Monthly Archiveoutubro 2007
Deportes 19 out 2007 10:30 am
Pontevedra C.F. vs Real Zaragoza S.A.D.
No dia de onte celebrouse o sorteo dos dezaseisavos de final da copa do Rei, o acto tivo lugar na sede da Real Federación Española de Fútbol e non se pode dicir que o Pontevedra C.F. saira satisfeito, entre os posibles candidatos a enfrontarse cós granates estaban o Real Madrid, F.C. Barcelona, Valencia ou Sevilla, pero unha vez máis a sorte non foi a aliada dos pontevedreses e no sorteo tocounos de rival o Real Zaragoza S.A.D. , non se pode dicir que non sexa un rival atractivo, un equipo de primeira división, có renome dos maños e ademais envolto en competicións europeas sempre é un alicerce para acudir en masa ao vello Pasarón, pero entre a afección granate non sentou moi ben que digamos, todos agardábamos o "gordo" e éstos foron a parar a outras latitudes, de tódalas maneiras a Copa do Rei non é a nosa guerra, o noso é a liga e mailo ascenso, na copa do Rei faremos o que poidamos e, quén sabe, cecais poidamos pasa-la eliminatoria, ogallá teñamos sorte.
O partido terá lugar o vindeiro dia 14 de Novembro ás 20:30 horas no estadio de Pasarón, máis información en www.pontevedracf.com
Actualidade 18 out 2007 09:00 am
Qué foi da “retranca” galega?
O blogomillo galego anda revolto, a web "Aduaneiros sem fronteiras" botou o fecho motivada por unha ameaza de orde xudicial, polo visto ten que ver cun deseño gráfico que fixeron da poetisa galega Yolanda Castaño, o seu avogado solicitou que o mesmo fose retirado e dende a web decidiron fechala para non "ferir sensibilidades". Paréceme unha mágoa que neste País, onde a retranca é algo tan propio e noso, que teña que ocorrer tal cousa, eu persoalmente non lle miro a ofensa nin a falta de respecto cara á demandante por ningures, e o que si vexo nesta web que levo visitando anos e da que teño algunha que outra camisola na casa, é moitas gañas de rirse do noso, de pasalo ben e de facer unha crítica áceda da sociedade galega e do mundo que nos tocou vivir.
Dende "A ponte vella", a miña solidariedade coa xente de "Aduaneiros sem fronteiras"
Actualidade 17 out 2007 12:06 pm
Punto e seguido.

Cando comecei con este blog alá polo mes de Maio, non foi con outra intención que a de divertirme, de escribir algo que se me ocorrera de cando en vez, colgar algunha foto desas que adoito quitar na fin de semana e tamén opinar de algún tema de actualidade na miña cidade, Pontevedra, non o fixen coa intención de facer popular este recuncho da rede, pero agora que xa levo estas 5.000 visitas, pois a ver se podemos entre todos acadar outras cinco mil máis. Graciñas aos habituais e aos que vos pasades de cando en vez, todos sodes benvidos a opinar e a falar do que vos pete, que para iso estamos aqui.
Unha aperta a todos e todas.
Caixón de xastre 16 out 2007 02:00 pm
El (supuesto) nuevo radar camuflado de Tráfico.
Esta imagen me la enviaba una amiga en el dia de ayer, forma parte de un mail que lleva semanas circulando por la red, supuestamente es un nuevo modelo de rádar de la Guardia Civil de Tráfico, van montados en Citroën C3, C4 y C5 y como veis podrian pasar practicamente inadvertidos para los demás conductores, digo podrian, porque por lo visto es una de tantas leyendas urbanas, ya que la Guardia Civil y los Mossos d'Esquadra se han apresurado a desmentir el rumor, teneis la noticia completa aqui.
Actualidade 15 out 2007 01:00 pm
180.000 euros de subvención para mercar unha vivenda ?
Hai uns cantos dias, escoitei a noticia en Pontevedra de que a Xunta, no seu "Plan de erradicación do chabolismo", decretara que o poboado do Vao, no veciño concello de Poio, terá que ser desaloxado e demolido antes do fin do presente mes de Outubro, ata aqui ningunha novidade, todo está máis ou menos dentro do previsto dende que se decidira isto hai anos, pero o que realmente me parece unha tomadura de pelo e totalmente inasumible é o que solicitan os afectados, é dicir, as familias xitanas que están actualmente "okupando" terreos que non son seus e teñen dono, ésta xente solicita unha axuda de 180.000 euros para a compra da nova vivenda e polo tanto para marchar da súa actual ubicación, a Xunta de Galiza xa dixo que non estaba disposta a dárlle-los cartos e o Concello de Poio moito menos, como moito chegarian a un 30 % do prezo da futura vivenda sempre e cando non supere os 120.000 euros se a mercan eles, pero a un 80 % se a merca o Concello e logo, mediante un certificado de "boa conducta" que se lles daria aos dous anos, pasaria a propiedade dos inquilinos. Realmente paréceme unha tomadura de pelo por parte dunha xente, que duns anos para acá (non todos, pero si moitos deles), non agochan un nivel de vida que para si xa quixeran moitos traballadores, porque todos e todas os temos visto paseando en coches de "alta gama" por Pontevedra e sabemos que poderian pagar un piso pouco a pouco, coma o resto dos mortais.
Non quixera ser tachado de racista nin moito menos, pero penso que abonda xa de que lle tomen o pelo ás administracións e aos demais contribuintes, os cales pagamos relixiosamente os nosos impostos para que algúns individuos coma éstes poidan vivir sen dar pao, se queren unha casa que a traballen coma os demais, que a vida está moi "fodida" para todos, e supoño que tamén para eles.
Caixón de xastre 14 out 2007 06:00 pm
Unha ollada dende o alto do monte Castrove.

Tarde de domingo no alto do monte "Castrove", no concello de Poio (Pontevedra), abaixo facia bo dia, pero aqui arriba apareceu algo de néboa, un paseo polo monte sempre vai fenomenal para os pulmóns e para descansa-la cabeza do ruido da cidade,ademais, quén diria que estamos a mediados de Outubro, podedes ve-la ria de Pontevedra coa illa de Tambo ao fondo, tamén puiden comprobar que os incendios queimaron moito pero inda é recuperable, esta foto vai adicada a dous veciños de Pontevedra "emigrados" no exterior, Andrés en Salamanca e Luis en Bath (Inglaterra), vai por vós e pola vosa morriña amigos.
Música 13 out 2007 12:50 am
En Zaragoza, no concerto dos “Heroes del silencio”.
Esta tarde, un colega blogueiro e asiduo lector de este blog, Andrés Milleiro, enviábame esta foto antes de desfrutar do que será o segundo concerto en Zaragoza, dos catro que han de dar en España, os lexendarios rockeiros que arrasaron nos anos 90, "Heroes del silencio", lémbrome daqueles míticos temas de "Entre dos tierras", "Iberia sumergida", "Maldito duende" ou o meu favorito "La herida". Polo que me contou xa tiña a entrada dende hai unha chea de meses e agardaba expectante por este concerto, tanto é que eu tamén puiden desfrutar, inda que fora por uns cantos segundos e vía móbil, duns acordes en directo do mítico tema "Entre dos tierras", coa nítida voz de Enrique Bunbury.
Actualidade 12 out 2007 09:00 am
Simboloxia franquista fóra de Pontevedra.
O vindeiro mércores botará a andar no Congreso dos Deputados, case que con total seguridade -posto que o Partido Popular é o único que votou en contra- o proxecto de lei da chamada "Lei da memoria histórica", ésta contempla entre outras medidas máis, a de instar a tódalas administracións, tanto estatal, coma autonómica e local, a retirar toda a simboloxia que aluda á exaltación militar e á Guerra Civil Española, é dicir, placas, insignias, escudos conmemorativos e demais, tamén obrigará ás administración locais a troca-lo nome das rúas que aludan a persoas vencelladas có franquismo ou a Guerra Civil.
En Pontevedra, pouco a pouco fóronse trocando eses nomes de rúas nos últimos anos, pero inda penso que temos algunha máis con nomes de militares ou que aluden a tal, como "Alfereces Provisionales", "División Azul", "Xeneral Gutierrez Mellado" por exemplo, tamén teño visto pracas de pedra de edificios promovidos polo Instituto da Vivenda daquela, coma o do edificio que está enfronte do "Cafelito", có xugo e mailas frechas, e algún que outro "aguilucho"
franquista coma o que hai enriba da axencia de "Halcón Viajes" perto do Concello de Pontevedra e tamén na vidrieira do Banco de España. Algúns, como a xente do Partido Popular, aluden a que esta lei o que vai facer é a dividir aos cidadáns, eu penso que o que dividiu aos cidadáns xa foi a propia guerra, e todo o que viu despois dela, o asoballamento ao que se viron sometidos os vencidos ao longo de anos e anos, ás vinganzas que viñeron despois por parte dos vencedores, e diso sabemos ben en Pontevedra cós "paseados" da Caeira, o que non pode ser é que vilas e povos de Galiza, despois de anos e anos da Guerra Civil teñan rúas e prazas cós nomes de Francisco Franco ou de Primo de Rivera, e que moita xente, fillos ou familiares de represaliados polo réxime teñan que convivir con iso dia tras dia.
12 de Outubro de 2007, unha magnífica data para comezar coa retirada de toda esa simboloxia feixista e franquista.
Actualidade 11 out 2007 10:58 am
“Phishing”, páxinas clonadas e enganos varios…
Non sei que pasa ultimamente, pero estes dias recibin varios mail's altamente sospeitosos por parte de varios bancos cós que non teño ningún tipo de relación financieira nin tiven nunca, o corpo da mensaxe é o de sempre, estimado cliente bla,bla,bla, precisamos que "ingrese" os números da súa conta bancaria e o P.I.N. nesta web's onde estamos a actualiza-la nosa lista de clientes, preferiblemente fágao canto antes para evitar perda de datos e bla,bla,bla [...], vamos, o típico burdo engano do que os bancos están fartos de avisar nas súas web's e os xornais tamén dicindo que eles nunca piden o P.I.N. nin os vinte díxitos da C.C.C, poño isto máis que nada para que estedes "ao loro" do tema, aqui tedes un dos varios mail's que recibín, para que vos quede constancia do tema, son todos similares, incluso hainos con faltas de ortografia, en fin.
|
|
|
||||||||
|
|
E por certo, NON SE VOS OCURRA ENTRAR , este blog non admite reclamacións por danos e perxuizos
Deportes 10 out 2007 01:00 pm
Esta noite, o Pontevedra C.F. xógase o tipo.
----
PONTEVEDRA CF - PUERTOLLANO
Data: Mércores 10 de Outubro, 21.00 horas
Estadio Municipal de Pasarón
Esta noite os granates teñen un importantísimo partido contra o Puertollano, de pasa-la eliminatoria xogaremos contra un equipo envolto en competicións europeas, un Real Madrid, F.C. Barcelona, Valencia, Sevilla, Zaragoza.. en fin, que poderia ser unha ocasión magnífica para ver a un dos grandes do fútbol español moitos anos despois do mítico "Hai que roelo", agardamola vosa presenza esta noite e o voso alento dende a bancada, temos que gaña-lo partido, eu como afeccionado granate alí estarei.
Actualidade 08 out 2007 01:00 pm
Eroski e Mercadona instalaranse no concello de Poio.
Falar do "boom" urbanístico no veciño concello de Poio non é cousa nova, é innegable que a súa proximidade a Pontevedra e a súa localización privilexiada, foron as axeitadas para ver incrementada a súa povoación nos últimos dez anos dunha maneira espectacular, hai meses que transcendeu a nova de que a cadena de supermercados Mercadona íase instalar nunha parcela situada na avenida de Andurique, perto da Barca, moitos pensaban que seria un supermercado, pero polo visto vai ser algo máis, en concreto unha área comercial de 6.015 metros cadrados dos cales o aparcamento ocupará perto de 2.600 m2, as obras xa se están a realizar e en breve poderanse ve-los resultados, pero hai uns dias, a ésta redacción de "A ponte vella" chegou a información
de que unha segunda cadena de supermercados a nivel estatal vaise tamén a implantar no municipio de Poio, facendo asi competencia directa aos pioneiros Supermercados Froiz e tamén a Mercadona,
polo visto o grupo basco Eroski ven de mercar un terreo localizado na rotonda de "La merced", onde agora mesmo hai unha antiga casa de pedra, xa comezaron as labouras de desbroce e supoño que aquela casa será desmontada pedra a pedra e transladada de lugar, coméntase por Poio que o montante da operación de compra-venda puido alcanza-los 700 millóns das antigas pesetas. Está claro que o municipio de Poio terá unha proxección importante de cara ao futuro, tanto no plano urbanístico e residencial coma no comercial, posto que estar no punto de mira destes dous xigantes da alimentación non debeu de ser cousa doada.
Historia 06 out 2007 10:30 am
A bandeira sueva do “Galliciense Regnum”.
Xa que está tan de actualidade o tema das bandeiras estes dias, decidin indagar un pouco sobre o que foi posiblemente o estandarte suevo, o que veu a corresponder a un dos periodos máis importantes da historia galaica. Alá polo ano 407-409 chegaron ao noso territorio varios milleiros de xermanos da tribo dos suevos, e asinaron có afeblecido imperio romano un "foedus" (pacto) polo cal asumiron o control da provincia romana da Gallaecia, o chamado Galliciense Regnum durou perto de 200 anos e foi o primeiro estado medieval recoñecido polos romanos en Europa, representa para moitos de nós un momento épico da nosa historia, a unificación de tódolos povos galaicos baixo un mando común. Durante este tempo, reinou unha dinastia de orixe sueva, que como calqueira monarca tiña o seu distintivo, a súa marca identificativa, no caso da dinastia sueva do "Regnum Sueborum" de comezos do século V, o seu estandarte ou bandeira non está moi claro posto que
non se conservaron datos nin elementos gráficos delo, pero nun documento conservado na catedral de Lugo e datado no ano 1669, afirmábase que un dragón verde e un león rampante de cor vermella figuraban no seu escudo de armas.
Hai un par de anos buscando información atopei esta web na que tratan o tema das diferentes bandeiras galegas e tamén falan da nosa historia, por suposto temos infinidade de páxinas onde atopar información e tamén moitos libros, o último que merquei foi hai dous ou tres anos e chámase "Historia xeral de Galicia" de Anselmo López Carreira.








