Monthly Archivenovembro 2007
Música 30 nov 2007 12:00 pm
Tri yann, a esencia da música bretona.
Cando falamos de música bretona, o referente en canto a solistas poderian ser tanto Dan Ar Braz coma Alan Stivell, pero o feito de falar de grupos de música tradicional bretona é falar dos Tri Yann, un grupo que coñecin hai máis de quince anos e que ben poderian se-los Milladoiro da Bretaña, un grupo que chegou a colleitar tanta sona coma os archicoñecidos Gwendal e que enchen estadios coas súas melodias, coma a fantástica "Pelot d'Hennebont" (Suite Galleise 1974), "Cad e sin dont te sin" (Ar Gwellañ gant 2001) ou a reivindicativa "La découverte ou l'ignorance" (Portraits 1995), vaia coma mostra para que vos pique a curiosidade, este video en directo do tema "Franzozig", aqui tede-la mostra do chamado "Kan ha diskan", melodias vocais superpostas na que varias persoas van recitando estrofas "enfrontados" un ao outro, poderiase dicir que ten algo de semellanza coa "regueifa" galega.
Os Tri Yann sacaron o seu novo disco ao mercado o pasado 15 de Outubro, titúlase "Abysses".
chúzame -
Actualidade 28 nov 2007 09:00 am
Achégase o nadal…
Téñoo constatado ao longo de varios anos, uns dos indicadores máis fiables e seguros, que reflexa a chegada do Nadal na nosa cidade é o escaparate de "Pórtico", eles sempre son dos primeiros en meternos polos ollos a luceciñas, as boliñas e o abeto de marras, en Poio, os nosos veciños teñen ao centro comercial "A Barca", éstes xa puxeron tamén todo o tinglado de Nadal hai varias semanas, unha cascada de luz e cor que nos convida ao consumismo exacerbado, porqué será que cada ano dame a impresión que os comercios adiantan máis e máis a tempada de Nadal?. Lémbrome que na casa dos meus pais, sempre foi, e inda segue a ser, unha tradizón a de comeza-lo nadal o un de Decembro, a posta en escea de toda a parafernalia navideña facíase o primeiro fin de semana que tivera Decembro, ou senón na ponte festiva do mesmo mes, a miña nai ia ao trasteiro e collia a caixa de cartón con todo o "arsenal", ali comezaba a algarabia navideña, que si o abeto, que o belén, as boliñas no taquillón da entrada xunto cós bois e o "neno".. vaia, que vos vou contar que non saibades vós. Os doces navideños tamén sempre foron motivo de polémica, ben entendida claro, se ben á algúns da familia non lle importaba comezar a comelos antes de tempo, digamos, a finais do mes de novembro, eu pola miña parte era dos que pensaban que o turrón era para o Nadal, polo tanto non se podia comer antes do primeiro de mes, e cando digo turrón, falo tamén dos mazapáns ou das boliñas esas de chocolate "Lacasa" tan ricas, calqueira cousa menos os polvoróns, non os aturo, nunca foron santo da miña devoción, a sensación de ter todo ese mogollón seco na boca, buff, aseméllaseme que estou a comer area. Por outra parte, dame a impresión de que cada ano que pasa desfruto menos das festas do Nadal, agora traballando case non teño tempo para nada, de pequeno lémbrome que o Nadal significaba vacacións, estar na casa xogando todo o dia ou sair coa bicicleta sen mira-la hora, de ver un montón de películas de debuxos animados, porque se ben na Semana Santa, na televisión todo son películas tipo Ben-Hur ou Espartaco, no Nadal todo eran películas e series de debuxos animados e aquelo era a gloria, agora con algúns anos máis, o Nadal significa máis choio e máis gasto, pero tamén ten a súa parte boa por suposto, é o intre para xuntarme coa miña familia arredor dunha mesa, para desfrutar contando historias, facendo un resumo de todo o ano e facendo plans para o futuro.
Sexa ou non sexa moi devoto ou relixioso, o Nadal é unha época especial que á maioria nos gusta, inda que ao final so a vaiamos a empregar como unha excusa máis para sair a tomar unha copa cós amigos.
chúzame -
Cinema e televisión 26 nov 2007 09:00 am
“Historias de Galicia”, serie documental na T.V.G.
As claves do pasado, para entende-lo presente.
Dende sempre fun un apaixonado da historia, xa na antiga E.X.B. era a miña asignatura preferida e á que máis tempo lle adicaba, pouco a pouco fun tendo máis e máis curiosidade polo noso pasado en concreto, por saber quén foran os Suevos ou os Irmandiños, quén era aquel Castelao do que falaba o meu pai ou aquela escritora chamada Rosalia de Castro, da que tiñamos un libro na casa. O sentimento galeguista despertouse en min hai tantos anos que xa non acordo, do que si me lembro é de viaxar a Compostela cada 25 de Xullo a celebra-lo dia da Pátria Galega e de pendura-la bandeira no balcón da casa dos meus pais, da portada dos xornais en galego o dia 17 de Maio, dos veráns en Ortigueira escoitando aos grupos galegos namentres facia ondea-la miña bandeira, de mercar "A nosa terra" tódolos venres no quiosco do meu barrio ou da primeira vez que lin o "Sempre en Galiza" do irmán Daniel. Do que non me lembro é de que na nosa televisión, -antigamente a T.V.G. e agora Galicia Televisión-, houbera un programa sobre a nosa historia, e iso descubrinno hai cousa dun par de meses por casualidade, un domingo destes parvos que estaba facendo zapping có mando e de súpeto apareceron unhas imaxes duns castros, carallo !! os castros de Santa Tegra, lembro que exclamei.
"Historias de Galicia" é unha serie documental, -divulgativa que lle chaman tamén- que ten un obxectivo moi claro, que os galegos e galegas coñezamo-la nosa historia, dende as antigas tribos galaicas ate a actualidade, pasando pola ocupación romana, os suevos, as revoltas irmandiñas, o Estatuto de Autonomia ou o primeiro governo autonómico. A serie da que aqui podedes ver un trailer, foi asesorada historicamente por xente como Anselmo López Carreira, Francisco Calo Lourido, Henrique Monteagudo ou Xusto Beramendi, emítese os domingos a iso das 21:30 horas ao longo de media hora, é presentada por Xosé Barato e de forma moi amena poderemos coñece-la nosa historia, ten videos e documentos gráficos moi destacados, como o que botaron hai un par de capítulos, no que por primeira vez na miña vida, puiden escoita-la voz de Daniel Castelao, recoméndovola encarecidamente.
chúzame -
Cinema e televisión 24 nov 2007 08:00 pm
“Cansei de ser sexy”, a sintonia musical dun anuncio de Cuatro.
C.S.S. son as siglas de "Cansei de ser sexy", un grupo de Sao Paulo (Brasil) formado no ano 2003, as súas influencias van dende a música electrónica ao pop máis desenfadado, agora mesmo son unha das bandas brasileiras con maior éxito internacional, se escoitades con atención a melodia do seu tema "Let's make love and listen to death from above" darédevos conta de que é o tema musical dun anuncio da canle de televisión "Cuatro", o anuncio este no que saen os monigotes có logotipo da cadea en grande e hacia a donde vai a xente correndo para meterse dentro.
chúzame -
Actualidade 24 nov 2007 12:47 am
“R” tamén quere ser móbil.
Hai un par de dias que ollei a nova en Vieiros, a operadora galega de cable vaise meter no mundo da telefonia móbil, supoño que seguindo os pasos de predecesoras como Euskaltel, e segundo puiden ler na súa web, porán en marcha todo o proxecto ao traveso da súa propia rede, xa botaba eu en falla unha empresa de telefonia móbil galega. Polo que contan, comezarán ofrecendo os seus servizos a partires do 3 de Decembro e nun principio aos seus clientes. Despois de saber isto, xa estou agardando a que me chamen a casa para ofrecerme algún móbil guapo para irme con eles, porque precisamente estes dias andaba eu pensando en cambia-lo móbil, ben, máis ben pasarlle-lo meu á miña muller, que o seu xa está un pouco pocho e pillarme algún decente, aproveitando que xa cumprin os 18 meses coa operadora Orange e podo darme o "piro", polo tanto esta nova de R venme no mellor momento, asi xa podo darlle via ao meu Sony-Ericsson K750 de cor granate (as cores do Pontevedra C.F.) có que nunca tiven un problema, e regalarme un novo para reis.
Parabéns a R, que como comunicaron o outro dia, superaron a Telefónica en cota de mercado no territorio galego.
chúzame -
Deportes 22 nov 2007 09:00 pm
WWW.NECESITAMOSUNMILLON.COM
O outro dia falando dos tan traidos e levados videos no youtube, de carreiras ilegais e todo tipo de gravacións de "pijadas" cós coches, chegamos ao tema dos rallies, un compañeiro do choio comentoume entón do proxecto dun piloto galego de rallies moi coñecido chamado Luis Vilariño, pois ben, o piloto lucense quere da-lo salto ás competicións internacionais e baixo o lema de "necesitamos un millón", él e mailo seu equipo pretenden acada-la financiación precisa para chegar a alcanzar ese obxectivo, o tema consiste en que calqueira afeccionado pode facerse patrocinador e axudar a sufraga-los gastos que conleva competir a ese nivel pola módica cantidade de 10 euros, desta maneira, visitando a súa web www.necesitamosunmillon.com podemos botarlle unha man para facer realidade o seu soño, axudarlle a preparar un Fiat grande punto S2000 e se-lo primeiro piloto galego que compita no Internacontinental Rally Challenge, que conta con probas en Europa, África e Asia e para os non entendidos, ven sendo a antesala do que todos coñecemos como W.R.C. , onde competian Carlos Sainz e o galego Luis Moya.
Ogallá teñan sorte, a idea ben meréceo.
chúzame -
Actualidade 21 nov 2007 08:00 pm
Os furanchos estarán regulados pola Xunta.
E sen tempo non era, o conselleiro de Industria da Xunta de Galiza, Fernando Blanco, en colaboura coa Conselleria de Medio Rural, presentaba o pasado luns ante os medios de comunicación na cidade de Santiago de Compostela, o que será o decreto autonómico para a regulación da actividade dos furanchos, eses lugares onde moitos de nós teremos pasado algunha que outra noite tomando algo cós amigos, en principio un viño da casa con algún acompañamento frio do tipo duns chourizos ou ben queixo, pero que ao final remata sendo tamén tortilla, un revolto, unha zorza ou algo máis preparado todavia. Por fin vaise regular este desbaraxuste que ben sendo o tema dos "furanchos" ou "loureiros" (depende da zona), pasarán a ser considerados establecementos turísticos de restauración, terán que cumprir unhas normas básicas de iluminación e ventilación, o viño terá que ser exclusivamente da casa e sen embotellar, e os alimentos non poderán ser preparados no propio local, pode que con isto os furanchos perdan o seu encanto, pero os clientes gañaremos en seguridade e hixiene, iso seguro, inda que supoño que rematará encarecendo o prezo, e ao final virá sendo o mesmo ir a tomar unha tapas a un furancho que a unha taperia calqueira. Terán tamén que ter un seguro de reponsabilidade civil e rexirse pola normativa municipal en calqueira caso, isto claramente é unha moi boa nova para os hostaleiros tradicionais, posto que o negocio do furancho, inda que viña sendo de tres ou catro meses ao ano nada máis, era unha competencia desleal en toda regla.
Pola zona de Pontevedra e arredores teño visitado uns cantos, un en Marcón, outro en Seixo (Marin) e sei de outro en Poio e na parroquia de Alba, supoño que o decreto estará listo para o vindeiro verán e con este regulamento rematarán as desputas entre hostaleiros e furancheiros.
chúzame -
Actualidade 20 nov 2007 03:41 pm
Estaremos ante o derradeiro 20-N ?
Calqueira que hoxe ollara un xornal, escoitara a radio ou acendera a televisión saberá, que tal dia coma hoxe hai 32 anos morreu o ditador Francisco Franco Bahamonde, galego para máis señas e para a nosa desgraza. Pero é tamén moi probable que este 20-N non sexa como tódolos anteriores, é máis que probable que o deste ano sexa o derradeiro no que se poida facer exhibición, exaltación e o que considero peor, celebración dun dia coma éste, porque polo visto e segundo a nova lei da memória histórica -da que xa comentara algo o dia da hispanidade nestas mesmas páxinas-, estará prohibida toda celebración de actos de exaltación e exhibición da simboloxia franquista, iso tamén inclúe aos nostálxicos que hoxe en calqueira telexornal poidestes ver no "Valle de los caidos" lembrando ao caudillo ou ao xeneral Primo de Rivera. Na nosa cidade o 20-N chega cando estamos a debater a retirada ou non da cruz dos caidos da Alameda, un conxunto pétreo de nulo valor escultórico chamado "Monumento al soldado desconocido", un mastodonte que temos ao final do Paseo de Montero Rios e que impide ve-la ria de Pontevedra, un monumento construido no ano 1985 e que hoxe non ten razón de ser, na miña opinión, por ser unha oda ao militarismo e fomenta-la división entre os cidadáns.
Por último reclamar unha vez máis, que o Pazo de Meirás sexa patrimonio de tódolos galegos e galegas, manifestar que ese edificio e as súas leiras colindantes foron roubadas no seu dia aos veciños, e se ben nas escrituras figurará como lexítima propietaria a familia Franco, os cartos cós que o pagaron foron obtidos de entre veciños, funcionarios ou alcaldes da época de forma ilexítima, non foi un agasallo, foi un roubo.
chúzame -
Actualidade 18 nov 2007 10:00 am
Cando chove aqui?
A cousa comeza a ser preocupante, xa non me lembro cando foi a derradeira vez que choveu en Pontevedra, debeu de ser hai un par de meses alomenos, estamos a mediados de Novembro e non cae unha pinga nin por asomo, o ano pasado a estas alturas estabamos vendo as riadas de Cee no telexornal, agora o que temos son incendios, abraiante, incendios no mes de Novembro, a este paso o Papá Nöel ou os Reis Magos han de vir en moto de auga, porque esa é outra, as praias están cheas o fin de semana, na maior parte dos casos trátase de xente paseando, pero sempre hai algún espabilado que se atreve a dar un chapuzón, e non falo dos surfeiros precisamente. No centro de Pontevedra, na chamada "Milla de ouro", o imperio do todopoderoso Amancio Ortega, as tendas non saben xa que roupa poñer e segundo os comerciantes non se vende nada, nin de inverno, nin de outono, e moito menos de verán, a xente non compra, está espectante a ver que pasa có tempo, se chove ou non, se fai frio ou seguimos con estas mañás de sete ou oito graos, mediodias de andar de manga curta e noites nas que "refresca", o dito, estamos todos atolondrados.
Polo que dixeron estes últimos dias, hoxe parece ser que por fin vai chover, pois máis vale que comece canto antes, porque os encoros están case valeiros e un Nadal sen chuvia e tempo invernal non seria o mesmo.
chúzame -
Música 16 nov 2007 08:00 pm
Natalie Imbruglia, (Glorious the singles 97-07)
Puede que sólo tenga diez años de carrera a sus espaldas, pero desde entonces es una de mis voces femeninas preferidas, Natalie Imbruglia compone y canta sus propias canciones, algunos supongo que la recordareis por su primer éxito llamado Torn, el video aquel en el que le desvalijaban la casa mientras cantaba, sacará nuevo disco para el 2008, pero antes y como anticipo publica su grandes éxitos llamado "Glorious" en el cual repasa su trayectoria del año 1997 al 2007, incluye cinco nuevos temas además de todos sus éxitos, entre los que no está "Do you love", una de sus temas menos conocidos pero mi preferido sin duda, fué publicado en su disco "White Lilies Island". En mi opinión, considero que un artista no deberia sacar un disco recopilatorio con sólo tres discos en el mercado, pero hoy en dia la industria discográfica tiene estas cosas, algunos artistas no tienen la intención, sino que son las propias casas las que les obligan a sacar un grandes éxitos al mercado, no sé si será el caso de Natalie, puesto que para dentro de unos meses sacará nuevo disco, pareceria un poco absurdo no?. Personalmente creo que la música en formato físico tiene los dias contados, cada dia se compra menos música en las tiendas y la mayor parte de los ingresos de los artistas vienen de los conciertos, de la música en directo, la enlatada ya no tiene futuro.
chúzame -
Axenda 15 nov 2007 10:00 am
Concentración anti-feixista e anti-racista en Pontevedra.
No dia de hoxe, vaise celebrar ás 19:30 horas e na Praza da Peregrina da nosa cidade, unha concentración de rexeitamento á agresión neo-nazi que tivo lugar o pasado fin de semana en Madrid, na que un rapaz anti-feixista de dezaseis anos foi asasinado no metro de Madrid por parte dun xove neonazi, o agresor formaba parte dun grupo que acudia a unha manifestación organizada por "Democracia Nacional" baixo 0 lema "Contra el racismo anti-español y contra la inmigración", o rapaz morto vivia no barrio obreiro de Vallecas e recibiu unha puñada mortal nun vagón do metro madrileño cando acodia xunto con outros compañeiros á contra-manifestación.
Sirvan estas letras para lembrar a Carlos Javier Palomino, un rapaz inxustamente asasinado por defende-las súas ideas e para darlle tamén todo o meu apoio á xente de Vallecas, cós que tiven a oportunidade de compartir unha tarde de cervexas e fútbol o ano pasado, con motivo do Rayo Vallecano-Pontevedra C.F. Tamén facer un chamamento para pedi-la ilegalización de partidos feixistas e falanxistas coma "Democracia Nacional", se ilegalizan a Batasuna ou Euskal Herritarrolk por apoloxia da violencia, tamén teñen que facer o mesmo con esta xente.
Antinazis mandan !!
chúzame -
Deportes 14 nov 2007 01:00 pm
Esta noite xogamos contra o Zaragoza.
Hoxe non temos excusa, haberá que apurarse un pouco ao sair do choio para coller sitio, tomar unha cervexa rápida na Pallota e coller un bocata tamén, porque sairemos a iso das dez e pico e haberá fame daquela, o dito, haberá que darse presa porque de seguro que seremos moitos os que acudiremos á chamada do equipo e o Municipal de Pasarón acollerá unha boa entrada, todos queremos ver aos granates enfrontándose a un equipo da L.F.P, un equipo da mellor liga do mundo, tamén e porque non, teremos algo de curiosidade por ver aos Ayala, Aimar ou Milito, algo que non estamos acostumados a ver dende hai moitos anos polo barrio do Burgo. Está claro que a Copa de "El Rey" non é a nosa guerra, o obxectivo básico e principal que temos é o ascenso, e nesa batalla é onde temos que poñer todo o noso empeño, pero tampouco estaria de máis pasa-la eliminatoria, ou alomenos gañarlle na casa a un primeira, por soñar que non quede.
Sorte granates !!
chúzame -






