Monthly ArchiveOutubro 2007
Cinema e televisión 05 Out 2007 08:30 am
Alemania, 17 anos despois da caida do “muro”.
O pasado dia 3 de Outubro celebrouse o 17º aniversario da reunificación das dúas Alemanias, a R.D.A. e a R.F.A., dezasete anos daquela imaxe do derribo do muro de Berlín que miramos atónitos nas nosas televisións. Na actualidade e polo que puiden ver en artigos coma o publicado en Vieiros, a masiva migración da povoación do sector oriental cara ao occidental está a provocar unha desertización e un abandono total da vella R.D.A., ademais están a abrollar infinidade de grupos ou grupúsculos neonazis e iso é motivo de fonda preocupación por parte do governo xermano. Para os que non teñades coñecemento do tema das dúas Alemanias, do muro de Berlín e concretamente da R.D.A. póñovos aqui o trailer dunha moi boa película que puiden ver hai anos, titúlase "Good bye Lenin", síntoo pero so o puiden atopar en alemán con subtítulos en inglés, a película si que a podedes atopar en castelán no Ares ou no Emule.
chúzame -
Actualidade 04 Out 2007 12:01 am
04/10/2007- Todos coa revolución pacífica de Birmania.

"A Ponte Vella" quérese sumar aos milleiros de blog's que no dia de hoxe, e por todo o mundo, dan o seu apoio á chamada "Saffron Revolution" en Birmania.
chúzame -
Actualidade 03 Out 2007 03:13 pm
Combustión espontánea…?
Esta mañá, cando pasaba pola ponte de A Barca no veciño concello de Poio, atopeime con esta situación e nun puiden resistirme a tirarlle unha foto, polo visto o camión de Cespa, a concesionária encargada da recollida do lixo no Concello de Poio, comezou a arder alí mesmo pasadas as nove da mañán, non houbo vítimas pero si danos materiais e a conseguinte retención do tráfico coma sempre, todos facian coma min e paraban a botar un ollo ao tema, a curiosidade mátanos.
chúzame -
Actualidade 01 Out 2007 03:00 pm
Elnosa, un perigo latente.
Elnosa supera os niveis máximos de mercurio recomendados pola O.M.S.
Un recente estudo encargado polo departamento de Enxeñeria Xeolóxica e Mineira da Universidade de "Castilla la Mancha" afirma que, a planta electroquímica situada ao carón da nosa cidade, emite uns niveis de mercurio a atmósfera superiores aos recomendados pola Organización Mundial da Saúde. Este estudo foi encargado pola Asociación Ecoloxistas en Acción e demostra claramente que a fábrica situada ao carón da fabrica pasteira de Celulosa é un perigo de gran magnitude, tanto para a ria coma para a saúde dos pontevedreses e pontevedresas, os datos recabados indican un nivel de 1244 nanogramos por metro cúbico de aire cando o recomendado, a falta dunha lexislación concreta, son os 1000 nanogramos por metro cúbico de aire, a Axencia de Protección do Medio Ambiente dos Estados Unidos de Norteamérica é máis restrictiva e rebaixa esa cifra aos 300 nanogramos.
Por último, indican tamén neste informe, que os datos foron recollidos no exterior e os arredores da planta e que posiblemente no interior da mesma os niveis poidan chegar a ser altamente perigosos. Certamente de todos é coñecido o perigo potencial que corremos os veciños de Pontevedra e bisbarra ao ter semellante bomba ao noso carón, que no caso de ter unha fuga importante, -xa houbo varias pero polo visto de escasa relevancia- apenas teriamos tempo e medios para protexernos, agardemos que antes do 2018 ámbalas dúas factorias se vaian daquela ubicación, pola nosa saúde e pola nosa integridade física tamén.
chúzame -






