Cargando...

Category ArchiveInternet



Internet & Música 01 mar 2008 09:00 am

“Lest we forget”, punk-rock da man dos The real McKenzies.

Sempre foron os meus xogos de ordenador preferidos, estou a falar dos de estratexia tipo "Age of empires", "Caesar" ou "Warcraft", xogos inspirados en épocas pasadas, principalmente no medievo, orcos contra humanos, viquingos, celtas, romanos, todo tipo de razas e civilizacións que se esvaeceron no tempo, o que ven sendo unha maneira coma outra de pasa-las horas diante dunha pantalla. O video que vos traio aqui é dun xogo polo estilo, nunca tiven a ocasión de probalo, é máis, non sei nin como se chama, pero polos comentarios na páxina de youtube penso que Medieval debe de se-lo seu nome e ten unha pintaza tremenda, non sei se será moi antigo pero supoño que se poderia atopar. A música por se vos interesa é dun grupo chamado The real Mckenzies, unha banda que comecei a escoitar hai un par de anos, poden definirse como unha mistura de punk-rock e música folk, inda que neste tema que poderiamos traducir coma "Para que non esquenzamos" non escoitemo-lo son da highland bagpipe, si que aparece a miúdo nas súas cancións,  son canadianos pero orixinarios de Escocia e orgullosos da súa orixe, outro dia poreivos aqui un video deles, están entre os meus grupos preferidos deste estilo xunto cós Dropkick Murphys, tamén norteamericanos pero con orixes irlandesas.

Por certo, esta fin de semana estase a celebra-la Pontevedra Party 08, unha xuntanza informática ao estilo do Xuventude Galiza net, nela entre outras actividades haberá torneos de xogos como o Warcraft.

 

Chuzame! chúzame -

Fotografía & Internet 27 feb 2008 08:00 am

Publican unha das miñas fotos nunha web sobre a bandeira galega.

Hoxe mesmo Anxo, o administrador da web www.bandeiragalega.com, avisábame nun mail que acababa de publicar unha foto miña da que falaramos hai un tempo, concretamente unha que fixen o pasado dia 25 de Xullo -dia da Pátria Galega- na casa dos meus avós maternos, na aldea de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa). A foto que tedes aquí, podédela ollar nun apartado da web chamado "Unha iniciativa pola bandeira galega", lugar reservado a publica-las fotos que lles envian de bandeiras galegas en calqueira recuncho do mundo, a miña foto en cuestión recolle a instantánea dunha bandeira galega e do trisquel calado de Castromao, unha auténtica marabilla de pedra feita a man e dunha soa peza polo meu curmán Moncho, un namorado da pedra e tamén da historia de Galiza.

Pois iso, non vaiades pensar que isto é unha sorte de "spam" e que estou a facer publicidade desa web, somentes queria mostrarvo-la miña foto publicada alí, feito éste que me fixo moita ilusión e claro está, habia que agradecerllo ao webmaster dalgunha maneira, polo tanto que mellor feito que facelo público aqui e recomendarvo-la súa páxina na que nos falan da nosa historia e das orixes das diversas bandeiras galegas.

Por certo, precisamente  hoxe é o meu cumpreanos e coido que éste é un magnífico agasallo, graciñas Anxo.

Chuzame! chúzame -

Internet 11 feb 2008 03:09 pm

“Jujel”, o novo buscador galego.

Xa vedes, a imaxinación dos galegos non ten límite nin coñece fronteiras, hoxe unha amiga comentábame da súa existencia e cando o mirei non puiden reprimir botar unha garagallada, iso si, de boa fé. Polo visto a alguén se lle ocorreu facer un buscador ao estilo do Google pero máis axeitado ao usos e costumes galegos, chámase Jujel e polo visto acepta perfectamente a gheada e mailo seseo. Nun apartado chamado ¿pero que demo é isto? tedes toda-la explicación do porqué deste buscador, unha ferramente que permite atopar palabras galegas gheantes, ou sexa, escritas tal e como moita xente as pronuncia na fala, ademais os promotores deste proxecto que conta con licenza de Google Inc. deixan ben claro que non se trata nin dunha broma nin dunha falta de repecto ao galego, moito ao contrario, pretenden que este buscador sexa unha ferramenta máis da nosa língua.

Dende "A ponte vella" dámoslle-los parabéns aos promotores  e celebramo-lo nacemento de novas iniciativas e creacións galegas no eido informático.

Chuzame! chúzame -

Internet 21 xan 2008 12:20 am

Hamburgueseria “Ataque ao corazón”; outra de yankies.

 

Está claro que o tema dos norteamericanos e as súas "particulariedades" é un filón de ouro e nunca deixarán de sorprendeme. Pois ben, despois da primeira entrega da que dimos conta neste post hai uns meses, hoxe quérovos ensinar outra curiosidade da meca do "fast food" por excelencia. Trátase da web dunha hamburgueseria un pouco especial, o seu nome Heart attack grill non deixa lugar a dúbidas, está situada en Phoenix (Arizona) e nela poderedes desfrutar de auténticas monstruosidades coma a "Quadruple bypass burguer" ou de patacas fritidas en pura graxa!!!, non tedes máis que darvos unha voltiña pola súa web para mira-las fotos dos seus "orondos" clientes e de como desfrutan meténdose eses chutes de colesterol servidos por enfermeiras lixeiras de roupa, é máis, atrevéronse a perpetrar un dvd coa súa "dieta" e teñen un ranquing cós mellores devoradores/clientes. A hamburgueseria está aberta tódolos dias da semana de dez da mañá a oito do serán e polo que puiden ver nos videos debe de ser todo un éxito, porque está a tope de xente, logo se preguntarán o porqué de tanta obesidade infantil, pois con semellante exemplo coma este é moi normal que os rapaces e os non tan rapaces estexan inflados coma pelotas.

Agardo que non houbésedes abusado moito dos doces nestas "papadelas" de nadal, que despois veñen as lamentacións e en xaneiro todos queremos apuntarnos aos ximnasios...

Chuzame! chúzame -

Internet 05 xan 2008 12:30 am

Video-resumo do ano 2007.

Aqui o tedes, é un dos videos do youtube máis vistos estes dias, leva máis de 55.000 visionados nuns poucos dias, é unha compilación a base de fotos da axencia "Reuters" do que deu de si o xa rematado ano 2007, ante os nosos atónitos ollos pasan imaxes de guerras, catástrofes, dor e sufrimento, pero para a nosa desgracia colectiva, todo isto foi noticia o ano pasado. Mudamos de ano pero as cousas continúan igual, a guerra civil non declarada no Iraq, -ou alomenos o que queda de ese pais- todavia continúa, a fame tamén continuará ao longo deste 2008, igual que o terrorismo nacional e internacional, as inxustizas e a incompresión duns homes cara a outros homes, tamén teremos senón o atallamos a tempo, máis catástrofes ecolóxicas no mundo, nas nosas mans está cambiar todo isto e penso que xa vai sendo hora de facelo.

A música do video é dos Luar na Lubre, un dos meus grupos de folc preferidos dende sempre, o tema chámase "A fonte das boliqueiras" e pertence ao seu último disco titulado "Camiños da fin da terra".

Chuzame! chúzame -

Internet 11 dec 2007 12:00 pm

Marisco on-line, os galegos estamos en todo.

Parafraseando a aquel spot televisivo que botaban hai tempo na televisión, "chegamos a onde ninguén chega", os galegos facemos algo semellante, todo é que nos propoñamos algúnha meta,  acadala é so cuestión de tempo. Unha das últimas novidades do negocio on-line é a venda de marisco via internet, xa hai varias páxinas web's funcionando e ofrecendo tanto produtos do mar, coma bebidas e outras "viandas" galegas. Segundo puiden ver nas páxinas de Mariskito, Cetárea Burela ou demarisco.com (e hai unhas cantas máis), a forma de encargalo e sinxela de todo e son enviadas á casa do cliente ao dia seguinte, por transporte urxente refrixerado, vamos todo un luxo "asiático", asi calqueira persoa, sobre todo de fóra das nosas fronteiras, refírome por exemplo á Meseta ou ao Levante, pode ter na súa casa unhas centolas, unhas cigaliñas e un par de botellas de albariño con so facer unha chamada de teléfono e nunhas horas.

E inda con estas, algún haberá por ahi que diga que internet non é unha ferramenta útil para vender.

Chuzame! chúzame -

Internet 03 dec 2007 09:00 am

“A nosa terra” renóvase e será diario.

Forma parte da historia galega, o semanário "A nosa terra", que naceu alá polo ano 1907 como voceiro das Irmandades da Fala e posteriormente do Partido Galeguista vaise renovar, e faino despois de 100 anos sendo un referente para o galeguismo e o nacionalismo galego, segundo contaron en diversos medios, o semanário pasará a ser un xornal diario, primeiramente en formato dixital e logo é de supor que en formato impreso, pero supoño que iso tamén dependerá da aceptación que teña o novo proxecto e dos cartos dos que dispoñan.

Ogallá teñan sorte nesta nova xeira, sempre cómpre ter varias referencias para formar unha opinión e éste novo xornal estará en funcionamento a partires do vindeiro 4 de Nadal.

Chuzame! chúzame -

Internet 09 nov 2007 07:00 pm

Tecktonic, un baile que arrasa en Francia.

Que mejor momento para hablar de ésto que un fin de semana, pués aqui lo teneis, se llama Tecktonic y es un baile que ahora mismo está triunfando en Francia, no parece muy complicado de aprender, pero fisicamente seguro que exige bastante más, imaginaos toda una noche bailando a este ritmo en una discoteca. A simple vista parece una mezcla de música electrónica y breakdance, cualquier lugar es válido para practicarlo, mismo en la calle, donde la juventud gala se junta alrededor de un radiocasette a bailar como posesos.

Chuzame! chúzame -

Internet 06 nov 2007 12:01 am

Himno de España (por Gomaespuma).

Seino, ultimamente son un pouco reincidente ou case diria que cansino, coa teima  de poñer videos do Youtube, pero hoxe non me puiden resistir a poñer este dos supercoñecidos "Gomaespuma", supoño que estaredes ao tanto da polémica que hai có tema da confección da letra do himno español non?, pois ben, aqui vos vai a proposta "politicamente correcta" do dúo máis desternillante da radio española, o que me teño rido eu con "Gordopilo", "Josetxuletón" ou o "Gitano Peláez".

 

Chuzame! chúzame -

Internet 05 nov 2007 01:12 am

Meme: Oito cousas que me gustan

Hai un par de dias que Anxélica  retábame a facer un meme das oito cousas que me gustan, para os que non saibades en que consiste un meme, poderia definilo como a "cadea da peseta", aquela  que consistia en mandar cartas, supoño que algunha vez o teriades feito. Ben, se fago un chisco de memoria, éste debe de se-lo terceiro meme que fago, o anterior foi  ao que me convidara Andrés Milleiro,  se tedes curiosidade podédelo ver aqui, pois nada, como non quero ser descortés e moito menos escaqueado, aqui van as miñas preferencias.

  1. Viaxar, antes cando era estudante non tiña un can e si moito tempo para viaxar, agora de "currante", teño aforros pero non tempo, asi que é un problema, levo anos tentando de face-la que eu din por chamar, "triada celta", viaxar a Escocia, Irlanda e Bretaña, a ver se consigo facelo un ano destes.

  2. Un coche, o mini cooper-S, uha das miñas afeccións, -entre outras que teño- son os coches, e a verdade, éste seria unha das miñas preferencias xunto cun BMW M3.

  3. O son da "highland bagpipe", a gaita marcial escocesa, un dos meus pasatempos preferidos cando teño tempo é tocar coa miña "Seivane" de granadillo en Do, unha gaita galega, ensaio có grupo "Vides Novas" de Poio (Pontevedra).

  4. Os animais, teño o mesmo problema que moita xente que vive en pisos, non teño sitio para ter animais e a min encántanme os cans, gustaríame ter dous boxer cando teña sitio para eles.

  5. O fútbol, son socio do Pontevedra C.F. dende hai anos, gustaríame por min e por tódolos afeccionados granates, que o noso equipo acadara este ano o tan arelado ascenso a Segunda División, e claro, que alomenos ficara ali e non voltara a baixar outra vez, por suposto non estaria mal subir á Primeira División.

  6. Unha película, "Braveheart", non puiden vela no cine, é increible pero certo, a miña película preferida e tiven que vela na televisión da casa e non no cinema, como deberia de ser, cunha pantalla ben grande e o dolby-surround atronando toda a sala.

  7. O "mountain bike", ou sexa, a bicicleta de montaña, hai anos e anos que xa non podo competir como facia antes, pertencín ao "Gonbel bikes", un equipo de Marín que chegou a ter grande sona en toda Galiza, competín no campionato galego e tamén cheguei a correr a Copa do Mundo, daquela chamada Copa Grunding, na casa do campo de Madrid, impresionante dia aquel, correndo ao carón dos grandes campións americanos e europeos.

  8. E por último, a última afección que teño é a música, sobre todo escoito folc, ben sexa galego, bretón, escocés, irlandés, asturiano.. tamén gosto do ska, preferentemente Skarnio e os míticos e desaparecidos Xenreira e algo do metal gótico, Paradise Lost, Nightwish ou Within Temptation.

 Ben nada máis, estes ben poderian ser as miñas oito preferencias ou afeccións, como non quero meter a ninguén e compromisos e todavia non teño decidido a quén convidar a seguir con isto, vouno pensar, se algún de vós se sinte aludido ou ten gañas de facelo, adiante.

Chuzame! chúzame -

Internet 02 nov 2007 05:52 pm

A primeira muller na lúa.

Envioumo un amigo hoxe, pode que o video sexa un chisco machista, pero ten a súa gracia e hai que comeza-lo fin de semana cun sorriso, por certo, o video ten son, asi que acendede os altavoces.

Chuzame! chúzame -

« Previous Page