Cargando...

Monthly Archivedecembro 2007



Caixón de xastre 10 dec 2007 09:00 am

Nuevo radar “fijo” de tráfico en Pontevedra.

Hace un par de dias que está instalado y todo me hace pensar que aún no estará funcionando puesto que todavia tiene puesto el embalaje. Me refiero al nuevo radar o cinemómetro (para los más puristas) fijo que la Dirección General de Tráfico acaba de instalar en Pontevedra, concretamente en la autopista AP9, justo antes de cruzar el puente sobre la ria, es similar al que teneis en la foto de vuestra derecha y  se supone que servirá para que los conductores pontevedreses y los que circulen por este tramo que circunvala nuestra ciudad no pisemos mucho el pedal, el otro dia pasando por allí nos dimos cuenta por casualidad y se nos ocurrió la idea de compartirlo con todos nuestros vecinos, no le pude quitar una foto porque iba conduciendo y obviamente no podria, no vaya a ser que aún por encima me multen a mi por distraerme con el móvil, por cierto, en la web www.todoradares.com teneis toda la información necesaria.

Bueno, aqui os dejo la localización del radar en el "google earth", pinchad en la foto pequeña para verlo con más claridad.

Radar pontevedra

Chuzame! chuzame -

Caixón de xastre 09 dec 2007 03:00 pm

¿”Bon Nadal” ou “Bo Nadal”? señores do Concello de Poio.

casal-de-ferreiros.JPG

Pois dame a impresión de que no Concello de Poio (B.N.G./PsdG.) non o teñen moi claro, a foto non é de moi boa calidade pero a intención era mostrarvos o que inda hoxe está a acontecer nas nosas rúas, unha mostra do pouco esforzo que poñen algúns en normaliza-lo noso idioma, e logo queren que o galego avance terreo e gañe falantes, pois por este camiño mal imos. Agardo que esta denuncia chegue ás mans da Concelleria de cultura ou do departamento de normalización lingüistica e saiban rectificar, a forma correcta en galego é Bo Nadal, a súa homónima en portugués seria Bon Natal, pero a forma que puxeron vostedes non ten nin pés nin cabeza.

Chuzame! chuzame -

Historia & Música 07 dec 2007 07:00 pm

Breizh (Bretaña francesa), unha viaxe por facer (vol.1).

Bretagne, mòn amour !! 

Unha das miñas afeccións dende sempre foi viaxar, asi ben é verdade que nin puiden facelo tanto coma quixera nin tampouco aos lugares que arelaba, sen ir máis lonxe o ano pasado fun a México e ésta foi a primeira vez que subin nun avión, para ter trinta e tantos non está mal, eu sempre fun máis de ir en coche a tódolos lados. Dende hai moitos anos que son afeccionado á musica e á cultura de orixe céltico, e as miñas preferencias en canto a viaxes se decantan por facer o que eu din por chamar "a tríada celta", Escocia (Alba), Irlanda (Èire) e a Bretaña francesa, chamada (Breizh) en brezoneg, a língua dos bretóns.

Bretaña é unha rexión administrativa do Estado Francés e sitúase coma nós no noroeste do mapa, dende hai unha chea de anos son un namorado desta terra, da súa música e maila súa historia e tradicións, a antiga Armórica ten na súa música un dos seus principais elementos diferenciativos e identificativos, hai anos que levo escoitando ao magnífico harpista Alan Stivell, tamén ao que din é o futuro da música bretona, Dan Ar Braz e aos fantásticos Tri yann, un grupo que enche estadios alí por onde pasa. Os instrumentos máis representativos do folclore bretón son a biniu koz (gaita ou cornamusa) e a bombarda (unha especie de oboe), as bandas de gaitas bretonas ou bagad's empregan principalmente estes dous instrumentos acompañados das caixas de "alta tensión" e de bombos, téñoas visto moitas veces no Festival do Mundo Celta de Ortigueira, sempre acompañadas dos bailaríns bretóns que no seu País se xuntan nas "festòu-noz" (festas diurnas) ou "festòu-deiz (festas diurnas) a bailar de ganchete. Un elemento común aos galegos son os "aturuxos" é mailo fenómeno do "kan ha diskan", que viria sendo unha cousa semellante á "regueifa" galega, un vai falando/cantando e outro vaille contestando de semellante maneira. Aqui vos deixo un tema de Dan Ar braz e Alan Stivell, chámase "Pop plinn" e nela podedes ver, ademais de a estes dous grandes artistas bretóns, varios dos elementos característicos da música bretona, as bombardas dunha bagad, unha harpa celta e á xente bailando de "ganchete", desfrutade do video, eu agardo podelo facer en directo un verán destes no Festival Intercéltico de Lorient, un festival no que participan miles de artistas e congrega a máis de un millón de visitantes, cada ano o adican a unha nación celta, o ano de Galiza foi hai un par de edicións, o vindeiro 2008 será o turno de (Cymru) o País de Gales.

Chuzame! chuzame -

Música 06 dec 2007 08:00 am

Scorpions en Guimaraes (Portugal).

Míticos, non poderian ter outro calificativo, quén non escoitou algunha vez a eterna "Wind of change" ou "Still loving you", aqui vos deixo a miña preferida, "Send me a angel", tocarán esta noite no Multiusos de Guimaraes ás 21:30 horas presentando o seu disco "Humanity World Tour", unha magnífica oportunidade para velos en directo e a un paso da casa, o problema son os prezos das entradas, un pouco caros ao meu parecer, 30 euros a máis barata.

 

Chuzame! chuzame -

Deportes 04 dec 2007 09:02 am

O circuito galego de velocidade.

Non sei se lembraredes que moitos galegos e galegas levamos anos xa coa teima de conquerir un circuito galego de velocidade para a nosa terra, moitos de nós ao berro de "Circuito galego xa" levamos tempo e tempo solicitando dos nosos políticos e governantes que Galiza teña o que lle corresponde, e non digo por dereito, que non estou a falar da débeda histórica, senón por afección, porque en todo a zona noroeste do Estado español non hai ninguén con  máis afección aos rallies e ao mundo do motor que os galegos. Se mal non me lembro, algún partido político que concorre ás eleccións á Xunta de Galiza chegou a levar no seu programa a creación dun circuito de velocidade, non estou seguro de quén, asi que non darei nomes, pero comezouse a falar do tema hai máis de dez anos, cando saiu á luz a plataforma "Circuito galego xa", que engloba a escuderias e afeccionados galegos que teñen este mesmo obxectivo. Digo isto porque hai dias que saiu unha nova na Voz de Galicia na que os socialistas galegos acusaban ao señor Louzán, actual presidente da Deputación de Pontevedra, -o mesmo que dixo que eles eran os que de verdade governaban Pontevedra (sic)- de empregar o tema do circuito de velocidade coma ariete contra o governo da Xunta, porque polo visto agora tamén os do Partido Popular están coa teima de face-lo circuito, algo polo que nunca mostraron demasiado interese, neste troco de parecer supoño que algo terá que ver a proximidade das eleccións. Persoalmente penso que un circuito custaria moitos millóns, iso é certo, pero tamén daria un servizo a esa mocidade que quere correr cós coches, (ollo, non digo que os accidentes vaian a rematar) poderíase facer coma nos circuitos alemáns, aluga-la pista e botar unhas carreiras con seguridade, tamén ia valer para que a Citroën probara os seus vehículos, para face-los campionatos de marcas e moitas competicións máis que xerarian importantes ingresos e taparian ese oco que agora mesmo temos, moita afección, moita canteira de pilotos pero ningún sitio onde poder darlle saída a todo isto.

Agardo que os nosos políticos, que de cando en vez se poñen dacordo para algunha cousa, traballen xuntos para acadar ese obxectivo, polo visto xa falan dunha posible ubicación en terreos de Mondariz ou Pazos de Borbén para o 2008, veremos que acontece.

Chuzame! chuzame -

Internet 03 dec 2007 09:00 am

“A nosa terra” renóvase e será diario.

Forma parte da historia galega, o semanário "A nosa terra", que naceu alá polo ano 1907 como voceiro das Irmandades da Fala e posteriormente do Partido Galeguista vaise renovar, e faino despois de 100 anos sendo un referente para o galeguismo e o nacionalismo galego, segundo contaron en diversos medios, o semanário pasará a ser un xornal diario, primeiramente en formato dixital e logo é de supor que en formato impreso, pero supoño que iso tamén dependerá da aceptación que teña o novo proxecto e dos cartos dos que dispoñan.

Ogallá teñan sorte nesta nova xeira, sempre cómpre ter varias referencias para formar unha opinión e éste novo xornal estará en funcionamento a partires do vindeiro 4 de Nadal.

Chuzame! chuzame -

O mundo da cervexa 01 dec 2007 01:00 pm

Ceská pivo, directamente desde Praga.

Si entre vosotros hay algún amante del destilado de cebada, seguro que entonces habrá probado alguna vez una cerveza checa, de entre los paises más consumidores de esta bebida en Europa, la República Checa ostenta el primer lugar con una media de 160 litros por habitante y año, por delante de alemanes e ingleses, digo esto porque todos bién sabemos de los hábitos de los hooligans que si bién suben mucho la media, no llegan a hacer de los británicos los principales consumidores. Hace unos dias que mi cuñado se iba de viaje hacia esas tierras de centroeuropa, y yo como buén amante de la cerveza le tenia un encargo preparado, que se portara y me trajera alguna cerveza checa, con suerte alguna que no se pueda conseguir aqui y no hubiera probado antes, pués bién, las afortunadas -más bién fuí yo el afortunado- fueron la Pilsner-Urquell que ya habia degustado, la Staropramen, que también tuve la suerte de probar allá por el año 1995, cuando se empezaba a comercializar en el Estado español y una que desconocia totalmente, la Kozel, la única que viene etiquetada integramente en checo. Por el momento las tres reposan en la nevera a la espera de una excusa de peso para darme el gustazo, antes que ellas está una Timmermans framboise bién fria, preparada para ser degustada esta noche viendo el fútbol.

Y por cierto, "ceská pivo" significa cerveza checa, en idioma checo obviamente.

Chuzame! chuzame -

« Previous Page