Monthly Archivexuño 2007
Deportes 09 xun 2007 10:28 am
Un grande do ciclismo…
Pois nunha visita que fixo este fenómeno do ciclismo internacional a Pontevedra, tiven a sorte de tirarme unha foto ao seu carón, veu acompañado de Álvaro Pino, foi hai uns tres ou catro anos, e con outros compañeiros do traballo, o seu pelo rizado podia chegar a confundir un pouco pero, decididamente era él, Miguel Induráin, un tipo afable e simpático, eu como afeccionado e practicante deste deporte, ademais do fútbol, non podia deixar pasa-la ocasión...
chúzame -
Caixón de xastre 08 xun 2007 04:24 pm
Despido en Anatomia de Grey.
Cuelgo esta noticia para todos los que veis la serie "Anatomia de Grey", yo no es que sea demasiado aficionado a las series de médicos, pero con ésta disfruto especialmente desde hace unos meses, abriendo la edición digital de "La Voz de Galicia" me encontré esta noticia en portada.
http://www.lavozdegalicia.es/inicio/noticia.jsp?CAT=126&TEXTO=100000130559
chúzame -
Deportes 08 xun 2007 03:39 pm
Preparativos do partido.
Infinidade de actividades previstas para o domingo do importantísimo partido Pontevedra C.F.- Córdoba C.F., dende o clube preparan unha megafonia especial antes do partido, cun "speaker" que animará o cotarro con música, tamén pintarán coas cores granates a todo aquel que queira, os taxis de Pontevedra irán con publicidade do partido e na noite do sábado, os locais do casco vello lucirán as cores do noso equipo, cós camareiros e camareiras ataviados coas camisolas dos xogadores, as peñas granates tamén nos xuntaremos a iso das catro do serán na praza da Verdura, para tomar algo e logo baixar tod@s xuntos ata Pasarón, a agardar polo bus do Pontevedra C.F. logo a prepara-lo ambiente dentro, agardemos pasalo ben e xoga-la segunda eliminatória, Forza Pontevedra !!

chúzame -
Caixón de xastre 07 xun 2007 08:40 am
Búscase cervexa…
Pois si, aparte das loiras tamén gosto das morenas, e ésta en cuestión é a miña preferida, trátase dunha cervexa escocesa chamada Tennent's Stout, hai anos, adoitaba tomala nunha taberna escocesa da nosa cidade chamada "The scottish highlander" pero unha vez pechado o garito non sei onde atopala,por internet somentes en barril, alguén por ahí díxome que probara en "O Grifón", prometo facelo, pero polo de agora se algún de vós sabe onde atopala pois que me informe, prometo convidar a unha, ou dúas se cadra.
chúzame -
Actualidade 06 xun 2007 02:08 pm
Concentración A.P.D.R.

A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) convocou para este venres unha concentración en solidariedade co patrón maior da confraría de Ferrol, Bernardo Bastida, en prisión provisional por decisión do xulgado.
A APDR emitiu un comunicado en que amosa a súa “máis profunda solidariedade” con Bastida e esixe a súa “inmediata posta en liberdade”. Segundo o colectivo ecoloxista, o delito do patrón maior foi “loitar, xunto con miles de cidadáns de Ferrol, pola defensa dos recursos naturais da ría e pola seguridade da poboación”.
A concentración terá lugar o venres ás oito e media do serán na Praza da Peregrina de Pontevedra. Bernardo Bastida atópase en folga de fame como protesta pola decisión xudicial de telo preso sen fianza acusado de desobediencia á autoridade, coaccións, ameazas e desordes públicas. Fora detido o 29 de maio despois de participar nunha protesta contra a entrada na ría de Ferrol dun gaseiro que tiña como destino a planta de Reganosa, en Mugardos.
chúzame -
Deportes 04 xun 2007 10:41 pm
Xa teño entrada…
Pois esta tarde, e despois de máis de media hora de facer cola nas oficiñas do clube, merquei o meu suplemento de sócio de Fondo Norte, por alí pasouse o presi e tamén estaba Elias Espiñeira, a iso das oito e pico deste serán, comentaban que so este luns xa se venderan máis de 2000 entradas, apurade para coller a vosa, o domingo Pasarón vaise encher.
chúzame -
Deportes 03 xun 2007 10:18 pm
O desenlace en Pasarón…
Acaba de remata-lo partido no "Nuevo Arcangel" de Córdoba có resultado de empate a cero goles, con expulsión de Igor por dobre cartón amarelo, xogo duro por parte dos locais e bastantes tarxetas por parte do árbitro xa coñecido polos granates, primeira parte de bo xogo do equipo pontevedrés, a segunda parte foi máis de dominio do equipo andaluz que rematou o partido metendo ao Pontevedra C.F. na súa área, os granates acusaron cara ao final do partido o feito de xogar cun xogador menos pero aguantaron ben, e a eliminatoria terá o seu desenlace en Pasarón, agardemos enche-lo campo, a afección de Pontevedra seguro que respostará decididamente o domingo, tamén destacar que no grupo do Pontevedra C.F. o partido do Palencia-Huesca rematou có resultado de 1-1, e o Racing de Ferrol gañoulle ao Linares por 2-0.
chúzame -
Actualidade 03 xun 2007 01:27 pm
Tarificación por segundos…
Pués desde el viernes, obligados por la Ley de Mejora de Protección de Consumidores y Usuarios, todos los aparcamientos privados que operan en nuestra ciudad están obligados a tarificar por segundos y a no redondear al alza cuando nos cobren la estancia de nuestro vehículo en sus instalaciones, la moratoria que daba un plazo de cinco meses para adecuarse finalizó esta viernes pasado, pero como en todo esto, siempre aparece la picaresca, algunos de los aparcamientos empezaron a cobrar una tasa por entrada de vehículo además de la tasa por segundos, es el caso del "Gran Garaje" en Benico Corbal que cobra 15 céntimos de euro por vehículo aceptado, cobrando un precio superior a todo-terrenos y furgonetas, según ellos porque "ocupan más espacio".
chúzame -
Caixón de xastre 02 xun 2007 10:53 am
Os esquecidos…
Que ninguén pense mal, dame igual o partido, hainos pendurados das farolas, en grandes valados, bandeiras, faixas e tamén cartaces pegados nas paredes, dame igual que sexan laranxas, azuis ou vermellos, dame igual que sexan do Partido Popular, do Bloque Nacionalista Galego ou tamén do PSdG PSOE, tanto me ten, pero hai unha semana que xa foron os comicios e parece que ninguén se lembra de retirar esta propaganda electoral, este marqueting que agora xa non ten sentido ningún, como din os vellos, "pasou o dia, pasou a romaria".
Por certo, noutros concellos limítrofes como o de Poio, onte venres xa os estaban a retirar, tomen exemplo señores.
chúzame -
Deportes 02 xun 2007 10:31 am
Marea granate a Córdoba.
O outro dia escoitaba a un compañeiro do traballo dicir que na nosa cidade, parece que o único deporte que existe é o fútbol, laiábase do tempo que adicaban a falar do Pontevedra C.F. no apartado de deportes dunha rádio local, a verdade é que non é o único deporte, pero o fútbol si que é o que máis xente move en Pontevedra, eu como sócio téñome desprazado en numerosas ocasións fóra da miña cidade para presenciar partidos do Pontevedra C.F. , ésta vez, e unha vez máis, os siareiros granates faran unha chea de quilómetros en buses "fletados" pola federazón de peñas (pagados polo noso mecenas Tilve), vehículos particulares, e tamén os máis pudientes, en avión, mañá á tardiña teremos unha nova oportunidade de enceta-lo camiño cara a unha nova volta do Pontevedra C.F. á categoria de prata do fútbol español, agardemos que todo saia ben en Córdoba, sei que o partido de volta será o decisivo, pero mañá máis que nunca a afección granate será o número 12, Xabi Gracia conta con todo o plantel granate e sabemos que non nos van defraudar, eu dende a lonxania, dende a ribeira do Lérez, escoitarei o partido e agardarei polo de volta, Pasarón ten que ser un fortín, Pontevedra tense que vestir de granate, tod@s estaremos con eles.
A polo ascenso !!!!
chúzame -
Deportes 01 xun 2007 04:29 pm
Retransmisión Córdoba-Pontevedra C.F.
Pois xa é seguro, os que non poidamos ver en directo o partido entre o Córdoba C.F. e o Pontevedra C.F. tampouco poderemos desfrutalo pola T.V.G., non haberá retransmisión televisiva do encontro, onde si poderemos escoitalo é na "Cadena S.E.R." de Pontevedra, ao redor das sete e media conectaran có estádio do "Nuevo Arcangel" para retransmitilo en directo, no 97.8 do dial da F.M. (normalmente ocupado por Máxima F.M. ) ou tamén no 1.116 de O.M.
chúzame -






