Category ArchiveAxenda
Axenda 16 xull 2007 03:40 pm
Concertos 2007, festas de Pontevedra, Poio e Vigo.
Pois a continuación póñovos a lista dos concertos previstos para este verán na nosa cidade e tamén en Vigo e Poio, posto que non están moi lonxe e ben podemos achegarnos a desfrutar deles, estas datas e grupos son os que están xa concretados polas diferentes concellalias, supoño que haberá algún máis, eu polo menos agardo que o de Within Temptation se confirme para o dia 3 de Agosto no parque de Castrelos (Vigo), velaiquí van as datas:
Festas da Peregrina en Pontevedra
11 agosto: Barricada
12 agosto: Nena Daconte
14 agosto: Sugar Mountain, Burning, Deltonos e The Cell.
15 agosto: Dover
16 agosto: Galicia S21 (Isolma)
17 de agosto: Pepe Vaamonde e John McSherry & At First Ligth Band
18 agosto: Kepa Junquera e Faltriqueira
19 de agosto: Fangoria
20 agosto: Miguel Bosé
Festas do Cristo da Victoria en Vigo
30 xuño: Julieta Venegas
19 xullo: Artic Monkeys
22 xullo: Paulina Rubio
23 de xullo (Castrelos): Treixadura, Davy Spillane, Shooglenifty
24 xullo (Casco Vello): Faltriqueira
25 xullo (Casco Vello): Os Cempés
26 xullo (Casco Vello): Balbarda
26 xullo: Grupos Pop español dos 80: Nacha Pop e Los Secretos
27 de xullo (Castrelos): SondeSeu e Capercaillie
1 agosto: Marea
2 agosto: Coral Casablanca
3 agosto: Coti, Deluxe e Fon Román (ex Piratas) na Estación Marítima.
4 agosto: Manu Chao, Radio Bemba Sound System e Le Punk na Estación Marítima
Festa do Mar en Poio (Pontevedra)
23 Agosto: El sueño de Morfeo
24 Agosto: Alex Ubago
25 Agosto: Marta Sánchez
Axenda 07 xull 2007 01:00 pm
07/07/07 Sonia e Soliño se casan.
É a unha da tarde e agora mesmo estou en misa, non vaiades a pensar que levei o portatil e estou a escribir dende un banco de igrexa de San Vicente de Cerponzóns, menudo sacrílego estaria feito, estas liñas escribinnas un par de dias antes, pero hoxe é sábado e teño outro destes "trámites" obrigados de cada verán, as vodas, xa levo dúas e fáltanme dúas máis para remata-lo ciclo por este ano, é algo que máis tarde ou máis cedo remata por acontecer, os amigos vanse casando e entras nunha espiral de celebracións que ao longo de tres, catro ou cinco veráns ocupan algún fin de semana do teu verán ou das túas vacacións (no meu caso), o mellor de todo, pois normalmente adoita se-la despedida de solteiro, neste caso foi o sábado pasado e pasa por se-la ocasión perfecta para reunirnos de novo toda a pandilla e pasar un dia xuntos, festa que continúa a véspera da voda cando saimos todos có noivo a picar algo, no noso caso a algún furancho, por aquilo de despexa-los nervios de última hora do amigo que está a puntiño de pasar pola vicaria, despois virán as fotos de rigor na igrexa, daremos conta do polbo á feira e da empanada nos aperitivos e logo das cigalas e mailo albariño no banquete antes de botar uns bailes, onde todos e todas desfrutaremos ata as tantas, o malo é que as miñas vacacións rematan o luns, haberá que voltar ao traballo, pero alomenos ficará un bo recordo delas.
Por certo, Sonia e Soliño, parabéns pola voda rapaces !!.
P.D. : edito esta entrada para pór unhas fotos sacadas o sábado.
Axenda 28 xun 2007 12:27 am
Concerto de “Dismal” en Pontevedra.
A banda de música metal de Pontevedra, vai presenta-lo seu novo disco chamado "Neptuno" este vindeiro venres dia 29 de Xuño na Praza do Teucro, a novidade principal radica en que as letras deixan de ser en inglés e pasan a ser en castelán, éste é o cuarto disco da banda que lanza como primeiro single o tema "Que+da", se queredes escoitar un adianto dos temas, podédelos oir na súa web www.dismal.es .
Axenda & Deportes 20 xun 2007 08:49 pm
Campeonato de Europa de Piragüismo 2007 en Pontevedra.
Hace unos minutos, venia escuchando la radio en el coche y en un programa de una emisora local de Pontevedra, un oyente se quejaba del trato que por parte de las instituciones recibia el deporte en nuestra ciudad, la llamada hacia alusión al Campeonato de Europa de piragüismo que está próximo a celebrarse en nuestra ciudad, el hombre aludia a la poca repercusión que tiene en prensa, radio y en la misma ciudad tal evento, pero lo mismo pasa con el fútbol, balonmano o el fútbol sala, sin ir más lejos, con el Leis mendigando de las instituciones una ayuda para hacer frente al pago del "canon" para jugar en la primera división.
Continue Reading »
Axenda 26 mai 2007 08:58 pm
Miguel Bosé, Dover e Fangoria nas festas da Peregrina 2007.
Pois hoxe fíxéronse públicos os concertos xa contratados para a semana grande do verán pontevedrés, supoño que máis de un estaríades/estaríamos ansiosos por saber cales ian se-los concertos deste ano e se estarian ao nivel dos tres previstos para o noso concello veciño, o de Poio que para as súas festas de verán, concretamente para a "Festa do Mar" vai traer de balde a Márta Sánchez, Álex Ubago e a El sueño de Morfeo, pois ben, Anxos Riveiro, concellería de festas, presentou esta mañá, as actuacións musicais previstas para a semana grande de Pontevedra. Unha programación que se define pola calidade, variedade e gratuidade dos concertos, segundo manifestou a concelleira.
As festas da Peregrina estenderanse este ano unha xornada máis, do 11 ao 20 de agosto. Nove días nos que pasarán pola cidade máis de 11 artistas ou grupos musicais, que actuarán de balde nas noites da Ferrería. Entre eles, importantes conxuntos galegos ao lado de artistas de recoñecido prestixio internacional como Fangoria ou Miguel Bosé. O grupo Barricada será o encargado de inaugurar esta programación musical, seguido de Nena Daconte. Unha formación de xente xove que o Concello quere apoiar dende o principio, como fixo no seu día con Bebe, quen actuou en Pontevedra aos inicios da súa carreira.O día 14 os protagonistas serán Sugar Mountain, unha banda pontevedresa, á cal non temos moitas posibilidades de oír en Galiza porque normalmente tocan en festivais no resto de Estado. Acompañados entre outros por Burning. Dover actuará o día 15 de agosto na Ferrería, o que supuxo unha grande negociación por parte do Concello, xa que é moi difícil reservar unha actuación dun grupo tan importante para esas datas, aínda que está pechada dende decembro.
Continue Reading »






