Monthly ArchiveAgosto 2007
Deportes 18 Ago 2007 08:00 am
Pontevedra C.F. vs Celta de Vigo C.F.
|
|
|
--- -------
PONTEVEDRA CF Vs CELTA DE VIGO Data: Sábado 18 de Agosto, 20.30 horas |
Tamén destacar que onte tivo lugar a presentación no Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra do colectivo de socios e peñas do Pontevedra, "Unión Granate" que ten como obxectivo aunar esforzos para organizar viaxes dos siareiros granates, conseguir descontos en locais de Pontevedra e tamén involucrar á cidade nas grandes datas, informarán de todo mediante un fanzine que se repartirá nos partidos da casa, agardemos máis información en vindeiros dias.
chúzame -
Axenda 17 Ago 2007 08:00 am
17 de agosto, actos en Pontevedra có gallo do dia da Galiza Mártir.
A Fundación Alexandre Bóveda organiza para o vindeiro 17 de agosto diversos actos con motivo da celebración do Día da Galiza Mártir.
Ás 13.00 horas terá lugar na Caeira, en Poio, a homenaxe institucional a Alexandre Bóveda, diante do monumento erixido na memoria deste intelectual galeguista asasinado polos sublevados franquistas. Intervirán neste acto o vicepresidente do Governo, Anxo Quintana; o alcalde de Poio, Luciano Sobral, e o presidente da Fundación Alexandre Bóveda, Fernando Quintela.
Ás 14.00 horas comezará o xantar de entrega do II Premio 'Día da Galiza Mártir á recuperación da memoria histórica ao historiador Dionisio Pereira, no Pazo da Cultura de Pontevedra. Participarán neste encontro a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo e Xoán Carlos Garrido, da Fundación Alexandre Bóveda, ademais do propio investigador galardoado.
Ás 18.30 desenvolverase unha cerimonia de aniversario na capela de San Mauro, Pontevedra. E ás 19.00 horas un acto cívico diante do sartego de Bóveda, no cemiterio de San Mauro. Asistirán o vicepresidente da Fundación organizadora e fillo de Alexandre Bóveda Xosé Luís Bóveda e a escritora Fina Casalderrey.
Ás 20.30 horas chegará a homenaxe política, diante do monumento a Alexandre Bóveda situado na praza de Curros Enríquez de Pontevedra, co senador do BNG Francisco Jorquera.
chúzame -
Música 16 Ago 2007 01:00 pm
Kroke, dende Polonia para o mundo.
Kroke é a palabra "yiddish" coa que é coñecida a cidade polaca de Cracovia, de ahí procede este grupo creado no ano 1992 por tres amigos graduados na Academia de Música de Cracovia. En pouco tempo, acadaron unha gran popularidade grazas ás súas actuacións nos máis importantes festivais de Europa, entre os que destacan o "Womad" de Las Palmas e o "Reading", ou nos numerosos encontros de música xudea onde compartiron escenario con artistas da talla de Van Morrison.
Tomando o repertorio da música tradicional como base, Kroke constrúe arranxos orixinais, crea composicións novas e únicas, leva a cabo improvisacións e logra un son totalmente descoñecido grazas á súa experiencia e á súa formación nos campos da música clásica e o jazz.
Ramón Trecet dixo deles en 2005: "KROKE sae ao escenario en calquera parte de Europa e ofrece unha sublime mestura de creatividade, arte, artesanía e carisma escénico... Eu coñecinnos por mediación dun tio meu, precisamente ouvinte do programa de Ramón Trecet e supoño que seria ahí onde os escoitou por primeira vez, gustaríame podelos ter visto en directo en Santiago de Compostela ou Ortigueira, pero non puido ser, de tódalas maneiras recoméndovos un tema deles, o meu preferido, "Light in the darkness", sublime.
chúzame -
Deportes 15 Ago 2007 08:00 am
Hoxe, partido amigable Pontevedra C.F. - Sporting Braga.
------------
PONTEVEDRA CF Vs SPORTING BRAGA
Data: Mércores 15 de Agosto, 20.30 horas
Lugar : Estadio Municipal de Pasarón
Máis datos:
Sexto partido de preparación do Pontevedra CF, que se enfronta ao Sporting de Braga. En xogo estará a XXI Edición do Trofeo Cidade de Pontevedra. Ambolos dous equipos se enfrontaron en varias ocasións con anterioridade, como no verán do 2001 e na pretemporada do 2004. En ambalas dúas ocasións venceu o conxunto portugués pola mínima.
Municipal de Pasarón

Fonte: cortesia de www.pontevedracf.net
chúzame -
Actualidade 14 Ago 2007 09:00 am
Carballeira de Fondós (Quireza), unha voda diferente.
Este pasado fin de semana tiven outra voda máis, a derradeira por este verán, casábanse dous amigos e todos os da pandilla poidemos desfrutar dunha voda especial, e digo especial polo feito de non ser unha voda (al uso), os noivos organizaron a mesma saíndose dos patróns establecidos, o acontecemento tivo lugar no povo de Quireza, parroquia de Cerdedo (Pontevedra), o banquete do que desfrutamos foi na carballeira de Fondós, ali xuntámonos todos e dimos boa conta do polbo á feira, do xamón e do albariño ao son das gaitas de "Vides Novas", o dia acompañou e todos desfrutamos dun dia divertido e fóra do corrente, agora os noivos estarán de viaxe pola illa de Xamaica, aqui déixovos unhas fotos do evento.
Parabéns a Johan e Arantza !!
chúzame -
Música 13 Ago 2007 03:31 pm
Intercéltico de Lorient 09, Galiza convidada de honra.
Breizh, festival intercéltico 2009.
Acabome de enterar que Galiza será o convidado de honra do Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña/Breizh) do 2009. Así o anunciou a organización do certame cando a edición deste ano toca ao seu fin.
Na edición do 2008 tocaralle a quenda a Gales/Cymru. Uns 4.500 artistas dunha ducia de lugares da xeografía celta participaron nuns 300 espectáculos na edición deste ano, da que Escocia/Alba era a convidada de honra.Unhas 650.000 persoas acudiron ao festival de Lorient, cecais o máis importante do mundo celta xunto coas Celtic's Connections e mailo Mundo Celta de Ortigueira e que se abriu o pasado día 3 baixo a dirección do produtor musical asturiano Lisardo Lombardía, polo que contan o deste ano foi un dos mellores da década. Un concerto do grupo bretón Dan Ar Braz pon fin esta noite á 37 edición do festival, na que, como noutros anos, actuaron grupos de Asturies e Galiza, entre outras "rexións" nacións do mundo celta, poderei por fin face-la miña visita e estar presente no 2009?, nós teremos os dias 17 a Pepe Vaamonde Grupo e John McSehrry at First light e o 18 a Kepa Junkera con Faltriqueira en Pontevedra.
chúzame -
Tenda 12 Ago 2007 09:00 am
Agrupación folclórica “Vides Novas”.
Gaiteiros en Pontevedra e bisbarra.
"Vides Novas" é unha agrupación folclórica que ten a súa orixe no concello pontevedrés de Poio, leva máis de dez anos actuando en romarias, festas e festivais, tanto no noso País coma no veciño Portugal, é unha agrupación musical ao máis propio estilo galego, con percusión, gaitas e tamén grupo de baile tradicional, se estás interesado en amenizar un acontecemento familiar ou social, ben sexan vodas, bautizos ou celebracións de calqueira índole, podes contactar con nós ao traveso desta web ou tamén no télefono 649 338201 (Mundo) onde poderemos darche cumprida información do que precises.
Desprazámonos normalmente cun grupo de máis ou menos dez integrantes, o cal consta de varias gaitas, bombo, tambor e pandereteiras, tamén se é preciso e che interesa, podemos levar o grupo de baile, inda que iso loxicamente teria un sobrecusto, as actuacións ás que adoitamos acudir son normalmente en Pontevedra e bisbarra, inda que se poderian facer excepcións se é preciso, témonos desprazado a tocar a Marín, Pontecaldelas, Sanxenxo, Cambados...
Non o dubides e contacta con nós.
Fai click nas fotos para podelas ollar máis grandes
chúzame -
Actualidade 11 Ago 2007 08:00 am
Hoxe comezan as festas da “Peregrina” 2007.
Coa lectura do pregón por parte de Manolo Moldes, hoxe ás 12:00 horas dende a balconada do Concello de Pontevedra, dase o pistoletazo de saida a unha semana de festa e diversión na nosa cidade, unha semana de concertos, verbenas , charangas polas rúas, actividades deportivas, espectáculos pirotécnicos e tamén taurinos, porqué non, ofrendas florais, mercadillos e feiras, barracas de feira e festa, moita festa e diversión para os pequenos e para os que non o somos tanto, son dias para curiosear nos postos de roupa, tomar unha caña nunha terraza ou probar sorte cós dardos ou con esa carabina de aire que nunca funciona como quixéramos, porque todos somos grandes tiradores, por suposto, son dias de excesos, de xuntarse outra vez cós amigos que se cadra non vemos no resto do ano, para ir a algún concerto inda que non sexa moi do noso agrado, pero hai que botar un ollo a ver que tal. A min particularmente a semana das festas da Peregrina paréceme o mellor momento do ano para vivi-la miña cidade, pode ser que sexa o momento de máis tráfico e máis molestias pero esa marea humana de xente que sae ás rúas ou que nos visita nestas datas danlle un colorido e un aspecto especial a Pontevedra, ademais este ano agardo as festas cunha ánsia especial xa que o ano pasado por estas datas estaba de viaxe polo Caribe e non puiden desfruta-las como quixera, iso si, cheguei a punto para a "Feira Franca", pero iso xa é outra historia da que falarei máis adiante, agora o que toca é concentrarse no que temos entre mans e iso é pois o terceiro dia de peñas e tamén o concerto de Barricada esta noite na praza da Ferreria, eu xa para comezar con mal pé, estarei todo o dia de voda fóra de Pontevedra, asi que nin pregón, nin peñas nin concerto, cecais chegue para escoitar un pouco, pero o domingo e o resto da semana ahí estaremos desfrutando con todos vós da nosa semana grande.
Pasádeo ben, desfrutade e esquecede as preocupacións por uns dias, aqui tede-lo programa completo.
chúzame -
Actualidade 10 Ago 2007 12:10 pm
Pasarón, o conto de nunca acabar.
Bombazo onte na Comisión de seguimento das obras do novo Estadio de Pasarón en Pontevedra, parece ser que alguén botou mal as contas e o inicial presuposto de 7.2 millóns de euros para executa-la obra de remodelación total do campo pódese duplicar e chegar a perto dos 15 millóns, alegan o incremento do prezo do aceiro, os custes da demolición ou o mal cálculo dos materiais a empregar. A empresa adxudicataria da obra, os culpables de perpetar este delito, unha empresa á que lle chaman "Oreco", di que vai a presentar outro proxecto reformado cós novos costes, vamos, un escándalo en toda regla, porque polo visto tamén as cubertas das bancadas estaban mal deseñadas, seino, porque na fase de ascenso collin unha molladura de "padre y muy señor nuestro", tampouco contaron cós vestiarios provisionais e algunha cousa máis, en fin, o de sempre, como lle chamaba aquel, isto é a "Chapuza nacional", non pasa nada, xa estamos acostumados a incompetentes e inútiles ocupando cargos que se cadra non merecen.
chúzame -
Actualidade 09 Ago 2007 04:30 pm
Paciencia conductor, llegan las fiestas y los atascos.
A lo mejor tú, ciudadano de Pontevedra, eres uno de nuestros sufridos convecinos o también cualquier turista que estos dias circulas por nuestras calles y avenidas (las menos) y ya ha sufrido los problemas circulatorios que normalmente padecemos, pero con la llegada de las fiestas y el mes de Agosto se ven incrementados, acentuados si cabe, aún más con las obras de Paseo de Colón, lo normal seria pedirte paciencia, entiendo que es algo dificil y puede llegar a desquiciar a cualquiera, pero por tú bién y el de todos aguanta un poquito, no hagas sonar el claxon como si se fuera a acabar el mundo, los peatones no tenemos culpa y te entendemos. Por mucho que insistas, los coches no van a desaparecer ni la cosa va a mejorar en cuestión de minutos, por lo tanto, te repito, ten paciencia y en unos dias todo volverá a la normalidad, vamos, a los atascos de todos los dias que son más livianos y a esos coches en doble fila molestando, pero para eso ahora contamos con la nueva concesionaria de la grúa municipal que estará ahí para llegar en tu ayuda.
Lo dicho, paciencia hombre.
chúzame -
Actualidade 08 Ago 2007 01:00 pm
Fogos de artificio e festas de verán.
Adoita ir detrás dos gaiteiros, charangas ou da banda de música, camiñando polas corredoiras, camiños ou rúas, a súa figura vai ineludiblemente ligada á festa dos povos, vilas ou cidades, é o fogueteiro, un traballo estacional onde os haxa e como tal o ano pasado a súa continuidade viuse seriamente amenazada, o governo da Xunta dictaba unhas normas para controlar actividades que podian provocar incendios forestais, e entre elas estaban a do lanzamento de foguetes pirotécnicos nos povos e vilas, a normativa falaba de que non se podian lanzar baixo nengún concepto foguetes sempre e cando a autoridade municipal non supervisase e garantise a seguridade do acto. Hai un par de dias, estaba no traballo e unha vez máis, e como tódolos anos puiden escoita-los fogos de "San Salvador", no veciño concello de Poio, os fogos botáronse perto da ria e polo tanto as carcasas valeiras deberon caer na auga, non haberia perigo polo tanto, pero este fin de semana comezan as nosas festas, as da Peregrina, e adoita ser habitual facer alomenos dúas tiradas de fogos de artificio, unha ao principio, no rio Lérez e outra de fin de festa nas Corbaceiras, agardo polo tanto que o noso Concello de Pontevedra non eluda a súa responsabilidade e tome as oportunas medidas de control e seguridade para poder desfrutar como tódolos anos, porque tanto a nenos coma maiores nos gusta desfrutar dos estouridos e das cores deste increible espectáculo.
chúzame -
Historia 07 Ago 2007 01:00 pm
Pontevedra, orixe do topónimo.
Inda que as orixes de Pontevedra nacen nos castros celtas de Santa Maria e San Francisco, atribúese mitoloxicamente a fundación da cidade ao grego Teucro, irmán de Ajax, que loitou na guerra de Troya e que a bautizou có nome de "Helenes", posteriormente os romanos xa facian referencia a unha cidade chamada "Ad duos pontes", situada na súa via XX "Per loca marítima", a cal comunicaba Braga con A Coruña. Xa na época medieval, concretamente no século XII, e baixo o reinado de Fernando II, a cidade aparece por primeira vez baixo o seu nome actual "Pontem-Veteris", aludindo ás ruinas da vella ponte romana, dato que aparece reflexado nun documento no mosteiro de Poio, moito tempo despois, no ano 1833, coa creación das provincias, Pontevedra converteuse na capital da provincia do seu mesmo nome.
chúzame -








