Cargando...

Monthly ArchiveXullo 2007



Actualidade 31 Xull 2007 09:00 am

“La Voz de Galicia” not found…

Coincidindo có dia 25 de Xullo, dia de festa para tódolos galegos e galegas, os responsables do xornal "La Voz de Galicia", o máis lido en todo o noso territorio e tamén alén das nosas fronteiras, facian o que se da por chamar un "redeseño" da súa edición dixital, ou sexa, da súa páxina web que a cotio adoito consultar, pois ben, o outro dia leveime a sorpresa de que tódalas ligazóns que tiña no meu blogue e supoño que moita xente máis, que databan de antes de ese novo deseño foron anuladas, asi que tódalas fotos ou "url" a artigos que tiñamos foron borradas, "not found" é a palabra inglesa que aparece no google cando busco por elas, eu pregúntome logo disto, quén foi a cabeza "pensante" á que se lle ocorreu semellante cousa, canta xente nos veríamos afectados por isto?, ademais agora, e na miña modesta opinión, a navegación é algo máis complicada, a páxina tarda máis en cargar e tamén as edicións locais son máis difíciles de atopar, como moito sae unha noticia da cidade elexida, o tempo climatoloxico e para de contar..

E xa postos, para cando unha "remodelación" da edición dixital do "Diario de Pontevedra"?, a que teñen agora apenas a actualizan e a verdade, dá un pouco de lástima.

Chuzame! chúzame -

Caixón de xastre 30 Xull 2007 12:38 pm

Viñeta simpática de “el Pais.com”

Có permiso de Andrés, un amigo, reproduzo aqui esta viñeta que mirei no seu blogue e que publicaron en "El Pais.com", pareceume simpática e queria compartila con todos vós, hai un tempo que sei que é un blog, hai meses que coñezo o termo Flick-r, (tamén teño unha galeria) pero descoñecia o palabro twitter, polo visto un sistema de mensaxeria instantánea via sms e demais, asi que "nunca te acostarás..."

Chuzame! chúzame -

Actualidade 29 Xull 2007 10:00 am

Por fin chegou o verán…

Sinceiramente, esta entrada estaba gravada dende hai varios dias, non sei se pola preguiza ou polo pouco tempo do que dispoño, tivo que ser rectificada parcialmente, en vista do troco da climatoloxia, orixinalmente comezaba asi..

-Parece mentira, xa estamos ás portas do mes de Agosto e todavia non me puiden bañar no Atlántico, estou pois ante un verán atípico, vamos, atípico pola climatoloxía que non polo feito que inda non fora case á praia, posto que iso non é ningunha novidade, xa que pola semana có traballo écheme de todo imposible e a maioria dos fins de semana ou chove ou está anubado, está claro que o verán é para os ricos, inda que, alomenos e polo de agora este tempo que estamos a sufrir ten a súa parte positiva, case que non houbo incéndios forestais en todo o noso territorio, ou pode que eu non me escoitara nada, non me quero lembrar do verán pasado e da "trama" aquela que ao final non puido ser probada, inda que todos e todas soubéramos que algo "cheiraba mal" no monte galego, aqui vos deixo unha fotografia tirada da web de www.astroseti.org , nela podedes aprecia-lo grao de devastación que sufrimos o ano pasado, a foto é do dia 11 de Agosto do 2006, agardemos este ano desfrutar do bo tempo e tanto os bombeiros coma os voluntarios que están no noso monte non teñan traballo.-

Asi era orixinalmente, pero o sábado mudaron as tornas, onte puiden ir á praia e bañarme por primeira vez en todo o vrao, asi que estou de noraboa, coas gañas que tiña de darme un chapuzón e por fin logreino, agardo que hoxe, e polo que contan os "homes do tempo"parece ser que si, poida repetir e darme un baño, como Fraga en Palomares...

Chuzame! chúzame -

Actualidade 28 Xull 2007 09:00 am

Museo “nocturno” en Pontevedra.

Dende hoxe abrirase o "Museo Efímero" da Ponte do Burgo polas noites, concretamente ata as 00:30 horas, para o que se dotou dunha iluminación especial e música ambiental, esta dimensión nocturna do xacemento arqueolóxico urbano máis importante de Galiza na actualidade, repetiráse todos os sábados ata o día 1 de Setembro. Agora, os traballos principais do xacemento ocupan aos arqueólogos na zona existente entre a muralla urbana do século XVI e o malecón portuario, polo que o máximo interés céntrase nos impresionantes pilares de madeira que sostiñan a plancha portuaria, e que se poden contemplar. A idea municipal, é que o Museo Efímero da praza Valentín García Escudero sexa convertido nun área museística permanente, enmarcada dentro da recuperación da Ponte do Burgo e a reforma do segmento litoral Burgo-A Barca.

Chuzame! chúzame -

Música 27 Xull 2007 10:00 am

XXIII Festival Intercéltico de Moaña (Pontevedra)

Aqui tede-lo cartaz da XXIII edición do Festival Intercéltico de Moaña (Pontevedra), celebrarase os dias 3, 4 e 5 de Agosto e pode ser unha boa opción para os que queirades escoitar algo de folc sen os agobios de Ortigueira, tamén haberá  interesantes obradoiros de baile galego, bretón, escocés e irlandés, o festival desenrólarase no paseo marítimo de Moaña e haberá zona de acampada situada no campo municipal de fútbol, se precisades máis información, podédela atopar en  www.festivalinterceltico.com .

 

Chuzame! chúzame -

Actualidade 26 Xull 2007 08:00 am

Xa na rúa, o programa das festas “Peregrina 2007″.

Os pontevedreses e visitantes, xa temos dende hai uns dias o programa de man das festas "Peregrina 2007" na rúa, podédelo conseguir nas oficiñas de turismo da nosa cidade, un libreto de 60 páxinas a toda cor e con moitas fotografias ilustrativas, ten moi boa pinta, máis información do programa on-line aqui , agardemos que o tempo tan variable que temos neste verán acompañe alomenos na semana grande das festas, e poidamos desfrutar todos e todas das atraccións de feira, concertos e demais actividades, pasádeo ben. 

Chuzame! chúzame -

Actualidade 25 Xull 2007 07:00 am

25 de Xullo, dia da Pátria Galega.

Lonxe están aqueles anos nos que me achegaba a Compostela xa na véspera do dia 25 de Xullo, a noite do 24 era noite de concertos cós amigos, de tomar unha caña e un anaco de empanada na Praza de Mazarelos, escoitando algún grupo galego de folc ou de ska, eran os meus tempos mozos, non quero dicir que agora sexa un vello, pero daquela, con 20 anos o espírito era xove, combatente e inquedo, era unha obriga estar ese dia alí, na noite de xolda e á mañá seguinte na manifa, ombro con ombro con outros galegos e galegas, reivindicando o noso dereito a existir, a figurar no mapa, a facernos respeitar e a que nos traten de igual a igual, este dia unha marea azul e branca percorre as rúas do casco vello, mesturada cós incrédulos turistas de chancla e viseira que non paran de tirar fotos á marabunta humana, agora por motivos familiares ou laborais xa non podo estar, pero hoxe, imaxinariamente camiñarei o treito que me leva dende a alameda de Santiago de Compostela ata a Praza da Quintana, acompañando a milleiros de persoas anónimas que reivindican o mesmo ca min, que Galiza poida existir, non estarei alí fisicamente, pero si de corazón e agardo que sexades moitos os que vos acheguedes alí, porque este recuncho de Europa que estamos a construir precisa de xente coma vós e como reza o título da canción dos "Na lúa", os tempos son chegados...

Chuzame! chúzame -

Caixón de xastre 23 Xull 2007 11:55 pm

Europe, las viejas glorias nunca mueren…

Tendria yo unos 12 años aquel verano del 1986, el tema "The final countdown" atronaba en las emisoras de radio, sus melenas salian en las revistas, los suecos EUROPE eran el número uno en España, el "hard rock" compartia escena con el "grunge" que daba sus primeros pasos, de aquella no habia Ipod ni mp4, ni siquiera compact-disc, yo tenia una cinta de casette comprada en el mercadillo de Valença do Minho (Portugal) que no llegó a terminar el verano, ya que un dia de playa se me derritió en la bandeja trasera del coche de mis padres, siempre me quedará el recuerdo de esa canción, por eso el otro dia mirando la televisión y viendo el nuevo anuncio de la ONCE, volví por unos momentos a ser un chaval.

Chuzame! chúzame -

Actualidade 21 Xull 2007 08:00 am

O galego a debate…(por Andrés Milleiro)

Está claro que o debate chegou á rúa, a nosa língua está en boca de tódolos galegos e galegas, as "galescolas" son motivo de desputa e debate no Parlamento galego e tamén nos foros de internet, como o de esta plataforma contraria á reforma de "tan gallego como el gallego", o famoso "bilingüismo harmónico" propugnado e levado a cabo sen demasiado éxito (para o galego) é história, e xa sabemos que "auga pasada non move muiño", agora ábrese unha nova xeira para o noso idioma e iso hoxe é noticia, aqui tedes este artigo dun amigo publicado nun blog do diario dixital El Pais.com hai uns dias baixo o título de "Bilingüismo de facto", pensei que era unha obriga como amigo e como galego poñelo aqui, como ben reza o nome do programa da T.V.G.... Hai debate!!.

Chuzame! chúzame -

Música 20 Xull 2007 04:30 pm

Fermin Muguruza - Bilbao

O músico basco Fermin Muguruza xa ten unha traxectoria musical de moitos anos, lémbrome de escoitar a Kortatu e teño o "Ideia Zabaldu" de Negu Gorriak entre os discos da miña colección, a primeira vez que escoitei este disco foi nunha viaxe  no cercanias Vigo-Pontevedra, recén mercado na cidade olívica, da nova xeira na súa xa longa carreira musical non teño escoitado moito, pero si algo do derradeiro disco, gravado na illa de Xamaica e titulado "Euskal Herria Jamaika Clash", un disco que bebe dos ritmos do reggae e do ska máis comprometido, é precisamente por este compromiso coa cultura e a política do seu País, que tivo e segue a ter numerosos problemas alá onde quere dar concertos, Fermín Muguruza é militante da esquerda abertzale inda que rexeita o emprego da violencia e o ten manifestado en numerosas ocasións, o seu concerto en Santiago de Compostela esta noite, estivo a piques de suspenderse pola postura en contra do Partido Popular no concello capitalino, que non estaba dacordo en que participara nas festas da cidade, a A.V.T. ten tamén denunciado en contadas ocasións as súas actuacións en concertos e festivais, se mal non lembro, o mesmo que fixo con Soziedad Alkohólica, que despois dun xuizo foron declarados inocentes.  

A miña recomendación, o tema chamado "Bilbao"

Chuzame! chúzame -

Actualidade 19 Xull 2007 04:00 pm

Serrat e Sabina en Pontevedra, mala sorte outra vez.

Un meigallo parece que persegue a esta parella nos seus concertos en Galiza, primeiro foi o concerto de Santiago de Compostela, suspendido por "problemas meteorolóxicos", e que deixou ás 13.000 persoas que agardaban coas gañas, aqui podedes ve-lo derradeiro tema antes da suspensión, onte a cita era na praza de touros da nosa cidade ante 6.500 persoas, e a noticia non estivo dentro senón fóra do recinto, na rúa, alí agardaban para entrar perto de mil persoas con entrada, a produtora encarregada do evento, "Milenio Producción de Eventos" afirma que foi súa a culpa, ao non medir ben o escenário e ocupar asi máis espazo, deixando polo tanto a moita xente sen sitio, ao longo do concerto poidéronse escoita-los berros dos afectados que chegaron a tentar derribar unha das portas de acceso para entrar no "coso" taurino, feito este que fixo que a presenza policial se incrementase, estes mesmos afectados están recolledo sinaturas aqui , namentres Caixanova asegura que a partires de mañá xoves,  entregando en calqueira das súas oficiñas a entrada en perfecto estado e orixinal, os afectados poderán cobra-lo importe da mesma, os de Santiago de Compostela parece ser que non terán a mesma sorte.

Chuzame! chúzame -

Actualidade 18 Xull 2007 08:30 am

Constituida “Galiza Nova” en Poio (Pontevedra).

Internet é unha ferramenta util para todo, e os blogues un torrente de información inmediata, polo tanto tamén o poden ser para a publicitar calqueira evento de actualidade, pois ben, unha amiga infórmame de que o pasado dia 30 de Xuño fundábase a asemblea local de "Galiza Nova" en Poio, o acto tivo lugar na sé do B.N.G. da mesma vila, polo que me conta encentan o camiño con moita ilusión e proxectos de futuro, teñen pensado facer de aqui a pouco unha xuntanza con tódalas asociacións veciñais e culturais de Poio, e tamén organizar unha "saída á natureza" o vindeiro dia 4 de Agosto, o lugar ben pode se-lo monte da Curota en Ribeira ou as illas Cies, pero polo de agora está por decidir, tamén me informan de que queren convidar a todo/as os interesados/as ás celebracións do "Dia da pátria galega" en Santiago de Compostela, como sabedes celébrarase na noite do 24 de Xullo o Festigal e á mañá seguinte terán lugar as manifestacións de tódolos anos ás que vos invitan a participar, se vos queredes afiliar ou ben precisades máis información, poñédevos en contacto con Maruxa Vicente no teléfone 645 024 384 ou ben no enderezo electrónico mavido2003@hotmail.com , ela é a responsábel local de Galiza Nova en Poio.

Parabéns e moita sorte Maruxa.

can6kbrt.jpg

 

Chuzame! chúzame -

Next Page »