Category ArchiveInternet
Internet 05 Nov 2008 08:30 am
¿Novo radar nas estradas? [foto]
Un visitante deste blogue enviume estas dúas fotos hai cousa duns dias, semella tratarse dun novo radar, ou máis ben dunha nova forma de ubicar os rádares nas estradas e autoestradas, polo de agora e despois de pescudar en varios foros non puiden constata-la súa existencia, pero de ser certo, supoño que en breve entrarán en funcionamento, porque en temas de recadación á D.X.T. non hai quén lles gañe, e o incremento das multas por exceso de velocidade neste último ano é unha boa mostra delo, outra cousa é que, por exemplo, como saiu publicado en diversos xornais, somentes reinvistan na nosa coumunidade unha mínima parte do que ingresan por estes medios.
Polo de agora aqui tede-las fotos que están circulando por internet, pode ser un mail-broma deses ou pode que non, se ate o de agora procurábamos fixarnos nas caixas brancas ao carón do asfalto, agora con esta nova inventiva a cousa semella un pouco máis dificil, polo tanto e como dicia aquela canción..
¡¡ Precaución amigo conductor !!!
chúzame -
Internet 08 Set 2008 08:30 am
O casal de Ferreirós, nace o primeiro blogue de Poio
Ou alomenos o primeiro que coñezo e que se actualiza con relativa frecuencia, souben da súa existenza hai cousa dun par de semanas, cando empregou (previa petición) unha das miñas fotos para ilustrar un artigo no que, coma fixera eu no seu dia, denunciou a presenza de vehículos dun concesionario de Poio estacionados en plena estrada PO-308, diante precisamente do Casal de Ferreirós e provocando molestias aos veciños, aos cales impiden a normal visibilidade nese entronque.

Polo que puiden ollar na súa páxina de presentación, O ferreiro, que así é como se chama o blogueiro de Poio, comezou este proxecto có fin de dar a coñece-los problemas do lugar onde reside, a populosa urbanización do Pazo de Ferreirós, un lugar emblemático no desenrolo urbanístico da vila de Poio, pois foi construida hai catro anos convertíndose na primeira obra de envergadura que se realizou nese pequeno concello, o cal comezaba daquela o seu despegue urbanístico e agardemos que tamén económico e social. O Casal de Ferreirós por senón o coñecedes é oficiña de turismo de Poio á par que sala de exposicións e de conferencias ubicada á entrada da urbanización, un edificio moi fermoso (podédelo ollar na cabeceira da web municipal) que foi magnificamente reconstruido hai anos e que vos recomendo visitar cando poidades.
Pois nada, dende A ponte vella non me queda outra que parabenizar esta iniciativa por parte de O casal de Ferreirós e darlle-la benvida ao blogomillo pontevedrés, agardo que teña sorte e sexa punto de debate da actualidade de Poio, que polo de agora semella inda estar espertando nisto da internet.
chúzame -
Internet & Pontevedra 02 Xull 2008 09:00 am
Naceu www.pontevedracultura.org
Pode que xa coñezades esta web que foi presentada hai un par de semanas na nosa cidade, concretamente nun acto na Casa das campás, no casco vello pontevedrés, pero por se acaso non sabedes nada do tema achégovos esta nova. Trátase dunha web ou portal cultural con unha chea de información de actividades de todo tipo a desenvolver na nosa cidade, navegando un pouco por ela estes dias puiden atopar información de concertos, de teatro, ou de cinema, a súa navegación é bastante sinxela e tedes cumprida información con datas e horarios de moitas das actividades que se han desenrolar en Pontevedra de aqui en diante, para a xente que coma min, non podemos botarlle unha ollada ao xornal tódolos dias é unha axuda imprescindible contar cunha web destas características, asi que xa sabedes, poñédea nos vosos favoritos e estaredes ao tanto de todo o que se move na nosa cidade, sobre todo este verán que ven cheo de concertos e actividades varias para non parar en todo o dia.

A súa url é www.pontevedracultura.org, e por certo, non vaiades pensar que teño algo que ver con eles, nin moito menos, o meu é altruismo puro e duro, somentes quixen compartir con vós esta información que coido é sobradamente importante para calqueira veciño da nosa cidade con "inquedanzas" culturais.
chúzame -
Internet 12 Xun 2008 01:00 pm
Xuntanza de blogueiros pontevedreses
Pois nada, redundando unha vez máis no tema, e por se alguén inda non está ao tanto, o vindeiro venres dia 13, e a iso das 20:00 horas -supoño que un servidor chegará un chisco máis tarde- na cafetería Hippo da nosa querida Pontevedra, terá lugar o que uns deron por chamar a 1ª Xuntanza Planeta Pontevedra e outros demos por chamarlle a II beers&blogs Pontevedra, ao final tanto ten un nome coma o outro, pero eu case que me quedo có segundo, por aquilo de tomarlle unhas cervexas e algunha tapiña se cadra falando dos nosos blogues ou de calqueira cousa que nos pete, como rajar dos políticos locais, falar da folga do transporte ou da 65 horas semanais, xa veremos que acontece.
O dito, mañá dia 13 de Xuño do 2008 ás 20:00 horas, o blogomillo/blogosfera pontevedresa está chamada a está xuntanza na cafeteria Hippo para coñecernos e falar de cote, no meu caso será a primeira xuntanza blogueira á que vou asistir, asi que algo cortado estarei, pero non hai problema posto que xa teño un par de puntais de colegas, Andrés Milleiro e Manuls, dous "granates" coma min e residentes en Pontevedra que tamén asistirán a tan "magno" evento.
chúzame -
Galiza & Internet 16 Mai 2008 10:03 pm
Blogues pola língua
Dende o dia de onte A ponte vella está adherida a Blogues pola língua, unha iniciativa do blogomillo (a blogosfera galega) en defensa do galego e que tenta ser unha rede de acción conxunta que de forma cívica conciencie a tódolos galegos e galegas que defende-lo noso idioma é defende-la nosa cultura, o noso patrimonio de hoxe e de sempre, o cal non estamos dispostos a que desapareza no futuro. Polo tanto neste 17 de Maio, o dia das nosas letras, sumareime a esta iniciativa conxunta promovida por blogues pola língua, un acto que consistirá en redactar unha entrada conxunta entre tódalas bitácoras adheridas e así facer un chamamento a tódolos galegos e galegas para que defendan o seu idioma e non se mostren indeferentes ante a actual situación de acoso (por parte de algúns) que vive a nosa fala.
Que non nos leven a enganos, aqui o idioma maltratado foi e segue sendo o noso e temos todo o dereito do mundo a defendelo e desfrutalo, o idioma non pode ser unha arma arroxadiza nin moito menos política, o galego é o que é, o noso idioma, o noso vínculo con esta terra, e para todos nós é unha obriga defendelo, o noso idioma é unha herdanza que recibemos e non podemos malvendela, temos que respectala, mellorala e por suposto deixala en herdanza aos nosos fillos.
Na túa man está defende-lo galego.
chúzame -
Internet 05 Mai 2008 10:00 am
Recibemo-lo premio “Brillante Weblog 2008″
Que mellor intre para recibir un premio que cando estamos a piques de cumprir un ano de vida, semella incríbel pero é certo, este pequeno recuncho que lle dimos por chamar A ponte vella ten xa unha boa panda de parroquianos, e entre eles un que estivo disposto a alegrarnos o maldito luns cun premio tan prestixioso como o Brillante Weblog 2008 que por suposto recibemos de bo agrado.
A persoa da que vos estou a falar non é outra que Paulo e o seu blogue An Fianna, un lugar adicado ás culturas galega, castrexa e celta por extensión, un obrigado lugar de parada e fonda para todos aqueles, que coma min, están interesados pola nosa cultura de raigame nun amor que traspasa o terrenal e achégase case ao espiritual, un magnífico lugar para beber un grolo da mellor música folc galega ou bretona, para desfrutar coas historias sobre Irlanda ou coñecer datos e curiosidades de viaxes ben documentadas con magníficas fotografias.
Sabedor que receber este premio implica unha serie de compromisos, entre os cales están os de nomear a outros sete blogues que ao teu modo de ver destacan polos seus contidos ou deseño, -ademais de avisarlles que reciberon o premio, mostralo no meu blogue e facer unha ligazón ao seu blogue agradecéndolle o mesmo- aqui van os meus:
-
Andrés Milleiro blog, que podo dicir deste home, gran informático e mellor amigo, sen a súa inestimable axuda e mailos seus consellos non estaria aqui hoxendia, máis que nada porque foi el quén me convenceu de meterme nestas historias, hai pouco que comezou con outro blogue, éste en galego.
-
Beber para olvidar Un dos primeiros blogues de Pontevedra que coñecín e polos que me paso case a cotío para informarme da actualidade da miña cidade, sempre ao dia coa mellor información local e na xornada dominical con fantástica música na que moitas veces coincidimos.
-
Vides Novas Un modesto blogue para unha grande persoa, moitos de vós non o coñeceredes, pero Mundo, o seu autor, é un traballador incansable a prol da nosa música tradicional, director da Agrupación Folclórica Vides Novas de Poio, sempre está disposto a botarlle unha man á mocidade da parroquia e ése é un dos principais motivos polos que fixo o seu blogue, un dia destes falareivos máis polo miúdo del.
-
Blog de César Abal inda que estexamos nas antípodas nos nosos prantexamentos políticos, gústanme as reflexións que sobre a política local fai César dende o seu espazo na rede, sempre crítico có governo actual (cando hai motivos claro) axúdame a ollar ás veces a outra cara das noticias, e estaredes conmigo que a disparidade de opinións é precisa.
-
Radio Macuto outro dos blogues máis antigos que visito da nosa cidade, Luis ven sendo un emigrante retornado á Pontevedra, no seu blogue fálanos de calqueira cousa, comezando pola actualidade local e rematando por consellos de farmacia, todo ten cabida nese recuncho da rede.
-
Innisfree1916 o blogue de Chesús Yuste, un lugar que toca a miña fibra sensible dende hai xa uns cantos meses, Irlanda en estado puro, historias, actualidade, música e fotografía, unha fantástica páxina para visitar e desfrutar da marabillosa illa esmeralda dende a visión persoal deste aragonés de pro.
-
O Traveseiro como ben define o seu autor, unha visión atravesada do reporte rei, un lugar que como bo afeccionado ao fútbol non podo deixar de visitar, unha visión persoal do balompé e de todo o que lle rodea.
Pois isto é todo, noraboa aos agraciados e a seguir traballando duro como ate o dia de hoxe, a seguir facéndonos desfrutar cós vosos relatos, coas vosas historias e coas vosas fotografias, porque se para algo serve o feito de ter un espazo coma éste é para compartir experiencias e inquedanzas cós demais, para compartir ledicias e tamén porqué non penas, porque compartindo facémonos un pouco máis ricos cada dia que pasa.
chúzame -
Internet 21 Abr 2008 12:30 pm
Estamos facendo obras…

Con motivo do traslado de dominio atopámonos facendo algunhas modificacións e agora mesmo cousas como os comentarios nos diversos post ou a redirección da url están a dar problemas, desculpade as molestias ocasionadas, coidamos que será cousa dunhas horas.
actualmente www.breo.blogaliza.org
en breve www.apontevella.com
chúzame -
Internet 17 Abr 2008 01:00 pm
e falando de blogues gastronómicos…

Hai tempo que visito un par de blogues gastronómicos que penso poden pertencer a dous bloggers da nosa cidade ou dos arredores, concretamente son de pinchos e another cow in the corn, e polo que puiden ollar dame a impresión de que deben ser parella. O que levo visitando máis tempo, -pero no que non adoito participar pola miña limitada cultura culinaria- é o de Makeijan, another cow in the corn, un blogue cheo de bos consellos para papar ben e ir a tiro fixo cando saimos a cear fóra da casa, o tipo de pratos dos que fala adoitan ser algo máis elabourados que os doutro blogue do que vos falo a continuación, restauración ou cociña de "autor" que lle chamaria algún, non sei, pero somentes con ve-las fotos xa me entra fame. De pinchos en troques fala dun das artes gastronómicas máis populares e reconfortantes, o tapeo, quén de nós non terá tapeado polo casco vello de Pontevedra algunha vez, no Rianxo, no Saudade, no Maristas ou en calqueira dos múltiples locais que temos ao noso dispor, ben é certo que o de acompaña-lo viño ou cervexa cunha tapa está en desuso, agora está á orde do dia poñer somentes unhas pataquiñas ou unhas olivas, neste outro blogue é Moraiminha a que nos recomenda locais onde desfrutar dun dos mellores praceres que existen, degustar unha caña de cervexa acompañada dunha boa tapa.
Pasádevos por ámbolos dous sitios e se cadra descubriredes algún recuncho de Pontevedra ou arredores que poida que inda non coñezades.
chúzame -
Internet 14 Abr 2008 10:00 pm
Nace o proxecto Planeta Pontevedra
Planeta Pontevedra
Blogs de Pontevedra
Hoxe podemos asegurar sen medo a trabucarnos, que a blogosfera pontevedresa está máis unida que nunca, acaba de botar a andar o proxecto Planeta Pontevedra. Polo que puiden ollar nos meus primeiros paseos pola web, Planeta Pontevedra ven sendo unha especie de portal dos blogueiros pontevedreses, un punto de encontro onde nos xuntamos unha amalgama de blogues de todo tipo e condición a falar de cousas da nosa cidade e de calqueira cousa que nos apeteza tamén. Descoñecia a súa existencia até o dia de hoxe, no que via mail, Hanok púxose en contacto con este blogue de A ponte vella para incluirnos nese proxecto común do blogomillo/blogosfera pontevedresa.
Polo de agora xa somos uns cantos os blogues de Pontevedra e bisbarra, có tempo quén sabe se poderemos chegar a facer un Beer&blogs aquí en Pontevedra.
O dito, saúdos a tódolos demais blogueiros da vila do Lérez e arredores e sorte có proxecto de Planeta Pontevedra.
chúzame -
Fotografía & Internet 12 Abr 2008 12:24 pm
Mudámonos a www.apontevella.com

Nuns cantos dias este blogue estará de mudanzas e pasaremos a ter dominio independente grazas á inestimable axuda de Andrés Milleiro, a partires deste troco poderedes atoparnos en www.apontevella.com, nesta nova ubicación seguiremos cós mesmos contidos de sempre, un pouco de Pontevedra e outro pouco do que nos peta.
A piques estamos de face-lo primeiro ano de vida deste recuncho de Pontevedra na rede, un proxecto que naceu grazas á xente de blogaliza , unha vez máis e coma sempre, queremos agradecervo-las vosas visitas e por suposto os vosos comentarios, que nos fan mellorar dia tras dia e seguir con máis folgos se cadra.
Un saúdo e grazas por estares ahí, a Andrés Milleiro, a Goretoxo e a tódolos que nos visitades dia tras dia.
chúzame -
Galiza & Internet 14 Mar 2008 02:43 pm
Xuventude Galiza Net 2008

Para quen non a coñeza, a Xuventude Galiza Net é unha festa informática que se ven celebrando dende varios anos atrás xa no Pazo de Congresos e Exposicións de Galiza, ás aforas de Santiago de Compostela.
Este ano, e por segundo ano consecutivo varios asistentes á XGN decidimos crear un blogue sobre a Xuventude Galiza Net e así ir contando as nosas experiencias dende hoxe Venres ata o Domingo pola tarde, seguro que pasades un bo rato lendo as historias deste evento informático.
Porén, xa sabes, para informarte sobre o evento visita http://www.trebellos.org/xgn
chúzame -
Internet 11 Mar 2008 07:00 pm
Cyril Takayama, o efecto “Lacoste”.
Pode que non sexa tan coñecido como David Blaine, pero este mago xaponés é moi popular no Xapón. Hai uns dias que un amigo pasábame este video sorprendente, nun principio os seus cinco minutos de duración poden facernos desistir de velo , pero asegúrovos que paga a pena, o paisano en cuestión chámase Cyril Takayama e comezou a coller sona alá polo ano 2005 no seu pais, pero grazas a Youtube agora é coñecido en todo o mundo.
Desfrutade có video
chúzame -








