Monthly ArchiveSetembro 2007
Actualidade 30 Set 2007 10:00 am
Moltes gràcies Francino.
O pasado venres dia 28, o programa matinal "Hoy por hoy" da "Cadena S.E.R." conducido por Carles Francino, estivo en Pontevedra, realizando as seis horas de programa dende un estudio móbil instalado no Teatro Principal da nosa cidade, falaron de urbanismo, de tradicións e de deporte, entrevistaron a César Portela e tamén ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, falaron da peatonalización e do botellón, fixeron tamén un breve repaso pola historia do noso querido Pontevedra C.F. Eu non puiden acudir por motivos laborais, pero houbérame gustado estar alí e desfrutar de todo aquelo, de escoita-lo hino do Pontevedra ou da música de Carlos Núñez, con ese "Aires de Pontevedra" que encheu ata o último recuncho do Teatro Principal, dende aqui a miña sentida felicitación e as miñas gracias por dar a coñece-la nosa cidade a toda a túa audiencia.
Se tedes interese en escoitar un par de cortes do programa, tédelos aquí e tamén aquí.
chuzame -
Caixón de xastre 28 Set 2007 10:00 pm
O feismo urbanístico tamén é cousa do Estado.
Agora que está tan de actualidade o tema do feismo urbanísitico na costa,- tanto na galega coma na española- polas barbaridades feitas por parte das constructoras, dos particulares ou mesmo dos concellos, non está de máis lembrarlle aos que nos governan e aos que tanto se desviven por nós, que cando rematen as "actuacións", "intervencións" ou sinxelamente, as obras públicas de calqueira tipo, que os inmensos carteis que enchen as nosas vilas e cidades xa non teñen sentido ningún, somentes o de afear e molestar, non estaria de máis que fixeran unha campaña de retirada de toda esta inmensa carteleria e que reciclaran todas esas toneladas de metal.
As fotos saqueinas en Pragueira (Sanxenxo), no derradeiro dia de praia que tiven este verán, é unha verdadeira mágoa querer desfrutar dunha posta de sol e atopar este "mamotreto" no medio e medio, agardo que para o vindeiro verán xa esté retirado.
chuzame -
Cinema e televisión 27 Set 2007 10:00 pm
“Cuestión de sexo”, la nueva serie de Cuatro.
No sé si tuvisteis la oportunidad de ver el pasado martes dia 25 a eso de las 22:00 horas la nueva serie que estrenó Cuatro, desconocia que era su estreno y zapeando un poco me encontré con el primer capítulo de "Cuestión de sexo", como no habia gran cosa que ver en los demás canales (algo habitual), pués pensé en dedircale unos minutos, por lo menos hasta el primer descanso, a esta serie de nueva factura, más que nada porque la última que habia visto en este mismo canal, Anatomia de Grey, me habia dejado un magnífico poso. La cosa no empezaba muy bién, el tópico de siempre, tres parejas cenando juntas y contándose sus problemas, pero asi que el capítulo se iba desarrollando poco a poco, la verdad es que fué tomando muy buena pinta, los actores no están mal, sobre todo el genial Willy Toledo, que ya habia visto en "Crimen Ferpecto" y anteriormente en "Siete Vidas", también destacar al actor pontevedrés Xúlio Abonjo, simpático en su papel de joven inconformista, aunque me sigo preguntando porqué tienden a marcar tanto nuestro acento los actores gallegos, cuando participan en series a nivel nacional, no lo veo necesario. La música que acompaña la serie no está mal y en su primer dia de emisión tuvo un éxito aceptable. Pués nada, ahora que se terminó la primera temporada de "Jericho", pienso que me voy a enganchar a esta nueva serie, en la que el nombre que le da título es una mera excusa para hablarnos de las envidias, amorios y desvarios de sus protagonistas.
chuzame -
Caixón de xastre 27 Set 2007 06:42 pm
Swástica aérea en EE.UU.
Actualidade 26 Set 2007 03:31 pm
“Construcuatro” investigada pola Conselleria de Vivenda.
Leo na edición dixital do Diario de Pontevedra e da Voz de Galicia, que a constructora pontevedresa cooparticipada polo voceiro da oposición no Concello de Pontevedra, o señor Telmo Martin (Partido Popular), está sendo investigada pola Conselleria de Vivenda da Xunta de Galiza por mór dunhas denuncias de varios interesados en facerse cunhas vivendas de protección oficial nunha promoción en San Paio de Navia (Vigo), polo visto Construcuatro lles solicitaba entre 21.000 e 33.000 euros en diñeiro negro (tamén chamado B) antes de asina-lo contrato de compra-venda, algo que todos sabemos que adoita ser cotián na vivenda libre, pero que na vivenda de protección oficial tamén acontece polo visto, outra cousa é demostralo, coma os incendios do verán pasado.
Estaremos atentos ás novas que vaian xurdindo estes dias nos xornais e radios de Pontevedra.
chuzame -
Deportes 25 Set 2007 08:00 pm
Magnífico papel do Karpin-Galicia na “Vuelta ciclista a España 07″
Hai uns dias que rematou en Madrid "La vuelta ciclista a España", e o deporte
galego ten que estar de noraboa, o equipo profesional galego de ciclismo, o Karpin-Galicia rematou en séptimo lugar por equipos e o corredor Ezequiel Mosquera quinto na xeral individual, tendo en conta que de Vigo partiron nin máis nin menos que 21 equipos, dos máis punteiros do panorama, de que esta era a primeira participación nesta grande cita por etapas e de que o cadro ciclista galego ten unha andaina relativamente curta polo de agora, no podemos máis que estar orgullosos do papel feito polos corredores e o equipo técnico, que mantiveron a nosa atención ao longo de varias semanas e que levaron o nome de Galicia e do noso deporte por todo o Estado. Os meus parabéns a todo o cadro técnico, especialmente Álvaro Pino, ao que tiven a honra de coñecer, e a tódolos corredores do Karpin-Galicia, a seguir asi por moito tempo.
chuzame -
Actualidade 24 Set 2007 10:00 am
IKEA, ganga o timo al por mayor ?

Hace unos dias me encontré con esta noticia en varios portales de información, hablaba de la multinacional escandinava IKEA, esa que supongo todos conocereis, por experiencia propia o por lo que os habrá contado algún amigo, que si sus precios son tirados, que si el diseño es muy moderno...vamos, que amueblas tu casa por cuatro duros según cuenta la gente, yo sinceramente no he ido todavia a ningún centro de esta cadena, el más cercano que tengo vendria siendo el de Porto (Portugal), aunque también hay otro en Asturias por lo que tengo escuchado, pués bién, después de esta noticia, sinceramente tengo mis dudas de si llegaré a ser alguna vez cliente suyo, no está la economia de las familias para que nos tomen el pelo de esta manera.
chuzame -
Deportes 22 Set 2007 03:01 pm
VII Subida á Escusa (Poio), xa quentamos motores !!
Pois nada, xa está aqui un ano máis unha das probas automobilísticas que máis xente congrega nos arredores da nosa cidade, remata o verán e despois de desfrutar coa subida ao Campiño agora toca a proba no veciño concello de Poio, supoño que as verificacións serán coma o ano pasado na explanada da Seca, e a proba o domingo pola mañá ben cedo. Eu para non variar, madrugarei e irei cun par de colegas ben cedo a mira-las máquinas e a ver que tal se lles da este ano aos M3 portugueses (que sempre son un espectáculo), aos Mitsubishi Evo e ás barquetas.
Cheiro a goma queimada, a queroseno, gasolina, e os berros dos afeccionados enfervorizados ao redor, isto non é a Formula 1, isto son os rallies, o deporte nacional galego.
chuzame -
Caixón de xastre 21 Set 2007 12:00 pm
Rematou o verán.
Hoxe en teoria debe de comeza-lo Outono, pero a verdade é que xa se comezou a notar hai dias, chego á casa xa de noite e comeza a refrescar, mesmo a derradeira vez que fun á praia, hai unha semana máis ou menos, xa estaba anoitecendo cando nos fumos para a casa. Agora o sol vaise agochando tralo hourizonte e todo volta á súa normalidade, o ritmo acelerado do verán vai decrecendo e eu agardo pola chegada do inverno, polo tintineo da choiva nos cristais e polas tardes de domingo paseando pola praia.
chuzame -
Deportes 21 Set 2007 09:04 am
Óscar Pereiro, gañador do Tour de Francia 2006 !!
Tarde pero inda a tempo, o noso paisano Óscar Pereiro xa é o vencedor oficial da volta ciclista gala, despois da confirmación do positivo por testosterona de Floyd Landis, a dirección do Tour de Francia é de supor que lle comunicará ao ciclista galego a decisión oficial no dia de hoxe.
Como afeccionado ao ciclismo e como galego, gracias Óscar.
chuzame -
Actualidade 19 Set 2007 09:00 am
Concello de Cotobade; promesas, política e mentiras.
Todos e todas sabemos que as promesas electorais non son nada novo, e refírome ao seu incumprimento, que adoita ser algo normal pasados os comicios e a presa por acada-lo voto dos veciños, ésta historia ben poderia ser unha de tantas que abundan nos nosos povos e vilas, pero penso que non é o caso, e que ata me atreveria a asegurar que raia o absurdo.
No dia de onte, un amigo e veciño do lugar de Parada, pertencente á parroquia de Tenorio, término municipal de Cotobade (Pontevedra), púñame ao tanto das reclamacións, penso que xustas, que fixeran os veciños ao Concello de Cotobade (PSG-BNG) antes dos pasados comicios municipais e que apareceu publicado no Diario de Pontevedar, éstes solicitaran do governo local un parque infantil asi como unha limpeza viaria dos arcéns e tamén do asfaltado e adecentamento dunha pista no lugar de "Casa Tellada", pois ben, polo visto as súas reclamacións foron atentidas nun primeiro momento, entendo que motivado polo achegamento da data electoral, ata alí desprazáronse os "operarios" municipais para comezar coas obras do
reclamado lugar de lecer para os cativos, que polo visto ia ser instalado perto da parada do bus que os leva para a escola, ata chegaron a delimita-lo sitio cunhas estacas, tamén apareceron por ali as brigadas de limpeza viaria dispostas a desbrozar e adecenta-las cunetas, pero despois das eleccións todos desapareceron sen deixar rastro, os veciños tamén contaban con que lles ian asfalta-la pista prometida pero de todo iso ren. O Concello non da resposta de nengún tipo ás xustas demandas dos veciños e éstes xa están fartos de agardar, eu , por propia experiencia, teño que dicir que as pistas que circundan aquel fermoso lugar a escasos 15 minutos da nosa cidade, están completamente abandonadas e todavia peor despois dos lumes do ano pasado, é máis, unha das pistas, concretamente a que leva á casa deste amigo está totalmente a escuras, e no inverno, entre a nula iluminación, a maleza e o escaso ancho da via, faise moi perigoso circular.
Agora a pelota está no tellado do Concello de Cotobade e do seu governo de coalición, os veciños e visitantes agardamos unha resposta ás demandas canto antes, alomenos antes de que cheguen as seguintes eleccións. Por certo, será casualidade ou descoido, pero na web municipal non aparece nin unha soa foto do lugar de Parada, tan abandonados están..?
chuzame -
Actualidade 18 Set 2007 10:00 am
Temos un “punto limpo” en Pontevedra?
Hai un par de dias, paseando por un monte dos arredores de Pontevedra, máis que nada para estira-las pernas e tamén para ver como quedara todo despois dos incendios forestais do ano pasado, atopei un montón, que digo montón, unha montaña máis ben, de neumáticos usados no medio das árbores e dos fentos, estaba algo agochado pola vexetación pero ben se podia ver, nese momento veume á cabeza a seguinte pregunta, temos en Pontevedra un dos chamados "puntos limpos"?, vamos, un lugar deses onde bota-los electrodomésticos, somieres, mobles ou calqueira trasto vello que non nos recollan en calqueira outro sitio, xa non falo dos neumáticos usados posto que agora ao poñe-los novos, cóbrannos un canon de reciclaxe por cada un, asi que nese aspecto o problema deberia estar resolto. Estiven mirando nas web's de Sogama, de Adega e tamén aqui, e tentando busca-lo punto limpo da nosa cidade por si un dia destes preciso del, pero foi imposible, ou non temos ou non está rexistrado, a ver logo se o Concello de Pontevedra ou a Xunta de Galiza se poñen as pilas e dotannos dun canto antes, penso que é unha reclamación xusta e urxente.
chuzame -









