Category ArchivePolítica
Axenda & Política 03 Xull 2008 11:00 am
Cespa e mailos seus empregados
De cachondeo ou tomadura de pelo podería definir o último anuncio dos traballadores de Cespa, os cales de seguro coñeceredes por películas como Tocándole los huevos a Pontevedra ou Los más chulos del barrio somos nosotros. Pois iso, achégase un verán máis e como cada dous anos -coincidindo exactamente coas negociacións do seu convenio laboral- os ínclitos empregados da concesionaria da recollida do lixo na nosa bendita cidade veñen coas súas xustas ou inxustas, non saberia definilo, reclamacións laborais, pero como xa dixen, cada dous veráns os maiores perxudicados somos nós, os cidadáns de a pe, os que paseamos, traballamos ou pasámolo rato polas rúas da nosa cidade, unha vez máis e non sei cantas irán, un conflicto laboral entre unha empresa privada e mailos seus privados traballadores salpica ao resto dos mortais que non temos culpa de nada e pagámolos nosos impostos, incluida a taxa pola recollida do lixo, facede algo de memoria e lembrade aquel "problema" que tivemos coa concesionaria do servizo de guindastre de Pontevedra, aquelas semanas nas que a nosa cidade ficou inmersa nunha "anarquía automobilística" total.
Persoalmente coido que o Concello non debería inmiscuirse nos conflictos laborais dunha empresa privada, e máis cando ano tras ano nos toman o pelo desta maneira, pero isto xa comeza a ser unha chantaxe en toda regla á cidadanía, agardando precisamente ás festas da Peregrina, o intre no que chegan á nosa cidade miles de visitantes e os pontevedreses queremos desfrutar das nosas rúas e prazas. Coido que Raimundo González, na medida do posible, deberia facer un pouco de forza e presionar a Cespa para que resolva o conflicto cós seus traballadores e asi acada-la desconvocatoria da folga prevista, xogámonos moito nelo
chuzame -
Deportes & Política 29 Abr 2008 03:22 pm
Mariano Rajoy e o Pontevedra Club de Fútbol
Veño de escoitar unhas declaracións do lider da oposición, o galego Mariano Rajoy, que me acaban de deixar fóra de lugar. O primeiro espada do Partido Popular respostaba a unhas preguntas sobre o fútbol español que lle facían onte na súa visita ao Clube de Tenis de Barcelona, cara ao final remataron por falar do importantísimo partido desta noite entre o F.C. Barcelona e o Manchester United, a semifinal da Liga de Campións...
Xornalista - ¿Quién piensa que ganará esta noche?
Mariano Rajoy - Pués mire usted, no es fácil porque el Manchester no es el Pontevedra precisamente, pero no hay que perder la fé <...>
E do resto da entrevista a verdade non me lembro, escoiteino na desconexión local da Cadena S.E.R. para Pontevedra, sei de sobra que Mariano Rajoy é merengue, pero iso non lle da dereito a mofarse unha vez máis de Pontevedra e dos pontevedreses, quizais a algún lle parecerá que non é para tanto, pero como socio do Pontevedra Club de Fútbol e por suposto como veciño de Pontevedra, lamento fondamente ter escoitado estas declaracións e máis vindo dunha persoa veciña da nosa cidade.
Dende de A ponte vella solicitamos unha rectificación por parte de Mariano Rajoy e unha desculpa a Pontevedra e a tódala súa cidadania que onte se veu menosprezada.
chuzame -
Política 28 Abr 2008 09:00 am
¿Cal é o papel dos exércitos?
Vaia sempre por diante o meu anti-militarismo activo inda que fixera o servizo militar hai uns doce anos, a algúns isto lles poderá semellar unha contrariedade, pero nin máis nin menos que foi para, no seu dia, non perder máis de nove meses da miña vida nestas historias, basicamente porque a obxección de conciencia eran dous anos e non tiña tanto tempo.
Todo isto ben porque no serán do pasado sábado rematou o pesadelo que tiña en vilo a moitas familias bascas e galegas dende hai perto dunha semana, os xornais e as televisións informáronnos de que os piratas abandonaran o barco Playa de Bakio e que éste navegaba rumbo ás illas Seychelles escoltado por unha fragata da armada española. Dende o governo español falan de que non houbo que pagar ningún ningunha cantidade económica pola liberación dos mariñeiros e que todo foi froito da diplomacia sen máis. Persoalmente pregúntome ¿para que están os exércitos como o español en tempos de paz de escasa actividade militar?, hai anos que a frota atuneira solicitara un certo grao de vixilancia por parte do governo español naquela zona do Índico, non son poucos os barcos que ali faenan e sabedores do perigo que corren non estaria de máis algo de presenza militar como teñen outros paises. Está moi ben colabourar en tarefas de reconstrucción de paises en guerra como Kosovo, Líbano ou Afganisthan ou supervisa-la limpeza de procesos electorais en paises de democrácias fráxiles, pero tamén haberá que defende-los intereses propios "allende los mares", e máis se está constatado o perigo que corren por faenar naquela zona infestada de piratas, polo tanto é preciso unha rectificación por parte do Ministerio de Defensa de Carme Chacón e un reprantexamento das súas actividades máis aló da intervención en conflictos internacionais. Hoxe foron estes mariñeiros os que se xogaron a vida naquelas augas, mañá pode ser calqueira outro, quén sabe se algún de nós.
Sexa o que fóra, parabéns ao governo español e aos Ministerios de Defensa e Asuntos Exteriores polo seu traballo diplomático, agora o que menos importa é se chegaron a pagar rescate ou non, o principal é que estes homes de Baiona, Poio, Marín ou de Bermeo nuns dias estarán nas súas casas.
Foto: Axencia EFE
chuzame -
Actualidade & Política 01 Abr 2008 02:39 pm
O fin non sempre xustifica os medios
De seguido, podedes ler a carta que me fixo chegar unha amiga e veciña de Poio (Pontevedra) e que foi remitida a diversos medios de comunicación locais e galegos, nela expón o seu ponto de vista encol do tema da agresión sufrida polo alcalde (Luciano Sobral - B.N.G.) desta localidade veciña de Pontevedra hai uns dias, para os que non estaxades ao tanto do tema, todo xira encol do realoxo dos chavolistas de etnia xitana residentes no Vao, e os cales "supostamente" se adican ao trapicheo de droga.
Como veciña de Poio, síntome na obriga e no deber moral, de denunciar públicamente o acoso e derribo ao que determinados colectivos veciñais e, algún partido político, veñen sometendo ao noso alcalde nos últimos tempos.
A pasada semana, acontecía un dos espectáculos máis esperpénticos e bochornosos que se lembran dende a democracia no lugar onde resido. Un numeroso grupo de “exaltados/as” agredían e increpaban tanto verbal como físicamente a Luciano Sobral á saída dun pleno, que xa de antemán presumíase tenso dabondo. Un feito gravísimo que, baixo ningún concepto, pode ser xustificado nin avalado por argumentacións baleiras de contido cívico e democrático e ata atentando contra dereitos universais. En vista de tales feitos, non me queda outra que describir dita actuación como unha das “ manifestacións máis antidemocráticas de exercer públicamente un dereito constitucional”. Plantexo neste medio outras cuestións sobre as que veño cavilando estos días, e convídovos a que tamén o fagades: ¿Onde está o límite do dereito á liberdade de manifestación e/ou expresión? ¿En virtude de que intereses algúns MdC e partidos políticos están interesados en alimentar cada día máis ás masas enfurecidas con declaracións incendiarias, demagóxicas, pouco afortunadas e que faltan á verdade do asunto?¿ A quen lle interesa que este conflicto siga no pé do cañón , e se chegase ao actual punto crítico?¿Que intereses pode haber para tratar de desprestixiar a actuación dun político coma Nito, con máis de vinte anos de praxe política, demócrata convencido e que traballou arreo por este País e polo seu concello? A igrexa, institución que tanto se enche a boca facendo campañas de apoio ós máis débiles e desprotexidos… ¿Non ten nada que dicir ou é que os xitanos non son tan fillos de Deus coma o resto? Se este é un problema de orden público e venda de drogas exclusivamente, tal e como afirman algúns, ¿onde están as forzas e corpos de seguridade do estado, non ten nada que manifestar a subdelegación do goberno? ¿Por qué o Sr.Dominguez está máis preocupado de seguir botando leña ó lume en troques de traballar para soluciona-lo conflicto? ¿Ou seica pode afirmar que do alto número de veciños de Monteporreiro que viven en pisos tamén de financiación pública ningún deles ten coches de alta gama? Deixo aquí estas reflexións no aire…Que cadaquen faga a súa propia e particular introspección verbo do problema. E para rematar, quixera brindarlles dende aquí o meu máis enérxico apoio ao Sr.Sobral e resto do grupo municipal do BNG de Poio, porque, ao meu parecer, independientemente dos erros nos que puideran caer (que tamén son humanos), están a ser vítimas do linchamento mediático e político máis suxo e desleal que se lembre na historia do concello de Poio. Fago un chamamento á cordura e ao diálogo como camiños para a busca conxunta dunha solución. Xa abonda de DEMAGOXIA, porque en contra do que dicía Maquiavelo, “o fin non sempre xustifica os medios.”
Maruxa B.Vicente Dominguez. (veciña de Albar -Poio).
chuzame -
Galiza & Política & Pontevedra 24 Mar 2008 08:52 pm
¿Nacionalista?

Últimamente veño pensando moito sobre o que está a se-lo Bloque Nacionalista Galego e os resultados que está a ter nas sucesivas eleccións ás que veñen concorrendo. ¿Que é nacionalismo? ¿O BNG é nacionalista? Preguntas cicais sen resposta, non o sei. Eu amo á miña terra, a Pontevedra, a Galiza, e quero o mellor para ela. Algo que me sucedeu nas últimas visitas a Pontevedra foi a de ver moita decepción entre a xente da miña idade sobre o seu futuro laboral.
Estou dacordo en chimpar a unha factoría como a de ENCE da ría, mais tamén estou dacordo en apostar por factorías limpas, menos contaminantes e máis agradábeis có medio ambente, pero non por ilo deixar de impulsar o sector primario na Galiza.
Nos últimos anos estamos a ver como a nosa costa, exemplo de beleza ceibe vense convertendo nun monstro que devora e devora quilómetros de costa grazas en moitos casos a alcaldes promotores e ás súas cacicadas ( foto de Raxó ). Porén, dende o goberno autonómico coa nova Lei da Vivenda débese optar por non deixar ese tipo de prácticas (tiven constancia de que non se van admitir), mais o que nunca se pode tolerar son cousas como as que están acontecendo en Poio e o seu urbanismo, onde goberna un nacionalista dende fai moitos anos.
Eu son pontevedrés porque tocoume nacer aquí e estou orgulloso da miña cidade. Fai uns anos vense apostando por unha cidade máis orientada aos cidadáns, con maiores beirarúas e un casco vello ao que se lle está a dar un lavado de cara convertíndoo nun dos cascos vellos máis preciosos. Pero o que non se pode permitir son papeleiras e contedores de reciclaxe que non se baileran en 15 días como veño eu vendo dende que estou aquí. A xente quere reciclar e iso é un feito na nosa cidade, mais se xa de por sí se lle imposibilita, mal imos.
Eu non sei se son nacionalista, mais se ser nacionalista é facer o que está a facer esta xente, por favor non me inclúan na lista, porque estou avergoñado.
chuzame -
Política 10 Mar 2008 04:00 pm
Eleccións xerais 08, onte habia que votar.
O domingo foi un coma outro calqueira, coa excepción de que desta volta habia que facer unha parada obrigada no colexio electoral. O dia amenceu desapacible, e ademais como tiña cousas que facer o mellor era deixalo para a tarde, despois de xantar un sempre vai con enerxias renovadas e iso parece se-lo que pensou toda a veciñanza, posto que o movemento por aquela zona a iso das catro do serán era importante. Recoñezo que xa estaba un pouco farto de tantos mítines e tantos debates, de que a "nena de Rajoy" ou a "cella" de Zapatero foran o centro de atención de analistas e tertulianos nas radios e televisións, sinceiramente agardaba polo domingo e porque todo isto rematase dunha vez. A cousa despachouse nun intre, entrei no colexio, collin as paleletas e sin tan sequera entrar na cabina, dirixinme á miña mesa, vamos, á mesa que tiveron a ben designarme para votar, o dito, foi cousa dun par de minutos. A anécdota curiosa, pois que cando xa levaba uns cantos metros percorridos fóra do colexio, unha das integrantes da mesa electoral veu correndo detras miña e chamándome a voces, coas presas esquecera o carnet de identidade, a cabeciña que non da para máis.
Á noite, e unha vez na casa os resultados, a iso das once da noite comprobo que o P.S.O.E. gañou as eleccións pero sen maioria absoluta, que o Partido Popular continuará na oposición catro anos máis e a ver que para có seu lider, Mariano Rajoy, que Izquierda Unida deuse o gran "batacazo" e que os partidos nacionalistas baixan, todos menos os integrantes do Galeuscat, C.I.U P.N.V. e B.NG. , o nacionalismo galego terá outra lexislatura dous escanos no Congreso dos deputados, coido que é algo significativo que aguantaran o tirón do claro bipartidismo imperante e que haxa unha voz galega na Cámara baixa paréceme esencial, ¿que podian ter un grupo parlamentario propio? por suposto, pero para iso supoño que terán que traballar máis todavia.
chuzame -
Política & Pontevedra 07 Mar 2008 07:26 pm
A peonalización vaise extendendo…
Lembro fai anos, cando o BNG comezou a ter governo na cidade de Pontevedra por primeira vez, cando decidiu optar por un modelo de cidade baseado no cidadán e por ende nas beirarúas anchas e na peonalización.
Lembro tamén unha manifestación un día co lema El bloque nos bloquea sinalando á peonalización como a causa de que comercios pechasen en Pontevedra (e cicais sen parar a ve-lo propio estado do comercio en Pontevedra).
Todo isto ven a colación debido a que lin que o Concello de Madrid ven de presentar o ambicioso proxecto de obras na Rúa Serrano, ampliando as beirarúas nalgúns casos ata 10 metros.
E eu pregúntome, ¿dirán o mesmo das remodelacións en Madrid os mesmos que criticaron a peonalización en Pontevedra? Deixo a pregunta no ar...
chuzame -







