Cargando...

Category ArchiveAxenda



Axenda & Política 03 Xull 2008 11:00 am

Cespa e mailos seus empregados

De cachondeo ou tomadura de pelo podería definir o último anuncio dos traballadores de Cespa, os cales de seguro coñeceredes por películas como Tocándole los huevos a Pontevedra ou Los más chulos del barrio somos nosotros. Pois iso, achégase un verán máis e como cada dous anos -coincidindo exactamente coas negociacións do seu convenio laboral- os ínclitos empregados da concesionaria da recollida do lixo na nosa bendita cidade veñen coas súas xustas ou inxustas, non saberia definilo, reclamacións laborais, pero como xa dixen, cada dous veráns os maiores perxudicados somos nós, os cidadáns de a pe, os que paseamos, traballamos ou pasámolo rato polas rúas da nosa cidade, unha vez máis e non sei cantas irán, un conflicto laboral entre unha empresa privada e mailos seus privados traballadores salpica ao resto dos mortais que non temos culpa de nada e pagámolos nosos impostos, incluida a taxa pola recollida do lixo, facede algo de memoria e lembrade aquel "problema" que tivemos coa concesionaria do servizo de guindastre de Pontevedra, aquelas semanas nas que a nosa cidade ficou inmersa nunha "anarquía automobilística" total.

Persoalmente coido que o Concello non debería inmiscuirse nos conflictos laborais dunha empresa privada, e máis cando ano tras ano nos toman o pelo desta maneira, pero isto xa comeza a ser unha chantaxe en toda regla á cidadanía, agardando precisamente ás festas da Peregrina, o intre no que chegan á nosa cidade miles de visitantes e os pontevedreses queremos desfrutar das nosas rúas e prazas. Coido que Raimundo González, na medida do posible, deberia facer un pouco de forza e presionar a Cespa para que resolva o conflicto cós seus traballadores e asi acada-la desconvocatoria da folga prevista, xogámonos moito nelo

 

Chuzame! chuzame -

Axenda 24 Xun 2008 09:00 am

Xornada lúdico-formativa na Lama

A seguinte información achégama Maruxa, amiga e responsable local de Galiza Nova en Poio. Coméntame que o vindeiro dia 5 de xullo, a organización das mocidades do B.N.G. ten preparada unha xornada lúdico-formativa e de convivencia no concello de A Lama, na que ademais de algunha charla formativa a cargo de persoeiros do partido, como Rubén Cela, Iria Aboi ou Francisco Rodriguez, -o que fora deputado nas Cortes polo Bloque Nacionalista Galego-, haberá un xantar de confraternización entre tódolos militantes e simpatizantes nacionalistas e logo un atractivo roteiro polos arredores de A Lama. A xornada terá lugar ao longo de todo o dia, e como a seguridade é unha das súas preocupacións, haberá buses dende Pontevedra e Poio para trasladar á xente ate A Lama, persoalmente considéroo todo un acerto, posto que como vedes todos son facilidades para non ter que colle-lo coche e poder desfrutar do xantar e do posterior paseo sen preocuparse polo transporte.

O interesados poderán inscribirse pasando pola sede do B.N.G. de Pontevedra ou ben chamando ao seu teléfono, tamén no enderezo electrónico gznova_poio@yahoo.es , tedes de prazo para facelo toda esta semana. Por último, comentarvos que tanto o transporte coma o xantar son de balde, sairán autobuses dende Valga, Pontecaldelas, Barro, Caldas de Reis, Poio, por citar algunha das vilas da bisbarra, por suposto tamén dende Pontevedra, polo tanto é unha boa oportunidade para desfrutar dun dia de lecer polos arredores da Lama, non deixedes pasa-la ocasión de desfrutar da natureza en tan fermoso sitio.

Nota á marxe: Estiven botándolle unha ollada á web municipal e somentes podo dicir que é do máis cutre sinxelo que pode haber, que se poñan as pilas ou ben a xente do Concello de A Lama (Partido Popular) ou ben a xente de Integal S.L. -que polo que semella son os creadores da web-, porque a maioria das seccións se atopan sen actualizar e hoxendia unha web en condicións é unha das mellores tarxetas de presentación para calqueira empresa ou organismo, por suposto tamén para un concello.

Chuzame! chuzame -

Axenda & Música 05 Abr 2008 12:02 am

Andrés Calamaro tamén se pasará por Pontevedra…

O músico e compositor arxentino Andrés Calamaro ven de anunciar hai uns dias as datas dos seus dous primeiros concertos deste verán, un deles terá lugar o vindeiro 7 de xuño no Recinto feiral de Pontevedra. O que fora integrante do mítico grupo Los Rodriguez e considerado unha das máis grandes figuras que deu o rock arxentino visitará a nosa cidade dentro do seu La lengua popular Tour.

Por fin semella que a capital da provincia comeza a entrar no circuito dos grandes concertos nacionais, polo de agora Andrés Calamaro somentes facilitou dúas das datas dos seus concertos, unha é a de Pontevedra e a outra a de Burjassot (Valencia), asi que xa comezamos a estar ao nivel de grandes cidades. Contan por ahí, que moitos representantes de artistas comezaron a apunta-lo nome de Pontevedra despois do exitoso concerto de Miguel Bosé o verán pasado, evento éste que congregara a máis de 30.000 persoas e que tivo unha grande repercusión nos medios.

O dito, non vos esquezades da data, 7/06/2008 ás 20:30 horas no Recinto Feiral de Pontevedra (23 €).

Chuzame! chuzame -

Axenda 26 Xan 2008 12:00 am

Rober Bodegas actuará en Pontevedra, no local da “S.D. Cultural de Mourente”.

Hai cousa dunhas semanas xa falara deste monologuista galego no meu blogue, daquela foi para comentarvos que gañara o programa da T.V.E. chamado "El rey de la comedia", desta volta é para anunciarvos que este sábado pola noite (26/01/08)  vai actuar en Pontevedra, será no local da "Sociedade deportiva-cultural de Mourente" ás 22:30 horas, os prezos para velo serán de 5 euros (os socios) e de 8 euros (os non socios) as entradas están á venda na cafeteria da propia S.C.D. de Mourente e tamén na cafeteria "Tertulia" da rúa Echegaray, o prezo o mesmo dia da actuación será de 10 euros.

Rober Bodegas leva xa cinco anos actuando de monologuista e tamén colabourando en Radio Voz Bergantiños contando á actualidade dunha maneira "desenfadada", eu teño visto varios dos monólogos deste carballés e penso que paga a pena velo en directo, xa merquei as entradas, asi que o sábado dia 26 estarei ali presente para poder botar unhas gargalladas coas súas historias, xa estaba agardando que viñera pola nosa cidade para poder desfrutar dun monólogo seu en directo, para ir abrindo boca e por se algún de vós inda non o coñece e quere saber o que se pode atopar, déixovos aqui un dos seus monólogos máis vistos en youtube, que o desfrutedes.

Editado: Por certo, aqui tedes unha foto que saquei con Rober Bodegas despois do monólogo, un tio fenomal Rober.

Chuzame! chuzame -

Axenda 15 Nov 2007 10:00 am

Concentración anti-feixista e anti-racista en Pontevedra.

No dia de hoxe, vaise celebrar ás 19:30 horas e na Praza da Peregrina da nosa cidade, unha concentración de rexeitamento á agresión neo-nazi que tivo lugar o pasado fin de semana en Madrid, na que un rapaz anti-feixista de dezaseis anos foi asasinado no metro de Madrid  por parte dun xove neonazi, o agresor formaba parte dun grupo que acudia a unha manifestación organizada por "Democracia Nacional" baixo 0 lema "Contra el racismo anti-español y contra la inmigración", o rapaz morto vivia no barrio obreiro de Vallecas e recibiu unha puñada mortal nun vagón do metro madrileño cando acodia xunto con outros compañeiros á contra-manifestación.

Sirvan estas letras para lembrar a Carlos Javier Palomino, un rapaz inxustamente asasinado por defende-las súas ideas e para darlle tamén todo o meu apoio á xente de Vallecas, cós que  tiven a oportunidade de compartir unha tarde de cervexas e fútbol o ano pasado, con motivo do Rayo Vallecano-Pontevedra C.F. Tamén facer un chamamento para pedi-la ilegalización de partidos feixistas e falanxistas coma "Democracia Nacional", se ilegalizan a Batasuna ou Euskal Herritarrolk por apoloxia da violencia, tamén teñen que facer o mesmo con esta xente.

Antinazis mandan !!

Chuzame! chuzame -

Axenda 30 Ago 2007 10:00 am

“Verbum dei” , un xogo de rol en vivo na Feira Franca de Pontevedra.

Buscando pola rede novas encol do tema da "Feira Franca 2007" atopei esta noticia, a xente de "Tuata dé Danann", un clube de rol de Pontevedra, vai organizar para a fin de semana da Feira Franca un xogo de rol en vivo nas rúas da nosa cidade, é a segunda edición e convidan a todo aquel que se queira divertir e desfrutar da festa dunha forma máis participativa, calqueira se pode apuntar, a participación é de balde e o único requisito é vir vestido de época, medieval se entende, claro, tedes máis información na súa web, por certo, a música de fondo que teñen na páxina está moi ben.

Chuzame! chuzame -

Axenda 22 Ago 2007 09:00 am

VII edición da “Festa do mar” en Poio (Pontevedra).

A partires de hoxe comezará o prato forte das festas do verán no veciño concello de Poio, a "Festa do Mar" é o principal reclamo, hai dias xa foi o encontro de embarcacións tradicionais e hoxe será a apertura da carpa gastronomica, os concertos serán de balde ao longo deste xoves, venres e sábado, a partires das doce da noite e na explanada do porto deportivo de Combarro, tamén haberá pasarrúas, o encontro de pintores luso-galaicos  e un concerto de bandas de gaitas, se queredes máis información pasádevos por aqui, a web do Concello de Poio.

Chuzame! chuzame -

Axenda 17 Ago 2007 08:00 am

17 de agosto, actos en Pontevedra có gallo do dia da Galiza Mártir.

Alexandre Bóveda, patriota galego.A Fundación Alexandre Bóveda organiza para o vindeiro 17 de agosto diversos actos con motivo da celebración do Día da Galiza Mártir.

Ás 13.00 horas terá lugar na Caeira, en Poio, a homenaxe institucional a Alexandre Bóveda, diante do monumento erixido na memoria deste intelectual galeguista asasinado polos sublevados franquistas. Intervirán neste acto o vicepresidente do Governo, Anxo Quintana; o alcalde de Poio, Luciano Sobral, e o presidente da Fundación Alexandre Bóveda, Fernando Quintela.

Ás 14.00 horas comezará o xantar de entrega do II Premio 'Día da Galiza Mártir á recuperación da memoria histórica ao historiador Dionisio Pereira, no Pazo da Cultura de Pontevedra. Participarán neste encontro a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo e Xoán Carlos Garrido, da Fundación Alexandre Bóveda, ademais do propio investigador galardoado.

Ás 18.30 desenvolverase unha cerimonia de aniversario na capela de San Mauro, Pontevedra. E ás 19.00 horas un acto cívico diante do sartego de Bóveda, no cemiterio de San Mauro. Asistirán o vicepresidente da Fundación organizadora e fillo de Alexandre Bóveda Xosé Luís Bóveda e a escritora Fina Casalderrey.

Ás 20.30 horas chegará a homenaxe política, diante do monumento a Alexandre Bóveda situado na praza de Curros Enríquez de Pontevedra, co senador do BNG Francisco Jorquera.

Chuzame! chuzame -

Axenda 16 Xull 2007 03:40 pm

Concertos 2007, festas de Pontevedra, Poio e Vigo.

Pois a continuación póñovos a lista dos concertos previstos para este verán na nosa cidade e tamén en Vigo e Poio, posto que non están moi lonxe e ben podemos achegarnos a desfrutar deles, estas datas e grupos son os que están xa concretados polas diferentes concellalias, supoño que haberá algún máis, eu polo menos agardo que o de Within Temptation se confirme para o dia 3 de Agosto no parque de Castrelos (Vigo), velaiquí van as datas:

Festas da Peregrina en Pontevedra
11 agosto: Barricada
12 agosto: Nena Daconte
14 agosto: Sugar Mountain, Burning, Deltonos e The Cell.
15 agosto: Dover
16 agosto: Galicia S21 (Isolma)
17 de agosto: Pepe Vaamonde e John McSherry & At First Ligth Band
18 agosto: Kepa Junquera e Faltriqueira
19 de agosto: Fangoria
20 agosto: Miguel Bosé

Festas do Cristo da Victoria en Vigo
30 xuño: Julieta Venegas
19 xullo: Artic Monkeys
22 xullo: Paulina Rubio
23 de xullo (Castrelos): Treixadura, Davy Spillane, Shooglenifty
24 xullo (Casco Vello): Faltriqueira
25 xullo (Casco Vello): Os Cempés
26 xullo (Casco Vello): Balbarda
26 xullo: Grupos Pop español dos 80: Nacha Pop e Los Secretos
27 de xullo (Castrelos): SondeSeu e Capercaillie
1 agosto: Marea
2 agosto: Coral Casablanca
3 agosto: Coti, Deluxe e Fon Román (ex Piratas) na Estación Marítima.
4 agosto: Manu Chao, Radio Bemba Sound System e Le Punk na Estación Marítima

Festa do Mar en Poio (Pontevedra)

23 Agosto: El sueño de Morfeo

24 Agosto: Alex Ubago

25 Agosto: Marta Sánchez

Chuzame! chuzame -

Axenda 07 Xull 2007 01:00 pm

07/07/07 Sonia e Soliño se casan.

É a unha da tarde e agora mesmo estou en misa, non vaiades a pensar que levei o portatil e estou a escribir dende un banco de igrexa de San Vicente de Cerponzóns, menudo sacrílego estaria feito, estas liñas escribinnas un par de dias antes, pero hoxe é sábado e teño outro destes "trámites" obrigados de cada verán, as vodas, xa levo dúas e fáltanme dúas máis para remata-lo ciclo por este ano, é algo que máis tarde ou máis cedo remata por acontecer, os amigos vanse casando e entras nunha espiral de celebracións que ao longo de tres, catro ou cinco veráns ocupan algún fin de semana do teu verán ou das túas vacacións (no meu caso), o mellor de todo, pois normalmente adoita se-la despedida de solteiro, neste caso foi o sábado pasado e pasa por se-la ocasión perfecta para reunirnos de novo toda a pandilla e pasar un dia xuntos, festa que continúa a véspera da voda cando saimos todos có noivo a picar algo, no noso caso a algún furancho, por aquilo de despexa-los nervios de última hora do amigo que está a puntiño de pasar pola vicaria, despois virán as fotos de rigor na igrexa, daremos conta do polbo á feira e da empanada nos aperitivos e logo das cigalas e mailo albariño no banquete antes de botar uns bailes, onde todos e todas desfrutaremos ata as tantas, o malo é que as miñas vacacións rematan o luns, haberá que voltar ao traballo, pero alomenos ficará un bo recordo delas.

Por certo, Sonia e Soliño, parabéns pola voda rapaces !!.

P.D. : edito esta entrada para pór unhas fotos sacadas o sábado.

boda-sonia-y-solino-07-07-07-7.JPGboda-sonia-y-solino-07-07-07-4.JPGboda-sonia-y-solino-07-07-07-12.JPGboda-sonia-y-solino-07-07-07-17.JPGboda-sonia-y-solino-07-07-07-28.JPGboda-sonia-y-solino-07-07-07-23.JPG

Chuzame! chuzame -

Axenda 28 Xun 2007 12:27 am

Concerto de “Dismal” en Pontevedra.

A banda de música metal de Pontevedra, vai presenta-lo seu novo disco chamado "Neptuno" este vindeiro venres dia 29 de Xuño na Praza do Teucro, a novidade principal radica en que as letras deixan de ser en inglés e pasan a ser en castelán, éste é o cuarto disco da banda que lanza como primeiro single o tema "Que+da", se queredes escoitar un adianto dos temas, podédelos oir na súa web www.dismal.es .

Chuzame! chuzame -

Axenda & Deportes 20 Xun 2007 08:49 pm

Campeonato de Europa de Piragüismo 2007 en Pontevedra.

Hace unos minutos, venia escuchando la radio en el coche y en un programa de una emisora local de Pontevedra, un oyente se quejaba del trato que por parte de las instituciones recibia el deporte en nuestra ciudad, la llamada hacia alusión al Campeonato de Europa de piragüismo que está próximo a celebrarse en nuestra ciudad, el hombre aludia a la poca repercusión que tiene en prensa, radio y en la misma ciudad tal evento, pero lo mismo pasa con el fútbol, balonmano o el fútbol sala, sin ir más lejos, con el Leis mendigando de las instituciones una ayuda para hacer frente al pago del "canon" para jugar en la primera división.
Continue Reading »

Chuzame! chuzame -

Next Page »