Category ArchiveTenda
Caixón de xastre &Tenda 21 xull 2008 01:00 pm
Vendo tres cadeliños de boxer

Xa somos tres máis na familia, estes cadeliños de boxer que teñen ao redor de tres semanas de vida son os novos integrantes, hai un par de dias que xa abriron os ollos e comezaron a andar na procura de aventuras, é unha gozada olla-los xogar e pelexar coas súas pequenas patiñas, son dous machos e unha femia preciosos e residentes en Pontevedra.
Editado 30/07/08 -- XA ESTÁN VENDIDOS
Tenda 12 ago 2007 09:00 am
Agrupación folclórica “Vides Novas”.
Gaiteiros en Pontevedra e bisbarra.
"Vides Novas" é unha agrupación folclórica que ten a súa orixe no concello pontevedrés de Poio, leva máis de dez anos actuando en romarias, festas e festivais, tanto no noso País coma no veciño Portugal, é unha agrupación musical ao máis propio estilo galego, con percusión, gaitas e tamén grupo de baile tradicional, se estás interesado en amenizar un acontecemento familiar ou social, ben sexan vodas, bautizos ou celebracións de calqueira índole, podes contactar con nós ao traveso desta web ou tamén no télefono 649 338201 (Mundo) onde poderemos darche cumprida información do que precises.
Desprazámonos normalmente cun grupo de máis ou menos dez integrantes, o cal consta de varias gaitas, bombo, tambor e pandereteiras, tamén se é preciso e che interesa, podemos levar o grupo de baile, inda que iso loxicamente teria un sobrecusto, as actuacións ás que adoitamos acudir son normalmente en Pontevedra e bisbarra, inda que se poderian facer excepcións se é preciso, témonos desprazado a tocar a Marín, Pontecaldelas, Sanxenxo, Cambados...
Non o dubides e contacta con nós.
Fai click nas fotos para podelas ollar máis grandes
Tenda 27 mai 2007 02:03 pm
Artesanía decorativa en pedra
¿Non pensaches nalgunha ocasión en ter un cruceiro ou un escudo de pedra na túa casa?
Pois por se te pode interesar a ti, visitante do meu blogue, se hoxe coincide que tes un dia deses nos que te atopas expléndido e queres decora-la túa casa ou xardin, ou ben queres facer un agasallo único e con história, vendo unha "reproducción" en pedra granítica do trisquel calado atopado nas excavacións do castro de Castromao, na parroquia de Celanova (Ourense), está feito totalmente a mán e nunha soa peza, as súas dimensións son 41 x 42 x 9 centímetros, a peza está en Pontevedra e se estades interesados, o prezo é de 250 euros (negociables), podédevos pór en contacto comigo no enderezo electrónico breogain@hotmail.com ou deixando unha resposta neste mesmo post. Tamén facemos
outro tipo de elementos decorativos en pedra como escudos, tragaluces, figuras ou mesmo cruceiros. Debaixo destas liñas podedes ollar algúns exemplos de traballos feitos en pedra, o seu valor ademais de polo feito de ser unha mostra da nosa artesanía máis popular, radica no feito de que están totalmente modelados a man, na súa confección non se empregaron moldes nin máquinas de corte de ningún tipo, somentes as mans sabedoras dun canteiro de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa).
Unha foto deste mesmo trisquel foi publicada nunha web de bandeiras galegas, podédela ollar aquí.







