Cargando...

Category ArchiveFotografía



Fotografía &Internet 22 xan 2009 03:00 pm

Inclúen unha das miñas fotos nunha web-guia de Dublin

Hai xa varias semanas que recibín un correo flick-r moi especial, tratábase de Emma J. Williams, a Managing Editor das Schmap Guides, que ven sendo unha web con guias e cartografia para G.P.S. sobre capitais do mundo enteiro, ben, pois como dicia, o outro dia remitiume un correo có obxecto de incluir na súa web, unha das fotos que saquei o pasado verán nas miñas vacacións na capital de Irlanda, despois de recuperarme da impresión inicial ¡¡vaites!! ¿solicitan unha foto miña para incluila nunha guia turística? contesteille a Emma no meu inglés de andar por casa, pero que en Dublin axudoume moito para pedir pintas nas tabernas e tiquets nos museos.

Facede click no mapa para olla-la captura da web a maior tamaño.

A foto en cuestión é a que podedes ollar aquí na miña galeria de Flick-r, supoño que seria elexida pola textura das súas cores, polo simboloxismo do lugar ou polo modelo paisano que posa todo orgulloso có mapa de Dublin na man, máis que nada para non perderse na zona do Temple Bar, que ven sendo o casco vello da capital de Irlanda. Pois nada, queria compartir con todos vós este intre de ledicia e regocixo persoal, menudo agasallo para comeza-lo ano o desta guia, por certo, a foto foi sacada pola miña muller, asi que pensándoo ben, ela é a verdadeira artífice desta (coido que) fermosa foto.

Thank's Emma, best regards from Pontevedra in Galicia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fotografía &Pontevedra 15 xull 2008 10:00 am

O concesionario na rúa (foto denuncia)

A fotografia que tedes abaixo corresponde á estrada PO-308, a que une Pontevedra con Sanxenxo á altura da urbanización do Pazo de Ferreirós (Poio). A foto foi sacada dende o interior do meu turismo, cando me dispuña a incorporarme á mencionada estrada en dirección Sanxenxo dende a Travesía de Viñas. Como ben podedes apreciar, a visibilidade é totalmente nula, e non se poden olla-los coches que veñen pola estrada, o que si temos en primeiro plano, son varios dos turismos que o concesionario de compra-venda Mara-Poio ten alí estacionados ao longo de todo o dia, nesta imaxe tedes dous, pero en ámbalas dúas beiras da estrada ten multitude deles. Con este artigo non quero entrar a valorar se este concesionario debería ou non vende-los seus coches na rúa, pero o que si solicitaria é que por favor, nese punto da estrada non estacionen eses vehículos -que precisamente tampouco son pequenos- posto que aparcados desta maneira, a probabilidade de que haxa un accidente de tráfico nese lugar é moi alta.

Polo tanto dende aqui, solicito do Concello de Poio unha solución a este problema canto antes, eses vehículos estacionados ahí convírtense nun perigo tanto para os automovilistas como para os peóns, ademais, descoñezo se existe unha ordenanza no Concello de Poio no tocante á venda de vehículos na rúa, pero de non ser así deberian ter unha, a rúa é de todos e non so duns poucos, neste caso, dun empresario local que ten un mínimo de sete ou oito vehículos aparcados diariamente na rúa, algúns como podedes ollar en sitios que entorpecen gravemente o normal discurrir da circulación nunha via de tráfico tan denso como é a estrada que une Pontevedra e Sanxenxo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Caixón de xastre &Fotografía 29 mai 2008 10:11 am

Unhas vacacións en Dublín I (Epílogo)

Xa estou de volta, antes de nada dicirvos, que a viaxe en avión directamente dende o aeroporto de Santiago de Compostela dura algo menos de dúas horas, polo tanto é un traxecto relativamente curto e que pasa nun abrir e pechar de ollos, do que si veño canso é de patear toda a cidade de Dublín, unha cidade cun perímetro abraiante, non pode ser menos nun sitio onde practicamente non hai edificios de máis de catro ou cinco alturas, o punto máis alto debe de se-lo Spire, un monumento no centro da cidade que ten 150 metros de altura, o segundo punto máis alto coido que será o "Gravity bar" da fábrica de Guinness.

A cidade de Baile Átha Cliath, -que é o nome que recibe Dublín en língua gaélica-, semella un museo ao aire libre, ten infinidade de cousas que ollar, polo tanto nos tres dias que estivemos alí poidemos contemplar parte delas pero non todas, posto que a excursión que tiñamos pensado facer ás aforas non puido ser por falla de tempo. O que destacaría principalmente da cidade é a amabilidade das súas xentes, en varias ocasións achegáronse canda a nós para ofrecernos a súa axuda na pescuda dalgunha rúa ou lugar que estabamos a localizar no mapa, tamén destacaria o feito de que Dublín ten que aturar un vento forte e persistente ao longo de todo o dia, algo que semella non preocupar moitos aos seus habitantes, posto que a maioria da xente ia en mangas de camisa e as mulleres mesmo en chanclas ou sandalias un sábado de madrugada, algo impensable nestas latitudes a 12 ou 13 graos e con ese vento. Dublin é unha mestura de razas e nacionalidades e iso refléxase por exemplo nos restaurantes que podemos atopar polas rúas, libaneses, nepalíes, indús, iraníes, polacos... polas rúas practicamente so atopabas xente xove, a media de idade é duns 25/30 anos e iso nótase por exemplo nos parques, na grande cantidade de xente que circula en bicicleta ou en calqueira pub, ateigado de xente calqueira dia da semana, e cando falo de calqueira dia refírome a luns e martes, e iso que eles madrugan moito, pero a súa pinta no pub falando cós amigos, ollando un partido de hurling ou as carreiras de cabalos ninguén llo pode quitar.

Polo de agora nada máis, nos vindeiros dias irei poñendo algunha foto e contándovos algo máis da miña experiencia na capital de Irlanda, pero para ir abrindo boca botádelle unha ollada á miña galeria de flick-r, xa teño colgadas algunhas fotos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fotografía &Internet 12 abr 2008 12:24 pm

Mudámonos a www.apontevella.com

Nuns cantos dias este blogue estará de mudanzas e pasaremos  a ter dominio independente grazas á inestimable axuda de Andrés Milleiro, a partires deste troco poderedes atoparnos en www.apontevella.com, nesta nova ubicación seguiremos cós mesmos contidos de sempre, un pouco de Pontevedra e outro pouco do que nos peta.

A piques estamos de face-lo primeiro ano de vida deste recuncho de Pontevedra na rede, un proxecto que naceu grazas á xente de blogaliza , unha vez máis e coma sempre, queremos agradecervo-las vosas visitas e por suposto os vosos comentarios, que nos fan mellorar dia tras dia e seguir con máis folgos se cadra.

Un saúdo e grazas por estares ahí, a Andrés Milleiro, a Goretoxo e a tódolos que nos visitades dia tras dia.

 www.apontevella.com

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Deportes &Fotografía 29 mar 2008 09:06 am

Miguel Indurain en Pontevedra

                  

El motivo de la visita fué la presentación del equipo ciclista del Super-Froiz 2008, el acto tuvo lugar en el Auditorio del Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra hace unos dias. El pentacampeón del Tour de Francia y ganador en dos ocasiones del Giro d'Italia, el navarro Miguel Indurain , visitaba nuestra ciudad para apoyar publicamente al equipo ciclista pontevedrés, como anteriormente lo habian hecho Federico Martín Bahamontes, Álvaro Pino y en esta ocasión Indurain acompañado del gallego Óscar Pereiro. Al día siguiente de la presentación del equipo ciclista, el deportista de Villaba visitó la central que el Grupo Froiz tiene en Poio (Pontevedra), donde se encuentra la sede del equipo ciclista dirigido por Evaristo Portela.

Aprovechando que este fenómeno del ciclismo visitaba nuestra ciudad, no pude dejar pasar la oportunidad de quitarme una foto con el y aunque suene al tópico de siempre, nos pareció una persona afable y cercana, siempre con una sonrisa en la boca y dispuesta a sacarse fotos con todo aquel que se lo solicitaba.

Un saludo Miguel y vuelve cuando quieras. 

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fotografía 22 mar 2008 09:39 am

50 anos da foto símbolo da emigrazón galega

A foto que aqui vos mostro foi considerada como un dos mellores documentos gráficos endexamais conseguidos, esta imaxe deu a volta ao mundo e foi proclamada por todos e todas como o símbolo da nosa emigrazón, como o símbolo dos galegos e galegas que tiveron que marchar da súa terra para busca-lo pan en calqueira recuncho do mundo.

O seu autor, Manuel Ferrol (Cabo Vilano 1923 - A Coruña 2003), fora contratado no ano 1957 pola Comisión Católica de Emigración para facer unha reportaxe sobor do embarque dos nosos emigrantes, o encargo tiña por obxectivo retrata-la derradeira viaxe do barco "Juán de Garay" que partia do peirao da Coruña. A impresionante foto que moitos de nós coñecemos titulouse "despedida de emigrantes" e converteuse case que por casualidade na foto máis fermosa e á vez desgarradora que fixo nunca un fotógrafo galego, reflexou e denunciou en toda a súa crudeza o drama da emigrazón dos nosos avós, eu mesmo coma calqueira galego ou galega tiven familiares emigrados, asi que cada vez que ollo esta foto encólleseme o corazón, esta foto no 2007 cumpriu 50 anos.

Fontes: www.elcorreogallego.eswww.manuelferrol.com

 

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fotografía 15 mar 2008 05:00 pm

O mellor amigo do home non é un xoguete

 Noa e Musa

Son un dos meus pasatempos favoritos, preferentemente a fin de semana que é cando teño máis tempo libre e podo adicarllo a elas. Estas cadelas de raza boxer son nai e filla, Musa é a nai, unha cadela tranquila e obediente como ningunha, é a de cor castaño máis escuro que podedes ver deitada na foto, a outra é Noa, todo un exemplo de animal inquedo e rebuldeiro, ás veces semella te-lo "bicho" no corpo, non acouga nin un minuto e sempre está disposta a correr detrás dun pao ou dunha pelota.

Pero os cans, eses animais que na inmensa maioria dos casos son os nosos fieis compañeiros, deberían ser sempre tratados con respecto e agarimo, por iso no podo entender á xente que os deixa abandonados en calqueira rúa, estrada o mesmo no monte, como os teño ollado nalgún dos meus paseos polos arredores de Pontevedra, nos montes da Caeira, do Castrove ou da Fracha. Un can é moi divertido de cachorro pero có tempo ha medrar e pode chegar a ser un problema nalgúns casos, senón estás seguro de darlle unha vida en condicións mellor non o teñas, o can é o mellor amigo do home, polo tanto non lle deas a vida que non quixeras para ti.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fotografía &Internet 27 feb 2008 08:00 am

Publican unha das miñas fotos nunha web sobre a bandeira galega.

Hoxe mesmo Anxo, o administrador da web www.bandeiragalega.com, avisábame nun mail que acababa de publicar unha foto miña da que falaramos hai un tempo, concretamente unha que fixen o pasado dia 25 de Xullo -dia da Pátria Galega- na casa dos meus avós maternos, na aldea de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa). A foto que tedes aquí, podédela ollar nun apartado da web chamado "Unha iniciativa pola bandeira galega", lugar reservado a publica-las fotos que lles envian de bandeiras galegas en calqueira recuncho do mundo, a miña foto en cuestión recolle a instantánea dunha bandeira galega e do trisquel calado de Castromao, unha auténtica marabilla de pedra feita a man e dunha soa peza polo meu curmán Moncho, un namorado da pedra e tamén da historia de Galiza.

Pois iso, non vaiades pensar que isto é unha sorte de "spam" e que estou a facer publicidade desa web, somentes queria mostrarvo-la miña foto publicada alí, feito éste que me fixo moita ilusión e claro está, habia que agradecerllo ao webmaster dalgunha maneira, polo tanto que mellor feito que facelo público aqui e recomendarvo-la súa páxina na que nos falan da nosa historia e das orixes das diversas bandeiras galegas.

Por certo, precisamente  hoxe é o meu cumpreanos e coido que éste é un magnífico agasallo, graciñas Anxo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fotografía 03 feb 2008 03:00 am

Igrexa de Santa Maria das Areas, unha foto para un domingo calqueira.

Santa Mará das Areas (Fisterra)

Pois si, hoxe é un domingo coma outro calqueira, e que mellor foto para un dia coma éste que a que vedes aqui. Rebuscando polo disco duro do meu ordenador apareceu esta foto, unha foto tirada na vila costeira de Fisterra hai xa uns seis ou sete anos, andabamos a miña muller (daquela moza) e máis eu de paseo pola costa da morte, unha das miñas zonas preferidas de Galiza e que sempre gosto de visitar, pois ben, coma sempre que saio a facer algunha viaxe levaba a miña cámara, como poderedes apreciar na calidade da foto daquela inda non tiña unha dixital, asi que está escaneada, desta volta levara un carrete en branco e negro pensando en sacar algunhas fotos diferentes, máis fermosas se cadra pola ausencia de cor e porque como a miña idea principal era a fotografa-la pedra, pois non precisaba delas. A foto que aqui vedes pertence á igrexa de Santa Maria das Areas, no concello coruñés de Fisterra, a igrexa é de estilo románico e data do século XII, tamén ten elementos de estilo gótico coma o fermoso cruceiro do século XV, no seu interior non debedes deixar de ve-la capela do Santo Cristo da barba dourada, de quén conta a lenda, que caeu dun barco inglés nun dia de treboada e foi recollido por un pesqueiro ferrolán, tamén se dí dela que lle medra a barba.

Eu non é que sexa moi devoto, pero sempre gostei da arquitectura medieval, ben sexan igrexas, castelos ou pontes, a igrexa está ao carón da estrada que nos leva ao faro de Fisterra, o "cabo do mundo", un lugar que non deberíades deixar de visitar.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fotografía 14 xan 2008 08:00 am

“Superkarmen”, a fotografía en estado puro.

Hai uns cantos dias, botándolle unha ollada aos blogues que teño marcados como favoritos, paseime polo de Chesús Yuste como adoito facer de cando en vez, o blogue en cuestión chámase Innisfree1916 e nel o seu autor fala sobre Irlanda, sobre os seus costumes, a súa actualidade política e tamén do seu "dia a dia", recoméndovolo visitar se vos gusta a historia da illa esmeralda, eu sempre atopo novas interesantes, ademais escoita-lo tema "mulleres de Irlanda" que soa de fondo reláxame unha barbaridade.

Ben, pois como ia dicindo, o outro dia ollando este blogue chamoume a atención unha foto, concretamente ésta, é dunha fotógrafa galega, da Coruña para máis señas e chámase Carmen Martinez Torrón, o nome do blogue xa non o teño moi claro, dubido se chamalo "superkarmen" ou "aprovecha cada momento", pero o que si teño claro é que xa está entre os meus favoritos, o que vos escribe como fotógrafo non vale un peso, pero de cando en vez gústalle facer algunha foto que outra, levo xa varios dias navegando polo seu blogue e verdadeiramente ten fotos abraiantes, principalmente de Galiza, pero polo que puiden apreciar tamén viaxa moito, hai algunhas fotos de Brasil que son moi chulas. Se teño que elexir unha foto, quédome coa que tedes enriba deste texto, eu son un namorado dos cantís e dos faros, teño visitado moitos pola nosa costa e tamén tirado algunha que outra foto, pero nunca tan fermosa coma a que vedes aqui, ademais esta imaxe do Cabo Ortegal lémbrame a portada dun fantástico disco titulado "Santa compaña", dun grupo de rock galego que supoño que moitos de vós coñeceredes.

Desfrutade das fotos en http://superkarmen.blogspot.com/

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google