Monthly ArchiveXaneiro 2008
Música 31 Xan 2008 04:00 pm
Gurumamut, funky dende Pontevedra.
Aqui os tedes, chámanse Gurumamut e son un grupo de Pontevedra que pretenden facerse un oco no panorama musical, fan unha mestura de funk, hip-hop e rock e polo que contan teñen un directo demoledor. O grupo formouse a principios do ano pasado e dende aquela levan xa un tempo tocando por terras galegas, ofrecendo un directo potente e un son algo diferente ao que alomenos estamos acostumados a escoitar nos grupos locais, que por desgracia non son moitos aqui en Pontevedra, polo de agora non teñen disco pero si un lugar en myspace o cal podedes visitar. Aqui déixovos un video, ou máis ben unha fotomontaxe do grupo de Iván Sousa chamado "Mamut volando", estarán tocando na nosa cidade aló polo 18 de Abril nun festival chamado Jamda Chicharra que terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións da cidade do Lérez.
chuzame -
Deportes 29 Xan 2008 08:30 am
“Antimadridistas”, a foto da polémica en Pasarón.

A imaxe que vedes aqui pertence a este pasado domingo, o Pontevedra C.F. recibia a visita do filial do Real Madrid e na bancada de norte despregouse esta faixa, houbo unha certa polémica entre culés e merengues pontevedreses, ¿a faixa representaba a toda a bancada de norte, a todo o estadio ou somentes a unha peña de siareiros granates? pois a resposta é máis que sinxela.
Os responsables do seu depregamento foron a peña Furya granate, posiblemente a peña máis activa e que máis traballa por e polo Pontevedra C.F. dia tras dia e ano tras ano, un nutrido grupo de rapaces que sempre lle dan cor ao vello Pasarón cós seus "tifos", que para os neófitos nisto da "jerga" das bancadas de fútbol, significa montar un espectáculo de bandeiras, pancartas, confetti's ou algo polo estilo cando salta o equipo local ao campo. Como dicia, a xente de Furya granate sempre sorprenden có seu incansable traballo de animación e de preparación dos partidos, tentando sempre de contaxiar o seu espírito de loita e de defensa das cores granates ao resto da bancada de norte e tamén e porqué non, ao resto do estadio. Dende hai sete anos que están a destacarse coma unha das peñas máis comprometidas e moitas veces por isto, polo compromiso que eles mesmos amosan na bancada e tamén nun fanzine que publican (o único en Pasarón), son tachados en moitas ocasións de conflictivos e de perigosos, eles defínense como unha peña con espírito galeguista e nacionalista galego, antifascista e por enriba de todo granate, porque o obxectivo do seu traballo diario tanto para os partidos da casa coma para os de fóra (porqué moitas veces son a única peña que se despraza có Pontevedra C.F.) é animar ao noso equipo e que como reza o lema futboleiro "You never walk alone", que os nosos xogadores nunca camiñen sos.
Segundo explicaron posteriormente, o motivo da faixa despregada có lema "antimadridistas", foi para amosa-lo seu rexeitamento ás actitudes despreciativas, altlivas, déspotas e prepotentes que sufriron moitos dos afeccionados e xogadores granates nos partidos nos que nos enfrotamos có filial madridista nestes derradeiros anos, non hai motivos agochados nin retorcidos, exerceron o seu dereito á libre expresión sen insultar ou menospreciar a ninguén.
"A ponte vella" solidarízase con eles e apóiaos na súa causa galeguista e granate, posiblemente se a faixa puxera "Vigo non" ou outra frase inxeniosa polo estilo, algunha xente de Pontevedra calaria a boca e esbozaria un sorriso cómplice, e iso si que é ben triste, ás veces sigo a pensar que medramos en habitantes, pero que en realidade seguimos sendo unha aldea.
chuzame -
Deportes 28 Xan 2008 12:30 am
Os granates por fin líderes !!
Domingo para desfrutar no vello Pasarón, o Pontevedra C.F. recibia onte pola tarde ao Real Madrid-Castilla coa obriga de asestarlle un golpe de timón á competición e acada-lo liderato, de sobra eran coñecidos os resultados dos demais equipos inmersos nos postos de play-off, sobre todo a derrota do Deportivo B, o actual líder ao longo de toda a tempada. O Pontevedra fixo o seu partido, condicionado polas baixas de Turiel e de Vermudo, pero coa volta de Igor de Souza, a quén todos agardabamos para ver na dianteira xunto con Javi Rodriguez, os granates fixeron un magnífico partido de entrega e casta, os rapaces merengues tamén correron e presionaron todo o partido, pero foi Igor quén de marca-lo primeiro gol de penalti, nun segundo intento, posto que o primeiro foi anulado polo árbitro, despois na segunda parte apareceria unha vez máis o noso ídolo local, Javi "rifle" Rodriguez para rematar de testarazo un centro dende a banda e consegui-lo segundo gol que foi xa definitivo, foi impresionante ve-la bancada granate posta en pe aplaudindo o gol e coreando o nome do artilleiro granate, unha vez máis cen por cen de efectividade do catalán, tres partidos e tres goles, non se lle pode pedir máis.
chuzame -
Axenda 26 Xan 2008 12:00 am
Rober Bodegas actuará en Pontevedra, no local da “S.D. Cultural de Mourente”.
Hai cousa dunhas semanas xa falara deste monologuista galego no meu blogue, daquela foi para comentarvos que gañara o programa da T.V.E. chamado "El rey de la comedia", desta volta é para anunciarvos que este sábado pola noite (26/01/08) vai actuar en Pontevedra, será no local da "Sociedade deportiva-cultural de Mourente" ás 22:30 horas, os prezos para velo serán de 5 euros (os socios) e de 8 euros (os non socios) as entradas están á venda na cafeteria da propia S.C.D. de Mourente e tamén na cafeteria "Tertulia" da rúa Echegaray, o prezo o mesmo dia da actuación será de 10 euros.
Rober Bodegas leva xa cinco anos actuando de monologuista e tamén colabourando en Radio Voz Bergantiños contando á actualidade dunha maneira "desenfadada", eu teño visto varios dos monólogos deste carballés e penso que paga a pena velo en directo, xa merquei as entradas, asi que o sábado dia 26 estarei ali presente para poder botar unhas gargalladas coas súas historias, xa estaba agardando que viñera pola nosa cidade para poder desfrutar dun monólogo seu en directo, para ir abrindo boca e por se algún de vós inda non o coñece e quere saber o que se pode atopar, déixovos aqui un dos seus monólogos máis vistos en youtube, que o desfrutedes.
Editado: Por certo, aqui tedes unha foto que saquei con Rober Bodegas despois do monólogo, un tio fenomal Rober.
chuzame -
Actualidade 25 Xan 2008 08:00 am
Presentación do libro “A patria de Colón” en Poio (Pontevedra).
Maruxa, unha amiga e fonte de información do que acontece no dia a dia do veciño concello de Poio, falábame onte dun acto que terá lugar no salón de conferencias do Casal de Ferreirós, que por se algún de vós non o coñece, é un edificio polivalente que ten o Concello de Poio na urbanización Pazo de Ferreirós de Poio, ao carón da estrada xeral que leva ás praias.
O acto en cuestión é a presentación do libro "A patria de Colón", de edicións Toxosoutos e con traducción ao galego de Rosa María Blanco Outón da obra de Celso García de la Riega, nel deféndese a tese da orixe pontevedresa de Critovo Colón, que como moitos de vós saberedes ten unha casa no concello de Poio, a cal penso que o governo municipal ten previsto converter en casa-museo na que se lembrarán as súas orixes en Poio e as fortes ligazóns que xunguen ao concello galego có continente americano, como a emigración. Neste libro o autor presenta os datos e documentos achados no Arquivo de Pontevedra, nos que se basea para concluir que o descubridor de América teria nacido en Pontevedra ao redor do ano 1436. Neste acto de presentación intervirán Clodio González Pérez, autor do limiar, Enrique Barreiro, arquitecto das obras de restauración da casa-museo e Luciano Sobral, alcalde de Poio.
Por suposto sobra dicir que a entrada é de balde, será como vos digo hoxe dia 25 de Xaneiro ás 20:00 horas no Casal de Ferreirós, Poio.
chuzame -
Actualidade 23 Xan 2008 08:30 am
Tarifas de “R”, unha suba xustificada ou abusiva..?
Hai uns cantos dias que recibín na miña casa unha carta de "R", o meu proveedor de internet, televisión e teléfono dende hai un par de anos, nela viña coma tódolos meses a factura do "combo 1" que teño contratado, ata aqui todo correcto, pero a miña sorpresa foi maiúscula cando lin unha carta que acompañaba á factura e que vos paso a comentar a continuación.
No papel en cuestión, a compañia comunícame os novos prezos para o 2008 dos seus "combos", que como todos coñeceredes son os paquetes domésticos de servizos que ten a operadora galega, por suposto que eu xa agardaba unha suba das tarifas, nada novo despois de ve-la suba xeneralizada de todo tipo de produtos nestes últimos meses, pero como non estamos a falar de cereais agardaba unha suba dunha porcentaxe similar ao I.P.C. , de máis ou menos un 4 %, cal foi a miña sorpresa cando vexo que o novo prezo do "Combo 1" pasa de 21 euros a 24 euros , se os meus cálculos non me fallan
iso representa unha suba de máis dun 14 % , algo que a todas luces paréceme totalmente abusivo e desproporcionado, despois da sorpresa inicial paso a mira-las melloras que supoño incluirá o meu novo "Combo 1" para xustificar ese incremento de 3 euros, polo que puiden ollar non mellora en nada, as chamadas seguen a ser de balde entre clientes R e cós fixos de calqueira operador, o que xa tiña o ano pasado, a velocidade de 1 mega que teño contratada tampouco é mellorada, polo tanto todo sigue igual, entón non entendo esa suba desproporcionada, mirando na letra pequena observo que as chamadas entre os meus móbiles R e có fixo da casa serán tamén de balde (non inclúe o establecemento de chamada) pero iso será se algún dia paso os meus móbiles de Orange a "R", porque vendo isto xa se me están a quita-las gañas.
En fin, nos vindeiros dias agardo facer unha chamada ao teléfono de atención ao cliente, a ver se me poden explicar todo isto, porque paréceme un cachondeo total.
chuzame -
Internet 21 Xan 2008 12:20 am
Hamburgueseria “Ataque ao corazón”; outra de yankies.

Está claro que o tema dos norteamericanos e as súas "particulariedades" é un filón de ouro e nunca deixarán de sorprendeme. Pois ben, despois da primeira entrega da que dimos conta neste post hai uns meses, hoxe quérovos ensinar outra curiosidade da meca do "fast food" por excelencia. Trátase da web dunha hamburgueseria un pouco especial, o seu nome Heart attack grill non deixa lugar a
dúbidas, está situada en Phoenix (Arizona) e nela poderedes desfrutar de auténticas monstruosidades coma a "Quadruple bypass burguer" ou de patacas fritidas en pura graxa!!!, non tedes máis que darvos unha voltiña pola súa web para mira-las fotos dos seus "orondos" clientes e de como desfrutan meténdose eses chutes de colesterol servidos por enfermeiras lixeiras de roupa, é máis, atrevéronse a perpetrar un dvd coa súa "dieta" e teñen un ranquing cós mellores devoradores/clientes. A hamburgueseria está aberta tódolos dias da semana de dez da mañá a oito do serán e polo que puiden ver nos videos debe de ser todo un éxito, porque está a tope de xente, logo se preguntarán o porqué de tanta obesidade infantil, pois con semellante exemplo coma este é moi normal que os rapaces e os non tan rapaces estexan inflados coma pelotas.
Agardo que non houbésedes abusado moito dos doces nestas "papadelas" de nadal, que despois veñen as lamentacións e en xaneiro todos queremos apuntarnos aos ximnasios...
chuzame -
Deportes 19 Xan 2008 09:00 am
Pontevedra C.F.- R.C. Deportivo B, hoxe derbie galego en Riazor.
Pode que hoxe sexa un deses partidos inesquecibles, o conxunto granate vaise desputar o liderato có ata agora primeiro clasificado no grupo primeiro da segunda división B, o Deportivo B ou tamén coñecido antigamente como o Fabril. Descoñezo se haberá medo escénico por xogar nun campo de primeiro división, pero despois de desputa-la copa do rei hai escasamente un mes, no campo da Romareda de Zaragoza, supoño que non infundirá tanto respeito facelo en Riazor, eu estiven so unha vez no campo coruñés, foi o ano pasado con motivo do partido que desputaron Galiza contra Ecuador, gustoume o campo a verdade, grande se o comparamos có vello Pasarón e por suposto moito máis pequeno que outro que xa visitara hai anos, o Santiago Bernabeu, daquela fixemos unha parada no vello estadio de Chamartin cando andabamos de viaxe pola capital "do imperio pequeno". A desta tarde-noite poderia ser a primeira ocasión na que ollara ao Pontevedra C.F. xogar nun campo de primeira, o problema é que á hora do partido estarei traballando, non adoita ser asi pero a fortuna non estivo do meu carón esta vez e tereime que perde-lo partido, non asi uns cantos amigos da pandilla, que viaxarán despois do xantar, non sei se nos seus vehículos particulares ou coas peñas, porque o Pontevedra C.F. como tantas veces que xoga no territorio galego ou en provincias limítrofes non estará so, agardase a viaxe e a presenza de centos de siareiros granates que estarán ali para empurrar ao noso equipo cara a victoria e ao liderato do grupo, berrarán polos nosos xogadores e polos que non poderemos estar ali hoxe.
Que teñamos sorte, a por eles !!!
chuzame -
Actualidade 16 Xan 2008 08:40 pm
En lembranza dos nosos mariñeiros…

[... aos que morren polos mares universais sen sequer bandeira propia cara á que ollar, aos mellores navegantes do mundo, aos nosos mariñeiros ...]
Escribo estas liñas en lembranza dos nosos mariñeiros tanto de altura coma de baixura, mariñeiros que estes dias de treboada levou o mar. Agora estase a debater se prohibir que os barcos saian ao mar os dias nos que haxa mal tempo ou a chamada "alerta laranxa", non saberia que respostar ao respecto, pero o que si me fixo cavilar moito estes dias é o porqué de que esta xente saia ao mar estando avisados das condicións tan adversas que se presentan, podo pensar que será que a fame apreta e se o barco está amarrado no peirao non se gaña o xornal ese dia, ou será que os armadores non pensan na vida dos seus "empregados" e obrigannos a sair ao mar para gañar máis e máis cartos independentemente do risco que corran os mariñeiros...?
A cita non é miña, non estou moi certo de quén pode ser, pero teño unha lixeira sospeita de que poderia ser de Castelao.
chuzame -
Fotografía 14 Xan 2008 08:00 am
“Superkarmen”, a fotografía en estado puro.

Hai uns cantos dias, botándolle unha ollada aos blogues que teño marcados como favoritos, paseime polo de Chesús Yuste como adoito facer de cando en vez, o blogue en cuestión chámase Innisfree1916 e nel o seu autor fala sobre Irlanda, sobre os seus costumes, a súa actualidade política e tamén do seu "dia a dia", recoméndovolo visitar se vos gusta a historia da illa esmeralda, eu sempre atopo novas interesantes, ademais escoita-lo tema "mulleres de Irlanda" que soa de fondo reláxame unha barbaridade.
Ben, pois como ia dicindo, o outro dia ollando este blogue chamoume a atención unha foto, concretamente ésta, é dunha fotógrafa galega, da Coruña para máis señas e chámase Carmen Martinez Torrón, o nome do blogue xa non o teño moi claro, dubido se chamalo "superkarmen" ou "aprovecha cada momento", pero o que si teño claro é que xa está entre os meus favoritos, o que vos escribe como fotógrafo non vale un peso, pero de cando en vez gústalle facer algunha foto que outra, levo xa varios dias navegando polo seu blogue e verdadeiramente ten fotos abraiantes, principalmente de Galiza, pero polo que puiden apreciar tamén viaxa moito, hai algunhas fotos de Brasil que son moi chulas. Se teño que elexir unha foto, quédome coa que tedes enriba deste texto, eu son un namorado dos cantís e dos faros, teño visitado moitos pola nosa costa e tamén tirado algunha que outra foto, pero nunca tan fermosa coma a que vedes aqui, ademais esta imaxe do Cabo Ortegal lémbrame a portada dun fantástico disco titulado "Santa compaña", dun grupo de rock galego que supoño que moitos de vós coñeceredes.
Desfrutade das fotos en http://superkarmen.blogspot.com/
chuzame -
Deportes 11 Xan 2008 12:05 am
Javi “rifle” Rodriguez….benvido á túa casa de novo !!
Onte pola tarde levei unha grande, moi grande sorpresa, un dos artífices do último ascenso granate volta á súa casa, despois desta funesta tempada na que estivo sentado na "banqueta" e practicamente non xogou minutos, o dianteiro catalán Javi Rodriguez, coñecido entre os siareiros granates polo alcume do "rifle", volta á súa casa, ao sitio onde máis o quixeron e onde de verdade se divertiu xogando ao fútbol. No dia de onte o Pontevedra C.F. e mailo xogador chegaban a un acordo contractual polo que éste último pertencerá ao cadro granate o que resta desta tempada e a seguinte, cando escribo estas liñas na web oficial do Pontevedra C.F. xa publicaran unha breve nota, pero a última hora do dia, entereime antes por suposto pola radio local e tamén polo sempre moi ben informado foro non oficial www.pontevedracf.net , onde sempre están ao tanto dos temas de fichaxes e demais. Agardo con impaciencia como moitos dos siareiros granates a presentación do "rifle" coa camisola granate, polo visto será hoxe venres dia 11 ao redor das 13:00 horas nas dependencias administrativas do clube, na rúa Benito Corbal, sen dúbida unha foto moi agardada por moitos de nós, o "Rifle" manifestou que no caso de non xogar no Racing de Ferrol o seu principal obxectivo era o Pontevedra C.F. do que tiña moi boas lembranzas e que coa súa volta tentaria facer todo o posible para acada-lo arelado ascenso que o plantel e os aficionados granates merecemos, lémbrome dos seus goles como se fora hoxe, nunca vin un dianteiro coñecerse tan ben o terreo de xogo de Pasarón, era como unha bala correndo cara a porteria, os seus goles sempre foron celebrados con xúbilo por todo o estadio, pero sobre todo por nós, a bancada de NORTE, verdadeiramente Javi Rodriguez era o noso ídolo, nunca poderei esquece-lo dia do ascenso, foi inesquecible.
Benvigut a la nostra ciutat "Rifle" !!! agardo verte o vindeiro domingo de novo vestido de granate, lévanos a segunda !!.
chuzame -
O mundo da cervexa 09 Xan 2008 12:00 pm
Amsterdam beers, consumir con extremada precaución !!
Pois continuando cunha nova entrega do mundo da cervexa, por mediación de Santiago, un bo amigo, acaba de chegar ás miñas mans unha marca holandesa que descoñecia totalmente, chámase Amsterdam e ven presentada en tres variedades, a "Explorator" de 6.8 %, a "Navigator" de 8.4 % e a "Maximator" de 11.6 %, como vedes, as tres teñen unha graduación de alcool moi importante, todo un desafio para os grandes bebedores/degustadores de cervexa, veñen presentadas en formato de lata de 500 mililitros e etiquetadas como forte, extra-forte e super-forte. A empresa que as produce é a Royal Grolsch Brewery e a súa marca comercial é a "Amsterdam Speciality Beers", podedes botarlle unha ollada á súa web se queredes, polo de agora penso que non se comercializan no mercado español e ademais teño as miñas dúbidas se a cervexa chegaria a ter éxito, posto que son demasiado fortes para o gusto tradicional que temos aqui, máis acostumados a cervexas pilsen máis suaves, con dicir que no meu caso unha Judas paréceme forte dabondo xa vos digo todo, imaxinádevos entón unha destas, probareinas en canto despache as tres que viñeron da República Checa e que das que xa vos falei nun post hai un tempo.
Saúde !!
chuzame -







