Cargando...

Monthly Archivesetembro 2007



Deportes 17 set 2007 04:39 pm

A Colin McRae, in memorian.

Para os que somos afeccionados ao mundo dos rallies, Colin McRae foi un piloto espectacular ademais de carismático, faleceu o pasado sábado en accidente de helicóptero xunto có seu fillo de cinco anos, parece mentira, tantos anos xogándose o tipo nas estradas de todo o mundo e ao final foi a morrer na súa casa, e nin tan sequera en accidente de tráfico, paradoxas da vida. Eu tiven a sorte de velo hai anos no rallie de Portugal.

Adeus para sempre Mr. Colin.

 

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actualidade 16 set 2007 09:00 am

O problema do botellón en Pontevedra.

Hoxe é domingo, normalmente adoita se-lo dia de resaca de moitos, aqui en Pontevedra ou en calqueira sitio, un dia perfecto para pensar polo miúdo a pregunta que hai uns dias soltaba ao aire Guillerme Vázquez, o concelleiro de Seguridade Cidadá da nosa cidade, veume á cabeza isto, porque mirando este artigo no blog de Beber para olvidar, o político nacionalista solicitaba a opinión das asociacións veciñais e dos veciños de Pontevedra, para ver que facer có tema do botellón no Campiño de Santa Maria, como todos saberedes están facendo obras nese lugar, e éste podia se-lo momento axeitado para traslada-la movida de sitio, aqui vai logo a miña proposta:

Hai cousa duns anos, máis ou menos seis ou sete, chegouse a falar de que un grupo de empresarios locais poderia estar interesado en facer do Centro Comercial "A Barca", no limítrofe concello de Poio, un centro de ocio e diversión ao estilo dos famosos polígonos de discotecas e locais de copas que tanto abundan por España adiante, é dicir, facer no complexo ubicado na Barca, un lugar de esparcemento, con discotecas, locais de copas, bocaterias, cines e demais, con aparcadoiro e transporte público, inda que a pé non ficaria moi lonxe do centro da cidade, ademais todo isto estaria ben controlado pola comandancia da Garda Civil sita perto do Vao, máis que nada para que non houbera moitos "desmadres", algún pensará que isto poderia ser un ghetto de perversión, alcool e drogas, non sei, eu penso que é unha opción a contemplar e perfectamente válida, pero sempre se aceptan propostas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actualidade 14 set 2007 04:28 pm

Gabeando polas árbores en Pontevedra.

A nosa cidade será escenario do IX Campionato de España desta modalidade deportiva pouco coñecida polo de agora, pero que polo que contan ten moita tradición no resto de Europa, hoxe pasei pola alameda, concretamente pola zona das palmeiras e tiñan alí todo o "tinglado" montado. O evento que se realizará hoxe venres e mañá sábado consta de cinco modalides, entre as que están as de "gabeo" ou "rescate", o sábado será a final dos "maestros". Curioso deporte éste, achegádevos por alí a botar un ollo e comprobalos por vós mesmos, haberá participantes de todo o Estado español e tamén convidados de Alemaña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Caixón de xastre 13 set 2007 11:42 am

As “polémicas” galescolas están de estreno.

As galescolas estrean os mandilóns que han lucir os cativos, destacan as cores azul e branca tan identificativas da nosa terra e uns simpáticos botóns de cores, a min particularmente parécenme bonitos e acábome de enterar, pola súa web, de que a garderia infantil "O toxo", á que fun eu de pequerrecho, está integrada na rede galega de escolas infantís.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema e televisión 12 set 2007 09:01 am

Música del nuevo spot de “Gas Natural”.

Estos dias viendo la televisión, me llamó la antención la música de un spot publicitario de "Gas Natural", la musiquilla me resultaba conocida y pensando, pensando, llegué a la conclusión de que se trataba de la canción "Narcotic" de Líquido, un grupo alemán, este tema lo tengo en algún compact-disc y lo escuchaba allá por el año 1998, no sé si ya era una versión o el tema es original de ellos, lo desconozco, pero aqui teneis el video.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Caixón de xastre 11 set 2007 10:00 am

Meme: Cinco cousas que che gustaria ter.

Andrés Milleiro, o meu colega "tecnosexual", convídame a contestar a un meme que a el lle enviaron tamén hai uns dias, facendo memoria, éste debe se-lo  segundo meme ao cal contesto despois daquel famoso que mirara na páxina de Javi Moya, éste en cuestión fala das cinco cousas que agora mesmo me gustaria ter, pois a bote pronto serian as seguintes;

  1. Un Mini Cooper S, unha das miñas afeccións, -entre outras que teño-, son os coches, e a verdade, éste seria un dos meus preferidos xunto cun BMW M3.

  2. Tempo libre para poder viaxar, antes de estudante non habia cartos pero si tempo libre, ou alomenos no verán, agora traballando hai aforros pero pouco tempo para escapar, sigo na miña teima de viaxar a Irlanda, Escocia ou Bretaña.

  3. Unha "Highland bagpipe", unha gaita marcial escocesa vamos, un dos meus pasatempos preferidos cando teño tempo é toca-la gaita, teño unha "Seivane" de granadillo en Do, ensaio de cando en vez có grupo "Vides Novas" de Poio.

  4. Un xardín para ter cans, teño o mesmo problema que todo "fillo de veciño" con piso, non teño sitio para telos, encántanme os animais, inda que pola miña alerxia sempre tiven problemas con eles, pero agora case curado, gustaríame ter un par de boxer.

  5. Por último non pido para min, senón para todos os meus veciños de Pontevedra, gustaríame ter o equipo da nosa cidade en Segunda División e se fora posible porque non en Primeira, agardo que có traballo e apoio de todos, o noso Pontevedra C.F. vaia cara arriba e pronto volte a estar onde lle corresponde, por historia e por dereito propio.

Isto foi todo amigos :)

Pásolle o meme a Luis e a "Brugal con cola", dous "blogueiros" de Pontevedra cós que adoito intercambiar pareceres.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Caixón de xastre 09 set 2007 09:00 am

Praia de Melide, no “Cabo do home”, O Morrazo (Pontevedra)

cabo-do-home.JPG

A foto é máis ben mala, foi escaneada por min hai alomenos oito ou nove anos, daquela non habia cámaras dixitais, pero a intención penso que é o que conta, e o feito é que queria ensinarvos unha das mellores praias (na miña humilde opinión) que temos no territorio galego, sen desmerecerlle nada á de Rodas (Illas Cies) ou á de Carnota, outras das miñas preferidas. Non sei exactamente a que resposta este post que estou a facer, pode que á nostálxia de pensar que o verán está a piques de rematar e case non o desfrutamos (algúns).

praia-de-carnota.jpg  praia-de-rodas.jpg

                      Praia de Carnota       Praia de Rodas                    

 

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actualidade 07 set 2007 10:00 am

Ciao Pavarotti !!

Sexa esta a miña humilde homenaxe ao galáctico dos tenores, o home que achegou a ópera a todos, unha persoa carismática e que sempre fixo o imposible por axudar aos necesitados, non vou dicir que o descubrira con esta canción, pero realmente impresionoume esta mestura de estilos.

Ata sempre maestro !!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Deportes 06 set 2007 10:00 am

Aquel memorable partido da U.R.S.S.

Estes dias que andan a voltas có Eurobasket 07 e puiden ver algún partido, lembreime daquela mítica  semifinal dos Xogos Olímpicos de Seúl 1988, xogaban a U.R.S.S. (Unión Soviética) contra os U.S.A., tiña eu daquela 14 anos, e eu e mailo meu irmán estabamos fascinados por aquela selección da extinta Unión Soviética, aquel equipo dos inigualables Arvydas Sabonis, Rimas Kurtinaitis, Valeri Tikhonenko, Alexander Volkov, Vladimir Tkhachenko, Valdemaras Homicius e algún máis que non me lembro, nunca fun excesivamente afeccionado ao baloncesto, claramente prefiro o fútbol, pero como todo o mundo, nas grandes citas estou sentado diante do televisor, polo menos para poder logo comentar aquela xogada espectacular ou aquel triple sobre a serea, posiblemente sexa a nostalxia, pero para min aquel foi o mellor partido de baloncesto que vin na miña vida, outra cousa é o que considero o meu xogador de basket preferido de tódolos tempos, certamente teño as miñas dúbidas entre Arvydas Sabonis ou Drazen Petrovic.

Aquí tedes o video do partido:

http://www.youtube.com/watch?v=7Z9NVMuNz_g

 

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actualidade 04 set 2007 10:00 am

Conclusións da “Feira Franca 07″

Penso que non me trabuco, e que moitos dos meus veciños e visitantes estarán dacordo comigo, ao afirmar que  a "Feira franca"  de Pontevedra, foi e ven sendo dende xa hai uns cantos anos todo un éxito, tanto de participación coma de calidade, cada ano somos máis os veciños da nosa cidade e arredores, os que nos metemos de cheo nunha festa que xa consideramos algo imprescindible no verán pontevedrés, segundo contan e tamén puiden constatar, este ano veu máis xente ca nunca, eu cheguei a ver autobuses de Portugal con xente vestida para a ocasión, pero tamén viñeron polo visto dende Asturies e ata de Valencia, dando boa mostra do enorme éxito que está a acadar. Pero como tódalas festas, e ésta non ia ser menos, ten os seus puntos negros ou aspectos a mellorar, os meus poderian ser os seguintes:

  1. Máis limpeza, non estaria de máis colectores de lixo de grandes dimensións e nos lugares estratéxicos, é dicir, nos arredores da alameda, concello, e algunhas prazas, asi coma tamén un retén de barrendeiros (síntoo por eles) que fixeran algunha limpeza de "urxencia" ao longo do dia.

  2. Máis control en canto a prezos, polo visto os hosteleiros están obrigados a pór unha táboa cós prezos, pero o que non pode ser é que nun sitio paguemos 0.60 € por unha filloa e noutro 2.50 € (constatado).

  3. Máis seguridade, xa se sabe, grandes concentracións de xente, moito alcool e logo veñen as liortas e demais, non estaria de máis algo de control, por parte da policia, protección civil e demais nas rúas para evitar todo isto, e máis se contamos con que a festa medrará en canto a número de participantes nos vindeiros anos, queremos unha festa, non un macro-botellón.

  4. Por último, dicir que este ano a Alameda encheuse de mesas que lle deron algo de "alivio" a outras rúas do casco vello, eu penso que a extensión da "Feira franca" debe de ficar ahí, que englobe o Casco vello e a alameda, nos vindeiros anos non debemos de medrar en terreo ocupado pola mesma, senón en calidade, ése debe se-lo obxectivo.

Penso que este anos desfrutamos máis que calqueira outro, numerosas actividades polas rúas, grupos de animación por tódolos rechunchos e infinidade de postos gastronómicos que facian as delicias de calqueira, mágoa do "famoso" incidende coa queimada que ten a dúas persoas ingresadas en Povisa con queimaduras de primeiro grao e unha muller embarazada xa fóra de perigo, agardo que se recuperen canto antes,tamén houbo algúns problemas cós fumes das parrilladas e demais.

Agora nada máis, a agardar pola festa do vindeiro ano, xa resta menos, eu paseino en grande.

 

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Música 03 set 2007 10:00 am

Luar na lubre, “Tu gitana” na voz de Sara Vidal.

Sara Louraço Vidal, ese é o nome da voz feminina que veu a substituir a Rosa Cedrón xa hai un par de anos, unha papeleta moi complicada, pois a anterior cantante do grupo tiña unha fantástica voz dificil de superar. Segundo contan na súa web, neste mes de Setembro sairá á luz o seu novo disco titulado "Camiños da fin da terra", póñovos aqui unha actuación no programa Luar da T.V.G. interpretando o tema "Tu gitana", do disco Plenilunio e logo reeditado no disco "Saudade" na voz da portuguesa, eu tiven a sorte de coñecer aos Luar na Lubre hai anos, nun concerto no Bierzo, foi por mediación dunha amiga e convidáronnos ao seu camerino no que falei con Bieito Romero e o resto do grupo, logo, ao longo de varios anos visitei de cando en vez a baiuca "A cova folk", unha cervexeria que tiña o gaiteiro do grupo na Coruña, agora pechada, onde facíamos "Jam sessions" e desfrutabamos da música acompañados dunhas pintas.

Desfrutade da fermosa voz de Sara, no disco canta con Pablo Milanés, unha marabilla de tema.

 

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema e televisión 01 set 2007 03:00 pm

Operación retorno, moito coidado na estrada.

Estamos metidos de cheo na "Operación retorno", acaba de remata-la segunda quincena do verán e con ela moitos dos turistas que estes dias andiveron pola zona de Pontevedra e arredores marcharán de volta para os seus lugares de orixe, tanto outros galegos coma xente de fóra das nosas fronteiras, a todos eles moito coidado na estrada e seguide os consellos de Carlos Blanco, neste hilarante monólogo sobre os perigos da conducción e a particulariedades dos galegos ao volante.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

« Páxina anterior