Monthly ArchiveNovembro 2007
Actualidade 13 Nov 2007 08:57 am
“Prestige”, nunca máis !!
13 de Novembro, hoxe cúmprense cinco anos da catástrofe do petroleiro "Prestige", cinco anos dun verquido que asolou unha vez máis as nosas costas e que orixinou a maior catástrofe ecolóxica da nosa historia.
Lémbrome ben da data porque viña de volta dunha viaxe pola Costa da Morte precisamente, serian ao redor das tres da tarde cando na radio do coche escoitei a mala nova, polo visto un petroleiro chamado "Prestige" acababa de mandar un aviso de socorro diante da costa galega, un petroleiro de tantos que pasar por diante do cabo Fisterra pensei, aquela noite anterior houbera unha gran treboada no mar e o barco tiña unha fenda moi importante no casco, un monocasco claro, rapidamente viñéronme á cabeza varios nomes; Casón, Andros Patria, Urquiola, Mar Egeo.. unha lista que parecia interminable, agardemos que non volte a pasar nunca máis, polo noso ben e polo ben do noso mar, os galegos e galegas non nos merecemos isto outra vez.
chúzame -
Actualidade 12 Nov 2007 08:00 am
Un pouco de “sentidiño”, por favor !!
Nestes dias están a acontecer cousas que escapan ao meu entendemento, cousas que pasan na nosa terra e que dende logo non son nada novo, pero que ultimamente se están a desmadradar de tal maneira que meten medo, non digo que non aconteza noutras partes, pero circunscríbome ao territorio galego.
Podo comprobalo calqueira fin de semana en Pontevedra; cada vez hai máis comas etílicos de rapaces menores de idade, comas producidos pola inxesta de alcool en grandes cantidades e en pouco tempo, normalmente nos botellóns que tanto abundan nas nosas vilas e cidades e que relativamente son cousa recente, tamén é cousa habitual o das pelexas na rúa, supoño que como consecuencia do abuso do alcool e das drogas, o máis novidoso é o tema de gravalas có móbil e logo pasarllas aos amigos, o morbo chega a tal nivel, que incluso hai televisións que chegan a pagar por obter esas imaxes. Polo visto tamén está de moda o das carreiras ilegais nos polígonos, coma aquelas que houbo no seu tempo (ou inda hai) no Polígono do Campiño de Pontevedra, de tódalas maneiras, o que xa realmente me parece lamentable e que considero o colmo dos despropósitos, foi o espectáculo que puiden ver con perplexidade estes dias na televisión, o "pique" entre dous vehículos de grande cilindrada nunha estrada galega, unha estrada aberta ao tráfico có conseguinte perigo
Continue Reading »
chúzame -
Historia 10 Nov 2007 03:00 pm
Polo “San Martiño”, trompos ao camiño.
Lémbrome de pequeno, hai xa uns cantos anos daquela, xogar polas tardes de semana cós amigos na Alameda, entre tantos xogos dos que desfrutabamos de rapaces estaba o do trompo, xa daquela era algo case en desuso, e máis no meu caso que vivo na cidade, como dicia, levábase máis o tema das "bolas" ou canicas, do "pincho", tamén xogar ás chapas e por suposto o fútbol. Lémbrome de ter un trompo de buxo, moi forte, para os entendidos, os de madeira de buxo eran dos máis duros que habia, tamén de ter perdido algún apostando cós amigos que xogaban moito mellor ca min, e de escachar algún contra o chan por non xogar na terra e ir de "listo" a tiralo no formigón ou na pedra. Hoxe lémbrome de todo iso porque este fin de semana é o San Martiño e tamén se celebra a terceira edición do "Dia do peón", o colectivo Brinquedia, a rede galega do xogo trdicional, organizou actos en moitos colexios de Galiza para que os nosos rapaces e rapazas non esquezan, que nun tempo no que non habia play-station nin ordenadores, todos xogabamos na rúa.
chúzame -
Internet 09 Nov 2007 07:00 pm
Tecktonic, un baile que arrasa en Francia.
Que mejor momento para hablar de ésto que un fin de semana, pués aqui lo teneis, se llama Tecktonic y es un baile que ahora mismo está triunfando en Francia, no parece muy complicado de aprender, pero fisicamente seguro que exige bastante más, imaginaos toda una noche bailando a este ritmo en una discoteca. A simple vista parece una mezcla de música electrónica y breakdance, cualquier lugar es válido para practicarlo, mismo en la calle, donde la juventud gala se junta alrededor de un radiocasette a bailar como posesos.
chúzame -
Deportes 09 Nov 2007 01:00 pm
“Carreira de campións”, a historia do ciclismo galego dase cita en Pontevedra.
Os afeccionados ao ciclismo non tedes/temos excusa, o dia 10 de Novembro vaise celebrar na nosa cidade a chamada "Carreira de campións", e segundo puiden ler no cartaz, a historia do ciclismo galego vaise dar cita en Pontevedra, se fago un exercicio de memoria venme á mente Álvaro Pino, Suso Blanco Villar ou Horacio Barros. Coma ven sendo habitual, os encargados de prepara-lo evento son a xente do G.D. Supermercados Froiz có seu manager Evaristo Portela á fronte, -que por certo, inda non activaron a súa web-, no ciclismo galego, a xente do Froiz son claramente un referente polo seu apoio ao ciclismo afeccionado dende hai moitos anos. A saída terá lugar dende a céntrica Praza da Peregrina, ás 16:00 horas haberá unha marcha popular e de seguido, ás 16:30 horas a carreiras das "vellas glorias", segundo teño entendido, despois da proba haberá unha cea conmemorativa.
Eu coma afeccionado ao ciclismo, inda que non exactamente desta modalidade, son máis de tirar para ao monte, -coma as cabras- andarei por alí para botar un ollo, que seguro que a climatoloxia acompañará
chúzame -
Deportes 08 Nov 2007 04:26 pm
O Pontevedra - Zaragoza será retransmitido pola T.V.G. en directo.
Acabo de escoitalo na sección de deportes do telexornal da galega, o partido a desputar o vindeiro xoves dia 14 de Novembro ás 20:30 horas no Estadio Municipal de Pasarón (Pontevedra), contará coas cámaras en directo da televisión autonómica galega, despois dun acordo ao que chegaron
con
ámbolos clubes, o partido que será arbitrado polo colexiado Turienzo Álvarez e que corresponde aos dezaseisavos de final da Copa de "El rey", poderá ser seguido por tódolos afeccionados galegos, tanto no partido de ida coma no de volta. Por fin a televisión galega lémbrase do Pontevedra C.F. para retransmitir un partido, este ano non estamos finos, pero nas pasadas tempadas houbo verdadeiros partidazos en Pasarón que ben poideron ser retransmitidos, señores da T.V.G., en Galiza non todo é Celta de Vigo ou Deportivo da Coruña, sei que na grella televisiva non hai sitio para todos, pero non me negarán que un Pontevedra C.F. vs Rayo Vallecano non é un partido para retransmitir, de tódalas maneiras, grazas por lembrarse de nós, sobre todo para o partido de volta en Zaragoza, ao cal non poderei asistir.
chúzame -
Deportes 07 Nov 2007 11:41 am
Galiza - Camerún, este nadal fútbol internacional en Balaidos.
Veño de informarme por Vieiros, que o rival da Selección Galega para este nadal será Camerún, as negociacións para pecha-lo rival están xa rematadas, unha nova sen dúbida sorprendente, xa que o equipo de Camerún é posiblemente senón o mellor, un dos mellores de todo o continente africano, foi gañador da Copa de África en catro ocasións o que lles levou a recibir o alcume de os "leóns indomables", así que E´too xogará en terras galegas coa súa selección este nadal. O partido terá lugar no estadio de Balaidos de Vigo, o dia 27 de Decembro, será unha festa do fútbol galego como xa foi nos pasados dous partidos aos que eu puiden ir. Na miña opinión o rival elexido (case probablemente) no nestá mal, pero a min gustaríame mellor xogar contra Escocia ou Irlanda, máis que nada polo simbolismo, ou senón medirnos contra Catalunya ou Euskadi, de tódalas maneiras con éstes dous últimos estariamos en inferioridade de calidade claramente, as dúas son unhas potencias futbolísticas impresionantes, tamén porque coidan e miman a canteira, non como fan os clubes galegos, maiormente o Deportivo da Coruña e mailo Celta de Vigo, o Pontevedra C.F. tampouco se destacou moito por darlle oportunidades aos canteiráns, pero dun tempo para aqui, con Fran Rico, Óscar Guimeráns, Sergio Castaño e algún máis a cousa mudou algo.
Por outra banda, vaise tamén a presenta-la selección galega feminina de fútbol, que xogará no mesmo dia el lugar que a masculina contra Catalunya, os horarios todavia están por confirmar, posto que ámbolos dous partidos serán retransmitidos pola T.V.G.
chúzame -
Internet 06 Nov 2007 12:01 am
Himno de España (por Gomaespuma).
Seino, ultimamente son un pouco reincidente ou case diria que cansino, coa teima de poñer videos do Youtube, pero hoxe non me puiden resistir a poñer este dos supercoñecidos "Gomaespuma", supoño que estaredes ao tanto da polémica que hai có tema da confección da letra do himno español non?, pois ben, aqui vos vai a proposta "politicamente correcta" do dúo máis desternillante da radio española, o que me teño rido eu con "Gordopilo", "Josetxuletón" ou o "Gitano Peláez".
chúzame -
Internet 05 Nov 2007 01:12 am
Meme: Oito cousas que me gustan
Hai un par de dias que Anxélica retábame a facer un meme das oito cousas que me gustan, para os que non saibades en que consiste un meme, poderia definilo como a "cadea da peseta", aquela que consistia en mandar cartas, supoño que algunha vez o teriades feito. Ben, se fago un chisco de memoria, éste debe de se-lo terceiro meme que fago, o anterior foi ao que me convidara Andrés Milleiro, se tedes curiosidade podédelo ver aqui, pois nada, como non quero ser descortés e moito menos escaqueado, aqui van as miñas preferencias.
-
Viaxar, antes cando era estudante non tiña un can e si moito tempo para viaxar, agora de "currante", teño aforros pero non tempo, asi que é un problema, levo anos tentando de face-la que eu din por chamar, "triada celta", viaxar a Escocia, Irlanda e Bretaña, a ver se consigo facelo un ano destes.
-
Un coche, o mini cooper-S, uha das miñas afeccións, -entre outras que teño- son os coches, e a verdade, éste seria unha das miñas preferencias xunto cun BMW M3.
-
O son da "highland bagpipe", a gaita marcial escocesa, un dos meus pasatempos preferidos cando teño tempo é tocar coa miña "Seivane" de granadillo en Do, unha gaita galega, ensaio có grupo "Vides Novas" de Poio (Pontevedra).
-
Os animais, teño o mesmo problema que moita xente que vive en pisos, non teño sitio para ter animais e a min encántanme os cans, gustaríame ter dous boxer cando teña sitio para eles.
-
O fútbol, son socio do Pontevedra C.F. dende hai anos, gustaríame por min e por tódolos afeccionados granates, que o noso equipo acadara este ano o tan arelado ascenso a Segunda División, e claro, que alomenos ficara ali e non voltara a baixar outra vez, por suposto non estaria mal subir á Primeira División. -
Unha película, "Braveheart", non puiden vela no cine, é increible pero certo, a miña película preferida e tiven que vela na televisión da casa e non no cinema, como deberia de ser, cunha pantalla ben grande e o dolby-surround atronando toda a sala.
-
O "mountain bike", ou sexa, a bicicleta de montaña, hai anos e anos que xa non podo competir como facia antes, pertencín ao "Gonbel bikes", un equipo de Marín que chegou a ter grande sona en toda Galiza, competín no campionato galego e tamén cheguei a correr a Copa do Mundo, daquela chamada Copa Grunding, na casa do campo de Madrid, impresionante dia aquel, correndo ao carón dos grandes campións americanos e europeos.
-
E por último, a última afección que teño é a música, sobre todo escoito folc, ben sexa galego, bretón, escocés, irlandés, asturiano.. tamén gosto do ska, preferentemente Skarnio e os míticos e desaparecidos Xenreira e algo do metal gótico, Paradise Lost, Nightwish ou Within Temptation.
Ben nada máis, estes ben poderian ser as miñas oito preferencias ou afeccións, como non quero meter a ninguén e compromisos e todavia non teño decidido a quén convidar a seguir con isto, vouno pensar, se algún de vós se sinte aludido ou ten gañas de facelo, adiante.
chúzame -
Cinema e televisión 03 Nov 2007 12:55 pm
“1612″, unha película rusa con música galega.
Entérome via Chuza! da estrea dunha nova película chamada "1612", unha película de ficción con trasfondo histórico e promovida polo governo ruso, a súa estrea en Rusia fixose por todo-lo alto nos cines o primeiro de Novembro, a película alude ao ano no que foron expulsados do Kremlin os polacos que se fixeran fortes despois da morte de Iván "el terrible", agora mesmo en Rusia hai unha importante polémica posto que o governo de Putin trocou o dia da Festa nacional do antigo 7 de Novembro (25 de Outubro no antigo calendario Xuliano) ao 4 de Novembro fai dous anos, e a povoación rusa sigue preferindo celebra-la data do trunfo da revolución bolchevique. O curioso desta película non é a polémica levantada na sociedade rusa, senón que no intre máis culminante e álxido da cinta, cando a heroina é enviada a un mosteiro escoitase unha canción en galego, algo que non deixa de sorprenderme posto que aqui a música galega non está nin moito menos protexida e promovida polo noso governo, como si acontece por exemplo en Irlanda, e en Rusia tivo o apoio oficial da Axencia de Cultura e Cinematografia, o mundo ao revés.
Por certo, a ver se sabedes de que canción se trata, eu polo de agora estiven indagando pero non din có título.
chúzame -
Internet 02 Nov 2007 05:52 pm
A primeira muller na lúa.
Envioumo un amigo hoxe, pode que o video sexa un chisco machista, pero ten a súa gracia e hai que comeza-lo fin de semana cun sorriso, por certo, o video ten son, asi que acendede os altavoces.
chúzame -






