Cargando...

Monthly ArchiveMaio 2007



Mercadillo. 27 Mai 2007 02:03 pm

Artesanía decorativa en pedra

¿Non pensaches nalgunha ocasión en ter un cruceiro ou un escudo de pedra na túa casa?

trisquel-de-castromao.JPG

Pois por se te pode interesar a ti, visitante do meu blogue, se hoxe coincide que tes un dia deses nos que te atopas expléndido e queres decora-la túa casa ou xardin, ou ben queres facer un agasallo único e con história, vendo unha "reproducción" en pedra granítica do trisquel calado atopado nas excavacións do castro de Castromao, na parroquia de Celanova (Ourense), está feito totalmente a mán e nunha soa peza, as súas dimensións son 41 x 42 x 9 centímetros, a peza está en Pontevedra e se estades interesados, o prezo é de 250 euros (negociables), podédevos pór en contacto comigo no enderezo electrónico breogain@hotmail.com ou deixando unha resposta neste mesmo post. Tamén facemos outro tipo de elementos decorativos en pedra como escudos, tragaluces, figuras ou mesmo cruceiros. Debaixo destas liñas podedes ollar algúns exemplos de traballos feitos en pedra, o seu valor ademais de polo feito de ser unha mostra da nosa artesanía máis popular, radica no feito de que están totalmente modelados a man, na súa confección non se empregaron moldes nin máquinas de corte de ningún tipo, somentes as mans sabedoras dun canteiro de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa).

Unha foto deste mesmo trisquel foi publicada nunha web de bandeiras galegas, podédela ollar aquí.

dsc05290.JPGtragaluz-ii.JPGtrisquel-e-bandeira-galega.JPGtorreon.JPG 

 

 

Chuzame! chuzame -

Actualidade & Historia 27 Mai 2007 01:28 pm

Achado outro miliario romano.

     As excavacións arqueolóxicas do Burgo son noticia unha vez máis, esta vez é outro miliario romano atopado o pasado venres, máis antigo que o anterior atopado en Outubro, este impresionante achádego atopado nunha zona apodada "a casa do costureiro", data do século I, inda que polo de agora o experto encarregado, Manuel Caamaño, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, non deu a coñecer a transcripción das letras gravadas no mesmo, na superficie do miliario pódese ler con claridade as palabras "Caesar" e "Nerva", trátase dun emperador romano que governou entre os anos 96 e 98 despois de Cristo, os xacementos arqueóloxicos de Pontevedra son os máis grandes que hai en Galiza na actualidade, os miliarios serán transladados a unha exposición nas ruinas de San Domingos.

Chuzame! chuzame -

Deportes 27 Mai 2007 01:03 pm

O Leis Pontevedra a un paso.

     No dia de onte, o Leis Pontevedra de fútbol sala, deu un paso moi importante cara ao ascenso á División de Honra da liga española, vencendo por 2 goles a 3 na chancha do Fisiomedia Manacor, con ésta victória suma un moi importante punto, que agardando polo segundo partido, a desputar hoxe tamén na mesma cancha e con idéntico adversario, poderia certificar o ascenso matemático do cadro lerezano, agardemos que asi sexa polo ben do futbol sala e o deporte na nosa cidade.

Chuzame! chuzame -

Música 27 Mai 2007 09:00 am

O derradeiro bardo celta…

     Hoxe quérovos recomendar un disco "histórico", descoñezo se está editado en formato dixital, o artista en cuestión chámase Emilio Cao e o vinilo do que vos falo titúlase "A fonte do Araño", foi editado pola discofráfica Zafiro alá polo ano 1977, daquela eu tiña pouco máis de tres anos, nunca cheguei a ter nas mans o disco orixinal, o que chegou a miña casa  pertence a un recopilatório editado por Caixavigo (daquela), unha escolma de música galega, dende o própio Emilio Cao de quén vos falo, até "Fuxan os ventos", pasando por xente de "Voces Ceives" e tamén "Faiscas do Xiabre", o xerme dos que logo viñeron a ser coñecidos internacionalmente coma Milladoiro.

     O disco consta de dez temas, interpretados marabillosamente polo xénio galego da harpa Emilio Cao, unha música que tansmite paz e tranquilidade, que transporta a quén o escoita ao cúmio do Caurel, un disco sosegado e redondo, na súa gravación foi  acompañado por Antón Seoane, Xosé Ferreirós, Xoán Piñón e Bernardo Martinez, este foi o primeiro disco do que logo seria unha  longa carreira, Emilio Cao foi o primeiro intérprete de harpa dentro da música tradicional en todo o Estado Español, destacaria sobre todo un par de temas que persoalmente desfruto, o fabuloso "No campo da festa" e algún máis como a "Pandeirada de Nebra" ou "As gueivotas sobor de nós" pero todos son igualmente fantásticos, ao meu parecer, un disco obrigado de ter a calquiera que lle goste a música galega, un disco sublime.

Emilio Cao, o derradeiro bardo celta, có permiso de Alan Stivell claro está.

Chuzame! chuzame -

Deportes 27 Mai 2007 02:45 am

Play-off de ascenso a 2ª División.

     Na tarde de hoxe quedou vista para sentencia a clasificación da 2º B nos seus catro grupos, despois de xoga-lo partido aprazado entre o Universidad de las Palmas e mailo San Sebastián de los Reyes, con victória destes últimos, no dia de onte e inda por xogar hoxe o partido do Pontevedra, os números xa están claros, e éstes son os equipos clasificados para xogar o play-off de ascenso á segunda división A, a chamada liga BBVA.

Grupo I
1º Pontevedra
2º Rayo
3º R.Ferrol
4º Universidad
 

Grupo II
1º Eibar
2º Burgos
3º Palencia
4º Real Union 
 

 Grupo III
1º Alicante
2º Huesca
3º Alcoyano
4º Hospitalet

Grupo IV
1º Sevilla Atl
2º Linares
3º Racing Portuense
4º Cordoba

     Agora somentes resta agardar polo sorteo do luns, para coñecer cales serán os rivais do Pontevedra C.F. nos partidos a desputar os dias, 3 (fóra), 10 (na casa), 17 (fóra) e 24 (na casa) de Xuño, non esquezamos que non nos poderá tocar un primeiro clasificado doutro grupo nin tampouco ningún do noso grupo e que o sorteo se adiantou ás 16:00 horas do luns, emitido en directo por Rádio Pontevedra (S.E.R) e tamén na web non oficial do Pontevedra C.F. www.pontevedracf.net .

Chuzame! chuzame -

Axenda 26 Mai 2007 08:58 pm

Miguel Bosé, Dover e Fangoria nas festas da Peregrina 2007.

     Pois hoxe fíxéronse públicos os concertos xa contratados para a semana grande do verán pontevedrés, supoño que máis de un estaríades/estaríamos ansiosos por saber cales ian se-los concertos deste ano e se estarian ao nivel dos tres previstos para o noso concello veciño, o de Poio que para as súas festas de verán, concretamente para a "Festa do Mar" vai traer de balde a Márta Sánchez, Álex Ubago e a El sueño de Morfeo, pois ben, Anxos Riveiro, concellería de festas, presentou esta mañá, as actuacións musicais previstas para a semana grande de Pontevedra. Unha programación que se define pola calidade, variedade e gratuidade dos concertos, segundo manifestou a concelleira.

     As festas da Peregrina estenderanse este ano unha xornada máis, do 11 ao 20 de agosto. Nove días nos que pasarán pola cidade máis de 11 artistas ou grupos musicais, que actuarán de balde nas noites da Ferrería. Entre eles, importantes conxuntos galegos ao lado de artistas de recoñecido prestixio internacional como Fangoria ou Miguel Bosé. O grupo Barricada será o encargado de inaugurar esta programación musical, seguido de Nena Daconte. Unha formación de xente xove que o Concello quere apoiar dende o principio, como fixo no seu día con Bebe, quen actuou en Pontevedra aos inicios da súa carreira.O día 14 os protagonistas serán Sugar Mountain, unha banda pontevedresa, á cal non temos moitas posibilidades de oír en Galiza porque normalmente tocan en festivais no resto de Estado. Acompañados entre outros por Burning. Dover actuará o día 15 de agosto na Ferrería, o que supuxo unha grande negociación por parte do Concello, xa que é moi difícil reservar unha actuación dun grupo tan importante para esas datas, aínda que está pechada dende decembro.
Continue Reading »

Chuzame! chuzame -

Cinema e televisión 26 Mai 2007 04:22 pm

Sunday, bloody sunday.

      Después de ver unas cuantas películas sobre el conflicto irlandés, tales como "En el nombre del padre", "Michael Collins" o más recientemente, "El viento que agita la cebada", llegó a mis manos, hace cosa de un mes esta película, recomendada por un amigo sabedor de mi interés por el tema, estrenada allá por el año 2002 (parece mentira que no me enterara antes de su existencia), relata lo sucedido aquel dia en Irlanda del Norte, el 30 de enero de 1972, trece personas murieron en las calles de la ciudad de Derry (Londonderry para los ingleses) y otras catorce fueron heridas por las balas del ejército británico. Eran unos civiles desarmados que participaban en una manifestación contra el decreto del Gobierno británico autorizando los internamientos preventivos. Este día, que se conoce en la historia por el nombre de Bloody Sunday (Domingo Sangriento), fue crucial en la historia contemporánea del problema irlandés, porque convirtió el conflicto (que se arrastra desde hace más de 700 años) en una guerra civil, hizo que muchos jóvenes se integraran en el IRA y alimentó un ciclo de 25 años de violencia. 

     La película cuenta lo que pasó ese día, desde el amanecer hasta el anochecer, desde la llegada de las tropas a las calles de la ciudad sitiada, hasta la violenta actuación de los soldados del Regimiento de Paracaidistas contra los manifestantes civiles y sigue con algo más de detalle a cuatro hombres: Ivan Cooper, líder de los defensores de los derechos civiles, lleno de idealismo y que comparte el sueño de Martin Luther King de lograr un cambio pacífico; Gerry Donaghy, un rebelde católico de 17 años, que desea establecerse y casarse con su chica, (protestante), pero que se ve arrastrado por el enfrentamiento con los soldados; el general de brigada Patrick MacLellan, comandante del ejército británico en Londonderry, que se ve presionado para que detenga con firmeza la manifestación y un joven soldado, un operador de radio de los paracaidistas, que, junto a su unidad de aguerridos veteranos, recibe la orden de entrar en el Bogside.

     La película me pareció ciertamente buena, el nivel de realismo que respira este film es tal, que contagia por momentos de pavor y crispación al espectador, la manifestación ocupa tres cuartas partes de la película y es un documento gráfico de gran valor, realmente disfruté viéndola y desde aqui os la recomiendo a tod@s.

 

Chuzame! chuzame -

Actualidade 26 Mai 2007 03:00 pm

Un blog dende Pontevedra para o mundo…

Pois aqui estou, recén chegado ao mundo dos blogues da man dun amigo exiliado en Castela, culpa súa foi que me picara o becho da informática, das páxinas web´s, os blogues e todo isto. Botando unha ollada atrás, penso que o primeiro contacto que tiven coa informática foi fai unha chea de anos, lembro que era un spectrum 48 K, o cal tiñamos que apagar de cando en vez porque a fonte de alimentación requentábase de  seguido, despois veu o I.B.M. PS1, -xa era unha máquina para aqueles tempos-, logo viñeron os estudos e o traballo e o ordenador da casa quedou aparcado durante un longo tempo, pouco a pouco fun volvendo, asi que neste pasado nadal merquei o meu propio ordenador e voltei a meterme neste mundo, previa conexión a internet claro. Levo anos participando en foros e visitando web´s pero fai cousa duns meses que descubrin os blogues, asi que nisto son novo de todo, pola miña parte o que non ha de faltar será empeño e adicación, o demais supoño que sairá pouco a pouco, isto somentes pretende ser unha benvida, unha especie de declaración de intencións e unha forma de darme a coñecer  para os que non me coñezades xa.

O meu alcume na rede é dende xa unha chea de anos o de breogain, o nome en língua gaélica do rei Breogán, lenda que relato máis de vagar aquí, inspireime nese nome tomando unha pinta de guinness na baiuca "A casa dos druidas", en Vilaboa (do morrazo) perto de Pontevedra, ali nunha parede estaba a lenda de Breogán escrita en gaélico. Das miñas afeccións que podo dicir, gústame a música, tanto escoito folk, coma rock ou ska, practico varios deportes, entre os cales está a bicicleta de montaña dende hai moitos anos, e nunca falto os domingos ao vello Pasarón, o "teatro dos soños" de tódolos granates, hai anos que son socio da bancada de norte e agardo que este ano, que voltamos outra vez a estar clasificados para o play-off, académolo ascenso á segunda división arelado por tódolos siareiros granates.

Coido que xa está todo dito, agardo que desfrutedes deste anaco de Ponteveda na rede, e vos pasedes por aqui de cando en vez.

Saúdos e benvidos ao meu blogue.

Chuzame! chuzame -

« Previous Page