Cargando...

Category ArchivePontevedra



Música &Pontevedra 10 ago 2009 11:51 am

Vetusta morla nas festas da Peregrina 2009

Unha grata sorpresa a que nos levamos hai cousa dun mes, cando o concello de Pontevedra anunciaba os concertos previstos para a semana grande das festas da nosa cidade, personalmente pódese dicir que estou bastante satisfeito polo nivel que haberá este ano, xa que pese a crise acuciante que estamos padecendo, manteñen o nivel dun xeito máis que aceptable, dous son os concertos aos que teño previsto asistir, vamos, dous en principio, despois xa se sabe, verán, vacacións e gañas de pasalo ben xúntanse e rematas por asistir a algún máis, pero vamos, que ao de Rafael supoño que non. Hoxe tráigovos un video de Vetusta morla, grupo que tocará na praza da Ferrería e que teño gañas de ollar en directo, o tema en cuestión está no seu disco Un dia en el mundo e chámase Copenhague.

Vetusta Morla toma o seu nome da tartaruga da Historia Interminable, que pode que sexa unha das primeiras películas que ollei no cine cando era un cativo, como dicia, son un grupo madrileño encadrado no estilo indie-rock e Un dia en el mundo é o título do seu primeiro disco, publicado no pasado 2008, ano no que foron nomeados como grupo artista revelación, é éste un disco cheos de boas cancións, destacaria esta que vos traio, Copenhague, pequeño desastre animal ou un dia en el mundo, que foi elexida unha das tres mellores cancións do indie español dos últimos trinta anos, sen máis, desfrutade deste video e do concerto en Pontevedra se tedes ocasión, alí nos veremos.

Vetusta Morla en Pontevedra, sábado 15 de Agosto ás 22:00 na praza da Ferrería.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Música &Pontevedra 02 ago 2009 11:34 am

O metal de Moonspell nas festas de Pontevedra

Abraiado, ése é o mellor adxectivo para definirme cando tiven coñecemento da nova musical do verán de Pontevedra, o grupo de metal portugués Moonspell estarán nas festas da peregrina de Pontevedra e de balde, a banda internacional que enche nos seus concertos por todo o mundo virá a tocar á miña cidade, polo tanto é de agardar que a praza da Ferrería, que polo que semella será o sitio onde terá lugar o concerto, ficará pequena para dar cabida a tanta xente como supoño se xuntará alí, porque de seguro virán fans de toda Galiza, do resto do Estado, asi como do veciño Portugal, asi que fóra cadeiras e os habituais xubilados que se achegan por alí para ver que pasa, que se boten para atrás, porque vai ser un espectáculo dos que poucos se ollaron na nosa cidade ate o de agora.

Moonspell son unha banda de metal gótico ou black metal orixinaria de Portugal, na súa traxectoria foron teloneiros de míticas bandas como Manowar ou Kiss, tocaron nos mellores festivais en estadios por todo o mundo, o seu vocalista é Fernando Ribeiro, os primeiros temas eran recreacións musicais de poemas escritos por el mesmo cando tiña 14 e 15 anos, o pasado 2008 publicaron o que ven sendo o seu último disco polo de agora, Night eternal, eu descubrinnos có seu tema Opium nun recopilatorio do que xa non me lembro o nome, ese precisamente é o tema que hoxe vos traio para que coñezades algo máis ao grupo, eu confiaba en asistir e tomar unhas birras con Gus, un colega metaleiro moi afeccionado a este tipo de música e polo que tamén descubrin aos Nightwish, outro grupo que vos recomendo, pero ao final teño unha voda ese mesmo dia, así que os que vaiades á Ferrería desfrutade do concerto, agardemos que as pedras de San Francisco aguanten o tipo...

Moonspell en Pontevedra, sábado 8 de agosto ás 22:00 horas na praza da Ferrería, entrada de balde.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actualidade &Pontevedra 24 xun 2009 11:21 pm

Facendo números sobre a “mani” do 19-X

Xa van uns cantos dias alá da manifestación, máis ou menos exitosa, en defensa da capitalidade de Pontevedra, non serei eu quén de discutir se o lema elexido para a ocasión foi máis ou menos atinado, pero ahí está, e moitos pontevedreses e pontevedresas fumos detrás desa faixa o pasado venres 19 de xuño. Xa correron rios de tinta, como era de agardar, sobre o número de manifestantes que acudiron a ela, un servidor estivo alí e ten que recoñecer que non foi nin de lonxe algo semellante á famosa do 5-X, pero si que estivo concurrida, non teño nin idea de cantos seriamos alí, para iso está a policia local, que dos partidos políticos e mailos organizadores non se pode fiar un, inda que  semella que da Policia local tampouco, ou alomenos iso é o que pensa o Partido Popular local, có tándem Telmo-Moreira á fronte, que nun exercicio de demagoxia e de absoluta falla de respecto, cargaron as tintas contra a mencionada policia local na figura do seu xefe Daniel Macenlle, si, esa policia local coa que terán que traballar se algún dia chegan ao governo municipal, pero vamos,  que nos diversos mentideiros locais (chamádelle foros de internet) apuntan a que o ex-alcalde de Sanxenxo mesmo poderia ate chegar a presenta-la súa demisión, en vista do ninguneo ao que se viu sometido por parte do Partido Popular provincial de Louzán e compañia.

Foto do Atlántico Diario

Estas liñas non son para defender a Lores nin a Teresa Casal, nin moito menos, a min o que verdadeiramente me importa é a miña cidade, o seu presente e mailo seu futuro, e teño que admitir que os nosos políticos locais non están á altura das circunstancias, o governo bipartito estase desgastando por momentos e cecais cómpre unha renovación, pero o Partido Popular tampouco é quén de presentar nin moito menos unha oposición coherente  e seria. E por certo, na manifestación á que, repito, tiven a ocasión de asistir coa miña familia, -na cal, fóra tópicos, non temos ningún funcionario nin local, nin autonómico nin estatal- habia tamén algúns simpatizantes (non sei se militantes tamén) do partido popular do señor Telmo Martín, si señores, amigos e coñecidos de recoñecida militancia popular, asi que tomen boa nota dende os bancos azuis, non todo vale en política, tampouco tomarlle o pelo aos pontevedreses, porque o venres habia xente de todos los gustos y colores...

Por certo, ¿pódese ser tan cazurro e tan inútil coma poñer un titular coma éste nun xornal? ¿¿¿MANIFESTACIÓN CONTRA VIGO?? ¿É isto xornalismo serio ou unicamente son unha panda de xuntaletras estos do Atlántico Diario?, xente asi habia que deportala a un gulag en Siberia, por favor, que pouco sentido común.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Pontevedra 15 xun 2009 07:37 pm

Pontevedra beach

Semellaba unha promesa dificil de cumplir, poucos eramos os que confiábamos en que a nosa cidade e o noso rio contaran cunha praia urbana, pero ao final o Concello saiuse coa súa e haino que felicitar, ou alomenos asi o fixeron centos de pontevedreses que visitaron o lugar este fin de semana, coincidindo coa súa inauguración o pasado venres, cun espectáculo de luz e son ao que non puiden asistir por mor dunha cea de traballo, pero si estiven xunto cós meus colegas e os nosos fillos o domingo dando unha volta polo lugar. 

extraida da web do concello de pontevedra

Socorrista, bancos de pedra, amplo espazo para o baño e para deitarse na herba, a verdade é que non contaba con que o tema rematara tan ben, somentes podo dicir que levei/levamos unha grata sorpresa ao chegar a sitio en cuestión, a partires de agora será un punto de encontro de moita xente e un lugar máis de lecer da nosa cidade, parabéns ao Concello de Pontevedra polo logro, agardemos agora que tanto o propio governo municipal coma a cidadanía que empregarémolo sitio, demos boa conta del, coidando e respectando o entorno, seria unha mágoa que despois de recuperalo para o noso desfrute o deixemos morrer ou a mesma xente que o empregará dia tras dia non o saiba coidar en condicións, confio logo na boa fe duns e doutros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Internet &Pontevedra 27 mai 2009 09:00 am

Pontevedra dende outra perspectiva

Non sabia eu que un cocheciño de bebé daba para facer cousas coma ésta, claramente tereino que probar có meu nos paseos dominicais polo fermoso casco vello que temos na nosa cidade, bravo polo autor deste video que me sorprendeu gratamente hai uns cantos dias.

Ollado no blogue de Andrés Milleiro, son pesado, xa o sei, pero este home é unha mina.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Pontevedra 30 abr 2009 05:50 pm

Feira franca, troyanos e falla de infomación..

Semella que ante a escasa información municipal no tema da Feira Franca, sen ir máis lonxe, o meu blogue é un dos máis visitados en canto a pescudar información sobre ela se refire, senón botádelle unha ollada ao google e poderedes atopar este blogue no terceiro posto dos resultados, por diante da propia web temática. Pois ben, nisto andaba eu cando atopei o comentario de Cècile no meu post sobre a Feira Franca, nel me solicita como poñerse en contacto coa xente que organiza a feira, có obxecto de instalar un posto de artesanía, e cal é a miña sorpresa, cando entro na ligazón que me deixou e comprobo que se trata dunha web francesa, ¡¡ carallo !!, ata onde está a chegar a repercusión e mailo éxito desta festa que comezou coma algo local e agora semella ser  internacional, a web de Cecile, por se tedes curiosidade é ésta que vos linko (menudo palabro) aquí.

Pero vamos, que aparte de chamarme a atención o feito de que me soliciten información dende Francia, o que máis me jode, e con perdón da expresión, é a escasa información que aporta o noso concello sobre esta festa tan importante, porque xa mudaron a web en varias ocasións e ademais case non a actualizan ate unha semana ou dez dias antes, polo que moita xente coma Cècile non poden preparar con tempo a súa participación na mesma, dende aqui señores do Concello de Pontevedra e refírome concretamente a Anxos Riveiro, póñanse as pilas neste tema, e por favor fáganlle de paso unha limpeza en condicións a http://www.feirafranca.info, porque cada vez que entro o avast (o meu antivirus) avísame de que a web contén troyanos... vamos, de coña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Política &Pontevedra 15 feb 2009 12:39 pm

En Pontevedra pero sen pontevedreses…

Eu sempre fun de letras, ou máis ben de historia, xa que ésa era a miña asignatura preferida na antiga E.X.B. hai unha chea de anos diso, se boto contas, 200 autobuses a unha media de 50 persoas por cada un saen un total de 10.000 persoas, que segundo La Voz de Galicia ésa era a cifra de asistentes que onte lle deron un baño de masas ao tándem Feijoo-Rajoy na praza de touros de Pontevedra, fago mención a este xornal que para nada pode ser sospeitoso de ir en contra dos intereses do Partido Popular, máis ben ao contrario, pois ben, voltando aos números, se o aforo da praza de touros de Pontevedra é de 7.800 localidades os organizadores supoño que para chegar á cifra de dez mil persoas encherian tamén o coso de cadeiras, vamos, a metade del, que tamén haberia un palco para os oradores, polo tanto que espazo resta para os simpatizantes de Pontevedra, ¿ou acaso é que alí non habia xente de Pontevedra?. Rajoy sacou a foto que levaba toda a semana buscando, despois duns dias complicados con acusacións de corrupción e demais o lider popular precisaba este baño de multitudes, e a foto supoño que seria ésta:

Foto de La Voz de Galicia

Nun marco imcomparable, cheo de bandeiriñas e rodeado dos seus, que exceptuando os integrantes da organización eran na súa maior parte xente xubilada ou cunha media de idade de 5O ou 60 anos e traidos de todas partes de Galiza en bus, supoño que coa promesa de dar unha voltiña por Pontevedra, visitar unha praza de touros que é posible que na súa vida ollaran e quén sabe se, có agasallo tamén dunha bolsa cun bocata, unha peza de froita e un botellín de auga. Segundo apuntaron fontes populares, éste foi o acto máis importante de cantos se han celebrar na campaña galega, un acto que sinceiramente agradezo tivera lugar na miña cidade polo feito de que ¿cecais? deixara algo de cartos na mesma, inda que o dubido, pero que humildemente tacho de lavado de cara de Rajoy e pouco máis, fixeron un mitin na cidade e trouxeron a toda a xente de fóra, as contas non saen, ¿onde estaban os pontevedreses?, cando a xente saia da praza o 90% se dirixian aos autobuses e ninguén cara ao centro da cidade, non sei, canto máis corrupción no Pepé máis apoio popular en Galiza, pero sempre dos mesmos, ¿é preciso carretar xente de fóra e facer esta pantomima?, deixo esa pregunta no ar.

De tódalas maneiras, é de alabar o poder de convocatoria que tivo o Partido Popular, pero polo de agora as enquisas non reflicten tal apoio, veremos que pasa nas vindeiras semanas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Pontevedra 23 xan 2009 10:37 am

Xa temos proxecto para o Museo de Historia da Cidade

museocidade1.jpg

Un equipo de cinco arquitectos de Madrid ven de gaña-lo concurso de anteproxectos do Museo de Historia da Cidade de Pontevedra, que vai vir cubrir os restos arqueolóxicos da praza de Valentín García Escudero.

O proxecto final foi escollido de entre 82 propostas recibidas no concello, non so de estudos de arquitectura de Galiza, senón de moitos de Madrid ou de fóra de España, o que persoalmente sorprendeume gratamente, poñendo a Pontevedra no mapa en moitos lugares.

Continue Reading »

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Pontevedra 10 dec 2008 03:24 pm

BRILAT, abuso de poder e perímetro de seguridade

En termos económicos a isto que está a facer o Ministerio de Defensa en Pontevedra chamaríaselle abuso de posición dominante, que ven sendo unha cousa semellante ao ordeno y mando que se estilaba hai moitos anos. O problema dos veciños de Salcedo e Vilaboa cós militares da Brilat de Pontevedra xa ven de atrás, son anos e anos nos que uns baixaron as orellas e deixaron facer, por aquilo de levar unha boa convivencia coa xente da base, nos levámonos ben e eles pois respectánnos e tamén, xa postos, fan algo de gasto nos nosos negocios, preferentemente en bares da zona. Pero o acontecido no dia de onte supón un antes e un despois na xa de por si tensa relacións entre civiles e militares nesta zona dos arredores de Pontevedra. Hai uns dias que os militares comezaron a traballar con buldozers e demais maquinaria pesada alterando o medio que lles rodeaba, inda nada está decidido pero eles teñen moi claro que o perímetro de seguridade cómpre aumentalo aos 300 metros e xa comenzaron os traballos arrasando con todo sen que nada nen ninguén llo impedira, nin tan sequera os veciños que secundaron as protestas e organizáronse nunha plataforma de afectados

Foto da concentración do luns (Faro de Vigo)

Semella que en todo este lio de pouco importa o que digan os propietarios dos terreos, a xente que olla como os seus dereitos máis elementais son pisoteados impunemente polo exército, o ministerio de defensa, ou quén queira que está detrás de todo este despropósito, veciños que levan anos e anos vivindo ao carón desta xente e que de súpeto teñen que lidiar coa policia militar e cós monos vestidos de azul -de sobra coñecidos polas súas cargas en Pasarón, empacadora de Vilaboa e demais fazañas victoriosas que algús temos moi presentes- para defende-las súas casas, porque á ministra Carme Chacón e os seus correlixionarios dende Madrid, e sen coñecemento do medio, se lles ocorreu a magnífica idea de aumenta-lo perímetro de seguridade da base onde se atopa a BRILAT por que si, porque semella que o actual resúltalles pequeno ou cecais porque terán medo a atentados de Al Qaeda en territorio galego e teñen que afastarse máis do mundanal ruido que lles rodea.

Dende aqui todo o meu apoio aos veciños e veciñas de Salcedo e Vilaboa que están a defende-las súas casas e a súa forma de vida, non permitades ese abuso e loitade polos vosos dereitos.  Por outra banda, ao señor subdelegado do goberno, o señor Delfín Álvarez, pediríalle un pouco máis de tacto e comprensión cara aos veciños e que non se postule tan descaradamente de parte da BRILAT, incluso afirmando veladamente que os altercados foron causados por xente de Pontevedra, chegando a apuntar mesmamente a militantes do Bloque Nacionalista Galego, que ten miga o asunto, dicindo que dos cinco detidos catro son de Pontevedra, ¿acaso non pode un veciño desta cidade solidarizarse cun amigo (ou non) que está a sofrir este acoso por parte do exército? ¿non hai xente de fóra da cidade nas manifestacións contra ENCE?.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Internet &Pontevedra 06 dec 2008 07:29 pm

Andrés Milleiro ou a omnipresenza dixital

¿Coñecedes a Andrés Milleiro?, si home si, ese veciño noso emigrado a Salamanca para estudar e formarse un futuro prometedor, pois estes dias estivo de actualidade por partida doble, ou máis ben diria que triple, paso a explicarme de seguido:

O individuo en cuestión...

O outro dia estaba a botarlle unha ollada ao videoblogue de Anxo Quintana, -sobran explicacións posto que todos e todas ben sabedes quén é- e toquteando por aqui e alá atopeime con isto, o amigo Andrés interactuaba có vicepresidente da Xunta e preguntáballe pola súa opinión encol das novas tecnoloxias, ao cal Anxo Quintaba respostáballe aqui dias despois, sorprende e moito que un político se achegue tanto á cidadania, porque unha cousa é un blogue, como tamén ten Telmo Martín, e outra moi diferente un vblogue no que falas directamente có internauta que che interpela. Uns dias despois, e por se fora pouco, consultando a web de Caixa Galiza atopeime con unha entrevista a outro coñecido meu.. ¡¡ pero que coño!!, se é tamén Andrés Milleiro, ¡¡ tio, estás en tódolos lados !!, pois nada, xa non quero ser pesado e paso de comentar que o outro dia tamén che deron xunto con Manuls, outro blogueiro pontevedrés, o premio Bitácoras ao mellor podcast do Estado, non quero mencionalo non vaia a ser que a xente pense que falo de ti ou que teño algún tipo de fixación obsesiva-compulsiva contigo, que eu estou casado e son un tio ben serio.

Pois nada, fica aqui a miña pequena homenaxe persoal a Andrés Milleiro, un veciño de Pontevedra, granate e ademais amigo persoal e padriño nisto dos blogues de quén vos escribe estas liñas,

Este post está patrocinado, foi sufragado polo interpelado sen o seu coñecemento, o cal a partires da data deberá abonarlle a un servidor alomenos dúas cervexas, as cales faranse efectivas a partires do 20 de nadal en calqueira cervexeria da nosa cidade, preferentemente no Mariscal, O Grifón ou mesmo no Revira.

Actualizado a 12/12/08: Hoxe mesmo entrevistaron a Andrés en Blogoff, se tedes curiosidade en saber algo máis del non vos perdades o audio que acompaña a ese pequeno artigo, dende as montañas de Kandahar e cós soniquetes do messenger de fondo, o amigo Andrés cóntanos via móbil como facer un blogue ou un podcast, tamén do fantástico proxecto GalizaID.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actualidade &Pontevedra 27 nov 2008 03:31 pm

Os veciños do Burgo e Lérez en pe de guerra

Hai dias, antes de que a nova saira nos xornais e que o resto da cidadanía de Pontevedra tivera coñecemento dos plans da Conselleria de Vivenda para a zona do Burgo e Lérez, os veciños desta populosa zona de Pontevedra xa se encontraban coa mosca detrás da orella, eu tamén xa ollara algún cartaz pegado en portas e farolas, o ruxe ruxe falaba de vivendas socias ou vivendas de promoción oficial (V.P.O.), as novas eran algo confusas, certo é que non son a mesma cousa e có problema do Vao tan perto pois a inquedanza da xente era algo normal. Dias despois xa temos algo máis de información, onte mesmo os veciños xuntáronse cós técnicos da conselleria na Auditorio de Caixanova, a orde do dia era explicarlles en que consisten exactamente as intencións da Xunta de Galiza e os números foron postos enriba da mesa, 2.026 vivendas de P.O. na zona de Pasarón e arredores, ou o que é o mesmo, 209.000 metros cadrados dentro dos cales serian afectadas unhas 21 vivendas unifamiliares, o resto do terreo coresponderia a leiras.

Foto do Diario de Pontevedra

A miña incredulidade é tal que supoño estará á altura da dos propios veciños da zona, ¿como pode ser que prentendan sacar a familias enteiras das súas casas, vivendas nas que conviven varias xeracións para metelas nun piso?, ¿como pode ser que cando todo o tinglado de Tafisa non se construiran alí V.P.O. e nese caso se vendera o metro cadrado a prezo de ouro para promover vivenda libre? existe un vello refrán que di que non se pode desvestir a un santo para vestir a outro, pois iso mesmo é o que pretende facer a Consellería de Vivenda e Solo, estamos dacordo en que é preciso liberalizar solo en Pontevedra para promove-la construcción de vivendas de protección oficial, cando eu quixen merca-la miña hai cinco anos non habia á venda nesta cidade, pero o que non se pode é pretende-lo facer a costa da xente, de familias que levan anos e anos vivindo alí, a quén defendemos señores ¿á cidadanía ou aos intereses privados de catro constructores?.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actualidade &Pontevedra 24 nov 2008 08:00 am

ENCE chantaxea á Xunta e a tódolos pontevedreses

¿Pero quén é esta xente para tratarnos desta maneira aos pontevedreses? As manifestacións feitas hai un par de dias polo Sr. Juán Luis Arregui son duha chuleria e dunha prepotencia sen parangón, que supoñen unha chantaxe en toda regla, [..ou a Xunta outórganos a concesión eólica ou ficaremos aqui trinta anos máis..] menudo sobrado o presidente do Grupo ENCE.

fábrica de ENCE na ria de Pontevedra

Non sei se estaredes dacordo coa miña apreciación, pero a min antóllaseme que o feito de proferir unha amenaza de tal calibre pode estar dicíndonos que efectivamente ENCE supón un grave problema para o noso medio ambente e o que é máis importante, para a nosa propia saúde, senón a conto de qué ven iso de ameazarnos con que no 2015, e a tres anos da fin da concesión, solicitarán unha prórroga de trinta anos máis, este individuo está recoñecéndome implicitamente e de primeira man, que a fábrica suponme como cidadán de Pontevedra un serio problema e que como a Xunta non lles dea esa contraprestación que están a procurar vanme estar jodendo a vida ata que me xubile.

Persoalmente considero este novo movemento por parte de ENCE unha chantaxe total, e ademais no pior intre, coa xente agobiada pola crise e sensible a todo o que teña que ver cós postos de traballo, senón son tontos os de ENCE non, e o señor Arregui saiunos gallito de pelea..

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Seguinte páxina »