Cargando...

Monthly ArchiveOutubro 2007



Historia 31 Out 2007 10:00 am

A noite dos calacús, o noso Samahin celta.

Algún de vós se preguntará o porqué dese festivo o vindeiro xoves, a explicación é moi sinxela, ese dia celébrase o dia de defuntos e para os namorados da cultura céltica coma min o Samain (Samahín en gaélico) , ésta era unha festividade pagana, a noite do 31 de Outubro era o fin de ano para os povos celtas, entre eles Galiza, tamén é a festa en honra aos defuntos marcando a transición do solsticio de outono ao de inverno. A festa do Samain era a máis importante do periodo pre-cristián, nesta data acendíanse lumes sagrados frotando pónlas de serbal e teixo, con elas quentábanse as lareiras  de tódalas casas, tamén era costume a de baleira-las cabazas (antes disto empregáronse nabos) para colocarlles dentro candeas que logo se colocaban nos cruces, nas portas das casas e en infinidade de lugares, esta tradizón inda se mantén viva no noso País na chamada "Noite dos calacús", noite da que teño participado algunha vez e da que vos recomendo tamén desfrutar, concretamente en Vilaboa, perto de Pontevedra, tedes unha festa dos calacús tódolos anos na taberna galega "A casa dos druidas", non sei se inda seguén con esa "oferta", pero ao que chegara á festa cunha cabaza decorada regalábanlle unha consumición, esa noite xúntase moita xente a celebra-la noite de defuntos, hai música en vivo e queimada. Convén non trabucar a noite dos calacús ou celebración do Samahin celta coa máis recente noite de Halloween que tanto se puxo de moda, sobre todo nas cidades, a noite de Halloween puido ser exportada aos EE.UU. polos emigrantes irlandeses entre finais do século XIX e principios do século XX e na miña modesta opinión, é unha celebración máis que nada comercial, non hai máis que ver o bombo que lle dan firmas comercias como McDonald's. O dito, na noite de defuntos non vos esquezades de poñer na fiestra o voso calacú acendido e o dia de defuntos darvos un bo atracón de "osos de santo", que tamén hai que darlle unha alegria ao corpo.

Chuzame! chuzame -

Deportes 30 Out 2007 04:45 pm

Alberto Fernández, do Super-Froiz ao Karpin-Galicia.

O ex-corredor do equipo ciclista pontevedrés do Supermercados Froiz, Alberto Fernández Sainz, é dende hoxe a nova fichaxe do Karpin-Galicia, o corredor cántabro de 26 anos se atopaba ate o de agora ás ordes de Evaristo Portela no equipo "alimenticio", foi o vencedor absoluto da Bira 2007 (Volta a Bizkaia), unha das probas máis prestixiosas do calendario ciclista español e da que xa informamos nestas páxinas o pasado verán, pasa asi a reforzar ao equipo profesional galego que tan destacado papel fixo na "Vuelta ciclista a España", dende a redacción de A ponte vella desexámoslle ao corredor toda a sorte posible nesta nova xeira que vai comezar, e aos equipos do Super-Froiz e o Karpin-Galicia animalos a que sigan a acadar máis e máis trunfos para o deporte galego alá onde vaian.

Chuzame! chuzame -

Cinema e televisión 29 Out 2007 10:02 pm

“Sabotaje informático”, humor vasco de la “cuadrilla”.

Supongo que algunos de vosotros conocereis a este grupo de amigos, "txiquiteros" para más señas, el otro dia viendo un capítulo de "Cuestión de sexo" en Cuatro, me acordé de ellos al ver al alumno de la autoescuela que precisamente es uno de la "cuadrilla", salian en el programa "Vaya semanita" de E.T.B. y después alguno de ellos en otro llamado "Made in China". La cuadrilla, una pandilla de amigos vascos siempre "pimplando" en el bar y contando historias en evidente estado de embriaguez, buscando, buscando me encontré esta de un sabotaje informático.

 

Chuzame! chuzame -

Actualidade 28 Out 2007 03:26 pm

“Pomovil 2007″, o salón do automobil novo en Pontevedra.

Para todos os afeccionados ao motor de Pontevedra e a súa bisbarra, infórmovos que para o vindeiro mes de Novembro, concretamente o fin de semana do 16,17 e 18, terá lugar no Pazo de Congresos de Pontevedra a décima ediciónl de "Pomovil", o salón do vehículo novo de Pontevedra, polo que informan, este ano haberá un par de novidades, entre elas a presentación por primeira vez para o mercado español do Wolkswagen Tiguan, tamén poderemos ve-lo novo Renault Laguna que hai pouco se puxo á venda e o novo Mazda-2, o certame de Pontevedra consolídase como unha das grandes citas anuais para os pontevedreses e veciños, é organizada pola Cámara de Comercio da cidade e no seguinte fin de semana como é xa cotián, haberá o Certame do vehículo usado.

Chuzame! chuzame -

Caixón de xastre 27 Out 2007 10:00 am

Haberá vida intelixente nos U.S.A. ?

Certamente non sei a resposta, de tódalas maneiras fágome unha idea despois de ver este video, supoño que o tópico de que os estadounidenses no están moi ao dia do que acontece fóra das súas fronteiras non atinxirá a toda a súa povoación, eles viven no seu mundo e o demais pode que lles teña sen coidado, pero algo de información e de cultura xeral haberá que ter, digo eu.

Xenial video que non vos podedes perder.

 

Chuzame! chuzame -

Actualidade 25 Out 2007 11:30 pm

“Pro-evolution soccer 8″, primeras impresiones.

Bueno, pués desde hace un par de horas que ya tengo el pro-evolution soccer 8 para la PS3, hoy era el dia de su lanzamiento y esta tarde me lo he comprado, ni que decir tiene que soy un fanático de este videojuego ya desde la Play 2, con el que durante horas tengo jugado y jugado con mi cuñado.

La presentación no está mal, como no, sale Cristiano Ronaldo en la portada, la gran revelación europea de este último año junto con Messi, los gráficos están más logrados que en la versión anterior, de momento llevo sólo unos cuantos partidos y todavia no pude apreciar si tiene nuevos movimientos tácticos y regates, lo que si destaco son los comentarios, mucha más variedad que antes y con la voz de "Maldini", la jugabilidad me parece un poco más complicada que el Pro-7, el menú es un poco más lioso, también es verdad que estaré aconstumbrado al anterior y ahora me cuesta un poco, hecho de menos, o por lo menos no los pude encontrar todavia los equipos de la Premier League inglesa, siempre suelo jugar con el Arsenal pero esta vez creo que no está disponible, tal vez sea por los derechos de imagen y todo eso, lo que si es impresionante es el F.C. Barcelona, luego de un rápido vistazo creo que es el mejor de todo el juego, aunque el Real Madrid tampoco le vá a la zaga y después de un par de partidos rápidos la cosa más o menos quedó igualada, este fin de semana lo probaré a fondo, lo prometo. La anterior versión que tenia del Pro-evolution 7 era el "ultimated", con los comentarios de Pepe Domingo Castaño, cánticos de los hooligans y tiffosi y también música de todo tipo de fondo, espero que alguien se "trabaje" también éste. Por cierto, no sé si será problema del televisor, pero de vez en cuando la imagen daba algunos saltos, cosa que no ocurria en el Pro-evolution 7, tendremos que hacer la prueba en otro aparato a ver que pasa.

Chuzame! chuzame -

O mundo da cervexa 24 Out 2007 07:30 pm

Bar&beer, para os máis afeccionados á cervexa.

Xa está nas miñas mans o último número de Bar&beer, chegoume onte por mediación dun amigo ao que teño que agradercelle a xentileza. Para os que non o saibades, éste é o nome dunha publicación galega que xira encol do mundo da cervexa, ten tirada nacional e repártese en infinidade de tabernas, cervexerias e locais de "culto", non é que os galegos sexamos os maiores consumidores de cervexa de todo o Estado Español, pero si os que tivemos a idea de facer unha revista que tratara este tema, eu como amante desta bebida agardo con impaciencia a chegada de cada nova publicación, máis que nada para estar ao dia do que acontece nese mundillo, neste último número do cal podedes ve-la portada na fotografia, destaca a noticia do posible peche da fábrica de Guinness en Dublín, quén non coñece a marca de cervexa negra por excelencia famosa en todo o mundo?. Polo demais, xa lle teño encargadas un par de cervexas a un familiar que vai viaxar en breve á República Checa, de aquel pais a única cervexa que teño probado ate o de agora é a Staropranen, éles son os maiores consumidores de cervexa de Europa. Por se tedes curiosidade, a miña "rubia" preferida é a Estrella Galicia e a miña "Stout" preferida é a Tennent's Stout, unha cervexa escocesa da que hai anos non teño noticias posto que non a atopo por ningures en Pontevedra. Se vos interesa, podedes ampliar información na web cervezas del mundo.

Por certo, cales son as vosas cervexas preferidas...?

Chuzame! chuzame -

Cinema e televisión 23 Out 2007 09:00 am

Pre-famosilla “made in Galicia”.

Vaia por diante, inda que moitos de vós non me vaiades a creer, que non son forofo do "Gran Hermano", non sei nin por que número vai xa, mirei algo da primeira edición, onde habia un galego do que xa non me lembro o nome, moi amante da roupa surfeira e non sei si do surf tamén, dende aquela non seguin nunca este programa, morbo si, pero non ofrecen nada, nin tan sequera unha conversación minimamente sustancial. Esta que sae na foto, xa me parecia coñecida da T.V.G. cando a mirei nun "zapping", un de tantos que teñen tódalas cadenas de televisión, chámase Paula, é ourensana e traballou no Supermartes có mítico superpiñeiro, agora xa fóra da casa o primeiro é facer caixa e pasar pola Interviú, que supoño que pagarán ben e a rapaza meréceo, non vos parece?.

Chuzame! chuzame -

Actualidade 22 Out 2007 03:44 pm

Esta é a Europa que queren algúns.

"Creando seguridade", éste é o lema có que o partido U.C.D. (Unión de Centro Democrático) ven de gaña-las eleccións federais en Suiza, un partido de ultradereita que ten na figura do millonario Christoph Blocher o seu lider, xa envolto anteriormente en escándalos de racismo e xenofóbia, tanto é asi que como vedes na foto do seu cartaz desta campaña electoral, unha ovella branca expulsa dunha couce e outra negra (as tres sobre a bandeira suiza) mentres as outras dúas contemplan a escena, este partido aboga pola expulsión de Suiza dos delincuentes extranxeiros, o máis preocupante é que obtivo o respaldo do 29% do electorado, a cifra máis alta nunca acadada por un partido político nesas terras.

Penso que é algo preocupante e que dá moito que pensar, pensar cara a onde se encamiña a Unión Europea con partidos políticos coma estes, senón lembrade o caso anterior en Austria e o auxe dos grupos neonazis en Alemaña.

Chuzame! chuzame -

Deportes 22 Out 2007 12:01 am

Liga escocesa; Católicos Vs Protestantes.

Calqueira que me coñeza un pouco, ou ben que se pasara a botar unha ollada ao meu perfil, saberá que son un namorado de Escocia, tamén que levo unha chea de anos coa intención de visitar ese marabilloso país e que polo de agora non puiden ve-lo meu soño feito realidade, de momento conténtome con escoita-la súa música e de cando en vez coñecer algunha noticia que ven daquelas terras, como o derbie futboleiro que enfrontou este pasado sábado aos dous equipos de Glasgow, os católicos e pro-irlandeses do Celtic de Glasgow contra os protestantes e lealistas á coroa británica do Glasgow Rangers, un partido destas características sempre é de alto risco e un espectáculo dunha importancia tremenda no país, vamos, coma un Real Madrid-F.C. Barcelona en España, pois ben, o partido rematou coa victoria dos "Gers" por 3-0, o artífice da victoria foi o galego e ferrolán para máis señas Nacho Novo con dous goles, agardo poder velo pola nosa terra este nadal xogando coa Seleccion Galega, polo demais, os dous equipos van primeiros na Scottish League empatados a 22 puntos.

Go Celtic's go !!

Chuzame! chuzame -

Deportes 21 Out 2007 09:00 am

Hoy se juegan el mundial de Fórmula 1.

La última carrera del mundial, es el todo o nada, no es que sea un fanático de la Fórmula 1, pero ya la miraba en Telecinco cuando la pasaban en diferido hace un montón de años, de aquella no tenia la transcendencia mediática que tiene ahora, las carreras no se retransmitian en horario "prime time", sino que nos teniamos que levantar a eso de las dos o tres de la mañana de un sábado, -más bién me levantaba mi hermano, que para eso era el que más ganas tenia- para ver la carrera, con un sueño de la leche, estaba Ferrari, estaba McLaren y también Renault, pero no habia un Fernando Alonso que arrastrara a miles y miles de aficionados, ni televisiones en España dispuestas a pagar un dineral por hacerse con los derechos de la emisión en directo de  este deporte, en aquellos tiempos daba la impresión de que éramos unos "bichos raros", porque apenas si se seguia este deporte en España, ahora con un piloto español, patrocinadores españoles y canales de televisión identificados con un determinado deporte,  hasta el mismísimo Antonio Lobato es una superestrella.

Por cierto, este montaje fotográfico circula por la red desde hace un par de semanas.

Chuzame! chuzame -

Actualidade 20 Out 2007 03:23 pm

Pasquall Maragall, enfermo de Alzheimer.

Acabo de escoita-la noticia hai uns minutos na radio, o ex-presidente da Generalitat de Catalunya, Pasquall Maragall, anunciou hoxe que ten a enfermidade do Alzheimer, que lle foi diagnosticada hai uns meses, segundo puiden escoitar da súa propia voz, o que fora tamén alcalde da cidade de Barcelona dixo con un moderado optimismo que, "Hicimos los JJ.OO., aprobamos y refrendamos el Estatut y ahora iremos a por el Alzheimer". Hai uns dias que escoitara falar del polo tema de que xa non era militante do P.S.C., e hoxe cando comezaron o informativo aludindo outra vez á súa persoa, sinceiramente, pensei que seria polo tema do carné de militante, non por esta mala noticia.

En ningún sitio está escrito que esta enfermidade sexa invencible, eu lamentablemente coñezo o tema moi de perto porque teño un familiar tamén enfermo, como ben dicia Maragall, non se acaba o mundo senón que comeza unha nova etapa, vaia dende aqui o meu ánimo a él e a tódalas persoas enfermas en España, que son perto de 800.000, e por suposto aos seus familiares.

Chuzame! chuzame -

Next Page »