Cargando...

Monthly ArchiveXullo 2007



Axenda 16 Xull 2007 03:40 pm

Concertos 2007, festas de Pontevedra, Poio e Vigo.

Pois a continuación póñovos a lista dos concertos previstos para este verán na nosa cidade e tamén en Vigo e Poio, posto que non están moi lonxe e ben podemos achegarnos a desfrutar deles, estas datas e grupos son os que están xa concretados polas diferentes concellalias, supoño que haberá algún máis, eu polo menos agardo que o de Within Temptation se confirme para o dia 3 de Agosto no parque de Castrelos (Vigo), velaiquí van as datas:

Festas da Peregrina en Pontevedra
11 agosto: Barricada
12 agosto: Nena Daconte
14 agosto: Sugar Mountain, Burning, Deltonos e The Cell.
15 agosto: Dover
16 agosto: Galicia S21 (Isolma)
17 de agosto: Pepe Vaamonde e John McSherry & At First Ligth Band
18 agosto: Kepa Junquera e Faltriqueira
19 de agosto: Fangoria
20 agosto: Miguel Bosé

Festas do Cristo da Victoria en Vigo
30 xuño: Julieta Venegas
19 xullo: Artic Monkeys
22 xullo: Paulina Rubio
23 de xullo (Castrelos): Treixadura, Davy Spillane, Shooglenifty
24 xullo (Casco Vello): Faltriqueira
25 xullo (Casco Vello): Os Cempés
26 xullo (Casco Vello): Balbarda
26 xullo: Grupos Pop español dos 80: Nacha Pop e Los Secretos
27 de xullo (Castrelos): SondeSeu e Capercaillie
1 agosto: Marea
2 agosto: Coral Casablanca
3 agosto: Coti, Deluxe e Fon Román (ex Piratas) na Estación Marítima.
4 agosto: Manu Chao, Radio Bemba Sound System e Le Punk na Estación Marítima

Festa do Mar en Poio (Pontevedra)

23 Agosto: El sueño de Morfeo

24 Agosto: Alex Ubago

25 Agosto: Marta Sánchez

Chuzame! chuzame -

Caixón de xastre 14 Xull 2007 04:28 pm

Patitos de goma, realidad o ficción?

Un anuncio de la marca "Seat" en televisión me puso al tanto de esta historia, en Enero del año 1992 un carguero zarpaba de Hong-Kong en dirección a San Diego, en California, en mitad del Océano Atlántico una tormeta le hizo perder parte de su carga, por lo visto uno de los contenedores transportaba 22.000 patitos de goma, los cuales se liberaron y salieron a flote una vez se abrió el contenedor debido a la presión a esas profundidades, según cuenta la historia, todos estos miles de patitos de plástico o goma llevan
Continue Reading »

Chuzame! chuzame -

Música 13 Xull 2007 08:00 pm

Within Temptation, ¿concerto en Vigo?

Xa chegou o verán e con el os concertos, entre os meus gustos musicais  tamén está o chamado rock "gótico" ou "metal gótico", hai cousa dun mes máis ou menos, entrando a botar unha ollada na web do grupo para España, puiden ver que falaban dun posible concerto da banda o dia 4 de Agosto na cidade de Vigo, todo apunta a que o concerto será no parque de Castrelos, polo de agora no programa das festas de Vigo falan dun concerto de música gótica alí, pero non dan o nome do grupo, e nas datas do "Tour" de Whitin Temptation non aparece, para os que non os coñezades, aqui vos poño o video do novo single para Europa, o tema en cuestión chámase "Frozen" e non está mal, inda que a verdade, prefiro varios do seu disco anterior chamado "The silent force" como "Memories" ou "Angels" por exemplo, pero ogallá veñan, estaria ben podelos ver en directo.

 

Chuzame! chuzame -

Deportes 12 Xull 2007 03:45 pm

Proximidade xeográfica ou vacile ?

A liga comezará o vindeiro 26 de Agosto, e xa é publico, o Ponteveda C.F. compartirá unha vez máis o primeiro grupo da Segunda División B do fútbol español, cós equipos andaluces, madrileños, canarios e un equipo asturiano, outro ano máis a Federación Española de fútbol non atende a razóns e forma os grupos como lle peta, eu entendo por  proximidade xeográfica, que o Pontevedra C.F.  xogase nun grupo integrado por equipos galegos, asturianos, de Castela-Léon e se cadra tamén bascos, desta maneira, os granates terán que voltar a viaxar ás terras canarias, facendo quilómetros e quilómetros ao longo de todo o ano, cando o normal seria que os equipos canarios xogasen nun grupo cós andaluces, de verdade que non o entendo, o grupo do Pontevedra C.F. tal e como está conformado é do máis absurdo e falto de lóxica, e levamos asi anos, xa vedes, cousa de tolos e do amigo Villar, que para o caso ven sendo parecido.

Chuzame! chuzame -

Caixón de xastre 11 Xull 2007 08:34 pm

Botafumeiro de “pago”.

Pois isto xa é o que faltaba, o colmo da Igrexa Española no seu afán "recadador", non lles valia coa portcentaxe cedida polo Estado no I.R.P.F. e coas outras "porcentaxes" que os seus feligreses lles donan amablemente ao pasa-lo cepillo, que agora pretenden cobrar por facer "voar" o botafumeiro na Catedral de Santiago de Compostela, polo visto ao templo cústalle ao redor duns 200 euros por "tirada" e non están dispostos a asumir eles todo o gasto, e máis despois de saber que algunhas axencias de viaxes cobran un plus aos turistas por miralo espectáculo, "Exigian a sus clientes más dinero por ver el Botafumeiro y a la iglesia no le daban nin un céntimo" comentaba o voceiro do cabildo, o botafumeiro traballará 30 veces no ano, o resto tocará pagar por velo, de coña, non sei se me parece máis alucinante esta noticia ou o feito de que a xente aplauda dentro da Igrexa ao remata-lo espectáculo, en fin, cousas. 

Chuzame! chuzame -

Cinema e televisión 10 Xull 2007 04:30 pm

“Jericho”, estreno hoy en Telecinco.

Hace dias que pasan el trailer de esta serie en "Telecinco" y hoy a las 22:00 es el estreno, por lo que leí en la web de la cadena será un doble capítulo.

¿Que ocurriria si explotase una bomba nuclear al lado de un pequeño pueblo?, en mi opinión, me supongo que acabaria completamente arrasado, pero esta parece ser la inquietante pregunta a partir de la cúal se desarrolla la trama de esta serie, ambientada en una pequeña localidad de Kansas, en los Estados Unidos, dicho esto, me viene a la memoria una película que pude ver hace ya bastantes años, ambientada en un pueblo de la campiña inglesa, trataba también la temática nuclear y sus dos principales protagonistas eran una pareja de ancianos que después de una explosión nuclear se refugiaban durante dias en el sótano de su casa, no recuerdo el nombre, puede ser que se tratase de "El dia después", alguno de vosotros lo recuerda ?.

Bueno, pués esta noche a las 22:00 h. le daremos el visto bueno a esta nueva serie, si la podeis ver ya comentaremos.

Chuzame! chuzame -

Deportes 09 Xull 2007 09:55 pm

Super Froiz campión da “Bira 2007″

O deporte da nosa cidade está unha vez máis de noraboa, o equipo ciclista pontevedrés do "Super FROIZ", na figura do seu corredor Alberto Fernández,  foi o vencedor da que pasa por se-la proba máis importante do ciclismo "non profesional" español, o equipo liderado por Evaristo Portela estase a converter por méritos propios nunha das formacións ciclistas máis destacadas do pelotón afeccionado español, agardemos que isto sexa so o principio  e que os trunfos vaian a máis, dende este humilde espazo na rede, os meus parabéns para eles, por certo, a ver cando activan/actualizan a súa web www.superfroiz.com

Chuzame! chuzame -

Axenda 07 Xull 2007 01:00 pm

07/07/07 Sonia e Soliño se casan.

É a unha da tarde e agora mesmo estou en misa, non vaiades a pensar que levei o portatil e estou a escribir dende un banco de igrexa de San Vicente de Cerponzóns, menudo sacrílego estaria feito, estas liñas escribinnas un par de dias antes, pero hoxe é sábado e teño outro destes "trámites" obrigados de cada verán, as vodas, xa levo dúas e fáltanme dúas máis para remata-lo ciclo por este ano, é algo que máis tarde ou máis cedo remata por acontecer, os amigos vanse casando e entras nunha espiral de celebracións que ao longo de tres, catro ou cinco veráns ocupan algún fin de semana do teu verán ou das túas vacacións (no meu caso), o mellor de todo, pois normalmente adoita se-la despedida de solteiro, neste caso foi o sábado pasado e pasa por se-la ocasión perfecta para reunirnos de novo toda a pandilla e pasar un dia xuntos, festa que continúa a véspera da voda cando saimos todos có noivo a picar algo, no noso caso a algún furancho, por aquilo de despexa-los nervios de última hora do amigo que está a puntiño de pasar pola vicaria, despois virán as fotos de rigor na igrexa, daremos conta do polbo á feira e da empanada nos aperitivos e logo das cigalas e mailo albariño no banquete antes de botar uns bailes, onde todos e todas desfrutaremos ata as tantas, o malo é que as miñas vacacións rematan o luns, haberá que voltar ao traballo, pero alomenos ficará un bo recordo delas.

Por certo, Sonia e Soliño, parabéns pola voda rapaces !!.

P.D. : edito esta entrada para pór unhas fotos sacadas o sábado.

boda-sonia-y-solino-07-07-07-7.JPGboda-sonia-y-solino-07-07-07-4.JPGboda-sonia-y-solino-07-07-07-12.JPGboda-sonia-y-solino-07-07-07-17.JPGboda-sonia-y-solino-07-07-07-28.JPGboda-sonia-y-solino-07-07-07-23.JPG

Chuzame! chuzame -

Música 06 Xull 2007 08:00 pm

Igloo, indie pop galego.

"Y todo lo demás", este é o nome do primeiro single do disco dos "Igloo", unha banda de pop galega da que tiven coñecemento hai pouco máis dunha semana, o seu son lémbrame moito aos compactos dos "Planetas" que tiña o meu irmán pola casa, pop melódico e con tintes psicodélicos por momentos, sons envolventes e guitarras distorsionadas,  o seu disco homónimo no que hai ex-compoñentes dos Deluxe, está composto por 10 temas en castelán e foi editado pola discográfica Junk records, eu destacaria do disco "Y todo lo demás" e "Nanook", dous temas dos que gusto especialmente, podedes atopar máis información deles na súa web http://www.igloo.name/ .

 

Chuzame! chuzame -

Caixón de xastre 05 Xull 2007 01:00 pm

El mundo al revés…

Un chino mata a mordiscos a un perro que atacó a su mascota.

El hombre, un aldeano de la provincia china de Hebei, se despertó por los aullidos de su pequeño cachorro. Al salir a la calle, observó que otro perro intentaba atacarlo, trató de alejarlo arrojándole sandías, pero no pudo.

Finalmente, el agricultor se abalanzó sobre el perro enfurecido, causándole la muerte tras clavarle los dientes en el cuello, los dos rodaron por el suelo y pelearon durante diez minutos, Geng, que así se llama el aldeano, se hizo cortes profundos en los brazos y tuvo que ser trasladado al hospital. Su mascota también sobrevivió a la contienda, en esta región de China, los perros son utilizados como animales de carga y muy apreciados por la labor que desempeñan.

Chuzame! chuzame -

Actualidade 04 Xull 2007 04:00 pm

REBAJAS…de verano.?

Por fin estamos en Julio, para muchos de nosotros momento de vacaciones, estamos en pleno verano y los turistas nos invaden como cada año por estas fechas, también llegan las rebajas como todos los años, pero todo eso se supone, porque no veo coches con matrícula foránea, aunque es cierto que desde que se impuso la matrícula europea, es practicamente imposible distinguirlos, no veo esos interminables atascos en Pontevedra camino de las playas, la hosteleria se está tirando de los pelos, se deberá todo esto a que el verano todavia no llegó a estas benditas tierras?.

Me siento a ver el telediario y me sorprende escuchar hablar de temparaturas altas, de playas llenas, de "quincenas" y "puentes", en dias grises como el de ayer,
Continue Reading »

Chuzame! chuzame -

Deportes 03 Xull 2007 12:36 am

“Pontillón do castro”, ou as cousas feitas a correr.

Xa rematou o campionato de Europa de "piragüismo en augas tranquilas", o mesmo que dende o xoves pasado congregou na nosa cidade a centos de deportistas e miles de afeccionados, as cousas polo que parece, e segundo contan dende a Federación Galega e Española sairon ben, agora deberia se-lo momento de facer balanzo de toda a organización, fálase de que todo saiu a "pedir de boca" e que quizais poida celebrarse aqui un campionato do mundo dentro duns anos, a afluencia de público nos primeiros dias foi pouca, estaba claro que a xente non presenciaria as probas ata o fin de semana, porque hai máis tempo libre e tamén porque eran as finais e os diferentes paises comezaban a xogarse algo, inda asi houbo unha presenza notable de espectadores, haberia que facer máis propaganda, porque de verdade, eu pola cidade case non vin cartaces nin publicidade do evento,  pero eu queria destacar
Continue Reading »

Chuzame! chuzame -

« Previous PageNext Page »