Monthly ArchiveMaio 2007
Deportes 31 Mai 2007 11:34 pm
Volta ciclista a Galiza.
Como ben saberedes os afeccionados ao ciclismo, onte comezou a Volta ciclista a Galiza 2007, a saída foi en Monforte de Lemos e nela estiveron apoiando o evento, a directora xeral para o deporte da Xunta e tamén integrantes da equipa profesional galega "Karpin-Galicia", a carreira rematará o domingo na cidade de A Coruña e o máximo favorito é o "Supermercados Froiz", o cal tentará revalida-lo título acadado o ano pasado polo seu corredor Óscar Laguna, agardemos que a progresión desta equipa pontevedresa non remate aqui e que poida seguir dándonos moitas alegrias ao ciclismo pontevedrés, polo de agora a progresión do www.superfroiz.com foi imparábel e pouco a pouco foise facendo un oco no ciclismo non-profesional, os resultados polo da agora vanlle dando a razón ao seu director deportivo Evaristo Portela.
chuzame -
Actualidade 31 Mai 2007 11:58 am
Otra vez…
Una vez más el puente que discurre por encima de la calle Eduardo Pondal, un poco antes del hotel "Galicia Palace", vuelve a sufrir desperfectos a causa de su baja altura. Después de leer esto, me vino a la memoria el dia del desplazamiento de las peñas granates para ver el partido Celta de Vigo-Pontevedra C.F., cuando nuestro autobús también impactó contra la parte inferior del puente, está claro, el hombre es el único animal que tropieza dos veces con la misma piedra.
chuzame -
Deportes 30 Mai 2007 04:18 pm
David Cal vaise para Asturies.
Pois hoxe mirando o xornal, atopei esta mala nova para o deporte da nosa cidade, o medallista olímpico do morrazo David Cal, marcha a adestrar ao embalse de Trasona (Asturies), ante a falta de "garantias" da pista que se está a construir no encoro do Pontillón do Castro, polo visto o deportista non se fia de que as instalacións estexan listas e a tempo para a súa preparación de cara ás olimpiadas de Pekin 2008.
http://www.lavozdegalicia.es/inicio/noticia.jsp?CAT=126&TEXTO=100000129493
chuzame -
Caixón de xastre 30 Mai 2007 03:45 pm
Ata cando..?
Estouvos a falar do edificio multiusos máis reprensentativo da nosa cidade, onde xoga o Teucro Balonmán, un edificio deseñado por Alejandro de la Sota alá polo ano 1966, posteriormente sufriu unha remodelación para adoitalo aos novos tempos, pois ben, non sei se será culpa do rotulista ou cecais será cousa da ignoráncia da xente, pero hai anos e anos (governo nacionalista por medio) que cada vez que paso por diante dese edificio non podo deixar de mirar para esas inmensas letras, para esa patada ao noso idioma, seguirá asi por moito tempo...?
PAVILLÓN DOS DEPORTES…por favor !!!
chuzame -
Deportes 30 Mai 2007 09:06 am
Preparativos da viaxe a Córdoba.

O partido que este domingo dia 27 ás 20:00 horas enfrontará ao Córdoba C.F. e mailo Pontevedra Clúb de Fútbol vai achegándose, e os preparativos para a viaxe das peñas van tomando forma, o clube pontevedrés dispón de 500 entradas para os nosos afeccionados, e comunicou que se dispoñemos de todas, poderia haber máis, a federazón de peñas do Pontevedra está a organiza-la viaxe en dúas modalidades, o prezo da viaxe é de 15 euros, posto que o noso benefactor, o Sr. Ricardo Tilve, costea a viaxe unha vez máis, tedes máis información na web "non oficial" www.pontevedracf.net , segundo todo aponta, o partido non será retransmitido pola T.V.G., por non haber polo de agora acordo entre o ente público e o clube pontevedrés no tema das retransmisións.
Por certo, xa hai árbitro designado para o encontro, Gómez Navarrete, extremeño, que xa asubiou ao Pontevedra dúas veces.
chuzame -
Actualidade 30 Mai 2007 08:57 am
Restos humanos nas catas arqueolóxicas
Os arqueólogos atoparon restos humanos nas catas arqueolóxicas que realizan para as obras de mellora do contorno de Santa María, na zona máis próxima ao Teatro Principal. Segundo apuntou onte o concelleiro Demetrio Gómez Junquera, estes ósos localizáronse xunto á Casa dás Campás, o edil lembrou que neste lugar atopábase o antigo cemiterio de San Bartolomeu, polo que se agardaban estes achados, indicou que tamén apareceron outros restos arqueolóxicos de relevancia na cata máis próxima ao Teatro Principal dos que dará conta máis adiante.
chuzame -
Actualidade 29 Mai 2007 10:34 am
Xa hai un detido pola liorta das cinco rúas.
|
Diario de Pontevedra, edición dixital. |
|
A liorta entre cuadrillas de mozos rexistrada a madrugada do domingo 20 de maio no entorno das ‘Cinco Calles’, no casco histórico pontevedrés, co resultado dun menor veciño de Marín ferido de arma branca quedou prácticamente resolta. O Corpo Nacional de Policía da por concluida a investigación e detivo a un mozo de 17 anos veciño da zona de Cerponzóns como suposto autor do presunto navallazo que enviou ao menor marinense ao hospital. |
chuzame -
Deportes 28 Mai 2007 04:24 pm
O Córdoba será o rival do Pontevedra C.F.
Cando son as catro e dez da tarde, o Pontevedra C.F. xa ten rival para o primeiro partido da fase de ascenso a 2ª División, o Córdoba C.F. , o partido será o dia 3 de Xuño ás 20:00 (confirmado) no estádio do "Arcangel" de Córdoba, o partido de volta será o vindeiro dia 10 de Xuño en Pasarón, no caso de que os granates pasen a eliminatória xogaremos contra o gañador do Huesca-Palencia, pero iso xa é outra história, agora o importante é o primeiro partido este fin de semana, esta información foi por xentileza do foro www.pontevedracf.net e grazas á retransmisión en directo de Ramón Mella, de S.E.R. Pontevedra.
É de supoñer que a Federazón de peñas comezará hoxe mesmo a organiza-la viaxe dos siareiros granates á cidade andaluza, asi que, se precisades máis información pois podédela obter na web oficial www.pontevedracf.com ou no foro de www.pontevedracf.net .

chuzame -
Actualidade 28 Mai 2007 03:43 pm
Onte habia que votar.
Noite electoral en Pontevedra, os colexios pechaban ás nove da noite, a policia local e nacional se retiraba, se recollian cabinas, mesas coas papeletas, aparecia algún despistado de última hora que, botaba unha carreira para chegar á mesa, os presidentes das mesmas daban por rematado o momento das votacións, pero outro moi importante estaba a comezar, aquel no que comezaba o reconto dos votos, caras de resignación, a que hora sairemos..? as paleletas van pasando unha a unha, apuntamentos nas libretas e presa por rematar canto antes, cansanzo nas caras e nos corpos, maldita a hora na que me tocou vir aqui, a perde-lo domingo sentado nesta cadeira. Pasan unhas horas e os primeiros dados van aparecendo nas televisións, chegan tamén ás rádios que como o de Cadena S.E.R. de Pontevedra non somentes fixo unha programación especial, senón que deixou aos ouvintes de Máxima F.M. sen a súa musica por unhas horas ao coller o seu dial na F.M. , os xornais mañán contarán todo o acontecido, as subas e mailas baixas, os escanos, os descalabros (que os hai), os vencedores e os vencidos...
Eu coma sempre fun a votar pola mañá cedo, pasei o dia tranquilo, tomei unha cervexa pola tarde cós amigos e comentamo-lo tema obrigado...o Lores qué ? buff, non sei, palma seguro, pero ogallá o Telmo non saia, en fin, un construtor de alcalde non che é boa cousa...ao final máis do mesmo, segundo dixo Teresa Casal, haberá contactos nos vindeiros dias, acordo de governo "de progreso", quén sabe, agardemos que sexa polo ben da cidade, namentres o candidato do Partido Popular, o señor Telmo Martin, promete guerra, "Ten que governar a lista máis votada" dixit.
Por certo, o Partido Popular de Louzán conseguiu outra vez a Deputación de Pontevedra, estivo na corda frouxa pero...
Saúdos
chuzame -
Actualidade 27 Mai 2007 11:24 pm
Resultados electorais en Pontevedra.
ELECCIóNS 07| PONTEVEDRA
O PP consolídase como forza máis votada en Pontevedra, pero non chega á maioría absoluta.
Có 97,95 % do escrutinio os nacionalistas perden tres concelleiros.
Tralo escrutinio do 97,95 % dos votos, en Pontevedra o PP de Telmo Martín acada 12 concelleiros consolidándose como a forza máis votada e rozando a maioría absoluta. O BNG acada 7 representantes, baixa tres con respecto ao mandato actual, e o PSdG consegue 6 representantes, un máis. O governo en coalición entre socialistas e nacionalistas poderíase manter xa que, entre ambos suman os concelleiros necesarios para ter maioría absoluta, polo tanto o titular deberia de ser "TODO SIGUE IGUAL EN PONTEVEDRA", pero a cousa non está tan clara, ao meu parecer o B.N.G. levou un duro correctivo nestes comicios, pode ser polo tema do tráfico, de ENCE-ELNOSA, cecais de Pasarón..? o que si está seguro é que estes resultados deberán facer reflexionar a Miguel Anxo Fdez. Lores e Mosquera, o governo coaligado pode ser que se revalide, pero a candidata á alcaldia polos socialistas dixera dias atrás que non governaria có Bloque, en fin, o que si debe de estar ben contento é o construtor, perdón, o candidato polo Partido Popular o sr. Telmo Martín, a ver que pasa nos vindeiros dias.

chuzame -
Deportes 27 Mai 2007 11:19 pm
Final de liga 2ª B
O Pontevedra C.F. xogou esta mañá o seu derradeiro partido da liga regular fronte ao Orientación Marítima nas Illas Canárias, o partido saldouse cun resultado de 1-1, o partido non tivo moita história xa que ámbolos dous clubes xogaron con poucos dos seu titulares, partido de mero trámite para o Pontevedra C.F. xa con todo decidido para o play-off, o único destacábel foi a incorporación do canteirán Roi e a lesión de pouca gravidade de Charles que se tivo que retirar cun nocello escordado, agora a esperar ao sorteo do luns a ver quén nos toca, eu pola miña parte prefiro ao Irún, os outros posíbeis candidatos son o Hospitalet e mailo Córdoba.
chuzame -
Deportes 27 Mai 2007 11:10 pm
O Manacor empata a eliminatoria.
O Leis Pontevedra non puido có Fisiomedia Manacor a domicilio, os locais sairon a por todas despois da derrota de onte e levaron un punto moi importante, polo tanto a eliminatoria fica empatada e o seguinte partido será en Pontevedra, ésta é a ficha do partido;

chuzame -







