontevedracf.com

Chuzame! chúzame -

Deportes 10 out 2007 01:00 pm

Esta noite, o Pontevedra C.F. xógase o tipo.

----

PONTEVEDRA CF - PUERTOLLANO

Data: Mércores 10 de Outubro, 21.00 horas 
Estadio Municipal de Pasarón

Esta noite os granates teñen un importantísimo partido contra o Puertollano, de pasa-la eliminatoria xogaremos contra un equipo envolto en competicións europeas, un Real Madrid, F.C. Barcelona, Valencia, Sevilla, Zaragoza.. en fin, que poderia ser unha ocasión magnífica para ver a un dos grandes do fútbol español moitos anos despois do mítico "Hai que roelo", agardamola vosa presenza esta noite e o voso alento dende a bancada, temos que gaña-lo partido, eu como afeccionado granate alí estarei.

Chuzame! chúzame -

Deportes 25 set 2007 08:00 pm

Magnífico papel do Karpin-Galicia na “Vuelta ciclista a España 07″

Hai uns dias que rematou en Madrid "La vuelta ciclista a España", e o deporte galego ten que estar de noraboa, o equipo profesional galego de ciclismo, o Karpin-Galicia rematou en séptimo lugar por equipos e o corredor Ezequiel Mosquera quinto na xeral individual, tendo en conta que de Vigo partiron nin máis nin menos que 21 equipos, dos máis punteiros do panorama, de que esta era a primeira participación nesta grande cita por etapas e de que o cadro ciclista galego ten unha andaina relativamente curta polo de agora, no podemos máis que estar orgullosos do papel feito polos corredores e o equipo técnico, que mantiveron a nosa atención ao longo de varias semanas e que levaron o nome de Galicia e do noso deporte por todo o Estado. Os meus parabéns a todo o cadro técnico, especialmente Álvaro Pino, ao que tiven a honra de coñecer, e a tódolos corredores do Karpin-Galicia, a seguir asi por moito tempo.

Chuzame! chúzame -

Deportes 22 set 2007 03:01 pm

VII Subida á Escusa (Poio), xa quentamos motores !!

Pois nada, xa está aqui un ano máis unha das probas automobilísticas que máis xente congrega nos arredores da nosa cidade, remata o verán e despois de desfrutar coa subida ao Campiño agora toca a proba no veciño concello de Poio, supoño que as verificacións serán coma o ano pasado na explanada da Seca, e a proba o domingo pola mañá ben cedo. Eu para non variar, madrugarei e irei cun par de colegas ben cedo a mira-las máquinas e a ver que tal se lles da este ano aos M3 portugueses (que sempre son un espectáculo), aos Mitsubishi Evo e ás barquetas.

Cheiro a goma queimada, a queroseno, gasolina, e os berros dos afeccionados enfervorizados ao redor, isto non é a Formula 1, isto son os rallies, o deporte nacional galego.

Chuzame! chúzame -

« Previous PageNext Page »