Monthly Archiveagosto 2007
Actualidade 31 ago 2007 10:00 am
Hoxe comeza a “Feira Franca 2007″ en Pontevedra.
Xa está aqui a "Feira Franca 2007", un dos eventos máis participativos da nosa cidade e polo que levo agardando todo o ano, o verán pontevedrés toca ao seu fin, pero antes desfrutaremos destes dous dias de festa e troula ataviados cós traxes que tanto traballo nos deu confeccionar, vamos, a nós ou ás nosas nais, mulleres ou mozas, eu xa teño o meu e hoxe sairei á rúa coa intención de pasalo ben, tomar unhas tapas e botar uns risos cós amigos un ano máis.
As rúas do casco vello agardan por ti, non fiques na casa e sae a pasalo ben, non te arrepentirás.
chúzame -
Axenda 30 ago 2007 10:00 am
“Verbum dei” , un xogo de rol en vivo na Feira Franca de Pontevedra.
Buscando pola rede novas encol do tema da "Feira Franca 2007" atopei esta noticia, a xente de "Tuata dé Danann", un clube de rol de Pontevedra, vai organizar para a fin de semana da Feira Franca un xogo de rol en vivo nas rúas da nosa cidade, é a segunda edición e convidan a todo aquel que se queira divertir e desfrutar da festa dunha forma máis participativa, calqueira se pode apuntar, a participación é de balde e o único requisito é vir vestido de época, medieval se entende, claro, tedes máis información na súa web, por certo, a música de fondo que teñen na páxina está moi ben.
chúzame -
Actualidade 29 ago 2007 10:00 am
Que vai pasar con “Pontus Veteris” ?
Estes dias saiu a noticia de que a Conselleria de Industria da Xunta de Galicia pretende impulsar a creación dunha nova pasarela de moda -máis forte e con máis proxección internacional- que a actual que temos en Pontevedra, que á vez é a única que hai en todo o territorio galego, polo visto dende o governo galego non somentes fixeron caso omiso á solicitude por parte da Cámara de Comercio pontevedresa de facer unha "semana da moda", senón que ademais contestan cun concurso de ideas para a nova pasarela, ante isto eu fágome varias preguntas, porqué se dende Pontevedra, que foi a pioneira en facer unha pasarela destas características, non se recibiron fondos autonómicos para impulsala, porqué agora ademais queren facer outra e por riba na cidade da Coruña?, porqué se fan as cousas sempre sen previsións e a todo correr? de verdade que son necesarias dúas pasarelas ou é que a "Pontus Veteris" vai a esmorecer esquecida por todos?, a min chéirame ao de sempre, a algo parecido ao porqué de ter tres aeroportos funcionando á vez no noso territorio, porque xa me dirán vostedes que si con un deles, ben equipado e no centro da comunidade non abondaba, non sei, paréceme que isto é o conto de sempre, o de querer contentar a moitos ou aos localismos estúpidos de sempre que van rematar con nós.
chúzame -
Actualidade 28 ago 2007 10:00 am
Hoxe atopei “Radio Poio” no dial.
Hoxe pasando có coche por Poio fixei a atención nun cartaz pendurado dunha farola, anunciaba as emisións de Radio Poio, descoñecia a existencia dunha emisora de radio para o veciño concello e tampouco cando comezou as súas emisións, polo visto traballa xa a pleno rendemento, 24 horas, Radio Poio. Ofrece música, informativos xerais e locais. Ademais, conta de 8 a 10 da mañá cun programa conducido por Eugenio Eiroa e centrado na actualidade das Rías Baixas, a emisora recíbese en Poio e nos arredores no 101.7 da Frecuencia Modulada, hoxe tentei sintoniza-la na radio do coche pero a verdade, moita pontencia non debe de ter porque pouco se escoitaba, pero vamos, que sempre é boa cousa a variedade no dial e claramente, a poboación de Poio incrementouse nos últimos anos dabondo como para ter unha emisora (descoñezo se é municipal ou non) e tamén algunha páxina máis adicada no Diario de Pontevedra.
chúzame -
Deportes 27 ago 2007 09:00 am
“La vuelta 2007″ partirá de terras galegas.
O vindeiro dia 1 de Setembro "La Vuelta ciclista a España 2007" partirá de terras galegas, concretamente da cidade de Vigo, todo apunta a que o Karpin-Galicia será unha das formacións convidadas desta edición, os galegos e galegas afeccionados ao ciclismo temos moitas esperanzas postas no que ven sendo o primeiro equipo profesional galego, inda que eu sempre fun máis do "mountain bike", o ciclismo de montaña vamos, pero agardo que fagan un bo papel e leven o nome da nosa terra ao máis alto do caixón, aqui vos deixo o anuncio que pasan polas televisións estes dias.
Sorte !!
Actualización: A presentación do evento terá lugar o vindeiro venres dia 31 pola tardiña no auditorio de Castrelos (Vigo) e o sábado a iso das dúas pasará por Pontevedra a caravana ciclista.
chúzame -
Cinema e televisión 26 ago 2007 10:00 am
Vai de futbol…hooligans, a película.
O fútbol sempre pode ser visto dende dous prismas diferentes, dende o asento comendo pipas, ou dende a bancada, de pé, berrando e dándolle alento ao teu equipo ao longo dos noventa minutos, este segundo modo de ve-lo deporte máis practicado no mundo é unha forma de vida para os chamdados "hooligans", o fútbol é unha relixión na illa británica dende tempos remotos, a paixón e o sentimento con que se vive este deporte non ten igual no resto do planeta, os hooligans pasan por ser os siareiros máis radicais e acérrimos aos seu clubes, conforman as chamadas "firms" ou "crews" e para eles o dia de partido é un dia de festa, de pintas no pub e de bronca cós siareiros rivais cando cadra.
Mirei a película hai xa tempo, chamado pola miña afección ao fútbol, o tirón de Elijah Wood é innegable, na película fai o papel de protagonista, todo comeza cunha viaxe a Londres para visitar a un familar, logo pouco a pouco vaise ver atrapado polo mundo das bancadas e entrará a formar parte da mítica "Inter City Firm", a firm (grupo de afeccionados) máis importante e famosa do West Ham Football Club, chamada asi por emprega-lo tren de cercanias (inter-city) para os seus desprazamentos aos partidos e asi burlar tamén o control policial, a película é un reflexo da realidade das bancadas británicas, máis antes que agora, xa que na actualidade e dende a traxedia de Heysel están moi controlados, unha pelicula moi recomendable para quén goste do fútbol, aqui tede-lo trailer, por certo, hoxe bota a andar o Pontevedra 07-08, ogallá teñamos sorte este ano e academo-lo arelado ascenso a 2ª.
chúzame -
Caixón de xastre 24 ago 2007 05:00 pm
Realidad o foto-montaje…?

Hace dias que un amigo me mandó esta foto, por más vueltas que le doy no sé si se trata de una foto real o de un montaje, a vosotros que os parece?
chúzame -
Actualidade 23 ago 2007 09:00 am
Stand de Galiza nova na “Festa do mar 07″.
Maruxa, unha amiga e á vez presidenta no veciño concello de Poio de Galiza Nova, as mocidades do B.N.G., envíame unhas cantas fotos nas que amosan o seu stand dentro da carpa que dende hoxe podedes visitar na "Feira do mar" de Combarro (Poio), unhas cantas instantáneas sacadas na súa inaguración no dia de onte, con visita da delegada provincial de Industria da Xunta, do alcalde de Poio e tamén do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
chúzame -
Caixón de xastre 22 ago 2007 05:50 pm
Saludos desde Paris…
Mi hermano como siempre viajando por el mundo, está vez se fué a Paris con su novia y para colmo me envió estas fotos para darme envidia... que rico el chaval !!
chúzame -
Axenda 22 ago 2007 09:00 am
VII edición da “Festa do mar” en Poio (Pontevedra).
A partires de hoxe comezará o prato forte das festas do verán no veciño concello de Poio, a "Festa do Mar" é o principal reclamo, hai dias xa foi o encontro de embarcacións tradicionais e hoxe será a apertura da carpa gastronomica, os concertos serán de balde ao longo deste xoves, venres e sábado, a partires das doce da noite e na explanada do porto deportivo de Combarro, tamén haberá pasarrúas, o encontro de pintores luso-galaicos e un concerto de bandas de gaitas, se queredes máis información pasádevos por aqui, a web do Concello de Poio.
chúzame -
Música 21 ago 2007 09:00 am
Depeche Mode - “Never let me down again” en directo.
Son la referencia indicutible de la música electrónica (no confundir con el bacalao y demás variedades) de los años 80 y 90, este tema concretamente ocupa un lugar preferente entre mis canciones favoritas, su grabación en directo salió publicada en su disco recopilatorio "101", David Gahan y el resto de su banda encima del escenario eran arrolladores y en este tema en concreto el directo fué espectacular, el video que cuelgo aqui no es el mítico del Rose Bowl Arena, no pude encontrarlo, sus imágenes eran impresionantes, con todo el estadio entregado al ritmo de su música, éste que os cuelgo fué grabado hace casi dos décadas en Frankfurt (Alemania), tampoco tiene desperdicio, yo tuve la ocasión de verlos en Pontevedra hace un montón de años, en el estadio de Pasarón, os pongo también el link a una entrevista en el diario 20 minutos.es que le hicieron a Alan Wilder no hace mucho.
chúzame -
Actualidade 19 ago 2007 09:00 am
Hoxe rematan as festas da Peregrina 2007
Pois a semana de festas en Pontevedra toca ao seu fin, foron
uns cantos dias de festa e troula na nosa cidade e o luns haberá que voltar á normalidade, ao transcurrir do dia a dia e tamén aos problemas habituais, o máis destacado de hoxe será o concerto de Fangoria na praza da Ferreria e ás 00:00 horas a habitual tirada de fogos dende o peirao das corbaceiras que porá o broche final á semana grande, agardo que o teñades pasado ben e desfrutado e lembrade que inda resta a traca final deste verán de festas, a "Feira franca" da que vos falo máis polo miudo aqui, e que se celebrará os dias 31 de Agosto e 1 de Setembro, eu xa teño a miña roupa preparada, apurádevos porque está a piques de chega-lo dia.
chúzame -












