Monthly Archivexuño 2007
Actualidade 21 xun 2007 12:02 pm
As bicicletas non son para o verán.
Será isto o que pensan no noso concello ? Hai un ano asinaban un acordo coa Conselleria de Industria da Xunta para potencia-lo emprego da bicicleta na nosa cidade, unha medida novedosa e moi ben acollida por diversos sectores da cidadania, pois ben, polo visto a alguén debéuselle pasa-lo prazo porque hai unha semana que tiña que estar en funcionamento, polo tanto o Concello de Pontevedra perde unha subvención de perto de 140.000 euros por parte do INEGA, unha mágoa posto que moita xente que vive ou traballa no centro e coas rúas peatonalizadas que temos, poderia empregar este transporte.
chúzame -
Axenda & Deportes 20 xun 2007 08:49 pm
Campeonato de Europa de Piragüismo 2007 en Pontevedra.
Hace unos minutos, venia escuchando la radio en el coche y en un programa de una emisora local de Pontevedra, un oyente se quejaba del trato que por parte de las instituciones recibia el deporte en nuestra ciudad, la llamada hacia alusión al Campeonato de Europa de piragüismo que está próximo a celebrarse en nuestra ciudad, el hombre aludia a la poca repercusión que tiene en prensa, radio y en la misma ciudad tal evento, pero lo mismo pasa con el fútbol, balonmano o el fútbol sala, sin ir más lejos, con el Leis mendigando de las instituciones una ayuda para hacer frente al pago del "canon" para jugar en la primera división.
Continue Reading »
chúzame -
Caixón de xastre 19 xun 2007 09:19 pm
Premonición…?
Hai cousa duns meses, o presentador do programa da T.V.G "Luar", de sobra coñecido por todos nós, Xosé Ramón Gayoso anunciaba o que hoxe de certo aconteceu, non era nin máis nin menos que o comunicado da morte de "El Fary", daquela fora unha metedura de zoca impresionante, hoxe ás nove e pico da mañá sucedeu de verdade, será cousa das meigas ou este home terá contactos có máis alá...
http://www.youtube.com/watch?v=rpJK1zo0-qI
chúzame -
Deportes 19 xun 2007 04:26 pm
Karpin Galicia e Super Froiz.
O equipo ciclista pontevedrés do Super-Froiz está de actualidade outra vez, o Karpin-Galicia, o equipo profesional de ciclismo galego, convocou a cinco pupilos de Evaristo Portela a un adestramento conxunto cós corredores profesionais para os dias do 20 ao 26 do presente mes.
http://kgz.karpingalicia.org/actualidade/nova.php?id=384&lg=gal

chúzame -
Cinema e televisión 18 xun 2007 11:47 pm
“Sicko”, o último de Michael Moore.
Michael Moore volta a estar de actualidade, o cineasta norteamericano está a punto de estrea-lo que será o seu último documental, "Sicko", adicado ao "desigual" sistema sanitario norteamericano, polémico coma sempre, xa ten subido ao you-tube e bit-torrent a súa cinta, para que estexa a disposición de tódolos internautas, haberá entón que facerse cunha copia do documental, agardemos que sexa tan bo como "Bowling for Columbine" ou "Farenheit 9/11".
http://www.vieiros.com/nova/59138/a-rede-salva-da-censura-o-ultimo-filme-de-michael-moore
chúzame -
O mundo da cervexa 18 xun 2007 09:39 pm
Cervexa galega no Brasil.
Os brasileiros poderán desfrutar da nosa cervexa máis internacional moi cedo, segundo informan dende "Hijos de Rivera S.A.", chegaron a un acordo coa cadea norteamericana Wall-Mart para distribuir nos seus establecementos do Brasil as marcas de cervexa "Estrella Galicia" e "1906", unha proba máis da "globalización", agora que a marca de cervexa portuguesa "Super Bock" está facéndose un oco no mercado galego, a marca galega cruza o atlántico e vai dar a un país lusófono... en fin, cousas do mercado.
chúzame -
Actualidade 16 xun 2007 12:16 pm
Alternativa aos “McDonalds”…?
En Pontevedra, cada dia cobra máis forza o ruxe-ruxe de que a cadea "Burguer King" está interesada nun baixo da Praza da Ferreria, onde antes habia un salón de videoxogos.
Para os que non teñen tempo suficiente para xantar, cousa cada dia máis habitual na sociedade de hoxendia, acaba de abrir a que pode ser a nova cadea de "fast-food" galega, o seu primeiro local está en Vigo e polo que contan pensan estenderse por toda a xeografia galega, chámase "Cocó" e agardan se-la competéncia na nosa comunidade aos McDonalds ou Burguer-King.
http://www.vieiros.com/nova/59076/primeira-cadea-galega-de-comida-rapida-e-natural
chúzame -
Caixón de xastre 14 xun 2007 09:41 pm
Meme: Que vista tienes desde tu oficina?
Hace unos dias, navegando un poco por la red, me encontré con un blog en el que la gente participaba en un "meme", en principio desconocia el significado de esa palabra, pero después de leer un rato me di cuenta que más o menos debia significar "reto", éste consistia en colgar una foto de la vista que tenemos desde nuestro lugar de trabajo/casa/colegio..etc, en mi caso la foto la saqué esta misma tarde desde mi puesto de trabajo, la verdad es que no me puedo quejar, vista amplia con mucho verde, luz natural y la ria de Pontevedra de fondo...se puede pedir más?.
chúzame -
Cinema e televisión 13 xun 2007 08:42 pm
Diarios de la calle (Freedom writers)
O pasado fin de semana puiden ver "Diarios de la calle", protagonizada por Hillary Swank (2007).
A película trata dunha rapaza de 23 anos, con aspecto inda
de estudante e que elixe para estrearse como mestra, un instituto onde os conflitos interraciais están á orde do dia, unha mostra da realidade norteamericana, nese lugar conviven formando ghettos, hispanos, afroamericanos, asiáticos... unha amalgama de nacionalidades e de orixes, que fan que o dia a dia sexa moi dificil, a película pode parecer unha de tantas, pero non é o caso, sinceiramente, non decidin mirala pola súa protagonista, Hillary Swank, senón porque hai uns cantos anos, bastantes penso, mirara aquela película protagonizada por Michelle Pfeifer chamada "Mentes peligrosas" e tiña un bo recordo dela, neste caso é parecido, a mestra trata dia a dia de gañarse aos seus alumnos e vai involucrandose máis e máis nas súas vidas, o seu estilo é rexeitado polo resto do claustro, principalmente pola xefa de estudos, como principal reclamo para acadar que os rapaces se involucren un pouco, convídalles a conta-las súas vivéncias nun diário, a súa experiencia diária coa vida que teñen fóra, cousa que deparará máis dunha sorpresa.
chúzame -
Actualidade 13 xun 2007 09:01 am
Remata o prazo…
A conta atrás comezou, o sábado remata o prazo para que teñamos alcalde, e de non chegar a un pacto de governo entre nacionalistas e socialistas teremos a Telmo Martín de alcalde, posto que foi a lista máis votada.
http://www.diariodepontevedra.com/noticia.asp?noticia=18009&tipo=p
chúzame -
Deportes 11 xun 2007 04:06 pm
As miserias do fútbol…
Pouco que dicir neste luns de "dixestión", o Pontevedra C.F. deixou por segundo ano consecutivo pasa-la ocasión de ascender á liga profesional, a chamada liga BBVA, outro ano máis que estaremos no "pozo" da segunda B, unha categoria que cada ano que pasa, fáiselle máis e máis pequena ao equipo granate, os siareiros granates respostaron en número e calidade, chamados pola importante cita, pero o Pontevedra C.F. non fixo tal, despois dun parcial de 2-0 nos primeiros vinte minutos, especulou e deixouse empatar antes do fin do primeiro tempo, de pouco vale agora o rematar campións de liga, de somentes perder un partido na casa en todo o campionato ou o feito de que ningún equipo nos marcara dous goles en Pasarón, se cando pasa iso por primeira vez, é nun momento tan importante e decisivo coma éste.
E agora qué..? Pois na miña modesta opinión, o que toca é non perde-la moral, traballar máis duro se cabe, para o vindeiro ano estar en condicións de optar polo ascenso outra vez, haberá un formidable campo novo, unha cidade deportiva que traballará cós equipos da base e coa canteira, hai unha economia saneada e tamén un adestrador como é Xabi Gracia, contratado para remata-la tempada e que foi quén de facernos campións de liga, haberá que facer trocos na plantilla, claro está, algúns serán traspasados e outros ascenderán de categoria por méritos própios, pero nós sempre estaremos aqui, animando e dando alento ás nosas cores, as granates.
Isto vai adicado a aquela xente que no minuto 96 do partido rompeu a chorar no fondo norte, rapaces, homes e mulleres que sentiron esa derrota como algo própio, unha derrota que traspasou o terreo de xogo e que padeceu toda a cidade, estas letras van adicadas en especial á miña xente e a tódala xente do fondo norte de Pasarón.
chúzame -
Deportes 10 xun 2007 01:21 pm
Chegou o dia…
Hoxe levanteime cedo, cun formiguiño no corpo, pode ser que durmira menos que outros domingos, a iso das oito da mañá xa estaba desperto, hoxe é un dia especial, o Pontevedra C.F. xógase o ser ou non ser nesta fase de ascenso, hai un pouco pasei polo vello Pasarón e os siareiros cordobeses xa bulian por ali, comentáronme tamén que andan pola praza da Verdura de tapas e albariños, os granates inda non espertamos de todo, a noite polo que contan foi longa e hai que descansar, a cita é ás oito e cómpre ter folgos dabondo, o partido será complicado pero nós estaremos alí, unha vez máis, ombro con ombro animando ao noso pontevedriña...
A por eles...!!!!!!!
chúzame -






