Cargando...

Monthly Archiveagosto 2007



Actualidade 06 ago 2007 01:30 pm

Romaria vikinga nas Torres do Oeste.

O pasado fin de semana celebrouse a romaria vikinga  de Catoira (Pontevedra), dende o ano 1961 rememóranse as invasións da costa galega polas hordas normandas comandadas por Thor, aló polo século X, unha festa divertida e moi participativa declarada de interese turístico nacional e na que tamén participa xente vida dende terras escandinavas, animádevos a visita-la o vindeiro ano.

Chuzame! chúzame -

Actualidade 04 ago 2007 09:00 am

Touros na praza de Pontevedra, lástima de bois… !!

Xa están aqui, un ano máis chega este espectáculo a Pontevedra, esta tortura sen sentido e totalmente allea á nosa cultura, eu teño claro que esta barbaridade á que algúns lle chaman "arte" non é santo da miña devoción, nin tan sequera son dos que enfundados nunha camisola, saen a mollarse en kalimotxo polas rúas do casco vello. Hoxe é a primeira das catro corridas que haberá ao longo do mes de Agosto no coso taurino de San Roque, non sei quén vai tourear e moito menos me importa, non podo negar que é un atractivo máis das festas da cidade e unha fonte de ingresos para a hosteleria pontevedresa, posto que entre a xente que vai á praza de touros e mailas peñas que desfrutan da súa "outra festa" os ingresos serán cuantiosos, pero penso que estou no meu dereito de rexeitar unha cousa coma ésta para a miña cidade, non é por política nin por seguidismo, é por humanidade e por sentido común, por moito que me digan que os touros nacen para morrer na praza declárome "anti-taurino", tamén en A Coruña pensan algúns pensan igual.

Chuzame! chúzame -

Deportes 03 ago 2007 09:12 am

Pontevedra C.F. abonos tempada 07-08, abuso total e absoluto!!!

Pois nada, para os siareiros granates, e para tódolos afeccionados ao fútbol en xeral, aqui vos poño esta última hora do Pontevedra C.F., a publicación na web oficial dos prezos dos abonos da nova tempada, un abuso total e absoluto, e máis tendo en conta que o ano pasado non se acadaron os obxectivos do ascenso, a directiva xustifica este aumento desmesurado a que teremos un campo novo e máis comodidades, campo novo que segue a ser municipal e polo que o Pontevedra C.F. non pagará un peso. Xa abonda de abusos e de que nos tomen o pelo tanto a socios coma a peñas, hai clubes de segunda división que pagarán menos que nós, incluso o Rayo Vallecano terá os prezos máis económicos.

___________________________________________________________________________

PRECIOS TEMPORADA 2007/2008

TRIBUNA
Palco: 600 euros.
Senior ordinario: Normal 235 euros y PCF 300 euros.
Senior bonificado: Normal 140 euros y PCF 200 euros.
Jubilados y estudiantes: Normal 115 euros y PCF 180 euros.
Junior ordinario: Normal 55 euros y PCF 100 euros.
Junior bonificado: Normal 10 euros.

PREFERENCIA
Senior ordinario: Normal 165 euros y PCF 215 euros.
Senior bonificado: Normal 100 euros y PCF 150 euros.
Jubilados y estudiantes: Normal 85 euros y PCF 135 euros.
Junior ordinario: Normal 50 euros y PCF 70 euros.
Junior bonificado: Normal 10 euros.

GRADA ALTA
Senior ordinario: Normal 120 euros y PCF 160 euros.
Junior ordinario: Normal 45 euros y PCF 60 euros.
Junior bonificado: Normal 10 euros.

GRADA BAJA
Senior ordinario: Normal 90 euros y PCF 130 euros.
Junior ordinario: Normal 40 euros y PCF 50 euros.
Junior bonificado: Normal 10 euros.
Peñas: Normal 80 y PCF 120.

Chuzame! chúzame -

Actualidade 02 ago 2007 03:30 pm

Lembrando a John F. Ballan, o “home orquestra”.

O outro dia veume á cabeza a figura deste marinense, veciño de Seixo pero pontevedrés de vocación e coñecido por moitos de nós, alomenos polos que somos un pouco máis vellos, en Pontevedra fixéronlle unha homenaxe na Casa das campás hai uns meses, unha maneira de agradecerlle os bos ratos pasados nestes anos, eu lémbrome de velo na T.V.G. có tamén famoso Rafael Pintos (Vladimir), tamén no anuncio aquel do comercio pontevedrés de "Colchones American" e  unha vez en directo, có seu famoso show do "tocador de portas" e o seu sombreiro de cow-boy, dende aqui vaia a miña modesta homenaxe a este singular personaxe, que adicou 40 anos da súa vida ao espectáculo e segundo contan nesta páxina, vai recibir hoxe outro público na nosa cidade e outro en Seixo, Marín.

 

 

Chuzame! chúzame -

Actualidade 01 ago 2007 03:30 pm

Os galeg@s, víctimas do chamado “cambio climático”.

Hai uns dias escoitaba este titular nun telexornal da T.V.G. , logo puiden comprobar tamén esa mesma afirmación en varios xornais, non é nada descoñecido para nós o termo "quentamento global", se fai anos falabamos da famosa "capa de ozono" e non se tomaron as oportunas medidas, agora a cousa claramente vai a peor e as estadísticas confirman que o cambio climático está chegando ao noso territorio, duns anos para aqui as condicións climatolóxicas galegas son alarmantemente inestables, con choivas torrenciais, suba das temperaturas e alteración das estacións, se a iso lle sumamos os incendios forestais, a construcción sen medida e os verquidos incontrolados nos nosos rios e rias, atopámonos con que a nosa riqueza natural pode ter os dias contados, os expertos da "Axencia Europea do Medio Ambiente", chegaron a afimar que o noroeste peninsular é unha das zonas de Europa que máis pode acusa-lo cambio climático, poderíamos ata chegar a ter un clima mediterráneo ou tropical nuns 50 ou 60 anos, os indicios apuntan a todo isto, e no caso por exemplo, de que o nivel do mar subira a causa do derretemento dos casquetes polares, as nosas rias serian as primeiras en acusalo, na nosas mans está correxir esta situación antes de que sexa demasiado tarde, por certo, non vos perdades o documental de Al Gore sobre este tema, "Una verdad incómoda"

Chuzame! chúzame -

« Previous Page