Cargando...

Monthly ArchiveDecembro 2007



Caixón de xastre 31 Dec 2007 07:30 am

Facendo balanzo do blogue; reflexións, agradecementos e autobombo.

Non quixera ser como eses malos artistas, que cando do seu maxín xa non saen ideas nin temas sobre os que escribir, sacan un disco recopilatorio inda que so leven dous discos no mercado, éste non é o caso, máis ben sentinme na obriga comigo mesmo de facer balanzo do que me aportou persoalmente o feito de ter un blogue dende hai sete meses.

Comecei aló polo mes de maio e como ben daba conta no meu primeiro post, facíao con toda a ilusión dun neno pequeno, sempre me gustou escribir, hai anos e anos, cando era estudante, adoitaba escribir aos xornais de Pontevedra para opinar de aspectos ou cousas da miña cidade que se podian mellorar ou directamente de cousas que se facian mal e habia que amañar, aqueles eran tempos dos governos de Cobián e de Pedrosa, de Rivas Fontán non me lembro xa demasiado. Neste proxecto comecei publicando cunha asiduidade inaudita, case que diariamente posteaba algunha noticia sobre Pontevedra, pero supoño que os que levades tempo pasándovos por aqui, xa vos dariades conta que o ritmo foi decrecendo un pouco e que a temática, que antes pasaba por ser exclusivamente sobre a miña cidade, tamén foi mudando un pouco e agora falo case de todo, con especial preferencia sobre Pontevedra, pero dándolle tamén especial importancia aos meus gustos e ás miñas aficións, que para iso é un blogue, para que cada un escriba o que lle pete, o idioma da escrita é preferentemente en galego, inda que de cando en vez escriba algo en castelán, pero có galego síntome máis a gusto ao escribir. Na miña opinión o principal atranco que ten un blogue é sacar tempo de onde sexa para podelo manter, a dia de hoxe eu teño ese tempo, pero máis adiante quén sabe, a vida da moitas voltas, pero tentarei estar aqui alomenos un tempo máis.

O blogue serviume para coñecer a moita xente, algunha con blogue e outra non, algunha de Pontevedra e outra de calqueira parte, nestes meses que levo na rede fixemos un pequeno "blogomillo pontevedrés" entre uns cantos, quixera destacar ao meu mentor Andrés Milleiro, un gran amigo, un mellor informático e un granate convencido, tamén aprendín moito de Manuls e o seu blogue "Atún,tun,tun", rinme có blogue de "Diario de un suevo", tiven as miñas discusións sobre política local no blogue de César Abal, informeime sobre Pontevedra no blogue de "Beber para olvidar", (éste si que é o Diario dixital e non o outro) e estiven ao tanto das historias dende Inglaterra no blogue de "Radio macuto". Sei que algún me pode quedar no tinteiro, e refírome a Contacontos, Apunta para non o esquecer, Apuntes en sucio, ou o blog de Anxélica, coa que falo de cinema e de series de cando en vez, en fin, son moitos os que visito en canto podo, pero estariamos aqui dias e hoxe tedes que botar unha man na casa a prepara-la cea de fin de ano, asi que non me vou liar máis.

Dicir para rematar que agradézovos a todos as vosas visitas, os vosos comentarios e o estar ahí dia a dia para que falemos, comentemos e desfrutemos desta ferramenta marabillosa que é o blogue e a rede de internet, como ben di Xurxo Souto no seu programa de música galega "Aberto por reformas", [...navegamos nun océano de mil ribeiras], pois eu xa descubrin unhas cantas, e teño toda a vida por diante para chegar a moitas máis.

Por certo, e a modo de anécdota, comentar que na listaxe que fai Blogaliza dos 4509 (actualmente) blogues escritos en galego en toda a rede, o chamado "blogomillo", estou a dia de hoxe no meritorio posto número 128, o que considero que non está mal para un blogue con menos dun ano de vida, na listaxe de Blogaliza, os blogues en galego pero que residen no seu servidor estou no posto número 7, o que todavia está mellor :)

Un saúdos e graciñas a todos/todas.

Chuzame! chuzame -

Actualidade 29 Dec 2007 08:00 am

Yondelis, un fármaco anti-tumoral galego.

Levo seguindo o tema do Yondelis dende hai xa moitos anos, e teño que dicir que non me colleu de sorpresa, para os que non saibades do que vos falo, direivos que Yondelis é o nome de un fármaco anti-tumoral desenrolado por Pharmamar, unha filial da empresa farmacéutica galega Zeltia, pode que o nome desta empresa non vos diga nada, pero se falo de Zelnova que é a súa división de productos domésticos tales como "ZZ" ou o "baldosín", ou de Xylazel, que traballa vernices e pinturas, seguro que xa saberedes de quén estamos a falar. Hai anos que Zeltia centrou as súas investigacións nas algas mariñas ante a incredulidade de moitos, no ano 1996 comezáronse a facer probas có ET-743, un medicamento que logo pasaria a ser coñecido como Yondelis, pero non foi ata 11 anos despois cando a farmacéutica galega acadou o permiso para podelo comercializar en Europa, nos EE.UU. a multinacional coñecida por todos Johnson&Johnson, xa mercara os dereitos de venda do fármaco a finais do ano pasado (iso é visión de mercado). O obxectivo do Yondelis é o tratamento do sarcoma de tecidos brandos, un tumor canceríxeno que aparece como o seu propio nome o indica nos tecidos brandos coma os músculos, tendóns ou nervios. Sairá á venda a partires do vindeiro 3 de xaneiro a un prezo aproximado duns 5000 euros, custo que será sufragado pola Seguridade Social.

Agora que o Yondelis sairá ao mercado, lémbrome dos moitos atrancos que tivo que superar Zeltia para proseguir coas súas investigacións e sacar adiante este produto, no ano 1996 cando comezaban coas probas do Yondelis nos EE.UU. cotizaban no selectivo Ibex 35 e eu tiña accións deles, deron un importante subidón cando as cousas comezaron a ir ben e eu aproveitei o tirón, logo foron relegados ao IBEX NM (nuevo mercado) onde levan tempo sen pena nin gloria, hai un par de anos atravesaron dificultades económicas importantes, nas que tiveron que desfacerse de propiedades inmobiliarias en Madrid para facer fronte aos gastos derivados das investigacións, porque está claro, nesta economia capitalista senón hai venda do produto non hai beneficio, e non son moitos os que se atreven a investir senón ven claros os resultados. O último momento negro que tivo que superar Zeltia foi no ano 2003, a Emea (Axencia europea do medicamento), a mesma que agora aprobou a comercialización do Yondelis, rexeitara a comercialización deste medicamento xusto no intre no que faltaban varios votantes na sala, o que supuxo outro duro golpe para as esperanzas da empresa e un baixón dun 25% na bolsa. 

Considero a Zeltia coma un símbolo da constancia e do traballo, que sexa galega é secundario, o máis importante é que levan 20 anos traballando por acadar unha meta, superando todo tipo de atrancos para chegar a un obxectivo tan marabilloso como é o de conseguir un fármaco que poida salvar vidas.

Chuzame! chuzame -

Deportes 27 Dec 2007 08:00 am

Hai doce anos, cando inda non tiñamos selección de fútbol…

Neste terceiro partido da nosa selección de fútbol, quixera compartir con todos vós unha carta que lle mandei alá polo ano 1995 ao xornal "A nosa terra" e que foi publicada no verán dese mesmo ano, nesa carta o que vos escribe reclamaba a título persoal a creación dunha selección galega de fútbol, aqueles tamén eran os comezos do movimento social a prol deste obxectivo, e o colectivo "Siareiros Galegos" encetaba o camiño para acadar o que hoxe xa é unha realidade, a Selección Galega de fútbol.

______________________________________________________________________________

Selección Galega; 

O fútbol é hoxe un elemento central da vida na nosa sociedade, un fenómeno social de masas que tamén ten a súa importante repercusión no noso País.

Na actualidade Galiza atópase representada por tres grandes clubes que militan na primeira división do fútbol español, e que levan o nome da nosa terra por tódolos recunchos da xeografia do Estado. Ben é sabido por todos que está de actualidade a reivindicación por parte das nacións de Catalunya e Euskadi das súas respeitivas seleccións nacionais de fútbol, ás cales sen dúbida deberíase sumar a selección galega, dando por suposto o seu caracter de nación, inda que non recoñecida, asi ben, debemos facer primeiro unha cura de humildade.

Catalunya e Euskadi teñen na actualidade equipas fortes, capaces de afrontaren calqueira partido e de formaren unha selección nacional competitiva. Teñen dúas equipas na máxima categoria do fútbol español, (nós temos tres), pero tamén teñen un par de cousas que nos diferencian de nós, unha é a súa defensa a ultranza (máis evidente no caso basco) dos xogadores nados no seu País, o Athletic é digno de admiración pola miña parte ao  manter xa dende moitos anos a súa tradición de non ter nas súas ringleiras xogadores de fóra de Euskal Herria, e o Fútbol Club Barcelona ten pola súa banda unha chea de xogadores cataláns, o que evidéncia unha vez máis as diferencias coas nosas equipas, que cada ano que pasa son menos galegas. Outra cousa, e que a algúns lles parecerá unha nimiedade é o tema do brazalete de capitán, no cal levan con gran orgullo a súa bandeira nacional, namentres que nas as nosas equipas levan brazaletes dispares e que nada teñen que ver coas cores da nosa benquerida bandeira azul e branca, no caso da S.D. Compostela un brazalete de cor verde, que xa me dirá o señor Caneda que significa. O Celta de Vigo e mailo Deportivo da Coruña evidencian na actualidade, o caso máis relevante da nula defensa do fútbol galego, xa que por exemplo no caso do "celtiña", tiveron no seu tempo xogadores galegos como Vicente ou Michel Salgado, dos cales se desfixeron rapidamente, o caso do "Depor" ten se cadra un pouco menos de gravidade, xa que conta nas súas ringleiras con Fran, o mellor xogador galego que temos na actualidade, e o que cicais seria o capitán dunha hipotética Selección Galega, ademais tamén teñen outros xogadores galegos na canteira como Deus, David ou Viqueira. O Compostela é a equipa que leva tódalas miñas loubanzas no tocante á defensa do noso fútbol, xa que teñen bastantes xogadores galegos no seu plantel, destacando a figura de Nacho, un bo xogador e unha persoa que defende abertamente o noso fútbol.

A mágoa é que non se estexa a defende-lo noso fútbol como se deberia facer, onde foron aqueles tempos nos que nos derbies galegos, as dúas equipas saian ao campo portando a bandeira galega, como mostra da nosa unidade, deixémonos de lerias e xuntémonos todos e todas nun esforzo común a prol de acadar un mellor futuro para o fútbol galego. Ben sabido é que os siareiros destas equipas xuntáronse có fin de conquerir unha selección nacional galega e traballan xuntos para iso, que aprendan tamén os clubes deles e aparquen eses conflictos inútiles que no levan a ningures, pois xuntándonos todos nun mesmo esforzo conqueriremos o mellor para o noso fútbol e para o noso País, Galiza.

carta-seleccion-galega.JPG

Chuzame! chuzame -

Caixón de xastre 24 Dec 2007 08:00 am

Desfrutade das festas !!!

Pouco vos podo dicir nun dia coma hoxe que non haxades escoitado ou lido xa, persoalmente este Nadal paréceme un pouco raro, non sei, pode que sexa a crise económica, inda que non o recoñeceran abertamente, pero dame a impresión de que este ano a xente non está tan implicada nestas festas coma anos anteriores, non se olla pola rúa o ambiente doutras ocasións, non hai esa ledicia e ese "bo rollo" que houbo noutrora, pode que sexa o petróleo polas nubes, o Euribor no seu ponto máis alto en anos ou cecais que este inverno non pareza un inverno, non chove apenas, o frio chegou hai un par de dias e non vin a neve por ningures. No meu caso o nadal é unha época de traballo, case diria que a de máis traballo de todo o ano e non desfruto dela coma fan os amigos, pero por iso non deixan de ser uns dias que agardo con impaciencia e non por motivos estrictamente relixiosos, senón por compartir estes dias coa familia, porque se algo témolos galegos moi presente é á nosa familia, e non hai nada mellor que xuntarse de cando en vez a rifar cós pais ou os avós diante dunhas cigaliñas e unha copa de albariño, porque xa sei que estas ceas e estas xuntanzas familiares poida que sexan un tostón para algúns, pero non está mal de cando en vez compartir mesa e mantel coa xente que ao mellor non ves en todo o resto do ano.

Polo tanto, vaia dende aqui a miña sinceira felicitación de Nadal, para todos e todas os que vos pasades por aqui a leer de cando en vez o que se me ocorre escribir, agardo que pasedes uns bos dias de festa na compaña de toda a vosa xente e que sigamos falando, discutindo e comentando cousas no vindeiro ano có mesmo humor de sempre.

 Unha aperta a todos e todas, bo Nadal 2007 !!! :)

Chuzame! chuzame -

Cinema e televisión 22 Dec 2007 08:00 am

“Fronteiras”, un documental nos límites da identidade galega.

Pode que algún de vós ainda non coñeza a existencia desta reportaxe-documental, (eu entereime hai tempo grazas ao blog de Anxélica), un video que trata sobre o conflicto lingüistico e cultural entre Galiza e Asturies ou Galiza e León, -porque éste existe-, estamos falando da franxa do Eo-Navia e tamén do Bierzo, das fronteiras galegas, zonas con moitas semellanzas ao noso territorio, tanto en costumes, coma na paisaxe ou no idioma. Este documental foi proxectado por primeira vez na Televisión Galega o dia 25 de Xullo deste ano, o dia da Pátria galega foi o elexido para mostrarlle a moitos galegos e galegas algo que poida que inda descoñezan, que os limites do noso idioma e da nosa cultura non son os estrictamente xeográficos ou os que marcan os políticos, dende logo chama a atención escoitar a un veciño dunha aldea de Zamora, nega-la evidencia dunha cultura semellante á nosa falándonos no noso idioma e cun sotaque totalmente galego, eu hai anos que o puiden comprobar tamén en varias viaxes ao Bierzo, unha provincia de León na que non me sentín para nada alleo á miña terra, e na que puiden falar en galego coa xente con total normalidade, mesmo na cidade de Ponferrada.

Aqui vos deixo un pequeno trailer de cinco minutos para que vaiades abrindo boca, se queredes velo enteiro pois pinchade aqui, o documental é de Rubén Pardiñas e nel podedes ver entre outros a Xosé L. Mendez Ferrin, a Bieito Romero, a xente da Real Academia Galega ou da ALLA (Academia da Llingua Asturiana), tamén tedes máis información no blog de fronteiras.

Chuzame! chuzame -

Cinema e televisión 20 Dec 2007 08:00 am

“The happening”, Night Shyamalan vuelve con cine apocalíptico.

M. Night Shyamalan es uno de mis directores de cine favoritos, exceptuando "La joven del agua" que pinchó en taquilla y apenas si recaudó lo invertido, sus películas se cuentan por éxitos, "El sexto sentido", "Señales","El protegido" o "El bosque". Me acabo de informar por el diario 20minutos que el director de origen hindú está ultimando su nueva película, que será estrenada el próximo verano, se llamará "The happening" y podríamos enmarcarla en el estilo de cine apocalíptico, parece ser que aunque el rodaje se intentó llevar con el mayor secretismo, hubo filtraciones y ya podemos saber que el argumento tratará sobre una hecatombe a nivel mundial, en la que la naturaleza se vuelve contra el hombre. El poster que os muestro aqui ya nos hace preveer que el filme será inquietante, viendo esta imagen me viene a la cabeza una de mis series favoritas de televisión de los últimos años, se llamaba Jerichó y hace unos meses que terminó su primera y por ahora última temporada, también trataba el tema del fin del mundo, esta vez a causa de una explosión nuclear y es que a mi desde hace muchos años, posiblemente desde que vi una película llamada "El dia después", este tema me apasiona, esperemos que esta película de Shyamalan esté a la altura, en verano lo sabremos. 

Chuzame! chuzame -

Actualidade 19 Dec 2007 08:00 am

¿Qué estamos a facer có noso planeta…?

Hai uns dias que rematou o cumio sobre o cambio climático na illa paradisiaca de Bali (Indonesia), un de tantos no que os máis poderosos, os que deciden o noso futuro e mailo futuro do noso planeta están na obriga de adoitar acordos có fin de parar esta deriva que estamos a sufrir, esta vez os Estados Unidos de Norteamérica aceptaron unha folla de rota, os mesmos que non asinaron o protocolo de Kyoto agora parece ser que viron a luz, acordaron que algo hai que facer, que o quentamento global é algo xa palpable e que preocupa de verdade á sociedade, falouse de sobrepasar xa ao acordado no Protocolo de Kyoto e de comezar a tomar medidas contra a emisión de gases contaminantes urxentemente. O outro dia mirei esta nova na que comentaban que os primeiros afectados polo cambio climático son os pobo Inuit de Groenlandia, os esquimais que todos coñecemos, a súas costumes e o seu modo de vida estáse a ver afectado pola contaminación que xa chegou a aquelas latitudes dende miles e miles de quilómetros, eles non saben de verquidos ao mar ou de chemineas botando fume dia e noite, do que si teñen coñecemento é de que as capas de xeo por onde eles se desprazan cós seus trineos, o seu modo de transporte dende sempre estanse a fundir, e iso aféctalles moi gravemente, tamén as augas que eles consumen están a ser contaminadas dia tras dia e iso afectará á súa saúde e á dos seus fillos. Está claro que hai que moverse xa, os governos principalmente, pero tamén nós individualmente como cidadáns, estamos na obriga de facer todo o que estexa nas nosas mans para axudar a recupera-lo noso planeta, reciclando dia tras dia, aforrando en consumo enerxético e adotiando hábitos que redunden nunha mellor cohabitación entre home e natureza, porque senón comezamos agora, quizais dentro duns anos sexa demasiado tarde.

Por certo, o grupo é Linkin Park e o tema "What I've done" (Lo que he hecho) penso que o título é as imaxes son as acertadas, preguntémonos que estamos a facer...

Chuzame! chuzame -

Historia 17 Dec 2007 08:00 am

Bibiano Fernández Osorio-Tafall, alcalde republicano de Pontevedra.

Moitos dos meus veciños de Pontevedra, posiblemente non lembrarán a figura de Bibiano Fernández Osorio-Tafall (1902-1990), sirvan pois estas letras coma unha breve semblanza da súa persoa e da súa vida. 

Osorio-Tafall foi alcalde da nosa cidade alá polo ano 1930 cando militaba na ORGA, en tempos da II República, foi tamén un importante impulsor do noso estatuto de autonomia no ano 1936, este ilustre galeguista que chegou a ser deputado nas Cortes dúas veces, no ano 1931 e 1936, presidiu a Deputación de Pontevedra e chegou a ser subsecretario xeral da O.N.U. Era doutor en Ciencias Naturais e catedrático na mesma materia nun instituto de Pontevedra, foi un militante republicano comprometido coa súa causa e por mór diso, e logo da derrota do seu bando na Guerra Civil Española, exiliouse en México onde tamén chegou a ser mestre na súa Universidade Autónoma e no Instituto Politécnico Nacional, incorporouse ás Nacións Unidas no ano 1948, posto desde o cal levou a cabo as operacións de pacificación no Congo e no conflicto de Chipre, xubilouse como sub-secretario xeral da organización. Posteriormente, e unha vez rematado o rexime franquista, foi convidado por Adolfo Suárez a participar no primeiro periodo da Autonomia galega, oferta que rexeitou.

Penso que é importante coñece-la nosa historia, a recente e a pasada, e Osorio-Tafall foi unha persoa moi importante da nosa historia local e colectiva, alcalde da nosa cidade aos 28 anos, chegou a ser o funcionario do Estado Español con máis alto rango nas institucións internacionais e un emblema do antifeixismo internacional, asi coma un dos persoeiros máis relevantes do século XX. Se tedes curiosidade pola súa vida, hai un video editado pola Deputación de Pontevedra e titulado "As claves do enigma, Tafall entre tres mundos" que describe a vida deste home no convulso e violento momento que lle tocou vivir.

Chuzame! chuzame -

O mundo da cervexa 15 Dec 2007 04:23 pm

O mundo da cervexa.

Con este suxerente título quero abrir un novo apartado/espazo no meu blogue para todos aqueles comentarios, opinións ou novas interesantes que vaian aparecendo e que xiren encol do mundo desta bebida, a cervexa en tódalas súas variantes. Dende hai anos e anos que o destilado de cebada é a miña bebida preferida, exercitando a memoria, penso que a primeira cervexa que probei na miña vida foi unha Skol, tomeina un verán de sol abafante despois de traballar duro có meu avó sachando patacas, daquela eu case non coñecia ningunha marca, pareceume amarga e lembro que nin tan sequera estaba fria, pasei un tempo sen voltar a probala posto que a primeira impresión non fora moi alá, a segunda vez que o tentei foi un par de meses despois, nin tan sequera me lembro que idade tiña, do que si é que daquela xa foi unha Estrella Galicia a elexida, e que pasou a se-la miña "pilsen" preferida, teño algunha favorita máis como a Tennent's stout e a Guinness, pero esas xa teñen outra historia.

 Por certo, cal é a vosa birra preferida?

Chuzame! chuzame -

Actualidade 14 Dec 2007 07:00 am

“Pseudocrónica” de la convención del grupo Froiz (2007).

Fué el pasado dia 29 de Noviembre en el Pazo da Cultura de Pontevedra, una jornada que dista mucho de ser laboral, más bién era una oportunidad de conocer a compañeros de la empresa, con los que en otras condiciones no llegaria a coincidir nunca.

Éste era el segundo año consecutivo que acudia, se lleva celebrando unos cuantos más y se desarrolla más o menos desde las doce de la mañana hasta las ocho o nueve de la tarde. Comienza con una breve presentación y como todos los años una serie de ponentes más o menos interesantes, de los cuales uno de ellos suele tener más tirón mediático. En concreto este año Juán Corbalán, el de sobra conocido jugador de baloncesto, que nos dió una charla llamada "El lider al servicio del equipo", no estuvo mal aunque pienso que se apoyó demasiado en los videos (de baloncesto claro) y se centró algo menos en lo que de verdad queria comunicar. Los otros dos ponentes fueron José Ballesteros, un andaluz simpático como el que más, que nos habló de automotivación y consiguió que nos riéramos con el un rato, por último, el tercer ponente y para mi creo que el mejor, Santiago Álvarez de Mon, aunque después de consultar a más de uno de mis compañeros, llegué a la conclusión que les habia aburrido soberanamente, en fin, a mi su charla sobre "Talento y liderazgo" me pareció interesante y amena, aunque debo de reconocer que tuvo sus momentos. De lo demás poco que destacar, entre charla y charla una comida ligerita con sobremesa de un café de "pota" malísimo y después de las ponencias vespertinas el de sobra conocido por todos "vino español", que sirvió para que la gente se despidiera y calentáramos motores antes de desplazarnos a la zona de vinos, a tomar una copa en el pub "Universo", allí un 100 pipers con cola que hace siglos que no probaba, intercambio de impresiones con los compañeros, besos y para casa que el viernes tocaba currar y recuperara el dia de trabajo, el año que viene más.

Aqui os dejo una instantánea de nuestra mesa, pero sólo una que no os quiero aburrir con más fotos, que para eso ya teneis las del Diario de Pontevedra y si habeis aguantado este tocho bién os mereceis un premio.

Chuzame! chuzame -

Cinema e televisión 12 Dec 2007 12:00 pm

Rober bodegas, o humor galego ten premio.

Non sei se existirá o humor galego ou máis ben será humor feito por galegos, pero o caso é que este humorista do que vos quero falar chámase Roberto Fernández pero é coñecido por todos como Rober Bodegas, este carballés de 25 anos foi o vencedor do programa da Televisión  Española chamado "El rey de la comedia", o que de por si xa é todo un mérito, posto que alomenos eu estou afeito a escoitar, que os andaluces son os que teñen a gracia e que nós, os galegos, non valemos para isto. Pois nada, parabéns ao noso "compatriota" e agardo que se pase un dia destes por algunha sala de Pontevedra para podelo ver en directo, supoño que daquela xa terá subido o caché, pero despois de ver este monólogo penso que paga a pena. Rober Bodegas ten un fotolog e unha web que inda está en construcción pola que tamén os podedes pasar a botar unha ollada.

Polo que conta no seu fotolog, gústalle a música de "Los planetas", pois xa temos dúas cousas en común, o humor e a música.

Chuzame! chuzame -

Internet 11 Dec 2007 12:00 pm

Marisco on-line, os galegos estamos en todo.

Parafraseando a aquel spot televisivo que botaban hai tempo na televisión, "chegamos a onde ninguén chega", os galegos facemos algo semellante, todo é que nos propoñamos algúnha meta,  acadala é so cuestión de tempo. Unha das últimas novidades do negocio on-line é a venda de marisco via internet, xa hai varias páxinas web's funcionando e ofrecendo tanto produtos do mar, coma bebidas e outras "viandas" galegas. Segundo puiden ver nas páxinas de Mariskito, Cetárea Burela ou demarisco.com (e hai unhas cantas máis), a forma de encargalo e sinxela de todo e son enviadas á casa do cliente ao dia seguinte, por transporte urxente refrixerado, vamos todo un luxo "asiático", asi calqueira persoa, sobre todo de fóra das nosas fronteiras, refírome por exemplo á Meseta ou ao Levante, pode ter na súa casa unhas centolas, unhas cigaliñas e un par de botellas de albariño con so facer unha chamada de teléfono e nunhas horas.

E inda con estas, algún haberá por ahi que diga que internet non é unha ferramenta útil para vender.

Chuzame! chuzame -

Next Page »